Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

29/02/12

Silencio



vía

Es así


Fondo de Cultura Económica tráenos este sinxelo pero profundo libro de Paloma ValdiviaEs así. Un libro que fala da inevitabilidade da vida, vir, chegar... e marchar. Porque é así, e non ten outro xeito de ser. Outro libro idóneo para falar da morte aos máis pequenos, posto que nel non se conta unha historia determinada pero cóntase todo en conxunto, con ledicia e sensibilidade. Porque só podemos aceptar que todo "é así", aínda que gozando.

Os koma en Camerún

Durante o século XVIII, os Koma comezaron un longo percorrido dende a zona do lago Chad até chegar ao val de Faro. Os kanuri do Imperio Kanem Bornu bautizáronso co nome de pobo perdido pola súa longa diáspora en busca de novas terras onde asentarse. Coa invasión peul do século XIX, moitos Koma refuxiáronse nos montes Alantika onde construíron vilas e cultivaron as ladeiras. Actualmente, uns 30.000 koma seguen habitando este illado macizo saheliano na fronteria de Camerún con Nixeria, vivindo tradicionalemente en torno aos ciclos agrícolas.

28/02/12

Josh Ritter

Con 12000 recortes de papel:

Josh Ritter - Love Is Making Its Way Back Home from Josh Ritter on Vimeo.

Escritores delincuentes

Apaixoante e entretida resulta a lectura deste repaso á biografía delictiva dalgúns escritores e escritoras que nos propón José Ovejero no seu Escritores delincuentes publicado por Alfaguara. E é que ser bo escritor non significa ser boa persoa, como tampouco ser un gran lector nos fai mellores.
O ensaio que temos nas mans é un repaso á maioría de escritores que estiveron no cárcere, por diversos motivos, e esta estadía supón algún tipo de influencia na súa obra. O xeito de escribir de Ovejero provoca que estas biografías ou estas historias nos resulten tan amenas que sigamos procurando unha máis, a pesar de non coñecer a moitos dos escritores dos que fala. Iso si, eu alucinei co que aquí se nos conta: Anne Perry, Jack Kerouac, William Burroughs... alucinante! Iso si, o libro non é tan só unha exposición dos feitos senón que o autor busca unha explicación ou profunda nas biografías para topar un sentido á maldade. E claro, ímonos topar con malos tratos ou desamparo nas infancias na maior parte dos casos. Que non sempre.
Outra das cousas que nos poden chamar a atención é a escritura como liberación: escribir converterase para moitos destes escritores que están no cárcere no xeito de fuxir da prisión na que se atopan, tanto como lectores, primeiro, como escritores, despois. E estes escritos supoñen, en moitos casos, un xeito de rebelión e de contar a historia dende o silencio imposto e de busca de xustiza.
Ás veces falamos de que é mellor non coñecer ao escritor que está detrás dalgún dos libros que nos encantan. Se lemos Escritores delincuentes quizais non nos queden gañas de coñecer a ningún máis!

Mailer consiguió que se publicase una selección en un volumen que obtuvo críticas hiperbólicas: «Quizá uno de los libros más importantes de nuestra era», según Vogue. Mailer también le ayudó a obtener la libertad condicional. Tras salir de prisión Abbott fue recibido con entusiasmo en los círculos literarios neoyorquinos. Aquellos a los que Tom Wolfe había apodado radical chic estaban encantados con su mascota.
Seis semanas después de quedar en libertad, Jack Henry Abbott mató de una cuchillada a un camarero con el que tuvo una discusión.

Policía do Amor

Un vídeo provocativo para espertar conciencias: as únicas cadeas que existen están na túa mente.



vía

27/02/12

500 UMG



Vía

Sonetos de Shakespeare

Na procura última de poemas de amor en todas as linguas cheguei, por fin, a esta coidadísima edición da editorial Xerais dos Sonetos de Shakespeare a cargo de Ramón Gutiérrez Izquierdo, que constituíu toda unha sopresa ben agradable, por certo, posto que non a maxinaba polas fotos da web. Non só a edición é de forzada gabanza, senón todo o inimaxinable traballo que hai detrás: limiar, notas e comentarios, ademais da tradución, que contén esta edición bilingüe. O libro merece unha lectura demorada, de día a día, con deleitación: un luxo do que ben podemos presumir.
"Desde moi novo comprobei a fascinación xeneralizada polos Sonetos, a súa influencia na literatura ou no cine, pero eu, que sempre me tiven por bo lector, non entendía como aqueles xeroglíficos abstrusos que lía en castelán podían ter tanta fama. Así que decidín resolver unha dúbida: ou eu non era tan bo lector ou resultaba que as traducións non eran idóneas, precisamente. Érame máis cómodo crer o segundo", asegura Ramón Gutiérrez. Así traduce o verso branco orixinal por alexandrinos, o que nos ofrece un sentido e un ritmo ao que entrar con toda a sensibilidade coa que foron escritos: experiencia sentimental, amor eterno, amor e loita contra a morte.
De todos os xeitos, desta volta hai que falar máis que do texto en si do traballo que supón esta edición e do incrible exercicio que se estende dende a páxina 333 ata 779: notas e comentarios que ofrecen e aclaran aspectos de terminoloxía e interpretación.

