Insert Coin from vurup on Vimeo.
Vía
Blogue de Gracia Santorum e de Anxo Fernández, de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Slow Moscow from Andrey Stvolinsky on Vimeo.
Atoparalo en Documental, Igualdade
Atoparalo en Medio Ambiente, Publicidade
O ambiente da biblioteca: un caos?!
Atoparalo en Fomento da lectura, Humor, Lectura
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Premios, Recomendamos, Xerais
Atoparalo en Actualidade, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Outro invento que estaba a trastornar Galicia era o da Selección Galega de Fútbol, á que deron en chamar a Irmandiña, convenientemente demolida polo Departamento de Deconstrución Nacional. Ademais dunha ocasión de lecer para a xente que gusta do fútbol, disque ter a selección era un símbolo de identidade, un xeito de proxectarse no mundo. Todas as comunidades teñen selección. Teñen selección Catalunya e Euskadi, e Cantabria e Extremadura... Tamén aquelas que goberna o Partido Popular: Murcia ou o País Valenciano. Por que non Galicia? E por que si? Tamén é identidade o non ter selección. Tamén é proxectarse no mundo o non proxectarse. Acábate, pobre, e vende a camisa.
O do Cultur.gal xa caeu polo propio peso. Esta feira da cultura tivo a súa última (e derradeira!) edición na Coruña. Foi un éxito total. Por vez primeira dende a súa apertura, o Palexco estivo ateigado de xente os días que durou o invento. Pobo de todas as idades. Mesmo pobo sentado no chan a gozar do lecer dos libros. Un lugar de diversidade cultural, coas expresións máis clásicas e as máis alternativas. Palabra, música, cinema. Un forno a facer pan día e noite. Por que se decide acabar con Cultur.gal se foi o máis grande éxito da "industria" cultural galega? Pois por iso, paspán. Porque foi un éxito.
Din que a nova Xunta vai contra a identidade e equivócase. Demoler unha identidade é unha identidade. Hai quen pensa que os voceiros da deconstrución son xente con pouca fachenda. Pola contra, van sobrados: "Se todo o mundo ten unha selección de fútbol, pois nós non a temos. E que? Aquí poñémoslle o rabo ás cereixas!". Pasamos anos co discurso galeguista de facer país, de Galicia como tarefa, da utopía da cidade-xardín, a democracia galega do benestar, de non poñer chatas á obra que hai sitio para todos, etcétera, etcétera.
Atención á historia como esperpento. Unha vez consumada a deconstrución, virá a milagre da construción. A nova Lei do Solo. Por fin, a liberdade de "facer país" sen límites nin a dereita nin a esquerda, nin polo alto nin polo soto, nin no interior nin na beiramar. Barra libre, Galicia ceibe, viva o Poder Popular!
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Galicia, Linguaxe
Atoparalo en Medio Ambiente
A Dirección Xeral de Polìtica Lingüística retrasa a convocatoria de axudas para o curso 2009-2010 ata o vindeiro ano prexudicando seriamente o desenvolvemento das actividades de sensiblización, dinamización e capacitación lingüística no ensino
A Coordinadora Galega de ENDL quere mostrar a preocupación e o malestar que están a expresar os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística ante o retraso da convocatoria anual dos Proxectos de Fomento do Uso do Galego nos centros de ensino público e privado.
Precisamente no momento en que os diferentes departamento didácticos están a elaborar as programacións didácticas que planifican o traballo de todo o curso, a CGENDL constata que desde a DXPL non se van convocar en tempo e forma (a comezos de setembro, como se fixera no curso pasado) as axudas aos proxectos de fomento do uso do galego nos centros de ensino. A súa demora imposibilita a organización de actividades encamiñadas a poñer en valor a lingua galega entre a comunidade educativa así como, especialmente, a desenvolver as capacidades lingüísticas do alumnado.
A organización de ligas de debate, de cursos de expresión oral, de grupos de teatro escolar, de certames artísticos, a publicación de revistas e xornais, a realización de programas de radio e televisión, a formación nas novas tecnoloxías, etc. promoven o traballo das habilidades lingüísticas dun modo lúdico e global redundando na mellora de todas as materias e, polo tanto, da calidade do ensino e da formación do noso alumnado. Desde sempre, os ENDL teñen un papel destacado na programación extraescolar e cultural dos centros educativos polo que a interrupción deste labor tamén afectaría negativamente á súa proxección pública e á súa implicación coas familias e o seu contorno máis inmediato.
