Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/03/12

Clocktower

Ler é contaxioso

Non o sabiades? Pois si, "Leer es contagioso":

Rosalie Blum




Hai tempo que tiña apuntado este cómic para ler e agora, grazas ao mes do Cómic no centro, tiven oportunidade de acceder a el. Son tres entregas as que realiza Camille Jourdy baixo o título de Rosalie Blumm publicado por Ediciones La Cúpula. Unha obra tenra, deliciosa, onde o lector vai deslizando suavemente a lectura mentres vai descubrindo as obsesiones e as verdades a medias que se ocultan tras os personaxes. Algúns personaxes secundarios son realmente apaixoantes, como a nai do protagonista, muller totalmente posesiva e escandalosamente fascinante. Con sorpresas e xiros, baixo unha historia aparentemente sinxela agóchase unha boa obra. E baixo esa aparente anomalía, o sentido e a eterna pregunta: Que a vida? Que fago con ela?
Iso si, pensade que hai que ler os tres tomos. Un só e quedariades totalmente descolocad@s e ansios@s...


Birth of a Book

Como se confecciona un libro de xeito artesanal nunha imprenta inglesa. Que beleza!

Birth of a Book from Glen Milner on Vimeo.

30/03/12

This Way Up

Instrucións para subir unha escaleira

Julio Cortázar dános "Instrucciones para subir una escalera al revés"

(Re)tales

Un documental de Maria Cabo e Silvia Guiducci.

Mulleres que elixen ser nais, nais que desexan sentirse mulleres, mulleres con nais demasiado presentes, fillas de nais ausentes...

(Re)tales from CharLee Garcia Morel on Vimeo.

29/03/12

Pintura poética

De Pere Salinas

En folga

Estamos de folga. Pero o noso blogue decidiu seguir, neste caso recollendo o argumentario "Desmontando al esquirol":
"Este 29-M pasa de la huelga porque tú tienes derecho a:

Derecho a que te bajen el sueldo. Defiéndelo.
También tienes derecho a que te despidan si tu jefe ha ganado un poquito menos de lo que le gustaría.
No olvides tu derecho a que tu jefe se pueda saltar el convenio y ofrecerte unas condiciones de trabajo individuales por debajo de los mínimos estipulados en convenio.
Defiende el derecho a que te puedan despedir en cuatro días, a pesar de que hayas decidido trabajar en un día de huelga.
Derecho al trabajo en el día de huelga, los parados que se jodan los otros 364 días del año.
Derecho a pensar que no vamos a conseguir nada con la huelga. Es mejor quedarse quietos y no hacer nada.
Que nadie te quite la ilusión de heredar la empresa. Estaría bueno.
Tienes derecho a 'pasar' de los sindicatos, porque son todos iguales. Lo único que quieren es ganar dinero sin trabajar.
Derecho a que te alarguen la edad de jubilación hasta los 67 años o incluso a los 70.
Derecho a que te suban los años de cotización para que puedas cobrar menos jubilación.
No renuncies al derecho de entregar tu dinero (dinero público) a los bancos, para que se puedan hacer recortes en gastos sociales e infraestructuras. ¿Para qué queremos tantos hospitales o escuelas?
Pero sobre todo, que nadie te quite el derecho a dejar un mundo peor para tus hijos, dilapidando los pocos derechos que nos quedan y que nuestros antepasados conquistaron con sangre, sudor y lágrimas. Que les den por saco, di que sí.

A la huelga que vaya el Gobierno".

Interesantes este par de artigos. E este.

Tamén vos deixamos este vídeo realizado por IU: "As folgas non solucionan problemas".


28/03/12

Eloxio dos bos libreiros e libreiras

María Lado en Praza Pública:

Hai persoas que senten a necesidade de ter un avogado de cabeceira. Esas, é evidente, non son xente de fiar, en que andan metidos para que lle faga falla un letrado localizable durante 24 horas, 365 días ao ano? Porén, outras consideramos que é mellor inversión ter un libreiro a man, alguén como da familia a quen recorrer cando as cousas se poñen malas para atopar unha lectura sandadora, e cando as cousas se poñen ben para procurar un libriño co que celebralo. Por suposto, somos xente á que aqueles que teñen avogados de cabeceira, acabarán timando.

Outras consideramos que é mellor inversión ter un libreiro a man, alguén como da familia a quen recorrer cando as cousas se poñen malas para atopar unha lectura sandadora

Ben certo é que para ler non é preciso mercar, aí están as bibliotecas que tantas veces nos salvan a vida, pero posuír é algo que se aprende dende moi novo -instálaseche no cerebro o día que che rouban a primeira merenda no parque-, e cos anos un acaba afacéndose a ese delirio do capitalismo que é a propiedade privada, algo que a literatura como tal non precisa realmente. Outra cousa é esa entelequia que chaman sistema literario, ese negocio, que agradece que haxa persoas compulsivas coma min que gastan os vinte euros que tiñan destinados ao aforro nunha edición moi bonita dun libro que xa lemos hai dez anos simplemente porque podemos e nos apetece telo.