Cando de min renegan a sorte e os humanos,

laméntome a soas por verme marxinado,

e abouxo o ceo xordo co meu inútil pranto,

e véndome a min mesmo maldigo o meu fado.






“From fairest creatures we desire increase,

That thereby beauty’s rose might never die,

But as the riper should by time decease,

His tender heir might bear his memory;”

“Queremos que procreen as belas criaturas,

e que non morra nunca a rosa da beleza,

senón que cando murche, co tempo xa madura,

nun tenro herdeiro dela reviva e permaneza”

(Soneto, 1, primeira estrofa, páxina, 27)

Non hai mañá

Sobre a escaseza de petróleo e o futuro enerxético:



Grazas, Bragado.

26/02/12

Día de Rosalía


Celebramos no IES Chano Piñeiro unha pequena e sinxela homenaxe a Rosalía de Castro. Cando menos, o obxectivo cumpriuse: todo o alumnado soubo o porqué deste día e puido escoitar da boca dos seus compañeiros e compañeiras algún poema escrito por ela.


Día de Rosalía from trafegandoronseis on Vimeo.


Mujeres en la Historia.




Noutros centros:

IES Ponteceso.

Aula de Leiro.

IES Sanxenxo.

E.E.I Barrionovo, e aquí.

IES San Paio, música.

CRA de Ribadumia.

Rosalía plurilingüe.

CPI Ponte Carreira.

O recanto de Mik.

Raioteca.

Cervo.

Cespón: I, II, III.

Teis.

Neda.

Muxía.

Toén.

O Rosal.

Porriño: I e II.

Taragoña.

El pastor de nubes



Publica Kalandraka este fermosísimo libro ilustrado con texto de Pedro Villar Sánchez e ilustracións de Miguel Ángel Díez: El pastor de nubes é unha historia preciosa que nos fala da importancia da palabra como superación e de perseguir os nosos propios soños sen rendernos con facilidade. Un neno que non comparte as inquedanzas do seu pai e que decide seguir as súas propias, aquelas que lle son transmitidas polas gotas de auga de choiva, polas nubes, todas as palabras transformadas e agochadas en cada un dos elementos da natureza que o rodean e que ao saír a luz convértense en extraordinarias historias que transmiten un grao de felicidade incomparable, como o que se sente cando se ve por vez primeira o mar.
O autor converte así este pequeno relato nunha homenaxe á palabra e ao seu poder máxico, á transmisión do relato oral, á riqueza que a lingua nos ofrece, aos soños que cadaquén posúe e á sensibilidade máis libre da literatura.
E se a historia nos gusta, que dicir das ilustracións? Tenras, máxicas... conforman a súa propia historia, aquela á que volveremos sen necesidade de reler o texto porque elas soas nos contas que os soños son importantes e que a maxia e a beleza está en todo canto nos rodea. E con elas, ese neno protagonista, soñador e real, acompañaranos durante moito tempo.


Non á violencia contra as mulleres (CCXLVI)

Hip hop de Dnoe que pide non tolerar situacións de agresións e violencia de xénero.


25/02/12

Mellor viaxar en grupo





Amantes

Carme Moure, a xa nosa colaboradora habitual, recoméndanos a súa última lectura. Graciñas miles, Carme:

As citas iniciais, nunha obra literaria, non son puros ornamentos, senón que poden dar pistas do que nos imos atopar nas páxinas seguintes. En Amantes, de María Lado, V Premio de poesía erótica Illas Sisargas, non só sucede isto, senón que ademais, conteñen, algunhas delas, esa ironía que tanto cómpre para encarar a vida.

Y no se inmute amigo la vida es dura

con la filosofía poco se goza

eche veinte centavos en la ranura

si quiere ver la vida color de rosa

Raúl González Tuñón

Neste poemario sinxelo, que non simple, o fío que ennobela os poemas vai ser a incitación e o devezo, que levan a unha procura do outro na busca da satisfacción amorosa.

É un libro que resulta de lectura cómoda polo uso dunha linguaxe clara e precisa, con recorrentes referencias mariñas, mais sen ningún tipo de complicacións formais nin reviravoltas retóricas.

