Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/09

Ao revés

A que vos recorda?:


Sen sexismo

A idea de anunciar un coche, se ademais é Lancia (a miña debilidade por motivos persoais), sen que se ridiculice ou sen que se amose unha muller sexi -que non sabe conducir-, é abrir, por fin, un camiño de igualdade. Facer publicidade sen sexismo é posíbel!



Vía

Coloreando o b/n

Unha bafarada de cor acode ao rescate destas fotografías, orfas do espírito que lles dá a vida. Deixádevos engaiolar por ela.


30/03/09

Pósters peliculeiros

50 pósters escollidos onde se valora sobre todo o traballo de deseño e a creatividade aplicado ao deseño de pósters de filmes... que nada ten que ver co filme en si.






Vía Microsiervos

Voz feminina

Voz feminina é un vídeo reportaxe onde se recopila a opinión de varias mulleres de diferentes nacionalidades residentes en Holanda sobre o que significa para cada unha ser muller. Forma parte do programa en conmemoración do Día Internacional da Muller. É un proxecto de Adelina Reyes, artista multifacética de raíces mexiacanas. Se premes aquí terás máis información.






Vía Todas

Sagrario´s Room Escape

Agora que case remataron os exames da 2ª avaliación, é o momento de que vos presente este xogo que me tivo enganchado hai uns días; se non o fixen antes, foi por medo a que a moit@s de vós vos pasase o mesmo e vos empeñarades en rematalo.
A historia é moi sinxela: estás encerrado nunha habitación practicamente baleira, con compartimentos secretos e con moitas cousas por buscar coa única axuda do rato. O obxectivo: lograr abrir a porta de saída. Parece doado, non si? Pódovos asegurar que non o é, que non basta coa intuición, que a lóxica (ás veces non tan evidente) e, sobre todo, a boa sorte son factores fundamentais.

E se con todo isto non fose suficiente e vos atascades, tedes a opción de rebuscar na rede algunha pista ou pedirma directamente.

Atrevédesvos? Premede na imaxe e entrade na Sagrario´s room. Se tardades en saír e vos agobiades non vos preocupedes; podedes retomar a partida no punto exacto onde a deixastes no momento que queirades!


Vía Microsiervos

29/03/09

Bóla de cristal

Hai xente con capacidade adiviñatoria:


(preme na imaxe para ver o texto máis grande)

O sombreiro Chichiriteiro

Proliferan ultimamente os libros infantís con desigual resultado, salvados en moitas ocasións polas fermosas ilustracións que acompañan uns textos que dáme a impresión non chegan en moitas ocasións a nenos e nenas.
Pero non é este o caso: o texto de Manuel Rivas e as ilustracións de Patricia Castelao son fermosos por igual. Un relato sobre a amizade e a esperanza nunha coidada edición de tapa dura cunhas ilustracións que non deixan indiferente. Un fermoso libro para agasallar, para follear, para disfrutar.






Ámote vermella

Claudio Rodríguez Fer xunto coa ilustradora Sara Lamas presentan un libro fermoso tanto pola edición como pola idea: un poemario dedicado ás mulleres represaliadas e esquecidas da nosa terra: Ámote vermella. E digo que é fermoso en canto á idea, porque tal como afirma o autor a súa intención é "afirmar a vida, loitar contra a morte. Cómpre unha catarse colectiva para superar o trauma deste esquecemento no que vivimos instalados nunha democracia tardofranquista amnésica. O franquismo foi unha ditadura androcéntrica e machista, que practicou a violencia de xénero. Setenta anos despois, quixemos demostrar que hai quen as ama, aquí están os seus nomes elas que foron as esquecidas entre os esquecidos, aquí están os seus retratos, cando tivemos a fortuna de atopalos". En canto á edición, paréceme un libro preciso, cunhas ilustracións exquisitas, todo el en vermello.
Outra cousa diferente desde o meu punto de vista é o poemario en si, que non acabou de convencerme. Porén, como adoita acontecer, hai poemas que gustan máis ca outros, e como é costume déixovos unha pequena selección. Recoméndovos a súa lectura por mor de sabermos máis sobre nós mesmos, sobre o noso pasado recente, sobre unhas mulleres esquecidas por seren mulleres, sobre a valentía da vida naquela época, sobre o feito de procurar unhas ideas que outros non consentiron. Cómpre lembrar, porque na memoria radica a forza de que non volvan acontecer feitos coma estes.

Humilla a humillación a quen humilla.
A pillaxe, a rapina, a incautación
de todo non son máis
que libros de cinza
nas poutas postizas dos saqueadores.
Tiñan en contra o seu contorno.
Elas so posuían a desposesión.
Pero queríanse ata abismos
inaccesibles aos impostores.
Porque só se ama
dende o desprendemento.
Triste é ser mesquiño na vinganza.
Roubaron os bens
pero non o ben.
Borraron e queimaron
os símbolos tanxibles.
Mais a refén foi bandeira
de dignidade invicta
en propia praza.


As Illas Cíes foron tres ata 1936,
ano en que brotou a Illa Calesa.
Irrompera arao no quiosco
ondeando aos catro ventos
blusa e bandeira vermellas
como a inocencia dos pobres.
Por fóra era toda de cantil e cafurna.
Mais por dentro tan só finísima area
de praia proletaria desfacéndose
en duna de utopía.
Axitaba o salgado vento da historia
os seus periódicos como gaivotas.
Elas anunciaban os toxos e as xestas,
o cerquiño e o mato das carpazas,
a herba de namorar e a camariña,
o carraspique e a caléndula.
Agora mora baixo un bosque de algas pardas
lendo periódicos ás lontras.
Entre as Cíes emerxeu a Illa Calesa.
As súas noites son os nosos días.



