Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/09/15

Comunicación e relacións humanas

Curta realizada por Michaela Pavlátová en 1991. O caos, o humor, o amor, o malentendido e o desengano mestúranse nesta pequena historia sobre as palabras.
Palabras, palabras, palabras.

Parque de letras

De cando en vez temos que viaxar ata México para aprender da boa publicidade que realizan as librarías Gandhi. Desta volta traemos o vídeo "Parque de letras":

29/09/15

Shudo

Novamente, curta sen palabras:


Vía

Coma unha áncora



Lin con crecente interese esta novela que nos propón a editorial Galaxia na súa colección "Costa Oeste"; trátase de Coma unha áncora de Iria Collazo López. Ben escrita, desenvolve unha dobre historia con moitos saltos no tempo e no espazo polo que procura un lector ou lectora atent@. Ben ambientada -o Mar omnipresente é o verdadeiro protagonista xa que é quen de artellar todos os pasos dos personaxes, de gobernar neles e no seu destino-, para o meu gusto estrágase nos dous últimos capítulos cun final digno do peor Hollywood. Unha mágoa, porque coido que o libro paga a pena, sobre todo pola historia que semella secundaria da señora cega pero que encerra un gran valor histórico; asemade ese Mar do que falamos dá pé a que as lendas que xorden na cabeza dos humanos teñan un sentido, posto que é o mar quen dita razóns fóra de espazo e tempo que dominan na terra. Será por iso que os humanos precisemos dunha áncora para non soltar amarras, para seguir sendo o que somos, vivindo a vida que podemos, ou aquela que nos deixan, como lle pasa a esa inmensidade de personaxe que supón a presenza da veciña cega na novela.
De todos os xeitos, cómpre tela presente, tendo en conta que non é de lectura doada para a rapazallada, xa que é necesario ser un lector ou lectora avezada para seguila. Así que é máis ca recomendable para o último curso da ESO ou mesmo para Bacharelato.


28/09/15

Kingkills

Fermosa curta sen palabras:


vía

Sempre hai un lugar para a poesía (CXXVII)

 
Hombre y mujer fui concebida bajo la sombra de la luna,
Pero Adán fue sacrificado en mi nacimiento,
Inmolado a los mercenarios de la noche.
Y para colmar el vacío de mi otra esencia
Madre me bañó en aguas del misterio,
Me instaló en la orilla de cada montaña,
Moldeó la luz y la penumbra
Para hacer de mí mujer-centro y mujer-lanza,
Traspasada y gloriosa,
Ángel de los placeres innominados.
 
Extranjera crecí y ninguno cosechó mi trigo.
Diseñé mi vida en una hoja blanca,
Manzana a la que ningún árbol dio a luz.
Y la horadé y salí,
En parte vestida de rojo y en parte de blanco.
No solo estuve en el tiempo o fuera de él
Porque maduré en los dos bosques
Y recordé antes de nacer
Que soy un tumulto de cuerpos,
Que dormí largo tiempo,
Que viví largo tiempo,
Y cuando me hice fruta
Supe
Lo
Que
Me
Esperaba.
 
 
Pedí a los magos que cuidaran de mí,
Y entonces me llevaron consigo.
Dulce era mi risa
Azul mi desnudez
Tímido mi pecado.
Volaba sobre la pluma de un ave
Y me hacia almohada a la hora del delirio.
Cubrieron mi cuerpo de amuletos,
Y untaron mi corazón con la miel de la demencia.
Protegieron mis tesoros
Y los ladrones de mis tesoros,
Me obsequiaron historias y silencios,
Desataron mis raíces.
 
Y desde aquel día me voy
Me hago nube de cada noche
Y viajo.
Soy la única en decirme adiós
La única en acogerme.
El deseo es mi camino y la tormenta mi compás.
En el amor no echo anclas.
Gemela de las mareas,
De la ola y de la arena
Del candor y de los vicios de la luna,
Del amor
Y de la muerte del amor.
Durante el día mi risa es de los otros
Y la cena solo a mí me pertenece. .
Quien sabe mi ritmo me conoce
Me sigue
No me alcanza. 

A Homeless Polar Bear in London

Unha das principais campañas de Greenpeace céntrase agora mesmo en concienciar a poboación sobre os perigos que sofre o Ártico, que se derrete polo cambio climático e faino a pasos axigantados: os últimos trinta anos perdemos tres cuartas partes do seu xeo. A principal ameaza: Shell.