A inserción de frases en estilo directo achéganos a situacións reais, correntes, como atopamos por exemplo en Ulises, mito viril por excelencia, sempre mariñeiro de mar e de corpo, pero humanizado e transformado aquí nunha persoa cotiá a quen, cando pide que “ quedemos nun porto que coñezas” se lle di “pois recito ao pé da túa casa, nun garito”. E o encontro, ¡como non!, faise inevitable “es bo mariñeiro, ulises / non temes a resaca nin o temporal/sabes que se son nave/ é para ir bater contra ti/para que me arrastres polo van/na marea do teu abrazo”.

Tamén nos chamou a atención 1961, composición na que a base de condicionantes xustapostos, ao lector ou lectora, lle falta tempo para chegar ao final e descubrir o segredo do condicionado. Ou Paxaros e maceiras, onde a seducción dos primeiros e o cortexo das segundas nos fixo lembrar a frescura e inocencia do Sen título de Celso Fdez Sanmartín.

En fin, poemas, nos que se mesturan o sabor “que ben sabes, amor novo,/os teus bicos son mazás de inverno”, o goce “ é tan fermosos/amarnos así,/sen debernos o nome”, as miradas de desexo “ vou afogar nas pupilas dese mozo”, ou o lume “incendio as rúas que van do centro á túa casa” desa paixón que é como un “exército descontrolado/demasiado excitado/animalario extenso para cama de matrimonio”.

E, por suposto, todo isto con música de fondo.

Nada máis e nada menos.

Patricia Ryan: coiden a súa lingua









24/02/12

Celebrando o Amor II

Agora si: o vídeo da actividade. A partir do minuto 27... a sorpresa:


Amor e poesía en Forcarei from trafegandoronseis on Vimeo

Pincel de Zorro


Cheguei a este fermosísimo libro grazas á recomendación dunha lectora do blogue, a quen lle agradezo a descuberta. Con texto de Sergio A. Sierra e ilustracións de Meritxell Ribas, Pincel de Zorro está publicado por Ediciones Ondina. Se o libro é fermoso e ten a súa propia páxina web -e a súa propia editorial, pois esta creouse para publicalo- o vídeo que lle fixeron de promoción deixa sen palabras. Este está dirixido por Hug Codinach con música de Albert Alay.

Pincel de Zorro (Español) from Hug Codinach on Vimeo.



O libro é unha novela gráfica (?) onde a maxia é a protagonista, mergullada nunha tristura nipona que fai unha reflexión sobre o ser humano... da que non se sae ben parado.


Fermosísimo.

Civilización empática

23/02/12

Despois da choiva

Aprés la Pluie:

Après la Pluie ©2008Gobelins from Emmanuelle Walker on Vimeo.



Vía

Troco


Da man de OQO coñecemos a ovella Catarina neste conto de Roberto Castro con ilustracións de Margherita Micheli: Troco conta as dificultadas polas que pasa unha lectora para topar o lugar axeitado para sentar. Mentres, imos debullando a lectura da propia Catarina canda ela: conto dentro do conto..., sobre todo nas ilustracións, que nos descobren eses dous mundos paralelos nos que vivimos nas páxinas deste libro. Isto constitúe unha das partes máis especiais do libro que nos ocupa, pois pode constituír un divertimento especial para os lectores e lectoras máis novos que se adentren na procura destas dúas realidades.

En 11 minutos

Esta é a historia dun refuxiado de Palestina, unha máis, posto que hai case cinco millóns.



Vía Lápices para la Paz

La lectura: el mejor camino para la inclusión



vía

22/02/12

Minuscule



Vía: C.E.I.P. Víctor Sáenz.

Un hombre sin cabeza

Etgar Keret é o autor deste orixinal recopilatorio de relatos Un hombre sin cabeza publicado por Siruela. Como todo libro destas características, uns contos gustan máis ca outros. Pero en todo o libro destaca unha certa orixinalidade nos temas de sempre, aqueles que afectan directamente ao Home, indo dende o surrealismo máis puro ata a realidade máis cotián. Ao mesmo tempo, o autor critica a súa propia cultura e a sociedade na que nos movemos, ás veces cun corrosivo humor negro e outra veces con comentarios directos, pasando polo absurdo máis discreto. E todo isto nun Israel actual que se fragmenta nos 34 relatos do libro coas súas propias contradicións. Son estas as que subliñan o carácter dos personaxes, principalmente masculinos, normais ou non en situacións que se afastan, dende logo, da normalidade máis absoluta, ou da que nós entendemos como tal.