Publicidade camaleónica

Unha pasada a capacidade dos camaleóns para cambiar de cor e adaptarse ás gafas convenientemente publicitadas. De todos os xeitos, quen se fixa na marca das gafas se alucinamos co bechiño en cuestión?



Vía Mangas Verdes

28/03/09

Protexer e subvencionar

Despois desta para min lamentable campaña da Igrexa Católica pola... defensa da vida? son moitos os correos que recibín. Pero como este é así de especial, decidín traérvolo: como di Anxo, números cantan!

ESPECIE SUBVENCIONADA:



No ano 2006 pactouse un novo modelo de financiación entre o goberno español e a Conferencia Episcopar para elevar a porcentaxe do Imposto da Renda do 0,52% ao 0,7%. Grazas a isto, nos Presupostos Xerais do Estado para o 2008 o Estado entregará mensualmente á Igrexa Católica 12.751.072,79€. Ou sexa, uns 25.000 millóns de pesetas anuais. E isto sen contar co soldo dos profesores de relixión nas escolas públicas e as axudas aos colexios concertados católicos, ademais doutras entidades dependentes da Igrexa como Cáritas.

LINCE PROTEXIDO:


O programa europeo Life Naturaleza 2005 para a Conservación e Reintrodución do Lince Ibérico en Andalucía dispón dun presuposto total de 25.971.489€, repartido en seis anos, desde o 2005 até o 2011, polo que o programa de protección do Lince Ibérico custa cada ano á Unión Europea 4.328.581,5€ ou unhas 720.215.360 pesetas. Ou sexa, o custo para os españois é de 0€.

Fagan números.

SinDinero.Org cambiou un pouco o cartaz:



En plena natureza

Todo hai que dicilo: estes da Coca Cola sempre levan sobresaliente en publicidade. E para mostra un botón:


video

E tamén hoxe...

Convocatoria aberta a todos os

Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística


Rerproducimos o texto da convocatoria a continuación pregando a súa máxima difusión entre os membros dos ENDL dos centros educativos públicos, concertados e privados galegos.

Ola a todos/as

Somos un grupo de persoas que está a traballar en ENDL de diferentes centros de Ensino da zona de Santiago que nos xuntamos para falarmos de como podemos afrontar a nova situación canto á normalización da nosa lingua. Dado que as cousas van mudar, e parece que non para ben, consideramos que é necesario transmitirlle á sociedade e ao novo goberno o que pensamos ao respecto dos cambios anunciados. Por iso vos convocamos a unha reunión que se celebrará o vindeiro sábado 28 de marzo ás 16.30 da tarde no Instituto Galego de Información (IGI) (San Marcos, Estrada do Aeroporto, ao pasar o Hotel Apóstol Santiago). O obxectivo da reunión é o seguinte:

-Avaliarmos a posibilidade de facermos pública a nosa posición canto ao Decreto 124/2007, que se quere derrogar. Levaremos un texto base para consensuarmos antes de mandalo aos medios. Sería un texto de carácter técnico, como normalizadores que somos, e para nada incompatible con outros posicionamentos que poidan facer outras organizacións sociais e políticas que fagan algo ao respecto.

-Pensarmos na posibilidade de crearmos unha Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística para actuar colectivamente a prol da nosa lingua tanto a nivel particular, nos nosos centros, como en xeral, na sociedade.

Por favor, comunicádelle esta convocatoria a todos cantos membros dos ENDL coñezades, e que polos motivos que foren non leron esta información. Agardamos contar coa vosa asistencia para entre todos poder traballar para conseguir obxectivos normalizadores.

Por favor, confirmade asistencia, se é posíbel, enviando un correo a miguel.louzao@gmail.com

Saúdos a todos/as

Miguel Louzao (IES Coroso-Ribeira)
Valentina Formoso (IES Félix Muriel- Rianxo)
Román Cerqueiro (CPI Aurelio-Cuntis)
Xesús Mosquera (CRA de Santa Comba)
Luís Aldegunde (CPI de Rois)
Sara Paz (CPI da Baña)
Pilar Buela (IES de Valga)
Ana Rial (IES Aquis Celenis de Caldas de Reis)
Gracia Santorum (IES Pintor Colmeiro-Silleda)
Sechu Sende (IES Marco do Camballón-Vila de Cruces)
Daniel Asorei (CPI de Touro)
Xoán Constenla (CPI de Portas)

Hoxe é a hora do planeta

Hoxe ás 20:30 temos unha cita co Planeta para demostrar que a loita contra o Cambio Climático é posíbel. Unha iniciativa de WWF na que participarán 1200 millóns de persoas en defensa do medio ambiente. Únete!





27/03/09

Vídeo con tipografía

Desde Biblioríos chéganos este vídeo onde se vive a escritura, "EGO", exercicio de animación de Santiago Baptipografica para o máster de motion graphics da BAU (Barcelona).

O turista

Vídeo de animación que PLemmers presentou no festival de animación Mentor 2008.



