Miam! Supinfocom Arles 2008 from miamteam on Vimeo.
Vía Recogedor
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Atoparalo en Faktoría K, Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos
Atoparalo en Ilustración, Infancia, Lectura, Libros, OQO, Recomendamos, Tradución
Atoparalo en Dereitos Humanos, Educación, Infancia, Sociedade
Atoparalo en Efemérides, Tecnoloxía
Atoparalo en Aulas, Documental, Educación, Reflexións, Sociedade
Atoparalo en Curtas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Atoparalo en Tecnoloxía
Atoparalo en Educación, Igualdade, Medio Ambiente, Sociedade
Atoparalo en Cine, Tecnoloxía
Atoparalo en Libros, Tecnoloxía
Atoparalo en Premios
hereves (herederas) from pau.cc on Vimeo.
Atoparalo en Dereitos Humanos, Muller, Sáhara, Sociedade, Solidariedade
Atoparalo en Humor
Ninguén lle pode negar orixinalidade á nova Xunta do PP. Por primeira vez, un Goberno galego ataca a lingua, a bandeira ou o nome propio. Inédito e pavoroso. E con novidade cada semana. A última foi que coa escusa de “despolitizalas” o PP vén de cambiar o nome das galescolas para convertelas en galiñas azuis, bautizo a medio camiño entre o insulto e a parvada.
Pero cales eran os símbolos que o Goberno de Feijóo viuse obrigado a derrubar para impedir que as crianzas saísen de clase pedindo documentais sobre Moncho Reboiras en vez de Shin Chan ou o canal Disney? Pois tres: que se falara galego; que o logotipo tivese unha bandeira galega (sen estrela nin aditivo ningún) e que os centros chamáranse cun diminutivo –galescolas– que simplemente significa escolas de Galicia. Ou sexa, que este ensino estaba politizado porque é de Galicia e así o di. Será que o normal para o PP é agochar a galeguidade.
“Iso das bandeiras no mandilón non me parece correcto”, dixo Feijóo sobre os colexios infantís creados polo bipartito. Dado que a que aparecía nos uniformes dos rapaces era a galega, non semella complicado entender que o que lle molesta é a propia bandeira cando loce soa, o que fai deducir que pronto desaparecerá a inmensa que ondea, sen acompañamento e moi digna, sobre o teito de San Caetano. Como é posible que un Goberno desprece o seu propio maior sinal de identidade, que ademais é común e non pertence a ningún partido? Pois é posible cando non se cre en Galicia como tal. Non hai outra.
As escolas públicas infantís xa non son galegas, son galiñas. E de galiña póñense os pelos cando se pensa no trastorno que lle fai pensar a alguén que unha casiña cunha bandeira é algo politizado pero o legado de Castelao non. Pobres, deben ter a gripe aviar.
“Me llamo Saad Saad, que en árabe significa Esperanza, Esperanza y en inglés Triste, Triste”. Así é como se nos presenta o protagonista do último libro de Eric-Emmanuel Schmitt, Ulises from Bagdad. Nel cóntasenos coa delicadeza, a agudeza e a sensibilidade que xa nos mostrara o autor en O señor Ibrahim e as flores do Corán a particular odisea dun mozo iraquí desde que abandona o seu Irak natal, “liberado” xa por EEUU, ata que chega a Inglaterra. Trátase dunha odisea sen volta, só de ida, que se converte nunha profunda reflexión sobre o concepto da fronteira e a idea de exclusión que, irremisiblemente, conleva. Así o expresa un dos entrañables personaxes que aparecen na novela:
“En estos últimos siglos los europeos han estado un poco en todas partes, han fundado comercios un poco en todas partes, han robado un poco en todas partes, han excavado un poco en todas partes, han construido un poco en todas partes, se han reproducido un poco en todas partes, han hecho colonias un poco en todas partes… ¿y ahora se ofenden cuando alguien entra en su país?”
E a pesar da dureza do que se nos narra, hai espazo para o humor, a tenrura e mesmo para un pouco de esperanza. Só falta, daquela, que busquedes un pouco de tempo para a lectura.
Atoparalo en Colaboracións, Destino, Lectura, Libros, Recomendamos
Atoparalo en Arte, Fotografía, Libros
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Atoparalo en Documental, Guerras, Historia
SANSULA Dominik Eulberg musicvideo from dirk rauscher on Vimeo.
Atoparalo en Fotografía, Música
Atoparalo en Actualidade, Des-Humor, Tecnoloxía, Violencia
SCINTILLATION from Xavier Chassaing on Vimeo.
Atoparalo en Animación, Fotografía
Atoparalo en Edhasa, Lectura, Libros, Recomendamos
Unha auténtica preciosidade:
Rueda que rueda from sfer on Vimeo.
Tras la puerta from sfer on Vimeo.
Atoparalo en Libros, Tecnoloxía
Atoparalo en Ilustración, Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos, Tradución
Atoparalo en Lectura, Publicidade
Atoparalo en Actualidade, Animación, Cine
Si, si: que se prepare o alumnado, como non respecte os prazos...
Atoparalo en Humor
Little Rikke Opening from Stephane coedel on Vimeo.
Little Rikke Credits from Stephane coedel on Vimeo.
Jardón, que non era filólogo, asegura que o a sociedade galega se inseriu "espontaneamente" no castelán seguindo a "marcha normal dos acontecementos históricos" que foron convertendo o castelán na lingua asociada ao prestixio e o ascenso social. A "vitalidade" e "superioridade" do castelán xustifica, ademais, ao seu ver, este proceso, no que o galego se mantivo, segundo el, polo "atraso" do campesiñado e a presión do nacionalismo, entre outros factores.