Celebrando o Amor



Si. O Amor asulagou Forcarei. Dende o vestíbulo do centro ata o salón de actos, dende os corredores da ESO ata Bacharelato, hoxe mandou e mudou o edificio a Poesía. Porque Poesía e Amor déronse a man para voar, para suspirar, para soñar. A Poesía como inicio e como destino do camiño dos sentimentos.
Todo o centro se reuniu para celebrar o Amor. 25 alumnos e profesores tomaron a palabra como representación de todos os demais para facer un percorrido da historia do amor, en grego clásico, en latín, en inglés, en francés, en castelán, catalán, portugués e galego. As linguas son irmás porque todas falan de sentimentos. Sentimentos cara á parella, cara á humanidade, cara ao fillo, cara ao outro, cara á Liberdade. Todo o Amor, todo é Amor. A lectura comezou con Safo e rematou con Celso Emilio Ferreiro, no ano do seu centenario.



E de agasallo (sempre hai agasallo) unha sorpresa: a impresionante voz do profesor Anxo Fernández deixou estupefactos a todos os ouvintes. Ninguén sabía das súas cualidades. Tres profes acompañaron na canción "Frente a frente" e o alumnado explotou "Tu sí que vales". Logo viñeron dúas cancións máis...







A Química do Amor, artigo.

Amor noutras bibliotecas:

Raioteca.

De amor e desamor nas Zocas.

Eros políglota no IES San Paio.

Traballando cos sentimentos no CPI de Panxón.

Bibliocabe.

Bibliochivite.

A beira das palabras
.

IES Poeta Díaz Castro

IES Rafael Dieste: lectura de poemas.

A Esperela: I, II, III, IV.

O Segrel

Castro Alobre.

Caza do tesouro.

No blogue da biblioteca do CEIP de Rubiáns topamos este poema:

El amor no se calcula
Como si fuera simple álgebra
Como si fuera un
solitario exponente
En una calculación tan complicada,
Como la pasión.

El amor se debe de tratar
Como una multiplicación de variables
De momentos,
De miradas,
De palabras sumadas
En un mundo que a veces
Resta.

El amor no se debe dominar
Por la división de sus
componentes.
El amor se tiene que alimentar
De la suma de los abrazos,
De las sonrisas,
De esos besos
Que en fracciones de segundos
Se penetran a lo mas profundo.

El amor no debe de ser sobre estimado como matemática
Ese es la simple solución del amor,
Dejarlo nacer,
Dejarlo crecer....
Al fin,
El destino lleva mas de una,
Respuesta.

El Poeta J.O.D.

Rosalía de Castro: pioneira e profeta

MARÍA PILAR GARCÍA NEGRO en Terra e Tempo.

Rosalía en Compostela from Terra e Tempo Tv on Vimeo.

No próximo venres, día 24 de Febreiro de 2012, celebraremos unha efeméride ben especial: o 175 aniversario do nacemento da nosa escritora fundacional, Rosalía de Castro. Con tal motivo, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) pon a andar unha iniciativa louvábel: pór de moda, instaurar o costume de, en tal data, agasallar(nos) unha fror e mais un libro en galego. O día de Rosalía e o día do libro galego, se callar social e institucionalmente, será un bon complemento para a celebración do Día das Letras Galegas, centrado nunha figura particular da nosa literatura, día que debera volver, coidamos, a ser laborábel, para que pudese ser feriado de verdade na honra da literatura galega, con actos na rúa e no ensino, como noutrora, e non pretexto para pontes turísticas onde fica totalmente esquecido o pretexto que as provoca. Este artigo quer se facer eco de tan feliz iniciativa e desexar que centros de ensino, concellos, asociacións culturais... se sumen a ela e a continúen en anos vindoiros. Oxalá que funcione como san antídoto de tanta alienación pseudocultural, de tanta españolía imposta.

Á parte do nome da autora -que asina como "Rosa" cartas familiares e utiliza este nome para varias das súas personaxes-, dáse a circunstancia de que, por toda a súa obra, van aparecer abundantes frores, nunha comuñón co campo, coa natureza, que constitúe, como é sabido, un dos eixos de toda a súa produción literaria. Hai un poema, "En Cornes", do Libro IV de Follas Novas, en que a escritora refai inteiramente o usadísimo motivo literario da rosa -metáfora, símbolo, metonimia en millenta literaturas do mundo- para lle conferir un outro significado absolutamente diverso do tradicional, un significado realmente "materialista", na ecuación implícita beleza = benestar material, social e psicolóxico. Eis os versos que escolmamos daquel poema:

[...]

Polas silveiras errante
vexo unha meniña orfa
que triste vai marmurando:

- ¡Ña Virxe, quen rosa fora!
- ¿Por qué qués ser rosa, nena?-
lle preguntei cariñosa.
I ela contesta sorrindo:
- Porque non tén fame as rosas-.