Esta situación de parálise suporía un retroceso nas políticas de apoio da administración aos ENDL logo de que en anos anteriores se solventasen por primeira vez moitos dos problemas que obstaculizaban o seu labor (convocatorias desaxustadas cos cursos académicos, falta de directrices de traballo para os equipos, etc.). Esta interrupción dunha dinámica de apoio á dinamización lingüística nos centros educativos conduce á desorientación e ao desánimo de todos os que conforman os equipos: aos centos de docentes, membros do persoal administrativo e, sobre todo, de rapaces e rapazas, principais realizadores e receptores das nosas actividades.
Por todo isto, a Coordinadora Galega de ENDL animará aos ENDL a enviar cartas dirixidas ao Conselleiro de Educación para lle requerir que axilice os prazos dunha convocatoria fundamental para realizar o seu labor nos centros públicos e privados de toda Galicia.
Atoparalo en Actualidade, ENL, Galicia, Linguaxe
No_keyframes from 1st on Vimeo.
Atoparalo en Animación, Cine, Tecnoloxía
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
Forum nucléaire from étapes: on Vimeo.
Atoparalo en Publicidade, Tecnoloxía
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Galicia, Linguaxe
Atoparalo en Dereitos Humanos, Igualdade, Publicidade
Atoparalo en Aulas, Documental, Personaxes
Atoparalo en Lectura, Libros, Montesinos, Recomendamos, Violencia de Xénero
Atoparalo en Publicidade
Notte Sento from napdan on Vimeo.
Atoparalo en Fomento da lectura, Fotografía, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos
Atoparalo en Cómic, Edelvives, Lectura, Libros, Recomendamos
Atoparalo en Dereitos Humanos, Música
Atoparalo en Igualdade, Machismo, Publicidade
Atoparalo en Documental, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
Queridas amigas, queridos amigos: A ningún de vós se vos escapa que os dereitos da nosa lingua están sendo postos en grave perigo por decisións políticas que se fan ao ditado de organizacións claramente opostas a calquera proceso de normalización lingüística que se leve a cabo en Galicia.
Somos moitos os que desde o principio tomamos a decisión de nos enfrontar a isto por calquera dos medios, pacíficos e respectuosos coas persoas e coas institucións, que estea ao noso dispor. Así se estivo a xestar neste últimos meses unha plataforma que cumprise coas condicións ineludíbeis de ser apartidaria, plural e carente de calquera personalismo, é dicir, unha plataforma que devolva ao pobo galego o recoñecemento de ser o único detentador dese patrimonio inmaterial de valor universal e eterno que é a lingua galega. Unha plataforma á que pode pertencer calquera persoa que aniñe no seu corazón o desexo de defender e promover a lingua galega, con independencia de cal sexa a lingua na que desenvolve a súa vida cotiá. E tamén unha plataforma que non intenta substiutír nin facer de menos a calquera outra que exista ou poida chegar a existir cos mesmos fins.
Agora chega o momento de facer pública esta plataforma á que lle demos o nome de ProLingua, e quero convidarte e que te unas a nós. Para iso achego a este correo-e o noso Manifesto (que tamén se pode ver na nosa paxina web www.prolinguagalega.org) que che rogo leas con atención e, se cadras conforme con el, te unas a nós facéndote presente na nosa listaxe de membros de ProLingua seguindo os pasos que na propia páxina web se indican.
No caso de que os teus sentimentos coincidan cos nosos obxectivos e penses en te unir a ProLingua, desexaríamos que estiveses presente en Santiago o próximo día 3 de outubro ás 11,30, data e hora na que celebraremos a nosa asemblea constituínte na Facultade de Filoloxía (Campus Norte). Para nós, os de ProLingua e para min como amigo teu, é moi importante contar contigo ese día, como o é tamén o feito de podermos xuntar alí o maior número posíbel de persoas, porque sabemos todos que unha plataforma que se constitúe coa presenza de centos de persoas non pode ser ignorada.