Vía

27/09/15

Violeta

Interferencias

Debo recoñecer que cando comecei a ler Interferencias de Manuel Seixas, publicado por Xerais, estiven a piques de deixalo en varios momentos. Non me atraía, e pensei que iamos estar unha vez máis ante a típica historia de amor. Pero errei. A historia dá un xiro necesario e sorprendente e atopámonos ante dúas individualidades ben diferentes e marcadas que nos subxugan e ao mesmo tempo provocan algo de temor. Coido que despois desta revelación todo sucede demasiado axiña, e os prolegómenos son demasiado lentos. Pero o libro ten un aquel que gusta e que enreda os miolos. A soidade, a dor, e un cruzamento que pode ser insospeitado. Existe a casualidade? Existe o destino? Existe unha segunda oportunidade? Non todas as preguntas achan a súa resposta neste libro, que deixa o futuro en mans do noso maxín ou en mans dese narrador omnisciente que nos lembra que ese futuro "xa sería outra historia". De momento, temos unha historia que vén predeterminada, porque a vida é así, xoga connosco. Por que non? Porque o alento e a esperanza tamén poden formar parte de nós. E os dous personaxes que acompañamos no seu devir cotián ben merecen sorrir e vivir plenamente... ou non? Son dous seres que deben ser castigados pola súa conduta? Poden cambiala? A importancia de como se senten estes personaxes é a chave deste novela curta que incide sobre todo neste aspecto. Porque o amor e a felicidade falan do ser humano, igual que a brétema producida pola enfermidade psicolóxica. 
Con esta novela paseamos por ese proceso de tristura fonda, de escuridade do ser humano, ata topar un relampo de claridade que volve a escurecerse. Si. As preguntas aboian no ar. Vós contestádeas para vós. Que cadaquén se forme a súa opinión. Somos así de complexos!

Non á violencia contra as mulleres (CDXXXII)

Lady Gaga - Til It Happens To You


Lady Gaga vén de lanzar este viodeclip sobre o abuso sexual nos campus universitarios, xunto cos creadores do documental The Hunting Ground, un filme que denunca esta tremenda realidade. A canción Til It Happens To You (Hasta que te suceda a ti, Ata que che suceda a ti) quere chamar a atención das persoas e amosar o que se sente cando se sofre unha violación




Me dices que mejora,
que con el tiempo mejora.
Me dices que me recompondré (pull together),
cálmate, estarás bien.
Dime, ¿qué demonios sabes tú?
¿Qué sabes?
Dime, ¿cómo demonios podrías tú saberlo?
¿Cómo podrías saberlo?

Hasta que no te ocurre a ti
no sabes lo que se siente, lo que se siente.
Hasta que no te ocurra a ti,
no lo sabrás, no será real.
No, no será real,
no sabrás lo que se siente.
Me dices que mantenga la cabeza alta,
mantén la cabeza alta y sé fuerte,
porque cuando te caes, tienes que levantarte,
tienes que levantarte y seguir adelante.
Dime, ¿cómo demonios eres capaz de hablar (si no sabes)?
¿Cómo eres capaz de hablar?
Porque hasta que camines por donde yo camino,
esto no es una broma.
Hasta que no te ocurre a ti
no sabes lo que se siente, lo que se siente.
Hasta que no te ocurra a ti,
no lo sabrás, no será real.
No, no será real,
no sabrás lo que se siente.
Hasta que tu mundo arda y se estrelle,
hasta que estés al final,
estés al límite (end of your rope),
hasta que (no) te pongas en mis zapatos,
no quiero oír una palabra de ti, de ti...
Porque tú no sabes.
Hasta que no te ocurre a ti
no sabes lo que yo siento, lo que yo siento..
Hasta que no te ocurra a ti,
no lo sabrás, no será real.
No, no será real,
no sabrás lo que se siente.
Hasta que no te ocurre a ti, te ocurra a ti...
-¿Cómo podrías saberlo?-
Hasta que no te ocurre a ti,
no sabrás lo que yo siento.
Lady Gaga - Hasta que (no) te ocurre a ti.

26/09/15

Underwear for perfect men

A compañía de moda para homes "Dressmann" lanza esta publicidade amosando modelos reais, homes reais, todo para tentar acabar cos estereotipos que etiquetan o público masculino como musculosos e deportivos.
Vía


 

Quiet, please

A hospitalidade da biblioteca:


QUIET, PLEASE from Quincy J. Walters on Vimeo.


