Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/07/08

Escondidos en Brujas

A verdade é que entrei no cine sen saber o que ía ver. O subtítulo proporcionoume unha idea de que o filme ía ser comedia: Brujas "está en Bélgica", reza. Pero non esperaba estes diálogos tan delirantes nin ese xeito de criticar a pouca cultura do protagonista a quen non lle gusta esta cidade marabillosa, e á que dá gusto volver de novo, aínda que sexa a través da gran pantalla. Un rato divertido e agradable no cine de verán que, normalmente, se bota de menos. Recoméndovola.

Sempre hai un lugar para a poesía (XXXVII)

Poema de Pablo García Baena, pertencente ao seu libro Rumor oculto, 1946

Elegía

Me envuelvo en tu recuerdo
como en nieblas secretas que me apartan del mundo.
En la calle sonrío al amigo que pasa,
y nadie,
nunca nadie
adivinó mi muerte bajo aquella sonrisa
ni el frío sin consuelo de mis ojos que ciegan
pidiendo de los tuyos más desdén,
más veneno.
Ahora que la tarde se derrumba en las sombras,
y que el libro de versos resbala por mis manos,
ahora que la lluvia llora por los cristales
de mi ventana,
y llanto va a caer de mis ojos,
antes de que una mano encienda la dorada
llama de mi quinqué,
dime si tú no sueñas en tu balcón, ahora
que la lluvia nos une a los dos con sus lágrimas,
o si sobre el teclado de tu piano oscuro
agoniza Chopin
bajo tus manos trémulas.
Nunca sabrás el loco deseo que me tortura
de cautivar tus labios bajo mi boca ávida,
y sentir el latido de tu sien en mi mano
aprisionada como un pájaro aterido.
Pero no sabrás nunca nada de mi deseo.
Nada de cuando pienso desgarrar con mis dientes
los azules canales de tus venas
y juntos
morirnos desangrados, confundidas las sangres.
Pero estamos ajenos.
Yo sigo en mi ventana,
y tú soñando en otro mientras Chopin suspira,
ahora que aún no arde en mi quinqué la luz
y que a los dos nos une la lluvia con sus lágrimas.

U-la mala sorte?

Publicidade de novo, que non deixa de nos abraiar...

Waterboarding

En Amnistía Internacional atopamos que significa esta palabra:
O Waterboarding é considerado por Estados Unidos unha das ténicas "melloradas" de interrogatorio. Esta práctica consiste en facer sentir ao detido que está afogando. A súa utilización polo exército estadounidense viola a Lei sobre o trato aos detidos do 2005, Lei que prohíbe os tratos crueis, inhumanos ou degradantes contra calquera detido baixo custodia. A pesares disto, unha interpretación sesgada do artigo nega que esta práctica sexa tortura, incurrindo nunha violación do dereito internacional.

30/07/08

Nahui Olin

Carmen Mondragón (1893-1978), o seu verdadeiro nome, foi unha pintora e poeta mexicana. Viviu nunha época onde as mulleres por non ter dereitos, nin tiñan dereito a voto. Ao seu carón, mulleres intelectuais como Tina Modotti, María Asúnsolo, Lupe Marín, Lupe Rivas Cacho, Nellie Campobello, María Izquierdo, Frida Kahlo, Clementina Otero, Antonieta Rivas Mercado, que "pintan, escriben, actúan, participan na política, rompen esquemas e nutren intesamente a vida cultural e política de México".

Sé que mi belleza es superior a todas las bellezas que tú pudieras encontrar. Tus sentimientos de esteta los arrastró la belleza de mi cuerpo, el esplendor de mis ojos, la cadencia de mi ritmo al andar, el oro de mi cabellera, la furia de mi sexo, y ninguna otra belleza podría alejarte de mí.

Independiente fui, para no permitir pudrirme sin renovarme;
hoy, independiente, pudriéndome me renuevo para vivir.
Los gusanos no me darán fin -son los grotescos destructivos
de materias sin savia, y vida dan, con devorar lo ya podrido
del último despojo de mi renovación-
Y la madre tierra me parirá y naceré de nuevo,
de nuevo ya para no morir...





Vía Apostillas literarias

Deixemos de utilizalos!

Xa temos falado máis veces da utilización dos plásticos, e do que supoñen para o medio ambiente. Chéganos esta presentación que vos queremos amosar para tentar aportar o noso gran de area na loita contra a degradación do noso planeta. Non utilicemos as bolsas de plástico, por favor!