Nos próximos días aparecerá na páxina web unha indicación de cómo informar da intención de estar presente na asemblea a fin de podermos facer as previsións necesarias.
En calquera caso esta ocasión é ben boa par enviarvos a miña meirande aperta.
Xabier P. DoCampo
Atoparalo en Actualidade, ENL, Galicia, Linguaxe
Anxo, Bolbor... estades preparados?!:
Atoparalo en Fotografía, Humor, Infancia
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Patasdepeixe, Recomendamos, Tradución
Pois non, por desgraza o da cabeceira non é o parágrafo dun documento de ningunha institución galega nin do prominente candidato ao protectorado coruñés. Disque Negreira está posuído pola extrema dereita local. Eu o que penso é que está posuído por outro demo: o Mal Gusto. A Coruña é unha lámpada marabillosa que terma do que lle boten. Calquera outra cidade estaría infartada coa fealdade cruel do monumento ao xeneral africanista, que tanto colaborou co seu colega Franco para facer de España a última colonia española. A retirada dese monumento xa non é cuestión de debate histórico. É un deber de estética coruñesa. A auténtica Coruña, señor Negreira, sempre estivo "contra a grosería e a violencia". Como Ava Gardner.
Non é casualidade que sobre estas cousas pense un en Montevideo. Se hai unha cidade que linda coa Coruña esa é a capital de Uruguai. Na xeografía e na historia humanas vanse configurando simetrías. E Montevideo e Coruña son simétricas. Melancólicas e cantareiras a un tempo. Embarcadoiros de ida e volta. Espazos integradores onde partillar identidades sen complexos. Co ADN marítimo da liberdade, co pavillón de Baudelaire: "Se amas o mar es un ser libre!".
O Museo da Memoria do que falei nun comezo existe dende decembro de 2007. Está instalado nun magnífico espazo histórico patrimonial, a ex Quinta de Santos, cedido pola Intendencia Municipal. Tamén foi posíbel pola colaboración do Ministerio de Educación. Trátase dun predio fermoso, con ampla zona natural, onde a actividade é continua, con exposicións e foros de reflexión onde o asunto nuclear son os Dereitos Humanos. Un local universal, alí onde está arquivada a resistencia democrática uruguaia e latinoamericana, mais que mira cara ao futuro da humanidade enteira. O Museo da Memoria está vivo porque, á parte do apoio institucional, foron as asociacións e as redes cidadáns ás que o puxeron en marcha. Dende Madres y Familiares de Uruguayos Detenidos Desaparecidos, a Asociación de ex Presos e Presas políticos, a Memoria da Resistencia 1973-1985, até as facultades da Universidade da República. Son estas mesmas entidades as que dan pulo ao referendo que se celebrará en outubro, coincidindo coas eleccións xerais, para botar abaixo a chamada Lei da Impunidade. Todos os estudos de opinión dan ampla maioría á posición democrática que defende os principios básicos de recoñecemento, reparación e xustiza. E os utilizaron as Forzas Armadas e os poderes do Estado para o seu beneficio económico e para reprimir, violar, secuestrar e asasinar, serán xulgados polos seus crimes. Algúns xa están entre reixas.
Hai outro lugar extraordinario onde habita a memoria, non como arañeira de faiado, senón como un ser vivo. Unha Ítaca galega en Montevideo. É o Patronato da Cultura Galega. Nestes tempos de grosería contra o idioma e a cultura de Galicia, cando os máis groseiros son os mellorados da casa, cómpre lembrar que este é un país de ulises e misteiras. Hai que cambiar a leria: o país dos ananos está na propia terra. Hai moitos lugares mundo adiante nos que endexamais morrerá Galicia. Moitos, mais deixarme citar dous. De andar náufrago e buscar Ítaca, eu sei os enderezos onde iría: Chacabuco 955 (Federación de Sociedades Galegas) en Bos Aires, e Rondeau 1421 (Patronato da Cultura Galega) en Montevideo.