Presentación de "Rastros con enrugas"



 Deito aquí o texto da presentación do libro Rastros con enrugas de Xoán Carlos Domínguez Alberte. Unha presentación que tivo lugar onte á noite na Libraría Vagalume de Lalín.

O primeiro que sorprende ao lector cando se achega por primeira vez á obra de Xoán Carlos Domínguez Alberte é a reivindicación que supuran todos os seus versos. Debo recoñecer, en primeiro lugar, que nada lera deste poeta. É por iso que cando comecei a lectura dos seus versos lembrei inmediatamente un libro que lin hai pouco chamado “En legítima defensa. Poetasen tiempo de crisis”. Porque a poesía de Xoán Carlos está inzada de chamamentos a unha parte xorda da poboación: aquela que goberna. O seu compromiso social destaca por riba de toda cuestión poética, e iso agradécese; agradécese a súa ollada crítica sobre a dor que o tempo que estamos a vivir procura e agradécese a denuncia que realiza, sinalando claramente os culpables de tanta dor. Asemade, a súa conciencia social e política faino solidario e defensor do público, atendendo especialmente á Educación –da que el forma parte como profesor de ensino secundario- :



O GOBERNO MANTÉN CONVENIOS

COA EDUCACIÓN PÚBLICA

EN CINCO CENTROS PRIVADOS

CON CRUCIFIXOS

QUE CLASIFICAN POR SEXO

OS ALUMNOS E AS ALUMNAS.  (PÁXINA 29)



e á Saúde:


PUBLICITAN COMO REMEDIO
QUE A DÍA DE HOXE SE FAI
CADA VEZ MÁIS NECESARIO
EXTERNALIZAR SERVIZOS.
RESULTA MOITO MÁIS TERAPÉUTICO
CA ANUNCIAR A PRIVATIZACIÓN DE HOSPITAIS  (PÁXINA 42)



O libro vai debruzando pouco a pouco e con ironía a realidade que nos tocou vivir. Non marcha lonxe nin a outros tempos. O autor sabe ben que desta volta a realidade supera á ficción e ten suficiente material para falar del na súa poesía. Por iso comeza o libro cunha dedicatoria ben especial: “A todas as vítimas da pobreza do capitalismo do capitalismo da pobreza”. Canda esta temos que facer mención a outro detalle que, cando menos a min, resultoume ben chamativo: a cantidade de citas e de fragmentos poéticos que salfiren o texto, coma se dun acompañamento propio se tratase; voces que se unifican nun clamor de denuncia social, de compromiso que, coma latexos, se incorporan ao texto que nos ofrece o poeta.

A denuncia poética que estamos a ler fere, como fere a realidade, e Xoán Carlos olla criticamente o día a día dunha sociedade que non sabe enfrontar a violencia sutil á que é sometida, e pola que el sofre dende a súa perspectiva poética. De aí que o seu mirar repouse en todos os espazos posibles: hospitais, colexios... mesmo accidentes coma o do AVE (PÁXINA 41) e achégase a un rural que desaparece ou a unha lingua que sofre baixo o estigma da supremacía doutra.

Porque a Literatura social é necesaria, porque o tempo que resistimos arestora cómpre enchelo de voces que falen de liberdade e igualdade, palabras case ocas que se utilizan con descaro baleiradas do seu contido primixenio, deturpándoas e ennegrecéndoas en boca de políticos e maltratadores. Precísanse potentes amplificadores de voces denunciantes, de compromisos literarios máis alá de egos e persoas, de voces xustas que auxilian torturados polo silencio dunha verdade agochada unha e mil veces.

LEMOS ENTÓN OS “DEZ MANDAMENTOS DE DOUTRINA POPULAR PARA TEMPOS DE CRISE”: PÁXINA 28


De todo isto infírese a necesidade de libros coma “Rastros con enrugas”, libros que diseccionan a fouteza hipócrita daqueles que teñen máis e oprimen ao máis débiles, heroes anónimos estes que tentan sobrevivir nunha maraña de dificultades, nun riso perpetuo dos poderosos que oprimen dende as súas cadeiras os silencios, os prantos, os anceios dunha vida mellor que non chega.