29/07/08

Vandana Shiva


Esta muller é a heroína da ecoloxía india. Naceu en 1952 en Dehra Dun, na rexión india de Uttarakhand. Doutorouse en Física nos anos 70, abrazando a causa ecoloxista e feminista. É unha das máis prestixiosas activistas medioambientais da India, galardoada en1993 co Premio “Right Livelihood”, coñecido como o Premio Nobel Alternativo por “situar ás mulleres e á ecoloxía no corazón do discurso do desenvolvemento moderno”.
Loita desde a Fundación para a Investigación en Ciencia, Tecnoloxía e Ecoloxía e desde a organización Navdanya para cambiar as prácticas monopolísticas e globalizadoras que imperan na agricultura mundial, defendendo a biodiversidade, a protección dos campesiños e o comercio xusto.
"Para min, ecoloxía e feminismo foron inseparables. E a expresión mulleres diversas pola diversidade é un xeito de combinar os dereitos das féminas e os dereitos naturais, celebrando a nosa diversidade cultural e biolóxica".
Vandana Shiva fíxose famosa nos anos 70 cando participou no “Movemento Chipko”, no que as mulleres abrazábanse ás árbores para evitar que foron taladas na rexión india do Himalaya. "A defensa dos dereitos da Natureza e os dereitos da xente viñeron xuntas na democracia da Terra, a democracia de toda forma de vida no planeta, unha democracia activa que apoia e é apoiada pola cultura e a economía".

Máis información e Vía

Os que arrasan

Os dous vídeos máis valorados en YouTube son de música.
O primeiro protagonízao Tammi Terrell xunto a Marvin Gaye, hai 41 anos. Seguro que coñecedes a canción, "Ain't no mountain high enough":



O segundo está protagonizado polos tres tenores, José Carreras, Plácido Domingo e Luciano Pavarotti interpretando "Nessun Dorma":



Vía La Huella Digital

28/07/08

Antes e despois

Un pouco de humor, parece que ultimamente andamos moi serios:



Vía Biblioticando con humor

Non á violencia contra as mulleres (XLIII)

A nosa querida colega blogueira, Montse, fainos chegar novas sobre este libro para nós descoñecido: No sólo duelen los golpes, coordinado por Javier Montilla Valerio, un libro que busca ser unha obra reflexiva e de compromiso. Publicado pola Universidade de Córdoba, coincídese na importancia deste tipo de propostas por parte da Universidade para pór de manifesto o seu compromiso co avance socila e coa eliminación da violencia de xénero que se converteu "nunha lacra socila que trascende o ámbito do privado para se converter nun problema público no que a Universidade ten a responsabilidade de incidir para corrixir comportamentos desde a formación".
É un libro colectivo onde as seguintes escritoras e xornalistas únense para facer un tributo ás mulleres vítimas da violencia de xénero: Isabel Coixet, Ángeles Caso, Rosa Montero, Soledad Puertolas, Rosa Regàs, Cristina López Schlichting , Elena Pita, Marta Sanz, Ana Rosetti, Mariló Montero, Espido Freire, Mª Jesús Álava Reyes, Pilar Adón, Isabel Franc, Sara Rosemberg, Mara Torres, Susana Guzner, Lola Robles, Remedios Zafra, Brigitte Terrasson, Cristina Peri Rossi, Laura Freixas y Ruth Toledano. Está prologado pola vicepresidenta do Goberno, Mª Teresa Fernández de la Vega, a directora do Instituto Nacional da Muller, Rosa María Peris, e o reitor da Universidade de Córdoba, José Manuel Roldán.

Kate McGarry

Gústame o Jazz e gústame sobre todo a interpretación feminina. Hoxe aproveito este artigo en Todas para traervos a Kate McGarry, unha cantante de jazz que aporta frescura e talento ao jzz actual.
A versatilidade da súa voz e un profundo coñecemento de distintas tendencias musicais son aspectos que fructificaron nun estilo propio onde se atopna estéticas sonoras que van desde o jazz, o folk e a música brasileira até algúns matices celtas. O seu disco do pasado ano "The Target" foi definido como un dos máis importantes dese ano.



Vía Todas

27/07/08

Os ollos de K

Os ollos de K de Riveiro Coello, a miña última lectura, é unha incursión na novela negra dentro da literatura, xa que esta convértese en protagonista dentro da propia novela, con acenos á literatura kafkiana e con xogos de metaliteratura, mesturando realidade e ficción nun xogo que chega á confusión, ás veces un pouco forzado. Pero é unha novela que está ben, engancha e é recomendábel, coma outras deste autor. A reflexión do escritor sobre o feito da escrita, a causa e o efecto da mesma, son do máis interesante da novela. Unha crítica sutil ao escritor vaidoso por riba do ben e do mal, a aquel que non se cuestiona estar un chanzo máis elevado e que non dubida, mesmo, ante o perigo polo ben da escrita. Un escritor vencido pola súa propia imaxinación, que non dubida en deixar ao lector tirar as súas propias conclusións, posto que sabemos que as indicacións do protagonista sobre outros personaxes non son certas. O lector é quen de anticiparse ao propio escritor da novela que hai dentro d' Os ollos de K.
O título é toda unha homenaxe a Kafka e os seus personaxes, como o protagonista se encarga de indicar na súa viaxe a Praga.

Otras palabras

Curta animada de xénero dramático, baseado en experiencias e sentimentos persoais, segundo afirma o seu autor.





