Hai editoriais que unha ama por razóns sentimentais e lingüísticas; hai outras das que quixera ser accionista para facerme con todos os seus libros. Esta é unha delas: Libros del Zorro Rojo. Porque publica álbums ilustrados que me rebordan. Que pensar se topades esta portada?
Que queremos abrilo, que queremos lelo, que queremos darlle unha aperta. É inevitable. E se só o comezamos?:
"Era el mes de septiembre cuando un hombre dejó que su barco fuese arrastrado por las olas hasta un banco de arena, donde lo amarró. O quizá fuese ya octubre, y el lugar, una lengua de tierra que se adentraba profundamente en el mar. El caso es que estaba completamente oscuro y reinaba una calma absoluta. Sólo a la hierba de las dunas parecía no importarle aquello y se doblaba como cuando hay tormenta. El hombre reunió unas cuantas cosas, bajó del barco y fue caminando por el banco de arena, a través de la alta hierba, hasta llegar a una casa abandonada en la que entró. Tras las dunas había una pequeña ciudad y, aunque sus habitantes no eran muy comunicativos, no tardaron en enterarse de que la casa frente a las dunas estaba habitada. La gente no sabía de dónde venía aquel hombre ni a qué se dedicaba, ni tampoco qué había ido a buscar allí. Y eso les fastidiaba. Pero, en vez de ir a preguntárselo, decidieron observarlo. De lo que sí estaban seguros era de que aquel hombre resultaba un tanto sospechoso."
Seguro que agora pensaredes que queredes seguir léndoo.
Einar Turkowski propón en Estaba oscuro y sospechosamente tranquilo unha historia sobre a ruindade do home, da envexa, do medo ao descoñecido, do pesadelo que supón a mesquindade da sociedade. As ilustracións, en toda a gama de grises, branco e negro, son realmente espectaculares, hiperrealistas por tanta nitidez e detalle, que axudan a crear esa atmosfera misteriosa que rodea a historia. Espectacular.
Segundo as estimacións realizadas por UNICEF, o número de nenos e nenas que viven na rúa
sen atención familiar e sen protección dalgún adulto supera os 100 millóns en todo o mundo.
Son nenos abandonados, orfos e expulsados dos seus fogares ou que escollen esta forma de vida a causa dos maltratos, neglixencia ou imposibilidade familiar de cubrir as súas necesidades básicas. As guerras e os desastres naturais incrementan o seu número, facendo deles vítimas para as redes de explotación laboral ou sexual.
Hai nenos e nenas da rúa en moitas das grandes cidades do mundo, especialmente en países en vías de desenvolvemento, pero son tamén visibles en grandes zonas do occidente desenvolvido como EEUU, onde se calcula que hai perto dun millón de nenos e nenas abandonados. Na India son perto de 11 millóns.
O Instituto de Estudos e Formación da Cruz Vermella detectou hai tempo a existencia de nenos da rúa en España, froito da desestruturación familiar e a pobreza extrema; son nenos que se asocian a pandillas ou grupos que utilizan espazos abandonados ou subterráneos das cidades, e que malviven exercendo a prostitución ocasional e a pillaxe.
Se vivísemos nun país normalizado non estaría cavilando en agradecer á editorial Galaxia que nos ofreza ler a Paul Auster en galego. Pero vivimos moi lonxe de tal normalización. Así que, grazas. Sendo incondicional deste escritor, e recoñecendo que os seus últimos libros non foron tan bos coma aqueloutros que nos crearon adicción, a min este, Sunset Park, gustoume. Gustoume por esa calma tormentosa que transmite. Por esa contemporaneidade que vivimos. Por ese debate existencial que ás veces semella cercano e outras afastado de nós. Pola actualidade. Porque os e as personaxes son de carne e óso. Polo medo económico, sentimental, escénico. Polo amor á lectura e aos libros. Por ese editor en crise e ese escritor sen ideas (autobiografía, quizais?) Non é a súa mellor novela. Pero lédea. A súa lectura é doce, agre, saborosa, sosa (o béisbol, que lonxe nos queda!), lenta, rápida, triste... pero non é indiferente. Hai elementos que non gustan e hai personaxes incompletos. Pero hai un gusto de boa literatura que este autor sabe ofrecer. E como tal, creo recomendable. Porque, ao fin e ao cabo, o foco de unión de toda novela, de todos os personaxes -con voz propia- é a busca da felicidade. E hai alguén por aí que non a busque? Por certo, aqueles que amen o filme "Os mellores anos da nosa vida" deberán ler a novela. Toda unha homenaxe a esta película.
A Coordinadora de ONG para o Desenvolvementeo creou un grupo ficticio chamado "The Humans Group" que pretende chamar a atención dunha sociedaade que privilexia ás economías máis poderosas e pecha os ollos ás desigualdades que existen no mundo. Segundo afirma, o seu obxectivo é cambiar a forma de investir das persoas, animándoas a facelo en favor do ser humano.