Tampouco é imprescindible para a lectura ese gasto luxurioso do papel, pero confeso que a min toda conciencia ecolóxica, tecnolóxica e anticonsumista me desaparece cando entro nunha librería. A min gústanme os libros polo que din e por como son. Gústame adormecer sobre eles, metelos no bolso, dobrarlle as páxinas polas esquinas, marcalos con lapis... atopo un pracer vicioso en botarlle as mans enriba e fágolles todo o anteriormente descrito (agás o de marcalos co lapis) mesmo cando son prestados. Precisar ter un libro entre as mans é algo imposible de explicar, pero aquí cada un ten as súas toladas e eu non me meto con elas. Ademais a miña loucura contribúe á economía de tres ou catro familias de libreiros, que tamén teñen que vivir.

Teño especial debilidade polos bos libreiros -e libreiras- que rexentan negocios anormais, excepcionais, neste país fáciles de recoñecer porque adoitan ser os mesmos que saben que Gallego non é en si un único xénero literario que cabe en media ducia de andeis -onde teatro, narrativa e poesía aparecen mesturados con desleixo e sempre a rentes do chan, obrigando aos interesados a adoptar posturas imposibles. Os bos libreiros son xentes que che falan dos libros co pracer de tratar de obxectos marabillosos, de recomendalos, de coñecelos, mesmo se despois venden poucos deses e as súas economías subsisten co best-seller e o libro de texto. Son profesionais que procuran o que lles pides moito antes de pronunciar a palabra descatalogado, que son quen de recomendarche un libro e acertar, incautos que teñen o atrevemento de non poñer vampiros e homes lobo nos seus destacados, que senten paixón polo que fan e respecto polo oficio, a literatura, a cultura e a lingua. Con esa entrega, é imposible non ir de librerías coa devoción coa que un cristián vai á misa.

Teño especial debilidade polos bos libreiros -e libreiras- que rexentan negocios anormais, excepcionais, neste país fáciles de recoñecer porque adoitan ser os mesmos que saben que Gallego non é en si un único xénero literario

Un bo amigo e gran lector, Jorge, recomendoume que mercase un libro electrónico, que así lería moitos títulos deses nos que nunca gastarías vinte euros. A min non me convence. Eu se xa vou con esa idea, é dicir, se xa me cheiro que o libro non vale os vinte euros, non me mato en lelo. Pero aínda así, se Jorge insiste, poderei ilo sacar á biblioteca, pracer recuperado neste último ano, e tan felices. Confeso que quero con devoción os libros e que me gusta moito ir onda os meus libreiros, eses seres felices que acertaron co seu oficio -algo, polo que vexo, moi difícil nestes tempos- para os que un cliente é alguén como da familia. Fronte aos avogados de cabeceira, os libreiros que frecuento só teñen un defecto: non están localizables as 24 horas, 365 días, pero que carallo, para as urxencias lectoras ben vale internet.

Teu nome por mar e terra

El retorno a la tierra

Por fin tiven a oportunidade de rematar a lectura desta serie iniciada hai xa ben tempo: El retorno a la tierra de Jean-Yves Ferri e Manu Lacernet, publicados por Bang ediciones. Desta volta lin as entregas 2, 3 e 4. E rin a cachón! Como me gusta este Lacernet! Recoméndovolos todos, pero se podedes ler os catro xuntos mellor. Cando menos, prométovos unha hora de risos e divertimento. Porque a vida cotiá, sexa no campo ou non, é ben complicada.







Día Mundial do Teatro

Hoxe celébrase o 50º aniversario do Día Mundial do Teatro. A tradicional mensaxe corre este ano a cargo de John Malkovich. Algúns dos seus predecesores: Jean Cocteau, Laurence Olivier-Jean Luis Barrault, Eugene Ionesco, Antonio Gala, Pablo Neruda, Peter Brook, Iakovos Kampanellis, Vaclav Havel ou Arthur Miller.

«Que vuestro trabajo sea convincente y original. Que sea profundo, conmovedor, reflexivo y único. Que nos ayude a reflejar la cuestión de lo que significa ser humano y que dicho reflejo sea guiado por el corazón, la sinceridad, el candor y la gracia. Que superéis la adversidad, la censura, la pobreza y el nihilismo, algo a lo que, ciertamente, muchos de vosotros estaréis obligados a afrontar. Que seáis bendecidos con el talento y el rigor necesarios para enseñarnos cómo late el corazón humano en toda su complejidad, así como con la humildad y curiosidad necesarias para hacer de ello la obra de vuestra vida. Y que sea lo mejor de vosotros – ya que será lo mejor de vosotros, y aun así, se dará sólo en los momentos más singulares y breves – lo que consiga enmarcar esa que es la pregunta más básica de todas: “¿Cómo vivimos?” ¡Buena Suerte!»