Vía No solo libros

26/07/08

Aurora boreal

Xa sabedes que a Aurora Boreal é un dos máis fascinantes espectáculos naturais do mundo. Se premedes aquí poderedes ver un montón de vídeos. Nós deixámosvos un:




Vía Mangas Verdes

Ocorrencias

Temos o costume de afirmar que "xa todo está inventado". Pero non, non é así. Polo menos iso parece ao ver estas fotos de novos inventos que non coñeciamos:

25/07/08

Nesta ponte

Se non sabedes onde ir esta ponte, ou esta fin de semana, propoñémosvos ir visitar o norte do país, e coñecer esta marabilla da natureza: a Praia das Catedrais

Por un café...

Á vista de que a miña benquerida compañeira de blogue se empeña unha e outra vez en chamarme lacazán por ter un chisco abandonada a páxina, será ben redimirse un pouco para que quede tranquila.
Quixéravos contar un pequeno gran descubrimento que fixen durante a miña estancia vacacional por terras portuguesas. Por se non o sabedes, son un gran amante do bo café co cal cada vez que visito o país luso permítome a licenza de saborear varios cafecinhos ao día. Nun destes momentos de relax, descubrín nun sobre de azucre unha publicidade que chamou a miña atención. Nela falaba da conmemoración do 10º aniversario do PETI (Programa de Prevençao e Eliminaçao da Exploraçao do Trabalho Infantil). Esta iniciativa, que parte do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais ten a finalidade, como ben deduciredes, de loitar contra a explotación infantil no ámbito laboral.


Se non coñecedes este programa e estades interesad@s no tema, convídovos a que naveguedes pola webs que vos presento a continuación e vos empapedes do traballo que se está a facer no país veciño neste senso.

24/07/08

Desilusión

Segundo o autor, é unha curta animada baseada en sentimentos propios que necesita transmitir. Animación magnífica.


Desilusion - www.NovenoArte.com.ar from NovenoArte on Vimeo.

Sempre hai un lugar para a poesía (XXXVI)

Poema de Julia Uceda


RAÍCES

Si ya soy una vela estremecida
colmada por tu viento. Si has llegado
al último escalón. Si me has tomado
por la raíz más honda y más henchida.

Si yo soy ya tu colmo y tu medida
y estás dentro de mí, secreto, hallado.
Si ya sobre la frente me has soplado
para hacerme vivir, ciega y ardida,

antes de irte rompe mis raíces.
Quiero que las arranques, que las trices
al alba con tu mano firme y fuerte.

De no hincarse en tu tierra poderosa
no quiere mi raíz ninguna cosa
si no es andar y andar hacia la muerte.

23/07/08

Tórtola Valencia





Carmen Tórtola Valencia (1882-1955) realizará entre os anos 1908 e 1930 unha enorme e aclamada contribución ao nacemento e desenvolvemento da danza contemporánea tanto en España como en Hispanoamérica.
Posuídora dun ecléctico e amplísimo repertorio, foi comparada con Isadora Duncan, Maud Allan, Ruth St. Denis, Mikhail Fokine ou Anna Pavlova. Do seu repertorio destacaban os temas de inspiración oriental, inscribindo o seu traballo na corrente modernista que percorreu Europa coa súa busca das esencias, do primitivismo e do exótico, como unha reacción ante os avances da tecnoloxía que se estaban a producir a principios do século XX.


Las manos de Tórtola

Tus manos son cual dos palomas blancas
de tu hermosura en el radiante cielo

porque el poder de tus miradas francas

las detuvo en su vuelo.

Senderos son de gloria

tus dos brazos

y son tus manos
mágicas y bellas,

de esas dos cintas de sutiles lazos

dos broches de estrellas.

Son terribles, sagradas y piadosas:

con tus uñas clavadas en mi cuello
moriría, creyendo que dos rosas

con sus espinas fieras y celosas

señalaban mi muerte con el sello

de las muertes gloriosas.


Pío Baroja 1914


Vía Bajo el Signo de Libra

Unha rúa para Ramón de Valenzuela

Hoxe, 23 de xullo, convidámosvos a participar nos actos pola lembranza de Ramón de Valenzuela. Primeiramente, ás 20,00 h., haberá un acto cívico na Praza da Feira de Bandeira coa participación de Mariví Villaverde (a súa viúva), Xosé Neira Vilas e Luís Bará; logo procederase á inauguración da Rúa Ramón de Valenzuela. Seguidamente na parroquia de Manduas, descubrirase unha placa conmemorativa na súa casa natal, a Casa da Viña.






A Compostela pola Paz

Desde a Asociación Cultural "O Naranxo" mándanme novas deste proxecto tan interesante: Marcha Universal a Santiago: "Este é o terceiro ano que nos poñemos de camiño cara a Santiago para xuntos xerar unha enerxía que poidamos dirixir ao conxunto da humanidade. O ano pasado participou xente desde África, Sudamérica e mesmo Xapón, ademais de toda Europa". Convidámosvos a participar.