Vía Recogedor

O Bosque Tallado

Oculto nunha pequena aldea de Victoria en Marysville, sureste de Australia, atopa un mundo máxico onde o escultor Bruno Torfs leva 25 anos contribuíndo coa súa obra a combinar a beleza da súa arte coa beleza da natureza que o rodea. Nacido en Sudamérica, aos 15 anos a súa familia emigra a Europa en busca de novas oportunidades. As súas continuas viaxes, ás veces só e ás veces coa súa muller Marleen, van formando a personalidade do artista, que a vai reflectindo en forma de cadros e esculturas. Despois de varios anos de vivir así, Bruno e a súa familia deciden irse a Australia para crear un xardín coas súas esculturas que sexa á vez unha atracción permanente. Tras atopar o sitio ideal na pequena aldea, en cinco meses consegue abrir o parque ao público. Bruno comezou con apenas 15 esculturas e a día de hoxe pódense atopar máis de 150 e continúa engadindo algunhas cada certo tempo. Quedou a vivir alí coa súa familia nese espazo de selva tropical que el comprou para poder vivir tamén coas súas obras.

26/03/09

Pastoral americana


Philip Roth é un dos meus autores preferidos. Supoño que é un autor máis que debo a un dos meus mellores amigos e ás súas incansables lecturas e recomendacións. E o seu libro Pastoral americana, sen convertese nun dos meus preferidos, non decepciona.
Co seu alter ego na ficción, Nathan Zuckerman, volvemos á cidade de Newark, onde atopa a varios compañeiros da súa escola xudía, entre eles Seymour “el sueco” Levov, quen máis destacaba daquela. E parece que este é a encarnación do vello soño americano, pero profundizando descubrimos que este non é tal, senón que vive baixo un auténtico drama. Así, o libro convértese nunha historia tráxica que reflicte o drama da sociedade americana enfrontada aos seus pesadelos e ás contradicións que lle son propias.
Nesta novela, Roth bríndanos novamente a oportunidade de achegarnos ás vísceras da sociedade americana para que sexamos nós, lectores, os que tiremos as nosas conclusións. Unha lectura brillante dun autor que nunca decepciona.



Como facer un bebé

Xa estades pensando: disto si que sabemos... Pois non, non tedes nin idea. Dicídemo a min, que acabo de aprender! Ou será que aquí na Galiza facémolos doutro xeito??? Agardemos que iso, cando menos, non cambie co novo goberno. Facer bebés en galego, ardua tarefa!:



Seica, seica, é outro xeito de utilizar a fotografía: o stop-motion. Trátase de recrear o movemento de obxectos supostamente estáticos usando fotografías. Aquí combínao co Timelapse, para reflectir os cambios do corpo da muller durante nove meses.

Este clip é un proxecto de Cassidy Curtis, quen empregou os noves meses de embarazo para facer un vídeo de 50 segundos no que explica o curioso proceso para crear un bebé. Cando menos, o home ten mérito: tivo que facer moitas fotos durante un longo período de tempo.

Vía Microsiervos

Novas consellerías

Síntoo. Chegoume este cartel e non puiden resistir a tentación: tiña que amosárvolo!!!


25/03/09

A crise en Birmania

Scott Denton fixo esta coidada homenaxe audiovisual ante a crise de Birmania. Poesía en estado puro.


CRISIS IN BURMA from Scott Denton on Vimeo.


Vía Capítulo 0

Móbiles

Cristina pasounos este texto que non podo deixar de vos ensinar. A que reflexións chegades?

O celular de Hansel e Gretel


Anoche le contaba a mi hijita un cuento infantil muy famoso, el de Hansel y Gretel de los hermanos Grimm. En el momento más tenebroso de la aventura, los niños descubren que unos pájaros se han comido las estratégicas bolitas de pan, un sistema muy simple que los hermanitos habían ideado para regresar a casa. Hansel y Gretel están solos en el bosque, perdidos, y comienza a anochecer.


Mi hija me dice, justo en ese punto de clímax narrativo: "No importa. Que lo llamen al papá por el celular". Entonces pensé, por primera vez, que los niños no tienen una noción de la vida ajena a la telefonía inalámbrica. Y al mismo tiempo descubrí qué espantosa resultaría la literatura -toda ella, en general- si el teléfono móvil hubiera existido siempre, como cree mi hija de cuatro años. Cuántos clásicos habrían perdido su nudo dramático, cuántas tramas hubieran muerto antes de nacer, y sobre todo qué fácil se habrían solucionado los intríngulis más célebres de las grandes historias de ficción.

Piense el lector, ahora mismo, en una historia clásica, cualquiera que se le ocurra. Desde la Odisea hasta Pinocho, pasando por El viejo y el mar, Macbeth, El hombre de la esquina rosada o La familia de Pascual Duarte . No importa si el argumento es elevado o popular, no importa la época ni la geografía. Piense el lector en una historia clásica que conozca al dedillo, con introducción, con nudo y con desenlace.
¿Ya está?
Muy bien.
Ahora ponga un celular en el bolsillo del protagonista.
No un viejo aparato negro empotrado en una pared, sino un teléfono como los que existen hoy: con cobertura, con conexión a correo electrónico y chat, con saldo para enviar mensajes de texto y con la posibilidad de realizar llamadas internacionales cuatribanda. ¿Qué pasa con la historia elegida? ¿Funciona la trama como una seda, ahora que los personajes pueden llamarse desde cualquier sitio, ahora que tienen la opción de chatear, generar videoconferencias y enviarse mensajes de texto? ¿Verdad que no funciona un carajo?