Aínda que deberiamos ter comezados, quizais, pola portada, ou polo título, e agora o deixemos para o final, veremos como a esta, deseñada por Baldo Ramos –ao igual que as ilustracións esparexidas polo libro- ocúpaa unha rosa vermella e arame, símbolos indiscutibles de sufrimento e opresión, indicadores totais do que nos imos atopar ao abrir o libro. O  título “Rastros con enrugas” , amosa o paso do tempo, a experiencia, as fendas que este vai deixando na face individual das persoas, máis fondas canto máis sufrimento. Resulta que 


NON É PEOR QUE SEXAMOS

XENTE POBRE

CA POBRE XENTE (páxina 81)

25/09/15

O lado escuro de Volkswagen

Greenpeace criticaba hai catro anos que a compañía de automóbiles non cumpría a normativa oficial, e fixérono parodiando o anuncio do neno disfrazado de Darth Vader. Agora dámoslle a razón.


Rastros con enrugas

Hoxe presentamos en Lalín Rastros con enrugas, aínda non sei por que o seu autor Xoán Carlos Domínguez Alberte me elixiu a min para estar con el. Pero así será. O libro está publicado por  Edicións Corsárias

Un libro que sorprende pola reivindicación que supuran todos os seus versos. Porque a poesía de Xoán Carlos está inzada de chamamentos a unha parte xorda da poboación: aquela que goberna. O seu compromiso social destaca por riba de toda cuestión poética, e iso agradécese; agradécese a súa ollada crítica sobre a dor que o tempo que estamos a vivir procura e agradécese a denuncia que realiza, sinalando claramente os culpables de tanta dor. Asemade, a súa conciencia social e política faino solidario e defensor do público, atendendo especialmente á Educación –da que el forma parte como profesor de ensino secundario- e á Saúde.
O libro vai debruzando pouco a pouco e con ironía a realidade que nos tocou vivir. Non marcha lonxe nin a outros tempos. O autor sabe ben que desta volta a realidade supera á ficción e ten suficiente material para falar del na súa poesía. Por iso comeza o libro cunha dedicatoria ben especial: “A todas as vítimas da pobreza do capitalismo do capitalismo da pobreza”. Canda esta temos que facer mención a outro detalle que, cando menos a min, resultoume ben chamativo: a cantidade de citas e de fragmentos poéticos que salfiren o texto, coma se dun acompañamento propio se tratase; voces que se unifican nun clamor de denuncia social, de compromiso que, coma latexos, se incorporan ao texto que nos ofrece o poeta.
A denuncia poética que estamos a ler fere, como fere a realidade, e Xoán Carlos olla criticamente o día a día dunha sociedade que non sabe enfrontar a violencia sutil á que é sometida, e pola que el sofre dende a súa perspectiva poética. De aí que o seu mirar repouse en todos os espazos posibles: hospitais, colexios, accidentes… o rural que desaparece o a lingua que sofre baixo o estigma da supremacía doutra.

24/09/15

De catro a catro

 Moit@s de vós xa sabedes que De catro a catro é un dos meus libros preferidos. Pois agora teño nas mans unha marabillosa edición realizada por El Patito Editorial a cargo de Luís Rei Núñez que conta coas ilustracións de Pablo Otero nun magnífico traballo. Nada novo teño que dicir dun libro sobradamente coñecido, agora en edición bilingüe, que supuxo que as nosas letras estivesen no mundo das vangardas de principios do século XX. Destacar o labor editorial, con este magnífico volume, e as ilustracións de Pablo Otero, en perfecta harmonía co texto, cadros que por si sós conforman unha exposición que fala de mar e ondas, de tempo que voa, de quietude, de reflexos enmascarados e de nós que abrollan tras os marcos.
Para ter nos andeis.
 


23/09/15

Wildfire



Vía

22/09/15

Seguiremos

Hospital Sant Joan de Déu e Macaco 

Tema que Macaco cedeu para unha campaña solidaria do Hospital Sant Joan de Déu, integrado en na Rede Pública de Hospitais Cataláns, para conseguir financiación para a investigación do cancro infantil.