[...]

Utilizo dous substantivos-adxectivos no título deste artigo que quixera xustificar. Comezo polo segundo. Despóxoo, na miña utilización, de calquer resaibo místico ou grandilocuente. Apelo só á súa primixenia aparición, en textos bíblicos, porque estas definicións acaen perfeitamente á nosa clásica fundacional:

- O Profeta recorda o pasado e sérvese del para entender o novo no presente (Isaías, 43).
- O Profeta convida a viver e el proprio vive a solidariedade no sofremento (Xénese, 8, 18-23).
- O Profeta sinala como prioritaria a vía da xustiza (Xeremías, 22, 3; Isaías, 58).

Canto ao primeiro, está fóra de toda dúbida o papel inaugural que á nosa escritora corresponde na renacencia da nosa literatura no século XIX e, aínda, no comezo da nosa modernidade histórica, da nosa contemporaneidade. Isto é admitido por tirios e troianos, por moito que a sapiencia da universidade multicentenaria ande na horta, à rebours de todas as evidencias e de máis que valiosas, documentadas e reveladoras achegas bibliográficas. O seu valor como pioneira do feminismo galego, en troca ("a primeira feminista da nación galega", titulámola xa en 1985), aínda precisa de moita máis exhibición, de moita máis divulgación. Se vivésemos nun país con moito máis coñecemento de si proprio; se tivésemos posibilidades regulares e constantes de acceso e valoración da nosa cultura nacional; se non padecésemos, en fin, tanta e tanta interceptación da nosa historia, arte, economía..., tanto cortocircuíto interesado, non cabe dúbida de que, hai xa ben tempo, o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora ou Día Internacional das Mulleres, sería, como ponto de partida histórico, unha data de apoteose rosaliana. Desde o seu explosivo "Lieders" (1858) até a súa derradeira obra, En las orillas del Sar (1884), pasando por textos elocuentes das súas obras galegas e, aínda, da súa narrativa en español, non hai posibilidade humana nen científica de a explicar obviando a principalía da cuestión feminina, o protagonismo histórico de suxeitos femininos. Claro está que, para tal recoñecemento -asistido de todas as probas textuais posíbeis- cómpre sacudirse o complexo provinciano-colonizado que só admite tal ideoloxía e tal novidade (o feminismo) en personaxes galegas de predicamento español, como Concepción Arenal ou Emilia Pardo Bazán, e non nunha tan alta patriota galega como Rosalía de Castro. Tamén aquí ela resulta profética, pois atinou a pór o acento en cuestións cardinais que seguen (pre)ocupando o feminismo actual: a inharmonía afectivo-emocional mulleres-homes; a dupla ou tripla xornada laboral; o plus de mágoas das mulleres responsábeis de familias monoparentais; a difícil autonomía feminina nun mundo de patróns masculinos; a reificación ou cousificación feminina como obxectos de venda matrimonial-ornamento; o peculiar papel da escritora independente, que non se submete a estereotipos consentidos ou impostos...

Vai de seu, por suposto, que para comprobarmos todos estes asertos, convén "aparcar" canto antes a meta-Rosalía que a todos-as nos foi "programada" e iniciarmos canto antes tamén a "desprogramación", isto é, a leitura directa e desprexuiciada de toda a súa obra, na intelixencia de que non é unha escritora fácil ou simples. Todo o contrario: profunda coñecedora da semántica particular da lingua galega e da cultura popular nela vehiculada; dotada, asemade, dunha ampla e variada cultura formal, a súa obra pede de nós un esforzo semellante, á altura da súa xénese, non á medida da nosa ignorancia ou preconceitos.

Permítaseme un apontamento persoal. Neste curso, 2011-2012, por primeira vez, imparto clases de Literatura Galega nas aulas da Universidade Senior da UDC, Universidade da Coruña. Sesenta alumnas-os, dous terzos aproximadamente mulleres. Estamos ultimando a nosa "visita" a Rosalía de Castro. A recepción é entusiástica. Todas-os parten, claro está, dunha Rosalía coñecida nominalmente, mais admíranse do "fondo sen fondo" do seu pensamento, da súa estremecida palabra, da súa radicalidade, da liberdade versual e estrófica que se concede e aplica, da súa valentía, da súa insubornábel independencia de criterio, da súa sororidade...