Hai tempo que tiña que facer este post, pero enleada con outras actividades foime quedando no esquenzo. Antes de volver ás clases despois desta interminable ponte-neve deixo o testemuño dunha biblioteca reconvertida en poesía-música grazas ao traballo do equipo da biblioteca. A decoración non sería a mesma se non contásemos con Alicia Suárez, todo un luxo de compañeira que non só imparte aulas de Debuxo senón que é unha ilustradora habitual de Kalandraka; dela foi a feliz idea das andoriñas colgando do teito cos poemas ilustrados polo alumnado; traer a terra que simboliza o traballo e as reivindicacións do poeta... E a miña colega bibliotecaria en Forcarei, toda unha mestra dos detalles, Maribel Alonso, quen non permite que nada quede descombinado. Con ela chegamos ás mulleres destacadas da vida do poeta, e a total orde de cores que destacan na biblioteca, así como os poemas colocados estratexicamente.
Porén, quero destacar a clase maxistral que nos ofreceu a compañeira de música, Isabel García Pasarín, sobre a evolución da canción protesta. Déixovos con ela:
Seis textos musicadose uncontexto musical: a conmemoración de nacemento do poeta alacantino Miguel Hernández. Co gallo deste aniversario tan redondo, o Departamento de música entoou un pequeno repertorio musical a través dos poemas de Miguel Hernández, centrándose principalmente naqueles versos que recollían o aspecto máis social das súas temáticas.
E así non cantamos as 40, pero si os 100 parabéns de aniversario a través de formas musicais da música popular que dalgún xeito forman parte da Canción protesta.
Comezamos a metade de percorrido, con Paco Damas, quen en 12 compases, solo de guitarra eléctrica e os poemas existencialistas de Guerras. Tristes Guerras, nos introduciu en materia da canción estrófica, presentándonos un efectivo Rock’n’Roll.
Vicente Monera toma o relevo e lévanos de pleno ao principio, ao lamento resignado do blues dos anos 20 con este mesmo texto Tristes Guerras.
En 1967, Pazo Ibáñez grava en París a primeira canción que terá como base un poema de Miguel Hernández, Andaluces de Jaén. Unha guitarra sinxela, directa, e sen disfraces conecta as reivindicacións do campesiñado andaluz da ditadura coa cargasentimental dos emigrantes/exiliados en Francia.
Un dos poemas máis optimistas e esperanzadores de Miguel Hernández, "Para la libertad", do libro El hombre acecha, que foi posto en música por Joan Manuel Serrat en 1972. A grandeza deste cantautor manifestouse na súa sutileza para crear unha obra na que se conxugan perfectamente a dificultade prosódica do poema cos acentos rítmicos do compás cuaternario, a beleza melódica e a elaborada produción instrumental.
Mocedades levounos en 1976 a vixiar a explotación infantil en Sudamérica con El niño yuntero. Para iso, mergullounos na escala pentatónica maior, a complexidade rítmica, o compás binario e a repetición de dúas frases musicais co esquema de pregunta-resposta propia do folklore musical dos Andes.
Finalizamos esta viaxe cun estilo musical moi presente na nosa actualidade: o rap. A versión da La Carta, de Hermo e 233 Grados entronca musicalmente coa forma musical nacida entre a poboación afroamericana a metade dos 70, cando os grupos da poboación negra de NYC se reunían na rúas do Bronx para criticar as poucas posibilidades económicas e sociais destes sectores da sociedade .
Todo isto explicóunolo Isabel á miña clase de Diversificación:
Se premedes aquí accederes á web do IES Ribeira de Louro de Porriño con material sobre este poeta.
Edelvives ofrece unha nova versión da lenda a cargo de Beatrice Fontanel e Aurélia Fronty. Tristán e Iseo é unha lenda que perviviu oralmente ao longo da historia e que xa tod@s coñecedes. Non é un simple conto de amor senón que intervirán moitos factores, típicos das lendas, incluídos os dragóns, pero con ciumes, ambicións, conspiracións, e por suposto maxia. Conta cun pequeno parágrafo introdutorio que nos lembra precisamente ese carácter oral que tivo a lenda:
"Escuchad, escuchad con atención la historia del valiénte Tristán y la dulce Iseo, cuyo amor due tan grande que todavía hoy oímos, desde lo más profundo de la memoria, el latir unísono de sus corazones".
Se algún libro me chamou a atención en Culturgal foi este de Kalandraka. Tanto, que o bo de Ricardo deixoume unha "proba" porque non tiñan ningún libro listo para me deixar. E así llo levei á profe de música do centro, a quen, como era de esperar, tamén lle encantou. Contén un CD e mais un DVD para aprender cancións e bailes do patrimonio tradicional galego e portugués. As ilustracións que acompañana a Pesdelán son do portugués João Vaz de Carvalho. Cito: "Dous anos despois da súa creación esta é a primeira gravación desta formación cuxos compoñentes foron ou seguen a ser parte doutro proxecto musical coñecido do panorama galego. Berrogüetto, Leilía, Alfolíes, Xochilmica, Almáciga ou a banda de Susana Seivane son algúns destes grupos dos sete artistas que integran Pesdelán. A proposta didáctica de Na punta do pé está dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade".