22/07/08

Nove

Nove é o nome do poemario con que María Lado gañou o X Premio de Poesía Avelina Valladares e que foi publicado pola Editorial Fervenza. Uns poemas que nos falan de dor, de perda, de desacougo.
Tal como indica a propia autora, o poemario nace dende o Prestige, e medra co exilio interior e a dor. Unha dor enmarcada nun mar inmisericorde, violento e vingativo.

aquí o lugar morre en escuma.
así é como se ocultan os barcos fracasados
e os bicos que morden polas costas,
que se cravan profundos coma coitelos.
por iso,
os poucos días que prenden
entran por este cabo e entón
a marea vólvese un instante lixeira
e os dedos do sol detéñense sobre a area
coma eu no teu ventre extenso.
e isto ocorre sempre
despois das grandes mareas,
deste xeito o lugar disponse para as crebas.
-cando o mar recompensa aos afundidos
entregando a memoria das súas equipaxes en terra-.

para maior ausencia,
os homes máis miserables da illa
chegan arrastrando os seus fatigosos carriños
e van máis alá dos areais.

recollen os pedazos do noso amor máis prezado
partido entre as covas, batido contra as pedras.
fan desaparecer estes restos
coa esperanza de que fuxamos,
coa marea baixa

-aínda que é certo que tamén así calman a súa dor,
como en heroin, lu-

coa esperanza de que fuxamos
e de enriquecerse.

Humor comprometido

Eneko é un debuxante de viñetas comprometido cos Dereitos Humanos e coa actualidade informativa e social. Aquí tedes unha mostra dalgúns dos seus debuxos que falan de inxustizas, de guerras e de violacións aos Dereitos Humanos.



Chicken

Nesta curta dous adolescentes irlandeses utilizan xogos violentos como parapeto para evitar a afectividade, debido ao modelo social sobre o que se constrúe a identidade masculina.





Vía Tutoría GLBT

21/07/08

Curtas contra o cambio climático (5)

E damos paso á última curta desta serie: "El amor existe porque el tiempo se agota" de Daniel Sánchez Arévalo. No ano 2055 a Comisión Mundial do Medio Ambiente decidiu que a Terra xa non era habitable, poñéndose en marcha un plan de emerxencia para evacuar o planeta e iniciar a súa demolición. Dura 11 minutos e paga a pena:



Contrapublicidade

Ás sete desta mañá un grupo de activistas da organización ecoloxista Greenpeace descolgou una pancarta na sé madrileña da multinacional eléctrica española ENDESA para esixir que abandone os seus plans de construír cinco grandes presas na Patagonia chilena. A pancarta ten o formato dunha carta co texto: “Buenos días ENDESA, si de verdad te preocupa el futuro de los hijos de tus hijos no destruyas la Patagonia. Atentamente, Greenpeace”.


Triangle

Erica Russell é unha directora de curtas de animación norteamericana que realiza producións marcadas por transmitir sensacións a través das súas formas simples, siluetas humanas, trazos, cores e ritmos máis ou menos uniformes. Todos os seus traballos son unión de pintura, música e danza, inspirados en movementos da arte contemporánea, ritmos africanos e latinoamericanos e street art.



Vía Enredarte

20/07/08

Coca Cola Olímpica

Hai uns días ensinabámosvos uns anuncios desta marca para xente "que vai maior", e hoxe toca ir ás Olimpíadas. Certamente, sempre fan unha publicidade que paga a pena:



Vía Islas Cíes

Arcos da natureza

Desas presentacións que chegan ao correo e que te invitan a viaxar sen parar...:

Curtas contra o cambio climático (4)

Turno agora para a curta de Nacho Vigalondo, Cambiar el mundo. Un home descobre unha mañá que posúe unha habilidade espectacular, está nas súas mans a oportunidade de facer que este mundo sexa mellor. Un gran poder conleva unha gran responsabilidade.


19/07/08

Navegar polo desexo

Esta "Philips Design Probe" explora o corpo humano como soporte da tecnoloxía interactiva. Simula unha tatuaxe electrónica que percorre a superficie da pel, activada co tacto. Todo un gustazo.






Vía Todas

Curtas contra o cambio climático (3)

Curta de Julio Meden "En las ramas de Ana", na que a súa pequena filla Ana fala, coa simpatía e inocencia dunha nena de catro anos, dunha amiga súa moi querida: a fada Itzíar.




Mirar un cadro

Un novo xeito de mirar un cadro, entrando nel e formando mesmo parte da súa historia, que ensina Manuel Vuelta:




Vía Aulablog21

18/07/08

Amo París

Vanessa Paradis canta I Love Paris (de Cole Porter) para este anuncio que emite a televisión francesa:




Vía Todas

Curtas contra o cambio climático (2)

Durante cinco días seguidos amosarémosvos as curtas realizadas. Hoxe a de Borja Cobeaga, Niágara: de neno dinche que cando non podes ouriñar abras unha billa, que o fluír da auga axuda. Se te acostumas a facer iso, vas abrir moitas veces a billa ao longo da túa vida.