Francisco Rodríguez e Francisco Salinas teñen salientado a importancia simbólico-estrutural da composición en cinco libros da magna obra Follas Novas, con, aliás, reminiscencia do Pentateuco do Antigo Testamento. Eu gosto, así mesmo, de utilizar máis dúas imaxes para a metaforizar. É unha a propria man humana: cada un dos seus cinco dedos é particular e describíbel como tal, mais todos se axuntan e interrelacionan na mesma terminal da extremidade e ao seu servizo unitario. É unha outra a metáfora da viaxe, desde un caos preparatorio até un cosmos de fusión do eu poético co colectivo das súas máis magoadas conxéneres, no seu momento histórico-nacional concreto e no reflexo de sentimentos humano-universais declinados en feminino. En fin, a riqueza, a variedade e mais a profundidade de obra tal encerra en si toda unha literatura. Quizabes non chegaremos a sabermos dela, da súa autora, todo o que ela nos comunica de nós, galegas-os, humanos en xeral, dos nosos sentimentos, dúbidas e perguntas, mais abofé que paga a pena internarnos no que, cal tesouro inconmensurábel, nos legou.

Para arredondar este convite directo que fago á súa (re)leitura e para o facer certo cun exemplo, conclúo coa reprodución deste poema, pertencente ao Libro Terceiro, "Varia", da xa mencionada Follas Novas. Non se me ocorrerá ofender a intelixencia ou a perspicacia das leitoras-es que este artigo tiver explicando a total vixencia-actualidade que tal poema ten, culminada nos seus derradeiros versos cunha sentenza tan verdadeira como lamentábel nos seus efeitos. Velaí vai:

Xigantescos olmos, mirtos
que brancas frores ostentan,
unhas con cogollos inda,
outras que o vento esfollea.
Buxos que xa contan sigros
e que xuntos verdeguean
formando de rama e troncos
valos que naide atravesa,
e nos que moi descansadas
fan o seu niño as culebras.
Loureiros, irmáns dos buxos
pola altura i a nacenza,
pois arraigaron a un tempo
no máis profundo da terra.
Limoeiros e laranxos
que o verde musgo sombrean
i olido esparcen de azare
con que a xente se recrea.
Eternos bosques en donde
sombrío misterio reina,
onde só os paxaros cruzan
polas tristes alamedas
onde ô marmular as fontes
un coidara que se queixan,
i onde o mesmo sol do estío
melancónico penetra.
I en medio desta espesura
e desta hermosa tristeza,
nunha casa inda máis triste,
si de fachada soberba,
alí din que ten o niño
a nai de todal-as meigas:
casa con portas de cedro,
en cada ventana reixa,
cociña coma de monxes,
silencio coma de igrexa,
criados que non dan fala,
cans que morden como feras.
Alí a viron negra e fraca
como unha gata famenta,
no máis san e máis frorido
da hermosa terra gallega.
I estes mals que nos afrixen
din que todos veñen dela...
¡Mais socede nesta vida
que os que tén culpa n´a levan!

21/02/12

Love recipe



Vía: CEIP Víctor Saenz

Almanaque musical


Vén de publicar Kalandraka esta xoia de Antonio Rubio con ilustracións de David Pintor: Almanaque musical: doce poemas, un para cada mes do ano, onde a música, incansable, acompañaranos nos cambios de estación, no paso do frío á calor, na primavera cando florecen as árbores e no outono cando estas se espen. Ao final tedes unha lista de recomendacións musicais para acompañar a lectura dos versos: Vivaldi, Bach, Mozart, Beethoven, Mendelssohn, Brahms, Chaikovski, Sibelius, Prokofiev, Alban Berg, Béla Bartók, Boccherini, Haydn, e Dvorak.
Máis completo, imposible. O malo é que non podemos pechar os ollos para sentir a música porque non queremos perdernos nin un só detalle das magníficas ilustracións de David Pintor. E vós, que preferides?

Neno tradutor

Sobre o uso prexuízoso das linguas. Dende Carta Xeométrica, claro está:

20/02/12

The German

The German, de Nick Ryan, é unha curta irlandesa sobre a II Guerra Mundial que conta a persecución dun piloto inglés a un piloto alemán por ar e terra.

The German from Nick Ryan on Vimeo.



Vía Microsiervos

O paraugas amarelo


A editorial Kalandraka achéganos este fermosísimo libro de Joel Franz Rosell cunha ilustracións inesquecibles de Giulia Frances: O paraugas amarelo. Un libro que fala de liberdade e do dereito a sermos diferentes. Debemos ser como os outros cren ou mandan ou temos a capacidade de discernir e de loitar por aquilo que cremos máis xusto? Podemos fuxir do destino e realizar os nosos propios soños? Podemos ir por un camiño diferente ao trazado?
Se o texto ten moito que dicir as ilustracións son escandalosamente perfectas: reflicten en todo momento o ánimo dun paraugas que destaca pola súa cor nun mundo gris... ata que deixa de selo.
Naquela época todos os paraugas eran de cor negra, parda ou, se acaso, azul de Prusia ou verde escuro. Así que, cando na fábrica apareceu aquel paraugas amarelo, todo o mundo ficou pampo. Un paraugas de semellante cor non estaba previsto na programación nin nos catálogos nin nos pedidos…

Funny Library Montage



Vía

19/02/12

Fico assim sem você

Seísmos


Javier Puche xuntos coas ilustracións de Riki Blanco, publica en Thule Seísmos: mini contos de seis palabras, contos mínimos que din render tributo a Ernest Hemingway por ser el o primeiro en escribir un na historia: For sale, baby shoes, never worn (Vendo zapatos de bebé, sen estrear).
Non vos deixará indiferente.