La Niña , sin darse cuenta, me abrió anoche la puerta a una teoría espeluznante: la telefonía inalámbrica va a hacer añicos las nuevas historias que narremos, las convertirá en anécdotas tecnológicas de calidad menor.

Con un teléfono celular en las manos, por ejemplo, Penélope ya no espera con incertidumbre a que el guerrero Ulises regrese del combate.

Con un móvil en la canasta, Caperucita alerta a la abuela a tiempo y la llegada del leñador no es necesaria.

Con telefonito, el Coronel sí tiene quién le escriba algún mensaje, aunque fuese spam.

Y Tom Sawyer no se pierde en el Mississippi, gracias al servicio de localización de personas de Telefónica.

Y el chanchito de la casa de madera le avisa a su hermano que el lobo está yendo para allí.

Y Gepetto recibe un mensaje de la escuela, avisando que Pinocho no llegó por la mañana.

Un enorme porcentaje de las historias escritas (o cantadas, o representadas) en los veinte siglos que anteceden al actual, han tenido como principal fuente de conflicto la distancia, el desencuentro y la incomunicación. Han podido existir gracias a la ausencia de telefonía móvil.

Ninguna historia de amor hubiese sido trágica o complicada, si los amantes esquivos hubieran tenido un teléfono en el bolsillo de la camisa.
La historia romántica por excelencia (Romeo y Julieta, de Shakespeare) basa toda su tensión dramática final en una incomunicación fortuita: la amante finge un suicidio, el enamorado la cree muerta y se mata, y entonces ella, al despertar, se suicida de verdad. (Perdón por el espoiler.)

Si Julieta hubiese tenido teléfono móvil, le habría escrito un mensajito de texto a Romeo en el capítulo seis: ME HAGO LA MUERTA, PERO NO ESTOY MUERTA. NO TE PRCUPES NI HAGAS IDIOTECES. BSO. Y todo el grandísimo problemón dramático de los capítulos siguientes se habría evaporado. Las últimas cuarenta páginas de la obra no se hubieran escrito nunca si en la Verona del siglo catorce hubiera existido la promoción 'Banda ancha móvil' de Movistar.

Muchas obras importantes, además, habrían tenido que cambiar su nombre por otros más adecuados. La tecnología, por ejemplo, desterraría por completo la soledad en Aracataca y entonces la novela de García Márquez tendría por título 'Cien años sin conexión', narrando las aventuras de una familia en donde todos tienen el mismo nick (buendia23, a.buendia, aureliano_goodmornig) pero a nadie le funciona el Messenger.

La famosa novela de James M. Cain "El cartero llama dos veces" escrita en 1934 y llevada más tarde al cine, se llamaría 'El gmail me duplica los correos entrantes' y versaría sobre un marido cornudo que descubre (leyendo el historial de chat de su esposa) el romance de la joven adúltera con un forastero de malvivir.

Samuel Beckett habría tenido que cambiar el nombre de su famosa tragicomedia en dos actos "Esperando a Godot" por un título más acorde a los avances técnicos: 'Godot tiene el teléfono apagado o fuera del área de cobertura', la historia de dos hombres que esperan, en un páramo, la llegada de un tercero que no aparece nunca o que se quedó sin saldo.

En la obra 'El jpg de Dorian Grey', Oscar Wilde contaría la historia de un joven que se mantiene siempre lozano y sin arrugas, en virtud a un pacto con Adobe Photoshop, mientras que en la carpeta Images de su teléfono una foto de su rostro se pixela sin remedio, paulatinamente, hasta perder definición.

La bruja del clásico Blancanieves no preguntaría todas las noches al espejo sobre '¿quién es la mujer más bella del mundo?', porque el coste por llamada al oráculo sería de 1,90 la conexión y 0,60 el minuto; se contentaría con consultarlo una o dos veces al mes. Y al final se cansaría.

Y me pregunto: ¿no estará acaso ocurriendo lo mismo con la vida real?, ¿no estaremos privándonos de aventuras novelescas por culpa de la conexión permanente? ¿Alguno de nosotros, alguna vez, correrá desesperado al aeropuerto para decirle a la mujer que ama que no suba a ese avión, que la vida es aquí y ahora? No. Le enviaremos un mensaje de texto lastimoso, un mensaje breve desde el sofá. Cuatro líneas con mayúsculas. Quizás le haremos una llamada perdida, y cruzaremos los dedos para que ella, la mujer amada, no tenga su telefonito en modo vibrador. ¿Para qué hacer el esfuerzo de vivir al borde de la aventura, si algo siempre nos va a interrumpir la incertidumbre? Una llamada a tiempo, un mensaje binario, una alarma.

Nuestro cielo ya está infectado de señales y secretos:
"Cuidado que el duque está yendo allí para matarte",
"Ojo que la manzana está envenenada",
"No vuelvo esta noche a casa porque he bebido",
"Si le das un beso a la muchacha se despierta y te ama".
"Papá, ven a buscarnos que unos pájaros se han comido las migas de pan".

Nuestras tramas -las escritas, las vividas, incluso las imaginadas- están perdiendo el brillo, porque nos hemos convertido en héroes perezosos.


24/03/09

Reciclaxe de polietileno

Un exemplo, perdón, dous, de como reciclar e loitar polo medio ambiente:

Esta é unha reportaxe emitida pola televisión Tem en São Paulo sobre a implantación do Proxecto Vasoiras de PET:



E estoutra é un exemplo dun mecánico que crea lámpadas utilizando garrafas PET:




Como vedes, non precisamos de tecnoloxía avanzada para tentar un mundo menos contaminado.