Cómo abrió don Nicanor el Gran Circo Volador

A maxia poética de Mar Benegas volve ser fructífera neste novo álbum poética que publica xunto coas ilustracións de Ximo Abadía na editorial Tres Tristes Tigres. Estamos ante un dobre libro ben singular. Primeiro, leremos e gozaremos coa historia en verso de Don Nicanor, un home bo que comezou a andar polo mundo e topou animais en perigo, animais que sufrían por seren diferentes e decidiu adoptalos. Pero tanto altruísmo ten un custo e como solución abriron un Circo; nel non hai máis que amosar as habilidades de cadaquén: como fai Mar Benegas coa súa arte poética.
En segundo lugar, o libro nos sorprende presentando unha adaptación teatral das aventuras que vimos de ler en verso. Unha adaptación que servirá para levar ao cole posto que contén descrición de como se debe levar a cabo.
Unha pasada!

Este es Don Nicanor
que vivía en una flor. 
Esto que os voy a contar
lo saben aquí y allá:
que el bueno de Nicanor
montó un circo por amor. 

Como unha señorita


                                                          "Como unha muller libre"
 
Ser "una señorita" implica deixar de ser unha mesma. Esta é a educación que se lle dá, aínda, ás nenas. 
 


21/09/15

Pau Gasol le

Necesitamos heroes así, de carne e óso, persoas que loitan polos Dereitos Humanos, que fan ca súa superioridade humanidade, que colaboran coas ONG, que son PERSOAS. Lonxe deses futbolistas sen cultura que presumen de non ter lido un libro nas súas vidas. Pau Gasol le. E así o afirma rotundamente. 
Que Pau Gasol lea, estamos segur@s, é unha das mellores campañas de fomento da lectura que poidamos iniciar. Agora mesmo, despois do seu último triunfo coa selección española de baloncesto (ante Francia semellaba que o equipo era el só), que declare que ten tempo para ler e que goza facéndoo, é unha marabillosa iniciativa que non podemos deixar escapar. 
Si, Pau Gasol le.


E eu vino aquí:


El grito de Gasol tras la victoria

El héroe lee. Entre los duros entrenamientos que le preparan para los partidos que forjan su leyenda, Pau Gasol abre un libro e invita a sus seguidores en las redes sociales (4,4 millones en Facebook y 3,2 millones en Twitter) a descubrir su lectura. Pau lee y sus tuits hacen más por la lectura que cualquier campaña pública y muchísimo más, claro, que cualquier televisión privada, cuyo retrato del mundo es el de un planeta sin lectores. Los libros aburren, no dan audiencia. Pero, escuchen señores: ¡el héroe lee!
Pau, el hombre que nos ha permitido olvidar nuestra infelicidad durante unas horas maravillosas, comparte con sus seguidores los libros que disfruta. Basta una foto de la portada y unas líneas para mostrarnos la lectura elegida. Así descubrimos que mientras lleva a la selección española a la novena final de un Eurobasket, Pau lee en inglés ‘Open’, esas memorias en las que Andre Agassi recuerda y el Pulitzer  J. R. Moehringer  escribe.
I’m enjoying my new read a lot!”, escribe Pau en una faja virtual que un editor avispado debería imprimir ya: “El libro que leía Gasol mientras nos hacía soñar”. No sé hasta qué página habrá llegado Pau en esta semana histórica, pero sí que ha leído estas líneas: Soy un hombre joven, relativamente joven. Tengo treinta y seis años. Pero despierto como si tuviera noventa y seis. Después de tres decenios corriendo a toda velocidad y deteniéndome en seco, saltando muy alto y aterrizando con fuerza, mi cuerpo ya no parece mi cuerpo…

Andre-Agassi-en-1990

Este Agassi destruido tiene solo un año más que Pau. Lejos del destino del tenista, Gasol ha convertido su veteranía en su plenitud. “No pienso en mi edad. Tengo ilusión, ambición y deseo de ganar”, declaró tras un partidazo que le ha consagrado como el mejor jugador europeo. Su liderazgo, su fe en la victoria, le han permitido llevar al éxito a la selección, a pesar de ausencias destacadas y presencias tocadas. La clave era creer en la victoria sabiendo que cuando íbamos 11 abajo quedaba mucho tiempo”, declaró Pau nada más terminar el partido
¿Le han ayudado sus lecturas a llevar a la victoria al equipo? Solo Gasol puede responder. Porque, aunque de vez en cuando se cuela alguna novela – El impostor’, de Cercas; ‘Victus’, de Sánchez Piñol; la saga completa de ‘Canción de Hielo y Fuego’, de Martin… -,  en la lista de lecturas de Gasol destacan los libros destinados a fortalecer el liderazgo y encontrar la motivación para lograr el éxito, textos en inglés de título corto y subtítulo necesario, destinados a alimentar la ambición de quien lo ha ganado todo en la cancha. Aquí van algunos:
Gasol machacando