La vida de los otros

Por fin puiden ver esta película, perdón, peliculón. Encantoume, a verdade. Tíñanme asegurado que era boa, e cumpriu de sobra as miñas expectativas, cunha interpretanción impresionante por parte do protagonista: o que nun primeiro momento chega a parecer inexpresión chega a ser parte esencial do cambio que se produce no individuo. Céntrase na falta de liberdade e no cambio de actitude dunha persoa que nun principio nos parecía fría e inquebrantable. Un xeito de amosar como a Arte é máis importante que as ideas políticas e pode unir a xente diferente. Unha chamada á esperanza. Eu, desde logo, recoméndovola especialmente.
Non sei se realmente retrata a vida tal como era na Alemaña socialista. Veño de topar unha crítica que asegura o contrario:
"Lo que pasa es que "La vida de los otros" no es una película sobre la RDA real. Por las noches apenas había lugares donde aparcar, y para encontrar sitio en un bar había que tener suerte. El arte y la cultura tenían mucha importancia, la limitación era casi exclusivamente individual. Ni los oficiales de la Stasi ni los demás jefazos tenían acceso a un servicio de prostitutas aparentemente gratuito; y un ministro de cultura que ni siquiera formaba parte del Politburó no podía dar órdenes a un oficial de la Stasi ni impulsar su carrera. En cualquier caso, la gente no pensaba tanto en hacer carrera como en la sociedad de la República Federal. Y por eso la historia no cuadra, porque las cosas eran distintas".

17/07/08

Made in Galiza (e seguindo)

Se o outro día xa vos amosabamos as mellores da rede, hoxe traémolas clasificadas, xa que os correos non paran de chegar:

Sempre hai un lugar para a poesía (XXXV)

Poema de Rosario Castellanos


Presencia

Algún día lo sabré. Este cuerpo que ha sido
Mi albergue, mi prisión, mi hospital, es mi tumba.

Esto que uní alrededor de un ansia,
De un dolor, de un recuerdo,
Desertará buscando el agua, la hoja,
La espora original y aun lo inerte y la piedra.

Este nudo que fui (inextricable
De cóleras, traiciones, esperanzas,
Vislumbres repentinos, abandonos,
Hambres, gritos de miedo y desamparo
Y alegría fulgiendo en las tinieblas
Y palabras y amor y amor y amores)
Lo cortarán los años.

Nadie verá la destrucción. Ninguno
Recogerá la página inconclusa.
Entre el puñado de actos
Dispersos, aventados al azar, no habrá uno
Al que pongan aparte como a perla preciosa.
Y sin embargo, hermano, amante, hijo,
Amigo, antepasado,
No hay soledad, no hay muerte
Aunque yo olvide y aunque yo me acabe.

Hombre, donde tú estás, donde tú vides
Permaneceremos todos.

Curtas contra o cambio climático (1)

A revista Fotogramas e Nokia asinaron hai un ano a campaña medioambiental Nature Movies, un proxecto denuncia contra o cambio climático e as agresións medioambientais. As curtas están rodadas cun teléfono Nokia n95.
Esta primeira curta que vos achegamos é de Isabel Coixet. No ano 2006, Silent Park, un dos lugares máis fermosos de Canadá, foi devastado por tres tormentas. Miles de árbores foron arrincados polo vento e queimados polos raios. Os habitantes seguen agardando por unha repoboación que non dá chegado.
10000 árbores:



Vía Enredarte

La princesa de hielo

Sigo con novela negra, entretida, e para máis inri, de autora sueca. E non o fago a propósito!. La princesa de hielo é de Camilla Läckberg, quen nos amosa a súa vila natal ademais de -coma na última novela da que vos falei- acometer problemas tan graves como os malos tratos e a violencia sexual. Novamente. O bo deste tipo de libros é que mantén en vilo até o final, sen perderse en digresións banais. Ademais, a protagonista é escritora, que podería ser un alter-ego da autora e que lle serve para realizar algúns exercicios metaliterarios. Un elemento importante da novela consiste en tecer relacións familiares e descubrir segredos ocultos cos anos. Segundo a propia Läckberg, gústalle indagar no potencial asasino que se esconde detrás do ser humano, algo que no seu país non é tan estraño: «Quizá influya la falta de luz que vivimos en mi país. Sí que somos un poco depresivos, de hecho hay muchísimos escritores de novela negra en Suecia, aunque, en general, nos gusta mucho escribir».
En fin, xa sabedes, se vos gusta o xénero, outro bo libro pasar unha horas moi entretidas mentres vos torrades ao sol.


16/07/08

Fracture

Fracture é un thriller xudicial que se deixa ver de boa gana, entretida, sen ser unha obra mestra. É dese tipo de películas que se facían hai un par de décadas con certa regularidade, cunha impresionante actuación do malo malísimo Anthony Hopkins, quen sempre consegue engatusar ao espectador con ese xogo de miradas e frases que non sabes onde te van levar.
Non é unha película aburrida en ningún instante, e iso que ás veces non é polo exceso de acción, senón todo ao contrario. Recomendada para pasar un rato sen demasiadas pretensións, aínda que quizais lle sobre ese final reconciliador co mundo tan típico das películas americanas. Pero está ben en conxunto.