Grazas, María

Nontodovanserlibros (XXXVII)

Hai aproximadamente dúas semanas rescatei do fondo do meu armario da música un disco que xa había case unha década que non escoitaba e entroume a morriña de volver a disfrutalo. Cargueino no CD do coche e alí está desde aquela. O sorprendente de todo isto é que desde ese día o meu pequeno viaxa do máis tranquilo e estou empezando a pensar que lle vai gustar este tipo de música. Vedes como non é malo poñerlle rock&roll durante o embarazo? É máis, mentres escribo estas liñas está moi relaxado disfrutando dos acordes das cancións de Suede que vos poño máis abaixo.

A banda liderada por Brett Anderson xurdiu a comezos dos 90 pola necesidade da industria británica de contrarrestrar a corrente do Grunge que por aquela época nacera nos Estados Unidos con bandas míticas como Nirvana ou Pearl Jam. Por iso, cando en maio do 92 apareceu no mercado o seu primeiro sinxelo The Drowners, a industria marcounos inexorablemente coma os escollidos tras esta busca de novos sons (algo no que sempre foran pioneiros os británicos por diante dos americanos) e que os converteu na primeira gran banda británica da década dos noventa.

Cancións como So Young, Beautiful Ones ou Animal Nitrate estou convencido que farán saltar as alarmas da nostalxia daquela xente que, coma min, tiñan esquecida a esta banda no fondo do baúl da memoria. E, para todos aqueles que non os coñeceran, agardo que sexa unha boa suxestión.



(por certo, Breixo xa non está tan tranquilo, debe querer escoitar aos Led Zeppellin...)


Photoshopando...

Eric Johansson é un xove talento sueco capaz de crear auténticas marabillas modificando fotografías feitas por el mesmo. Disfrutádeas!


Vía Capítulo 0

23/03/09

Tabla periódica

A ver se vos axudo... sempre pendentes de físicas e químicas que nos tolean polo camiño... O exame co amigo Teira será indubidablemente máis doado:



Vía

O mundo ao revés

Só se trata de lle dar a volta... será tan difícil?



Vía

Culpables todos

Non sei se coñecedes esta magnífica publicidade de concienciación do grupo Cencosud, propietario de varias cadeas de supermercados, animándonos a traer a nosa propia bolsa para reducir o consumo destas como grandes contaminadoras do medio ambiente: usámolas un pequeno anaco de tempo e logo tirámolas, pero estas bolsas tardan 150 anos en degradarse. Unha boa iniciativa que xoga coas nosas conciencias.
Porén, a pesar de que o anuncio é impecable, que solucións propón esta marca? Por que non bolsas de papel ofrecidas por eles mesmos, por exemplo?




Vía Recogedor

22/03/09

Adeus ao sotaque galego

Co novo goberno non só deberemos esquecer a nosa lingua, senón tamén o noso acento... supoñemos!




Vía Brétemas

Festina lente


Un erro gravísimo cometín cando acometín a lectura deste libro: deixalo na aula de 3ºD para lelo canda o alumnado, neses minutos non diarios que dedicamos á lectura. Polo que o tempo se fixo moito e a lectura pesada. Agora aprendín: ler na aula libros de lectura máis doada e máis curos, sobre todo banda deseñada.
E é que Festina lente, de Marcos Calveiro, é un libro de novela histórica ambientado na Compostela dos seculos XVI e XVII, moi interesante pois fala de códices, manuscritos, amor aos libros, en resumo. E de censuras. Podemos pasear devagar polas rúas compostelás daquela época, afogar nesa atmosfera asfixiante de intrigas catedralicias e respirar o aire mesto que nos dá un léxico rico e misteriosa trama. Se vos gustan este tipo de historias, aquí tedes unha máis para disfrutar.


La soledad de los números primos

EN-CAN-TOU-ME!!!


Esta miña última lectura (devoreina, literalmente), libro que está a arrasar na actualidade, vai ser unha das miñas recomendacións máis duradeiras.
La soledad de los números primos
de Paolo Giordano deixa no corpo a tristura da soidade máis recalcitrante, o anceio de desexar un mundo mellor (eses finais felices de Walt Disney) e a mágoa por que o libro non sexa máis groso. Porque a novela fala da soidade, sobre todo, pero plantexada desde unha especie de plantexamento matemático (vaiche encantar, querido Anxo!) que non deixa lugar a dúbidas sobre o desenvolvemento da acción. Vaia, algo así como a álxebra das emocións. O tormento dos protagonistas resulta ser tan atractivo que a sintaxe dos números convértese en poesía nas súas páxinas. Porque tal como afirma o autor "mesmo co acelerador de partículas pódese facer poesía". E é que o autor fainos amar ata as matemáticas, porque as referencias cientifícas non son nin espesas nin casposas.
Non deixedes de achegarvos á esencia da soidade. Garantido.


Pilla o bus!

Unha campaña espléndida sobra as vantaxes de utilizar o transporte público, feita en Holanda. Vina en Capítulo 0:



21/03/09

Casa propia

Poesía visual de Claudia Quade Frau:



Vía Todas

Metamorfosis del jardín

Teño que recoñecer que non coñecía a existencia deste autor cando merquei este libro... e cando bastante tempo despois puiden lelo. Non sabía que con este nome, Giovanni Quessep, ía enfrontarme a un poeta colombiano. Pero teño que recoñecer que a súa poesía, en xeral, non me gustou, xa que aínda que o seu prologuista e editor Nicanor Vélez asegura que non é modernista, a min si mo pareceu, en xeral. Metamorfosis del jardín reúne a súa poesía desde 1968 até 2006.
Quessep, de orixe árabe, é fillo dun libanés emigrado a Colombia, o que o fai combinar a tradición española coa poesía árabe, de aí a presenza das fontes, dos paxaros...