Hemos venido aquí a ganar el oro, dijo Gasol nada más terminar de machacar a Francia en su propia casa, marcar 40 puntos rodeado de 27.000 seguidores franceses y regalarlos uno de los momentos más felices de esta década. Es imposible separar este éxito del mayor fracaso que Gasol ha vivido, la única vez que nos decepcionó el mejor equipo que hemos tenido. Imagino una cola interminable de Pulitzers y premiados diversos aspirando a ser el Moehringer de nuestro héroe, deseosos de escribir uno de los capítulos más interesantes de sus memorias: cómo convirtió la derrota inesperada en la victoria más merecida.

Dor #Mediterráneo


 Esta é unha lista de cen metros cos nomes das 17306 persoas afogadas no #Mediterráneo tentando emigrar. Esta "saba" está no chan para que os deputados europeos teñan a obriga de camiñar sobre ela para entrar no parlamento. 
Quizais se dean conta. Ou quizais pensen que tan só é unha nova alfombra... decorativa.

20/09/15

El oso que no estaba


Barbara Fiore publica en gran formato este divertido álbum de Oren Lavie con ilustracións de Wolf Erlbruch: El oso que no estaba é ante todo unha viaxe na procura dun mesmo, tratado con humor e tenrura. Quizais buscarse a si mesmo é difícil, saber quen é un e que pode facer, ata onde pode chegar, o carácter real que temos... quizais haxa que atopar outras perspectivas que nos axuden a nos definir. Así, esas outras opinións poden ser da gran valor, como o serán neste álbum eses pintorescos personaxes que nos presentan con nomes inesquecibles: "a Vaca Valerosa, a Lagartija Lánguida, o Pingüino Pintoresco e a Tortuga Taxi". Así pois, estamos ante un álbum de lectura intelixente que nos provoca ao mesmo tempo tenrura, humor, ironía e un petisco de filosofía, adubiados todos eles coas ilustracións sempre perfectas de Erlbruch, ben coñecido.



Non á violencia contra as mulleres (CDXXXI)


 Unha revista publicou dúas páxinas case pegadas. Quen desexase ler o que estaba escrito, debía "forzar" as páxinas para abrilas. Ao facelo, constaba esta imaxe coa frase: "Se vostede precisa forzar, xa é violación".
 #arrepiei

19/09/15

O faro escuro

Na procura de lecturas para o meu alumnado chego a este libro de María López Sández publicado pola editorial Galaxia: O faro escuro. Unha novela de doada lectura e escrita sinxela, de capítulos moi curtos, que quere achegarse á novela negra, creo, aínda que tamén á psicolóxica. Non hai moita acción nin intriga, pois desde a metade da novela, senón antes, xa sabemos que ocorre e case podemos intuír un final, que chía un pouco, nada atraente e sen forza. Pode atraer, si, que o peso da novela resida en dúas figuras femininas, fortes, diferentes de seu, que parten dunha decisión. Será precisamente a decisión da protagonista xornalista a que desenvolva todo o argumento, sen ser xulgada máis que polos lectores e lectoras; unha decisión en momento extremo que marcará a súa vida. Poderemos fabular en cal sería a nosa decisión de estarmos no seu lugar, pero o resto da novela non ten unha gran singularidade. Coido que falta unha profundidade maior tanto nas personaxes como na acción. 
Lese rapidiño pero non deixa pegada.

O mar da fin do mundo

Traio dende Carta Xeométrica estes vídeos e as sabias palabras do amigo Cibrán:

Longametraxe de de José Irrisarri que obtivo nesta categoría o primeiro premio do Ciclo Internacional de Cine Submariño de San Sebastián no ano 2011. Marcados para sobrevivir é a segunda entrega da serie “O Mar da Fin do Mundo”. Imitando á primeira, foi galardoada como a mellor longametraxe no Ciclo Internacional de Cine Submarino de San Sebastián.
A longametraxe presenta impactantes imaxes submarinas das rías galegas no que se ofrecen mostras da sobreexplotación no noso litoral. Pero tamén de nos ofrece o labor científico que traballan para establer sobre bases sólidas unhas normas de explotación racionais que permitan salvar as especies ameazadas.
Ameazada tamén está a nosa lingua, e un non pode deixar de ver este documental sen facer o paralelismo entre o abuso irracional que destrúe a biodiversidade e a tamén irracional teima tanatolingüística dunha civilización que mata anualmente 25 linguas.