Seísmos - Thule Ediciones from Sergio Blecua on Vimeo.


Non á violencia contra as mulleres (CCXLV)

Nesta páxina, Educación en valores, ofrecen unha serie de Ferramentas didácticas para traballar na aula este tema:

Educando en igualdad.

Violencia de género: nadie está excluido". Propuesta de actividad en el aula.

25 de noviembre. Las Hermanas Mirabal. Miniquest para el Tercer Ciclo de Primaria.
Coeducación: dos sexos en un solo mundo.
Cuentan igual. Taller resolución de conflictos desde un enfoque de género (3 a 6 años).
Cuentos para vivir y soñar. Edición especial Prevención de la Violencia de Género.
Cuestionario sobre intimidación y maltrato entre iguales en las aulas.
Educación emocional y violencia contra la mujer. Estrategias para el aula.
Educando en igualdad para prevenir la violencia de género.
Educar en igualdad, una web de recursos educativos para prevenir la violencia de género.
El viaje de Laia. Guía de Sensibilización sobre la trata de seres humanos con fines de explotación sexual.
Feminismo, convivencia e interculturalidad.
Guía práctica para chicas. Como prevenir y defenderte de agresiones.
Hablamos con... Isabel Muñoz : 300000 niñas en Camboya son abocadas a la prostitución.
La diferencia sexual en el análisis de los videojuegos. Guía didáctica y multimedia.
La Señorita Julia.
La violencia de género. Webquest.
Nagore. Documental y Guía Didáctica para trabajar la violencia de género.
No te líes con los chicos malos. Guía no sexista para chicas.
Prevención de la violencia de Género. Unidad Didáctica para Educación primaria.

18/02/12

Inspirations

Esta curta recrea unha combinación de mundos matemáticos, mecánicos e artísticos nunha pequena habitación. Con toques Escherianos, crebacabezas e adiviñas matemáticas, e xogos e referencias ás obras clásicas. A música de fondo é de Ólafur Arnalds.


INSPIRATIONS from Cristóbal Vila on Vimeo.



Vía microsiervos

Con quen o fas?

Campaña de lectura no IES Lama das Quendas:

Camino de mi casa



Con texto de Ana Tortosa e ilustracións de Esperanza León, Camino de mi casa está publicado pola editorial Thule e fala da tristura do exilio e da destrución da guerra cunhas ilustracións sumamente escuras que dan intensidade ao desgarro interior e á verdade dunha guerra que é todas as guerras, ou tamén a narración dunha nena que son todas as nenas do mundo que teñen pasado por este sufrimento.
Un álbum fermoso e imprescindible que demandarache o regreso á súa dor, á súa existencia.


Con el TIEMPO...

Con el TIEMPO... from Antonio López Milla on Vimeo.

17/02/12

O amor está na lingua

Vídeo froito da colaboración do Audiovisual As Barxas co departamento de normalización do IES do mesmo nome de Moaña


Un amor de botón



Grazas a Vanesa coñecín este precioso libro que no seu cole utilizaron para San Valentín: Un amor de botón é de Carlioz Pauline e está publicado pola editorial Combel. Dúas historias que converxen ao final para facer unha soa, un mozo e unha moza que se atoparán grazas a un botón. É o destino que flúe e une...



"La señorita Enriqueta es una joven muy coqueta. el señor Gabriel va siempre como un pincel... Pero... ¡ay, qué desventura! ¡Un botón se ha dado a la figa! Y lo salen a buscar."

Sen lixo

... ou como transformalo.

16/02/12

The Night We Were Kings

The Night We Were Kings from Cube Creative on Vimeo.


VíaEnlace

Novas ferramentas!

Veño de fuchicar nesta ferramenta para poñela en práctica co meu alumnado de 2º de ESO. Pequenas historias que non levan demasiado tempo e que poden dar moito xogo:

A Pita Marela on Storybird


C'est l'amour!!! on Storybird

Amarte


Pequeno en formato pero cun contido moi especial, publica Thule este Amarte de Olga Molina. Cada páxina describe o obxecto de desexo, a parte do corpo que se ama, porque "En medio de una gran tristeza lo que más me curó fue amarte". A lembranza do amor e todo o que este nos deu superponse á tristura da perda.