Oración de los cazadores:

De la noche que dura

sólo queda la brasa de los ojos del tigre;

por ella nos guiamos,

y por ella sentimos su fatal hermosura.

Tal vez, cuando de huida

retornemos al patio que lleva a nuestra casa,

veamos que algo quema los jardines,

relámpago y pavor su sombra pasa.

No sabemos por qué la vida sigue

y el tiempo nos desvela,

si en la noche una brisa

apaga nuestra vela.

Perdidos, casi ciegos,

no hallamos el solar de nuestra casa.

¿No había aquí un aljibe?

Tenemos sed y el aire nos abrasa.

Oh primavera, herida de la música,

es ya la hora de cristal y hielo;

no nos dejes caer en la noche callada

por la brasa que arde bajo el cielo.



Vigilia:

Pasos en el jardín. El vigilante

golpea la corteza del manzano

y hay pájaros que huyen, quedan otros

enjaulados en tiempo y luz de plata.

Fábulas no me encanten; velar quiero

mis armas esta noche o adentrarme

por el jardín y oír bajo mis pasos

los tréboles que guardan en el polvo

las maravillas de la blanca torre.

Debajo del manzano y a mi lado

una mujer hojea un viejo libro:

Demonios hay en torno y una fuente

refleja un ciervo, un tigre de Bengala.

Los pasos van y vienen y no saben

quién es el vigilante, el vigilado.


Palabra de Poeta

O 19 de marzo de 1999 morreu José Agustín Goytisolo, o poeta da crítica e dos sentimentos, que nos dixo cousas coma esta:
"Aceptar el silencio y someterse al miedo es denigrante para la sociedad y mortal para la democracia... Callar ante una falsedad o un abuso de poder, por temor, es silencio cómplice".

E deixounos perlas para a lembranza:



NADIE ESTÁ SOLO

En este mismo instante
hay un hombre que sufre,
un hombre torturado
tan sólo por amar
la libertad.

.................Ignoro
dónde vive, qué lengua
habla, de qué color
tiene la piel, cómo
se llama, pero
en este mismo instante,
cuando tus ojos leen
mi pequeño poema,
ese hombre existe, grita,
se puede oír su llanto
de animal acosado,
mientras muerde sus labios
para no denunciar
a los amigos. ¿Oyes?

Un hombre solo
grita maniatado, existe
en algún sitio.
.................¿He dicho solo?
¿No sientes, como yo,
el dolor de su cuerpo
repetido en el suyo?
¿No te mana la sangre
bajo los golpes ciegos?

Nadie está solo. Ahora,
en este mismo instante,
también a ti y a mí
nos tienen maniatados.



Cuando yo era pequeño
estaba siempre triste,
y mi padre decía,
mirándome y moviendo la cabeza:
hijo mío, no sirves para nada.

Después me fui al colegio
con pan y con adioses,
pero me acompañaba la tristeza.
El maestro graznó:
pequeño niño, no sirves para nada.

Vino, luego, la guerra,
la muerte –yo la vi-
y cuando hubo pasado y todos la olvidaron,
yo, triste, seguí oyendo:
no sirves para nada.

Y cuando me pusieron los pantalones largos,
la tristeza en seguida cambió de pantalones.
Mis amigos dijeron:
no sirves para nada.

En la calle, en las aulas,
odiando y aprendiendo la injusticia y sus leyes,
me perseguía siempre la triste cantinela:
no sirves para nada.

De tristeza en tristeza
caí por los peldaños de la vida.
Y un día, la muchacha que amo
me dijo, y era alegre:
no sirves para nada.

Ahora con ella,
voy limpio y bien peinado.
Tenemos una niña a la que, a veces,
digo, también con alegría:
no sirves para nada.

Vía

Non son de aquí

Gustoume especialmente esta miña última lectura poética Non son de aquí de María do Cebreiro, que creo supón un cambio respecto da súa poesía anterior -a que lle eu lin- e un novo xeito de encarar a palabra poética. Como ela afirma, hai moitos lugares, polo que desafía a noción de pertenza, de posesión. Hai dous espazos que atravesan os seus poemas: o territorio e o amor. E os dous a través do desposuimento. O libro está dedicado a un mundo perdido representado no avó da poeta.

E ela non quixo a terra

Un día, unha muller
escribiu un poema sobre un peixe.
A rede era a súa roupa.
Un monumento á auga.
Lembras iso?
Non era en absoluto como nacer de novo.
Era como estar vivas sen nacer

E despois chegou el.
E ela quedou amando os ocos para sempre.

El dixo: non hai terra
se estás lonxe.
E ela non quixo a terra.
El dixo: non hai sono
se non dormes.
E ela non quixo a cama.
El dixo non hai sede
se me tocas.
E ela non quixo as mans.

A vida, pensou ela,
vai facer o que queira con nosoutros.
Cada un na súa cama,
frases feitas.
"Non te quero mancar".
As cousas que dixeron
non evitaron nada.
Deitáronse, mancáronse,
regresaron ás frases do comezo.