A idea dunha presunta "natural superioridade" do castelán non é nova, porén. E asenta as súas raíces moito antes das últimas décadas: promoveuna o nacionalismo español de primeiros do século XX: a Escola Filolóxica de Madrid de Menéndez Pidal...
O filólogo e profesor Henrique Monteagudo axuda no seu libro Historia social da lingua galega (Galaxia, 1999), a contestar os enfoques anteriores. Segundo comenta, os filólogos e historiadores de tradición nacional española tenden a interpretar a expansión do castelán como resultado do seu maior prestixio cultural e literario, mentres que os de tradición nacional da periferia salientan o factor da dominación sociopolítica de Castela e a imposición -imperialismo...-. Monteagudo cre que a primeira perspectiva entraña parte de verdade, pero se se sitúa no contexto dos argumentos da segunda: o prestixio do castelán procede de ser de facto a lingua do Estado, non dunha suposta e indemostrable superioridade...
O nacionalismo galego subliña na súa análise o centralismo, o intento de uniformización cultural e opresión que os datos verifican e que a filóloga María Pilar Freitas explica no seu libro A represión lingüística en Galicia, (Xerais, 2008).
A lexislación é un dos ámbitos que mellor evidencian esta represión. E a da ditadura franquista -que os negacionistas tenden a esquecer- representa só unha fase dun proceso que viña de antes. Os exemplos son múltiples. O rei Alfonso XIII asinou no 1902 un decreto que obrigaba todos os mestres a impartir as aulas en castelán -o obxectivo destas leis era acabar coa expansión do catalán-.
No 1923, xa na ditadura de Primo de Rivera, outro decreto prohibe utilizar idiomas distintos do castelán nos actos oficiais. No mesmo ano, unha real orde prohibe o ensino dos "dialectos o lenguas regionales" nos "establecimientos docentes oficiales", e un mes despois do golpe de Estado a Dirección General de Enseñanza xa dirixira unha circular a tódolos gobernadores provinciais de Cataluña para que os mestres preparasen os nenos para que en tres anos estivesen en condicións de recibir todo o ensino en castelán. No 1925 unha real orde prohibiu nas escolas os libros que non estivesen redactados en castelán.
A lexislación represiva foi en aumento na primeira etapa do franquismo. Unha orde do 1940 prohibiu os rótulos ou anuncios que non estivesen en castelán. No mesmo ano unha orde ameazou os funcionarios coa destitución se non usaban o castelán. No 1944 un regulamento do notariado establece que os instrumentos públicos deben redactarse en "español".
No 1957 un proxecto de lei indica que no rexistro civil só deben inscribirse nomes en castelán. A propaganda incidía tamén na idea do monolingüismo en castelán e a asociación do galego co atraso e a incultura -é famoso o "No sea usted bárbaro. Hable castellano"-. O galego era atacado desde a prensa, como o eran as persoas que o defendían: cando Manuel Murguía era presidente da Real Academia Galega foi acusado de "separatista".
Nos 70 a lei comezou a permitir o ensino do galego na escola e o seu uso na Administración, sempre de xeito subordinado ao castelán. O "decreto do bilingüismo" do 79 en teoría introducía o galego como materia obrigatoria en parte do ensino, pero na práctica levou á sanción de docentes como Xosefa Baamonde por dar aulas en galego.
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Galicia, Linguaxe
Atoparalo en Ilustración, Kalandraka, Lectura, Libros, Recomendamos, Tradución
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, OQO, Recomendamos
La Aldea Irreductible - Top 25 Astronomía from Aldea Irreductible on Vimeo.
Atoparalo en Ciencia, Fotografía
Atoparalo en Fotografía, Lectura, Libros
I am
(je suis)
Soy–más qué soy nadie sabe ni a nadie
le interesa–mis amigos
me dejaron como un recuerdo inútil
que sólo se alimenta de su propia desdicha
de mis penas que surgen y se van, sin más, y para nada
ejército en marcha hacia el olvido
sombras confusamente mezcladas a los pálidos
mudos, convulsivos, escalofríos de algo
parecido al amor–y pese a todo soy, y vivo
como vapor en el cristal, que borrarán seguro
cuando llegue el día.
En la nada del desprecio, en el ruido de
muerte de la vida
en el mar frenético de los sueños despiertos, del delirio
que tranquiliza a los hombres, pero más allá aún
donde hay rastro de sensación de vida
nada más que un gran naufragio en mi vida de todo lo que quería
hasta de los más íntimos amores, por los que hubiera dado la vida
son ahora extraños-mas todavía que el resto.
Languidezco en una morada que ningún hombre holló
un lugar en que jamás aún mujer lloró o sonrió
para estar a solas con Dios; el Creador
y dormir ese sueño que dormía en la infancia
procurando no molestar a nadie-helado, mudo, yazco
sobre la hierba como un perro, irreal como el cielo.
Leopoldo María Panero: Narciso en el arcorde último de las flautas. (Visor, 1979)
Atoparalo en Poesía
Atoparalo en Fotografía, Humor
Un día calquera na vida dunha muller maltratada:
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Atoparalo en Animación, Cine, Fotografía
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Salamandra
Atoparalo en Actualidade, Efemérides
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Galicia, Linguaxe
Simpática animación realizada por Christopher Minos:
Knight Fever - Written, Directed and Animated by Christopher Minos from CRUSH on Vimeo.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, OQO, Recomendamos
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.