Lo malo de la poesía

Segundo parece, este libro de poesía converteuse nun best-seller en Estados Unidos grazas á súa ironía, amabilidade e limpeza. Así o vin nunha revista e así cheguei a este libro: Lo malo de la poesía y otros poemas de Billy Collins.
O propio autor di: "Lo malo de la poesía es/que anima a escribir más poesía".
En palabras de Eusebio Lahoz: "
Se ocupa de la conducta humana a través de ella. Desde el primer poema hasta el último, el autor no deja de rendir cuentas a la cotidianeidad por medio de un uso de la poesía que podríamos denominar doméstico/.../Collins es poeta sobrio, duro, que se desnuda, quizá por eso no queda más opción que rendirse a él." Os críticos coinciden en afirmar que é "Doméstico e fiable como uns pantalóns vaqueiros". Unha poesía de circunstancias meditada desde os obxectos cotiáns até o propio interior, con metáforas de fácil entendemento, que chega case ata a narratividade


ACERCA DEL HECHO DE NO ENCONTRARTE EN CASA


Normalmente apareces en la puerta principal
cuando oyes mis pisadas en la gravilla,
pero hoy la puerta estaba cerrada,
ni siquiera un hilillo de humo gris de la chimenea.

Me asomé por una ventana
pero no había nada más que una mesa con un peine,
unas flores amarillas en un vaso de agua
y oscuras sombras en las esquinas de la habitación.

Me quedé de pie un rato bajo el árbol grande
y escuché el viento y los pájaros,
tu viento y tus pájaros,
tus bosques verdes y oscuros más allá de un pequeño claro.

Eso no es lo que es ser tú,
me di cuenta cuando unas pocas de tus magníficas nubes
sobrevolaban el tejado.
Tan sólo soy yo pensando en el hecho de ser tú.

Y antes de volver a bajar por la cuesta,
caminé en círculo alrededor de tu casa,
dibujando una línea invisible
que tendrías que cruzar antes de anochecer.

Madame Tutli-Putli

Curta de animación preciosa e coidada en todos os seus detalles, realizada coa técnica do Stop-Motion e dirixida polos canadianos Chris Lavis e Maciek Szczerbowski, do estudo Clyde Henry:



Vía Enredarte

15/07/08

Made in Galiza

Chegoume un correo con este nome: "Ranking das mellores chapuzas da nosa Galiza": solucións curiosas para os problemas domésticos. Seica que baixo este nome La Voz de Galicia organizou un concurso fotográfico, dos que vos amosamos os doce finalistas e os tres premiados. Están por orde para atrás, ou sexa, o último, co número 15, é o gañador. Votariades por calquera outro?:



Posdata: te quiero

O malo do verán é querer ir ao cine, de cando en vez, e toparse con que hai só películas coma esta. Claro que cunha actriz así, calquera non se arrisca: Hillary Swank sempre pode -que non é- ser grantía de calidade. Pero "Posdata: te quiero" tenta ser unha comedia dramática que se fai demasiado longa e previsible, con altibaixos, pero da que podedes pasar tranquilamente. Nin sequera consegue o romanticismo que se agardaba ao ver o argumento (que xa sabedes que non conto). O mellor quizais sexa, ademais da música, a paisaxe irlandesa e a actuación -nas poucas ocasións que nos deixan disfrutala- de Kathy Bates como nai da protagonista. Iso si, non é demasiado empalagosa nin cae en dramatismos excesivos, a pesar dos pesares. A min a escena que máis me gustou foi a primeira, antes mesmo dos títulos de crédito, cunha discusión moi veraz.





Fariña bailona

Unha mestura de fariña e auga bailando sobre un altofalante (subwoofer). Non sabemos se baila ao son da música ou das ondas, pero é simpático.



Vía Mangas Verdes

14/07/08

Publicidade solidaria

Pablo Amargo é o ilustrador do último anuncio do Sorteo do Ouro 2008 da Cruz Vermella, utilizando a técnica da papiroflexia.



Tamén elaborou unha web para a campaña baixo o lema "non é o que parece, é moito máis".



Visto en Enredarte

Cultura

Como ultimamente parece que nos estamos poñendo moi serios, aí vos deixo uns vídeos de cultura xeral... non sei se para rir ou para chorar. Vós mesmos:






Do programa "Date el bote"

13/07/08

Over the rainbow

Os disturbios de Stonewall foron unha serie de altercados violentos ocorridos entre policía e homosexuais o 28 de xuño de 1969, despois de se celebrar o funeral de Judy Garland, icono para a comunidade gay de Estados Unidos, e escoitando a súa interpretación de "Over the rainbow", canción que se converte no himno gay por falar dun lugar máis alá do arco da vella onde os problemas desaparecen e os soños fanse reais, é dicir, a igualdade de dereitos.