E por cada experiencia,
unha marca na pel.
Pero invisible.
Mírame, non a ves?
Podes pechar os ollos,
non se vai.
Podo non verte máis,
levarte dentro.


En en Bibliomanía atopamos esta presentación de fotografías de mulleres poetas galegas con esta introdución:
A chamada xeración dos 90 renovou dous aspectos da lírica: a incorporación de mulleres poetas e a difusión en formatos alternativos. Así, nomes como os de Olga Novo, Estíbaliz Espinosa, Emma Couceiro, María do Cebreiro, Emma Pedreira, Lupe Gómez, María Lado, Lucía Aldao ou Ana Cibeira, nacidas nas décadas dos setenta e oitenta, ou de autoras como Chus Pato, algo maiores pero coincidentes en poética, resultan fundamentais para comprender o que se escribe en Galicia, e en galego, desde a década pasada.
Desde aquí lles damos as grazas.


Día da Poesía

Hoxe é un Día especialmente fermoso. Non se trata de loitar contra algúns dos males que nos arrasan constantemente, senón que se trata de lembrar que existe algo tan fermoso como a palabra poética, ese xeito de transmitírmonos que nos fai máis humanos, máis febles, máis fortes, máis pequenos, máis grandes...
É difícil seleccionar poemas. O outro día vin no blogue da Biblioteca Pino Manso un poema de Mario Beneditti, e seleccioneino automaticamente. Teño que dicir que unha das miñas alumnas lectoras é unha fan incondicional del, ademais de ser fiel seguidora do blogue, polo que é unha boa ocasión para traelo ata aquí:



O Día Mundial da Poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO no ano 2000. O obxectivo é dar apoio aos poetas máis novos, recuperar a tradición oral e reforzar o vínculo entre a poesía e as demais artes, reivindicándoa como unha forma esencial da cultura.
Hoxe, especialmente, abride un libro, buscade un poema, sentídeo, disfrutádeo, agasalládeo... deixade que a poesía fale e abride os vosos oídos, eses que tantas veces lle pechades.


20/03/09

Verano de amor


Este cómic de Debbie Drechsler, Verano de amor, achéganos a algunhas estupideces que se cometen na adolescencia (como se non as vira todos os días!), desde a distancia que dan os anos, cunha mirada máis ou menos apagada, transmitida no uso das cores que tiran a sepia, e no aire de aburrimento que transmite todo o libro. Pero fai unha boa descrición dese tempo, como algo perdido, con todas as súas parvadas e ledicias -incluído o patetismo-, un tempo que mudou e que nos queda na lembranza, porque como todas as épocas da vida, cousas boas tamén tivo. Os diálogos son breves e abruptos, dentro dunha obra sinxela cargada de significados.
Un cómic inhabitual.

Una investigación filosófica

Este libro de Philip Kerr, autor do que xa vos falei hai un tempo cando lin a súa triloxía ambientada na Alemaña nazi, é unha opción diferente de novela negra. Una investigación filosófica resulta non ser só unha investigación sobre asasinatos senón que vai máis alá de calquera clasificación xenérica, debido á orixinalidade do plantexamento, o tempo futuro, a utilización do diario persoal do asasino co seu ideario de vida, a intelectualidade, a ciencia ficción... Non é desde logo, unha novela ao uso. Pero non por iso deixa de ser unha novela que atrape, como boa novela negra, se quedamos con esta clasificación.
Avanzamos a lectura querendo saber máis sobre un asasino intelectual que xustifica e convence, pois só mata a outros asasinos, posibles ou reais. E todo isto mesturado cunha carga filosófica e psicolóxica. A novela desenvólvese nun Londres negro, fracturado socialmente, pero nun futuro recoñecible e nada estraño, con dous elementos futuristas decisivos: a realidade virtual e a existencia dunha pena por inmersión en coma.
Unha lectura diferente e recomendábel.


Vixiando

Isto é o que ocorre actualmente:

Galicia Bilingüe vixiará 'atentamente' o cumprimento dos compromisos adquiridos por Alberte Núñez Feixó en materia lingüística durante a campaña electoral de forma que a próxima Xunta acabe coa suposta 'imposición' do galego nas aulas.
Así o manifestou nunha rolda de prensa en Vigo a presidenta da asociación, Gloria Lago, quen recordou as propostas do PPdeG para que os pais poidan decidir a lingua na que se escolarizan os seus fillos. Neste sentido, asegurou que este modelo é o mesmo que se aplica noutros países europeos con máis dun idioma oficial, polo que non viu motivos para pensar que os políticos galegos "non vaian ser capaces de facelo tamén".
Neste sentido, explicou que Galicia Bilingüe pedirá unha entrevista cos próximos responsábeis da Consellaría de Educación para ofrecerlles a súa "colaboración". Confiou en que o novo modelo sexa posíbel "para o curso que vén", tras considerar que cun goberno do PPdeG será "tal vez máis sinxelo" conseguir os obxectivos da asociación.
Lago rexeitou que esta aposta pola libre elección de linguas vaia crear segregación do alumnado nos colexios e institutos, aínda que indicou que, igual que as clases dun mesmo curso se separan segundo os apelidos ou as materias optativas dos alumnos, pódense dividir de igual xeito segundo o idioma. En todo caso, recordou que a elección da lingua sería para as materias troncais, polo que todos os alumnos terían clase nas dúas linguas.
Lago considerou que "non todos os galegofalantes se senten representados polos que defenden a imposición lingüística", actitude que achacou a unha "pequena parte da sociedade". Segundo declarou, a mellor forma de promocionar o galego é mostrándoo "de forma atractiva e sen imposicións".
Fin do adoutrinamento
Ademais desta política lingüística, Lago apuntou outros asuntos que haberá que "mellorar" na próxima lexislatura e nos que traballará Galicia Bilingüe, como o "adoutrinamento" que, segundo ela, se dá no ensino. Por esta razón, pediu que os libros de lingua galega "sexan só libros de lingua e desapareza a ideoloxía nacionalista" que, ao seu xuízo, contén este material educativo.
Así mesmo, explicou que tamén intentarán contactar co PSdeG e pediulle a esta formación política que "escoite" as súas propostas xa que considerou que "poden beneficiar os falantes das dúas linguas". Neste sentido, afirmou alegrarse pola "reconsideración da súa postura en canto á política lingüística" ao final da campaña.