18/09/15

Mythopolis



Vía

Las aventuras de Max y su ojo submarino

Sorprendente proposta poética e visual este libro que foi Premio Hispanoamericao de Poesía para rapaces no ano 2006 e que publica Fondo de Cultura Económica. Las aventuras de Max y su ojo submarino é de Luigi Amara e conta coas ilustracións de Jonathan Farr. Unha historia en verso e riamada onde a ironía e o maxín, xunto co humor, son os absolutos protagonistas. Realmente é unha ventá abraiante que nos descobre novos mundos en branco e negro, para soñar pola noite para fundirse nunha aperta constante de fantasía e soño.
Na primeira parte do libro, o protagonista perde o seu ollo e intúe que poderá seguir mirando dende el un mundo ao que el, fisicamente, non dá chegado. Na segunda parte describe personaxes familiartes recreando unha fauna extrafalaria que nos pode levar ata as gargalladas. Na terceira parte son animais os protagonistas, dándolle forza poética ás imaxes en lugar de á rima.

A Max le dolían los ojos
de tanto smog y aire insano
se tallaba las pupilas
como quien busca un gusano.

Por error su dedo extrajo
de golpe el ojo derecho,
no le dolió ni hubo sangre
peró gritó: “ ¡ Oh, que he hecho! “

El ojo rodó en el suelo
como una canica extraña
y fue a parar a la esquina
donde espantó a una araña. (…)



17/09/15

At First Sight

Curta sen palabras dun hipster adicto ao móbil:


vía

16/09/15

Accidentes


El maravilloso sombrero de María

 O recoñecido autor xaponés Satoshi Kitamura ofrécenos un álbum ilustrado con algo máis de texto do que é costume nas súas obras a través de Océano Travesía: El maravilloso sombrero de María reparte o peso entre ilustracións e texto para procurar un canto á liberdade do maxín. Porque este é o verdadeiro protagonista, que se serve de María para pasear polo libro ofrecéndonos un portento de cor: formas que se adaptan a calquera momento sen importar o tamaño nin a silueta. Cada persoa ten a súa propia imaxinación e todas elas son igual de importantes, porque serán un xeito de reflectir o desexo e a personalidade propia, aquela que sente curiosidade ou inquedanza por múltiples temas diferentes.


Robin Thicke - Blurred Lines

Isto proclámase como parodia feminista. Vós que opinades?:


15/09/15

Doll Face

Crítica aos medios de comunicación e os estereotipos femininos que en ocasións transmiten.


Volverás, golfiño

Gustoume a proposta que Andrea Maceiras -con acaídas ilustracións de Víctor Rivas- fainos chegar a través da editorial Xerais: Volverás, golfiño é unha lectura acaída para o noso primeiro ciclo da ESO -ou o derradeiro ciclo de primaria- pola proposta diferente que supón a bifurcación entre realismo e maxia, a existencia de dous mundos compartidos que se amosa como algo natural; paseamos así entre unha mestura de realidade e fantasía que semella non teren límites, adubiadas ambas pola historia da Costa da Morte e os seus continuos naufraxios, facendo fincapé no afundimento do Prestige, algo que axuda a manter na memoria un dos peores sucesos do noso país e que a rapazallada non coñece. Estas historias son tan importantes no propio argumento que podemos falar de protagonista colectivo, en lugar de selo a propia nena que nos vai lenvando por elas. Unha nena que é afouta e sabe converterse nunha moza libre para enfrontarse a calquera pantasma sen dubidalo, aínda antes de saber se esta pode ser perigosa. E iso tamén é importante, a voz dunha moza que sabe loitar polo seu propio mundo  e que nos abre as portas da fermosa Costa da Morte e que nos lembra as almas dos afogados que alí penan.





El poder de la empatía

Curta animada que explica a diferenza entre a empatía e a compaixón. 
Non sempre somos quen de conectar coas emocións doutras persoas cando nos comunican as súas emocións, especialmente as negativas. Se amosamos compaixón as persoas afástanse porque senten que non as comprenden, porén, a empatía fai conectar as persoas. Séntense escoitadas e comprendidas.