Fonte: Wikipedia

Esquecemento

"El olvido" é o título desta fermosa curta sobre a soidade de Jairo Peñaranda:



Vía Iguales en las tres mil

Los hombres que no amaban a las mujeres

Papeino. Literalmente. Papeime as preto de 700 páxinas que ten o libro: non podía parar de ler. Droga dura e pura desde a primeira páxina. Se vos gusta a novela negra, este é o voso libro. Cando o merquei non sabía nada del, acababa de chegar á libraría, pero chamoume a atención, aínda que repousou até que chegaron as vacacións. E vaia se é entretido! Los hombres que no amaban a las mujeres, de Stieg Larsson, foi un descubrimento, e o mellor é que veño de saber é que existen dúas entregas máis. Parece que desde o frío norte de Europa vainos vir o mellor do xénero. Xunto co seu compatriota Henning Mankell estamos servidos. E moi cerca está Anne Holt!
A novela engancha desde o comezo. Non só polos personaxes, ou pola trama, senón tamén por esa denuncia que subxace e que se fai forte en toda a novela en contra da violencia contra as mulleres e en contra da corrupción en calquera das súas modalidades. Cada parte nos dá un dato arrepiante sobre a violencia contra a muller en Suecia: "En Suecia el cuarenta y seis por ciento de las mujeres han sufrido violencia por parte de algún hombre"; "En Suecia el trece por ciento de las mujeres han sido víctimas de una violencia sexual extrema fuera del ámbito de sus relaciones sexuales", por exemplo. A novela móvese lonxe desa ideal sociedade sueca que maxinamos. E sen recrearse en escenas con demasiado morbo nin violencia. Aínda que, para min, as peores páxinas, as máis duras, son aquelas nas que se nos narra a violencia que sofre a protagonista. Como tantas outras mulleres. Aí radica en parte o valor da novela: a denuncia sen tregua.
Le aquí a crítica de Lorenzo Silva.
Así que xa sabedes: se vos gusta este xénero, non dubidedes ante o grosor do libro: chegaredes a desexar que posúa outras tantas páxinas.


12/07/08

Eugenio Granell: o surrealismo galego

Continuando coa experiencia iniciada meses atrás, Iniciarte e Trafegando (nesta ocasión para ser sinceros o traballo debémosllo agradecer a Iniciarte) preséntanvos hoxe a outro pintor galego que xunto con Maruxa Mallo supón a culminación do surrealismo español: Eugenio Granell.

A única condición para ser surrealista é a integridade moral do individuo que non se vende, que non se traizoa (...) O surrealismo cambiou o meu rumbo por completo e tratei de facer cousas máis persoais, deixei libre o meu maxín ata onde me resultaba posible (...) O surrealismo é unha actitude ética ante a vida, iso é o fundamental para ser surrealista. A xente cre que o surrealista é quen pinta dunha maneira rara ou quen escribe poesía dunha maneira rara (...) Non, primeiro é unha condición moral e despois vén o outro”.

Ser surrealista non consiste en pintar así ou en escribir destoutro xeito. Ante todo é unha conduta moral. Os verdadeiros surrealistas xamais se venderon por cartos, cousa que fixo Dalí. Bretón podería terse feito millonario, chegáronlle a propor ofertas fabulosas. Rexeitou todo tipo de premios e honras. Tiña na súa casa o cadro de De Chirico que valía unha fortuna, O cerebro do neno. Xamais se lle tería ocorrido vendelo a pesar de pasar penalidades.”

Tras nacer na Coruña, a súa familia trasladouse a Santiago de Compostela onde residiu ata que, con 15 anos, marchou definitivamente para Madrid para continuar os seus estudos de violín.

Ten narrado Granell que a súa militancia política comezou cando o seu avó lle recomendara a biblioteca do Circo dos Artesáns na Coruña, atopando alí “A miña vida” de Trostki. Lembra deste xeito aquela lectura “Eu non sabía nada do comunismo, nin de Trostki, nin tampouco da Revolución Rusa, mais ese día comecei a ler o libro, como digo moi voluminoso, e impactoume tanto que estiven ata que pecharon a biblioteca”. Posteriormente, estando xa en Madrid, entraría en contacto con socialistas e anarquistas. Para, en 1932, participar na fundación do Partido Obreiro de Unificación Marxista, o POUM, militando activamente e sendo detido no período dereitas da república coa acusación de distribuír propaganda subversiva, polo que pasou varios meses no cárcere Modelo, á que el chamaba “hotel” .

Tras a Guerra Civil, o acontecemento máis salientable da súa vida, marcharía para o exilio ata a morte de Franco. Son moitas os testemuños que nos deixou sobre eses anos, sobre a Guerra, sobre Franco, sobre os campos de concentración (de como para fugarse tirouse a unha lagoa, respirando por unha palliña para que non o viran), sobre o exilio, Francia, Santo Domingo, Guatemala, Porto Rico (profesor durante seis anos), Estados Unidos (profesor durante trinta anos).