Misteiras é o nome galego das mulleres que fabricaban os mistos, os fósforos. O Patronato de Montevideo ten dende hai anos unha directiva formada por mulleres activísimas que merecen ese nome garimoso de misteiras. Son as que manteñen o lume aceso. Unha cálida rede asociativa que cada vez vai a máis. A biblioteca de temática galega é extraordinaria. Quen a tivese de man en moitas vilas da Galiza territorial! No Patronato aprenden lingua e todos os eidos da cultura. Mais tamén hai obradoiros artísticos, de gastronomía e doutros proveitos e saberes. O Patronato mantén a emisión radiofónica Sempre en Galiza, que é a máis antiga do mundo das feitas en idioma galego. E hai un compromiso fondo, non retórico, co país de acollida, con este Uruguai que está a abrir unha nova xeira progresista canda a maioría dos países da emerxente América Latina. Non é un lugar partidista, mais no Patronato respírase a memoria democrática, a resistencia contra dúas ditaduras (a española e a uruguaia) e nótase tamén o optimismo da vontade. O que hai alí é o contrario da grosería reaccionaria. Un espírito cívico, solidario. Alí rexe o que Blanco Amor chamaba "a aristocracia da alma".
Antonia encarna todo iso. Hai moita xente así, mais semella que estaba no maxín de Blanco Amor cando falou da "aristocracia da alma". Antonia Yáñez, unha das impulsoras do Museo da Memoria, é unha lenda real en Uruguai. Nacer naceu en Lamas, unha aldea perto de San Sadurniño. Cando tiña catro anos, en 1952, marchou cos pais, Pedro e Consuelo, cara á Terra Prometida. A viaxe a Montevideo foi unha travesía que durou 22 días. Verbo da memoria, no se lle perdeu nada polo camiño. A nena levouse todo. Mesmo os amorodos salvaxes do camiño cando ía polo tabaco para o pai e o enterrador deixábaa tirar da corda do badalo das campás. Todo está aí, neses dous eidos que escintilan húmidos baixo as pálpebras de Antonia e onde vexo a verdade antiga do poema de Camões: herbas que son ollos do corazón. A nena medrou no barrio de Piedras Blancas. Alí os emigrantes facían a propia casa coas súas mans no tempo libre do traballo. Foi a unha boa escola, unha escola pública. Logo á universidade. Tiña un fillo pequeno e era profesora de Literatura cando a detiveron en 1981. Xogaba un papel relevante na resistencia contra a ditadura. Torturárona de tal xeito que, para non ter a debilidade de falar, decidiu morderse a lingua até perder a fala e o sentido. Os verdugos pensaron que se amputara, tanta era o sangue que saía pola boca.
Mais aquí está Antonia. Ceba un mate. Sorrí. Vai falar da nena de Lamas.
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Galicia, Linguaxe
Los opositores a la oficialidad del gallego presentan su caso como defensa de la libertad individual de expresión y por las ventajas que trae la lengua imperial. No convencen.
Lo primero sería justa demanda si no fuera mentira de cosacos que en este país se fuerza a la gente a hablar en gallego contra su voluntad y gusto: no hay nadie que no pueda hacer toda su vida en castellano (como llaman a lo que en todas las partes del planeta conocen por español). El parecido genético entre los dos romances hace imposible la no comprensión del otro.
Que el español es una lengua que abre muchas puertas fuera de España es cierto, pero falso que las abra todas: en la ciencia y la investigación, por ejemplo, el hablar español ayuda tan poco a manejarse como saber gallego. Triste cosa de decir, pero los países de parla hispana no son los que cortan el bacalao en el escenario internacional. Y en todo caso, medir la importancia de una lengua por el número de hablantes es confundir cantidad con cualidad.
La doctrina asegura que las lenguas son creación espontánea del hombre y todas valen para lo mismo: representar la particular visión del mundo de un trozo de la humanidad. Por definición, ninguna supera de suyo a las demás.
Si esto es así, la nuestra viene a ser la cifra del ser gallego y por tanto patrimonio de nuestra comunidad espiritual. Protegerlo es hacer Galicia. ¡Protéjanlo!
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Galicia, Linguaxe
Atoparalo en Artigos de prensa, ENL, Galicia, Linguaxe
Atoparalo en Baía, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Teatro
Atoparalo en Dereitos Humanos, Igualdade
Animación en 3D realizada por Sun Haipeng.
Super Baozi vs Sushi man from sun haipeng on Vimeo.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.