Isto será o que provoquen: RACISMO. Os "raros" seremos apartados, supoño.





Estes son os datos do que acontece:
-En doce anos, duplicouse o número de persoas que “nunca falan en galego”, do 13% ao 25,8%.
-En doce anos, dividiuse á metade o número de persoas que din falar habitualmente en galego: do 30,5% ao 16%.
-Sumando as persoas que din falar “só galego” e “máis galego”, prodúcese unha caída de 22,1 puntos no uso habitual desta lingua.

-Amósase unha tendencia en xeral a que a xente que se auto-define como “bilingüe” a utilizar máis o castelán que o galego: “o paso dun uso bilingüe ao outro é máis frecuente nos que adquiriron máis galego (18,7%)” (p. 44) e a “menor tendencia ao bilingüismo” dáse nos castelanfalantes iniciais (p. 45). Estes datos constatan, máis unha vez, como a presenza abrumadora do español na vida social fai que haxa persoas que poidan vivir alleas á lingua propia de Galiza, algo que non acontece á inversa, xa que non está garantido o dereito a poder vivir en galego.
-Aínda que se constata que “a mellor competencia para falar o galego, maior tendencia a usalo”, tamén se observa que “case a metade (48,2%) de quen se considera moi capaz en galego está instalado no castelán, ben como monolingüe (14,6%) ben maioritariamente neste idioma (33,6%)”. Isto amosa que, aínda que é necesario manter unha aposta pola formación lingüística, tamén é fundamental crear espazos de uso que permitan darlle vitalidade á lingua.
- A situación diglósica, de distribución desequilibrada do uso do castelán e do galego, mantense:
-Non hai correspondencia entre o número de persoas que utilizan o galego de forma espontánea e a posibilidade de vivir nesa lingua.
-Mantense a asociación entre ámbito rural e maior uso do galego, e ámbito urbano e maior uso do castelán:
-A maior presenza monolingüe en galego é nos espazos de menos de 5.000 habitantes (40,5%), mentres que do castelán nas cidades (35,6%).
-Porén, tamén nestes doce anos se produciu unha forte caída no rural, que pasa do 55,3% ao 40,5%.
-O “monolingüismo en castelán” avanza tamén nas cidades: pasan de non falar nunca en galego o 27,1% ao 35,8%.
-Hai unha notoria perda do denominado “bilingüismo de maioría galego” nos hábitat intermedios e unha considerábel suba do maioritario en español.
-As cidades con maior uso do castelán (“só e máis castelán”) son Ferrol (85%), Vigo e A Coruña (81,9% en ambas). Cómpre, ademais, salientar a presenza do monolingüismo en castelán en Ferrol (57,5%) e Vigo (45,5%).
-O monolingüismo en galego é a opción con menor presenza nas cidades. Os valores máis altos corresponden a Lugo (13,4%) e a Santiago (13,2%) e os máis baixos a Vigo (4,3%) e á Coruña (3,4%). Sumando as opcións “só galego” e “máis galego”, obsérvase que o maior uso deste idioma corresponde a Santiago (41,9%) e a Lugo (40,5%).

Vía

El caso Tuláyev


El caso Tuláyev de Víctor Serge é un agasallo para reflexionar sobre a manipulación da realidade que detenta o poder. Resulta tremendo ler as súas páxinas para situarnos nese mundo da Rusia de principios de século onde os arribistas eran quen de ir rematando cos anteriores, nunha sucesión de cambios de poder automática e impredicible, unha loucura que nos ilumina sobre os erros históricos da revolución que non deberían terse cometido, extrapolables a calquera outra sociedade polo que significa de conflito universal. Hai unha multiplicidade de voces e escenarios, diversos tipos humanos levados por un mesmo absurdo que é, finalmente, o protagonista da novela. Un absurdo que nos converte de vítimas a verdugos ou viceversa, segundo a ocasión, xa que o ideario político é difícil de manter.
Un caso de manipulación política levada ao extremo.

Non á violencia contra as mulleres (LXXVIX)

O cantante Huecco e a Fundación Mulleres veñen de tirar unha campaña contra a violencia machista co lema "Nos duele a todas. Nos duele a todos", baseada no vídeo da canción Se acabaron las lágrimas, cantado a dúo con Hanna. Nel participan representantes da vida social e política española, desde a Ministra de Igualdade, Bibiana Aído, a escritoras como Carmen Posadas, xornalistas como Juan Ramón Lucas, Susana Griso, Angels Barceló, Iñaki Gabilondo, Hilario Pino, e a actriz Pilar Bardem.

Huecco - Se Acabaron Las Lágrimas




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.