14/09/15

La Poste

Curta sen palabras:


 
 La Poste from Pixel Canvas on Vimeo.

O cuarto de invitados

Real como a vida mesma.  Si, tan real que é demoledor. O cancro, unha enfermidade terminal, e como enfrontarse a el. Non só por parte do enfermo, senón que a autora demora en contarnos como a vive a xente que rodea a un enfermo terminal. A ira, o cansazo, a impotencia, o desarraigo, a amizade, o amor...
Helen Garner transmite en O cuarto de invitados , libro que vén de publicar a editorial Rinoceronte,  a soidade, a profundidade da desolación que o ser humano sente ante a morte, a crenza irracional de calquera milagre custe o que custe, a tensión que a enfermidade terminal pode provocar na amizade, na familia, en calquera persoa. A negación da realidade por unha parte, e a forte sacudida da ira pola outra son, quizais, os elementos máis sobresalientes desta tremenda novela, comprometida por si soa coa realidade e a verdade máis furibunda.
Non sei se a Amizade está por riba de todo. Lida esta obra semella que si. Que por riba de pequenas frustracións, malentendidos, enfados e desenganos están o humor e a entrega, envolvendo todo nun nobelo que fala tan só dunha palabra: aprecio, e a devoción que este conleva.
Inmensamente recomendábel. Inmensamente tenra. Inmensamente real. Inmensa.

A historia tatuada


Vía

13/09/15

Coda

Curta tenra de animación que nos amosa o intento dunha alma de negociar coa morte antes de sucumbir ante ela.



Vía

Edmundo


Kókinos publica Edmundo de Ingrid Chabbert e Guridi, un fermoso e alongado álbum sobre o amor maternal e paternal que ten como protagonista un ser do que non coñecemos a súa aparencia física, porque a el gustaríalle ser invisible, mimetizándose coas cores que o rodena. Pero o amor fará que esqueza ata a súa propia soidade, porque coidará dun ovo ata que o ser que naza del sexa tan forte como para voar e atopar a súa nai. Pero o sentimento de adopción paternal é moi forte, e o paxariño adoptado por el recoñecerao como o seu protector. Tanto texto como ilustración fúndense nunha paleta de cores para amosarnos un personaxe inesquecible e tan expresivo que non necesita nin boca nin nariz, só ollos.



Edmundo, era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo. Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la paternidad. - See more at: http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf
Edmundo, era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo. Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la paternidad. - See more at: http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf
Edmundo, era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo. Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la paternidad. - See more at: http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf

Non á violencia contra as mulleres (CDXXX)

Canción creada para "Ni una Menos", mobilización en Arxentina pedindo non máis femicidios. Composta por Silvia Palumbo.


12/09/15

Precise Peter

Seguimos con curtas sen palabras:


Una extraña en la playa

A editorial Siruela publica no seu selo Alevosía este libro de Marie Hermanson que alguén calificou, sorprendentemente, de novela negra: Una extraña en la playa chama a atención sobre todo polo ambiente ornírico que nos presenta e a súa prosa poética, un libro que engancha pero que non encanta, o típico libro do que dis "está ben", sen máis. Non acaba de emocionar a pesar da prosa que utiliza e dos dous puntos de vista que ofrece -cun desenlace para un deses puntos de vista sorprendente e ben agradable para o lector-. A lectura, é certo, resulta envolvente e desexamos proseguila -a pesar de que nun principio tiven a tentación de abandonala- porque queremos saber que ocorre sobre todo con ese personaxe misterioso e enfermo que nos fala dende algunhas das súas páxinas. 
Lin por aí que é unha "novela inquietante"; a min non mo pareceu. Hai unha certa carga de suspense porque a trama comeza co achádego dun cadáver, pero este tampouco resulta ser o noso centro de atención; queremos saber que pasou con el (e saberémolo), pero non é o eixo da novela. Non crea unha intriga que estaría presente se realmente fose unha novela negra. Pero este achádego serve como punto de partida para que unha das protagonistas rememore o seu pasado e que nos vaia poñendo ao día do seu presente e do seu pasado. E neste repousa o peso da novela, unha novela de lembranzas, de soños e pesadelos, do paso do tempo que é, as veces, mentireiro. Este paso do tempo inexorable que fai cambiar as persoas e tamén os recordos convértese, asemade, nun protagonista oculto. Canto cambia o xeito de ver as cousas segundo a idade que se teña!


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.