Se aínda hai alguén por aí que pense que a poesía é cursi ou romanticona que lea este libro e atopará a antítese da súa crenza. El Acantilado ofrécenos a J.M. Fonollosa, quen crea en Ciudad del hombre: New York un tipo de poesía cheo de violencia, onde ten cabida o escepticismo, o asasinato, o machismo, a violación... cantas voces poida ter o ser humano ou cantos seres humanos teñan cabida en diferentes voces. E así toparemos versos como "Las mujeres que quiero van con otros", "De un tajo la corté. Con el machete/ corté de un solo tajo su cabeza", "Conseguiré, por fin, dar un buen golpe/ que llene de billetes mis bolsillos", "La mujer es para eso, paraíso/ para uso de los hombres. Campo abierto", "Yo quiero que tú sufras lo que sufro:/ aprenderé a rezar para lograrlo./ Yo quiero que te sientas tan inútil/ como un vaso sin whisky entre las manos". E tamén a inocencia, a defensa, a voz que reclama xustiza: "Debiera liberarse la mujer/ de la opresión en que la tiene el hombre"
West 13th Street
Esperé aquel momento muchos días.
Fue fácil deslizarse hasta su cuarto. Su ventana cedió con un gruñido. Mis pies no despertaron las alfombras.
Fue fácil deslizarme hasta su cama y verla respirar. Hasta las sábanas sentían el calor aquella noche.
No perjudica a nadie el acostarse. Un poquito de amor no daña a nadie. No le costaba nada haber cedido; dejarse acariciar unos minutos.
No quise hacerle daño. Se lo dije tapándole la boca con la mano. Le dije que iba sólo a acariciarle.
No tenía por qué asustarse tanto. Tuve que ahogar el grito de sus ojos. Apreté demasiado. Lo lamento.
Dende Neda infórmannos do papel das "nais" da Constitución e aportan este documental de Áurea Martínez Fresno e Oliva Acosta: "Las Constituyentes", da produtora Olivavá Produccións para o Consorcio do Bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812. En once minutos comprenderemos a importancia da incorporación de 21 mulleres ao Congreso e 6 ao Senado, fito histórico que declaraba que as mulleres eran cidadáns de plenos dereitos.
Finalmente, en O recanto de Mik, un libriño moi axeitado para este día.
Woke up and wished that I was dead With an aching in my head I lay motionless in bed I thought of you and where you’d gone and let the world spin madly on
Everything that I said I’d do Like make the world brand new And take the time for you I just got lost and slept right through the dawn And the world spins madly on
I let the day go by I always say goodbye I watch the stars from my windowsill The whole world is moving and I’m standing still
Woke up and wished that I was dead With an aching in my head I lay motionless in bed The night is here and the day is gone And the world spins madly on
I thought of you and where you’d gone And the world spins madly on.
Cando Colmeiro de Follas Novas me "manda" mercar un libro sei que vai acertar. Este venres, ao entrar, púxomo nas mans. Como sei que non podo nin protestar, merqueino. Terei que lle comentar que unha vez máis tiña razón; medo me dá!
Nesta ocasión a novela negra vén de Dinamarca (non saímos do norte), da man de Maeva e da pluma de Jussi Adler-Olsen. Polo visto, será unha serie, como adoita suceder coas novelas negras, xa que o título é Departamento Q. La mujer que arañaba las paredes, pero logo engaden "El primer caso del Carl Morck y su departamento especial Q". Como boa novela negra engancha desde o principio. Neste caso desde o a primeira liña, pois quedas con ganas de indagar que ocorre. E ademais da trama, da acción, dos personaxes, a min encántame o sentido do humor que ás veces destila, arrincando máis dun sorriso, mesmo algunha gargallada, ao lector. Porque o personaxe do axudante é realmente bo. E porque o protagonista subinspector ten unha sorna do máis peculiar. Quizais saibades dende pronto quen é o asasino. É o de menos, posto que non sabes como vai rematar. E iso é un aliciente máis. Se vos gusta a novela negra non a deixedes pasar.
Vin este documental e, claro, pedinlle permiso a Cibrán para traelo ata aquí. Porque non hai quen lle faga a competencia a este home, que dende que comezou a falar déixanos abraiados... Xa sabía eu cando o coñecín que podía dar moito de si! Este documental realizouse no ano 2006: un dos informantes comenta que a situación sociolingüística é comparable á que se vivía en toda Galicia hai 30 anos. Estamos a falar da fronteira con Galicia, en Asturias.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.