En 1964 viaxa por primeira vez a España para unha exposición que apenas tivo repercusión. En 1969 expón en Madrid, mais non será ata o regreso da democracia cando se produza o recoñecemento artístico da súa figura. Aséntase definitivamente en Madrid, tras a morte do ditador, viaxando con frecuencia a Galicia

Era músico, escritor político, novelista (La novela del indio Tupinamba, Lo que sucedió, El clavo, Federica no era tonta...), periodista, escultor e, ante todo e sobre todo, pintor.

Levando tan só un ano pintando, xa en 1942 comeza a pintar cadros de tendencias surrealistas, faise amigo de André Bretón, a partir de 1947 exporá cos máis senlleiros artistas oníricos. Recibe premios internacionais nos Estados Unidos, Francia... As súas obras están nos máis salientables museos con arte do pasado século, mesmo o seu primeiro gran cadro foi adquirido polo Museo de Arte Moderno de Nova Iorque.

Ao entender de Xosé de Castro “A estimación internacional sitúa a Eugenio Fernández Granell nunha das grandes capitanías da arte surrealista e o distingue como unha das máis preclaras individualidades da pintura española. Certamente a súa obra, de tan acusada personalidade, destaca no corpus da nosa arte pola súa aireada
e viva figura, pola súa airosa traza ornamental, pola súa extraordinaria brillantez cromática, as súas arquitecturas e arabescos, a súa intelixencia inventiva, musicalidade desbordante, fluínte poesía e capacidade de ensoñación”

Desde 1995 podemos contemplar boa parte da súa obra na Fundación Granell en Santiago de Compostela. Tamén podemos contemplar as obras que posúe a Fundación Caixanova.


Bibliografía:
Eugenio F. Granell. A Coruña, Concello, 1987.
Xan Leira: Lembranzas e reflexións de Eugenio Granell. Unha crónica audiovisual. Vigo, Memoria de Galiza, 2008. Libro e dvd.



Nautilus

O Nautilus parece un fósil que aínda vive. Durante 500 millóns de anos apenas evoluíu e consérvase tal como estaba cando sucaba os mares no período Cámbrico. Daquela podía alcanzar os 2,5 metros de diámetro, aínda que hoxe mide como máximo 26 centímetros. Arestora, viven a grandes profundidades e ascenden polas noitas para cazar.




Vía Fogonazos

Death at a Funeral

Recomendáronme que vise esta peli "Un funeral de muerte" para pasar un rato divertido e esquecer, e a verdade é que: obxectivo conseguido!
Non é unha gran película, a verdade, pero mantén ese humor británico que che fai sorrir case todo o tempo, aínda ás veces sendo escatolóxico ou predecible.
Ante un feito tan tremendo e cotián como a morte, o director Frank Oz permítenos un sorriso perenne durante todo o tempo que dura a película, algo que é de agradecer. Non é ningunha obra mestra, pero é moi recomendábel á hora de pasar un rato divertido, con actores pouco coñecidos para o gran público (e para min) que creo fan unha gran interpretación.

Sempre hai un lugar para a poesía (XXXIV)

Poema de Ángela Serna publicado en Fases de Tumiluna, Arte Activo ediciones, 2002

AMORES DE PASO
A Concha García

También yo cabalgué a oscuras

Pasillo, mirada, silencio

Fue hace demasiado tiempo

Cinco estrellas, mini bar, moqueta

El suficiente para no olvidar

Sobre mis hombros tus manos

Casi no quedan horas

Escalofríos, pasión a punto de nieve

Apenas descubres mis fisuras

Palabras piel de violín

Siento tu empuje en mi cuerpo

Cuerdas de músicas lentas

Con cadencias ensayadas

Al paso, al trote, al galope

Coincidiendo en un espasmo

Ducha, pantalón vaquero

Después silencio y ausencia

Pasillo, escalera, recepción

En la calle, esperando, mi coche.

11/07/08

La trilogía de Nueva York

Volver a Paul Auster. Debe ser un verán nostálxico este, que me obriga a volver a lecturas pendentes e a autores amados. Xa sabedes que Paul Auster é un dos meus escritores preferidos. E, curiosamente, aínda tendo lido tantas das súas obras, quedárame pendente unha das máis famosas: Trilogía de Nueva York. Unha obra diferente e ao mesmo tempo exquisita, un xogo de personaxes, realidades e irrealidades, de pesimismos e autodestrucións, mesmo de finais abertos. Das tres obras interrelacionadas, a que máis me gustou foi a última. E a unión entre elas é, ademais do espazo, o xogo de espellos e personaxes fascinados e fascinantes, que estarán abocados á propia desaparición, xunto coa soidade e o azar. Porque a pregunta que nos presenta o escritor é ¿quen somos? Somos nós ou esoutra persoa a quen admiramos, a quen vixiamos...?
Ademais deste xogo de detectives e personalidades, hai un xogo metaliterario, con alusión a outra obras -como Don Quijote-, e mesmo xogando co nome do escritor.
Unha obra imprescindible para achegarnos ao universo de Paul Auster que vos recomendo, como todas as súas novelas.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.