O mundo segundo Monsanto

Documental que denuncia os efectos negativos que provocan os produtos agroquímicos e as sementes de soia tranxénica que comercializa a empresa máis grande do mundo do sector, expondo a cara máis escura da lóxica económica neoliberal a través da realidade agrícola de América do Norte e do Sur, especialmente en Arxentina.
Monsanto é o primeiro sementeiro se soia, millo, algodón e produtor de agroquímicos do mundo.


15/02/12

Wolframio, un tipo con química



Vía

Korokoro


Barbara Fiore publica Korokoro de Emilie Vast, un libro despregable dentro dunha caixa transparente que nos fala sen palabras da historia dun animal pequeno semellante a un ourizo que vai percorrendo camiños ata chegar a unha situación coa que non se contaba.
Korokoro en xaponés significa "rodar".


Piratería en Somalia

A súa orixe:

14/02/12

Girl and Robot

Unha historia de amor:

Girl and Robot from The Animation Workshop on Vimeo.



Vía

El guardián del olvido


Publicado por SM, Premio Catalonia 1990 e Premio Sorecières 1992, este fermoso álbum ilustrado con texto de Joan Manuel Gisbert e ilustracións de Alfonso Ruano, El guardián del olvido, entra no lugar descoñecido onde están as cousas que perdemos e que esquecemos e impregna a lectura de misterio. Un misterio que sobrevoa toda a lectura e a coidada reedición deste libro que nos deixará un final que cadaquén debe interpretar ao seu xeito, pois os enigmas non serán resoltos: estamos ante un texto onírico?


Richard Dawkin

O prestixioso biólogo avolucionista Richard Dawkins incita aos ateos a manifestar abertamente a súa postura e a loitar contra a incursión das relixións no ámbito da política e da ciencia.












Vía

13/02/12

Love Letters

La tercera mañana

Publicado por Tusquets, La tercera mañana de Edgardo Cozarinsky fala de xeito delicado da vida dunha persoa en tres momentos diferentes que resultan estar interrelacionados. Comeza coa adolescencia e o descubremento vital da noite; bastantes anos despois volve vivir un momento nocturno que lle fai reflexionar novamente sobre a felicidade; o último instante da vida que nos trae o libro xa é no declive vital do personaxe, cando xa maior namora dunha moza nova: nós somos as nosas invencións, as nosas vivenzas, os nosos menceres e os nosos ocasos.
O libro lese deseguida, mentres que unha especie de morriña apodérase do lector mentres se pregunta que é a vida e se temos o control da mesma.
Curioso resulta o cambio do eu narrativo a unha terceira persoa que vén sendo a mesma persoa pero que se distancia de si mesmo para verse dende fóra e analizar mellor os acontecementos da súa vida.

A veces me pregunto si tantas decisiones irracionales, o meramente impulsivas que iba a tomar más tarde en mi vida, decisiones ajenas a todo cálculo, malhumores o entusiasmos a los que iba a entregarme sin reflexión, con temeridad más propia de un adolescente que de un adulto, no fueron gestos tardíos para purgar la amargura de aquel amanecer.

O amor asolaga Forcarei

Primeiro o centro encheuse de
AVISO IMPORTANTE:
Cupido está no paro


Tampouco é tan estraño: a crise fai aumentar o número de desempregado cada día en España. E na provincia de Pontevedra nin che conto!

E logo soubemos que

COMO CUPIDO ESTÁ NO PARO
E A CRISE AUMENTA CADA DÍA
AS PALABRAS SOBEN DE PREZO.
QUÉRELAS DE GRATIS?
CÓLLEAS AQUÍ.

Ese AQUÍ viña sinalando miles de poemas repartidos por todo o centro.
E libros.
E corazóns.
E globos.
E unha árbore do amor.
E un cesto con gominolas con forma de corazón.
E sobres para encher de poemas e cartas.
E concursos.

No teito do corredor que leva á biblioteca, un lema reza: "No amor non hai descontos"... e é que hai que reciclar e aproveitar todo o que nos vén dado!!!








Aproveitamos novamente a selección poética que Mario nos proporcionara anteriormente, engadindo moitos outros poemas:






Podedes ir tamén ata as Zocas Faladoras e ler a súa selección de textos narrativos. Grazas tamén a este centro soubemos que no blogue Libros y Literatura realizaron unha selección de literatura amorosa xuvenil.

Esta actividade fixémola hai un par de anos no instituto d'O Carballiño, grazas á idea de Carme Loriga. Repetimos o noso agradecemento.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.