Vía

Plant for the planet

Deseños de Leagas Delaney para plant for the planet, unha organización creada en 2007 coa fin de que os nenos e nenas plantes árbores en todo o mundo: xa hai uns 100.000 implicad@s en 100 países.
















27/03/12

La mano

Unha curta de Jiri Checa Trnka denunciando a represión estalinista e post-estalinista dos anos 60:




Vía

La niña que fui



Blazy Safieddine Renart escribe La niña que fui publicado por Dibbuks. Non é un cómic fácil, nel faise unha introspección ou un exorcismo persoal buscando a personalidade da infancia. Un cómic intimista dunha muller que revisita as súas lembranzas cando se percata de que ese mozo-home do que ela estivo namorada foi detido por pederatia. Isto faina deterse e reflexionar sobre os sentimentos e as relacións cos homes.
Un cómic biográfico contado dende a sinxeleza máis auténtica, con saltos temporais, dúbidas e reflexións. Unha adulta que aínda segue a reprocharse a nena que foi, enfróntandose a esa realidade para poder seguir vivindo... ou para empezar a ser quen quere ser.

"Esta es la historia de la niña que fui. Nunca he estado segura de querer contar su historia porque, en algunos aspectos, es como la de miles de niñas".



O Livro que só queria ser lido

Aburrir nunha clase de Física é un crime



Walter Lewin ten 75 anos e segue tendo unha paixón: ensinar Física. O seu libro "Por amor a la Física" é un compendido de todas as súas experiencias e un resumo das súas investigacións cos raios X. El consegue que o magnetismo, a electricidade ou a óptica sexan materias apaixoantes. "O segredo para facer unha clase atractiva está na variedade: un día hai que facer rir e outro hai que facer chorar. Hai que conseguir que se preocupen..."


Vía

26/03/12

A golpe de tacón

Esta curta relata o protagonismo da muller nas mobilizacións e folgas que mantiveron os mineiros asturianos contra a ditadura franquista na década dos sesenta do século XX.

Cualquier otro día

Non sei cal é a razón que rexe os editores para colocar un libro nunha determinada colección. Cualquier otro día de Dennis Lehane está publicado por RBA na súa Serie Negra e eu considero que non é unha novela negra, no seu sentido estrito, -inda que haxa policías!-, é case unha novela histórica marabillosamente escrita e que apaña da novela negra o enganche que a lectura produce. O que fai Lehane nesta novela é un retrato da América de principios do século XX: problemas raciais, irlandeses, anarquistas, movementos sindicais, corrupción política... 728 páxinas dan para moito, e nelas mestúranse dúas historias, un policía branco e un casedelincuente negro, xunto co béisbol e un personaxe real deste deporte. Pero Cualquier otro día non é só unha novela histórica, é unha novela sobre a amizade, sobre as relacións familiares, sobre o amor, o honor, a traizón e a corrupción. Todo un puzzle que recrea unha historia auténtica e debuxa paisaxes humanos, que, nos gusten ou non, son reais e auténticos, con todo o que iso supón.
Non lera nada deste autor, aínda que é de todos coñecido polas súas obras levadas ao cine: "Shutter Island" e "Mystic River" son filmes máis que coñecidos. Pero pódovos asegurar que quedo con ganas de máis.

El verdadero precio de tener una familia es no poder evitar el dolor de los seres queridos.

La principal diferencia entre los hombres y los dioses es que los dioses no creen que pueden convertirse en hombres.


A beleza da polinização

25/03/12

The promise

Música para rematar a fin de semana. Da man de Tracy Chapman, que me encanta:

Mujeres pluscuamperfectas

Da man da editorial Hotel Papel temos este refrescante libro de Diana Raznovich Mujeres pluscuamperfectas. Un libro divertido e acedo, a autora consegue tomar con humor os temas máis candentes e actuais, sexan os falsos valores ou a propia violencia. E se non, mira as recomendacións:

Si no quieres dejar de pensar pero necesitas pensar
de otra manera, si pensar es como reírse al revés,
si el humor es una cosa bastante seria, si necesitas
que te acompañe antes de de dormir, si estás dispueta
o dispuesto a usar esa parte de tus neuronas ligadas
al distanciamiento necesario para entender lo cercano,
si Europa se hunde pero sólo por siete minutos, si USA
te reventó la vida antes de suicidarse, si Obama es una opción posible, si Mujeres Pluscuamperfectas te resulta imprescindible
para seguir no entendiendo nada, regálalo en estos fríos
de final de casi todo y de comienzo de casi algo, te lo
recomiendo no sólo por interés de que lo leas, sino por que
te vas a divertir y eso es bastante bastante bueno.

A importância da leitura

Non á violencia contra as mulleres (CCL)

Artigo de Teresa Moure en "Sermos Galiza":


Nas últimas semanas, en medio de conflitos doutro estilo, a prensa galega reflicte reiteradamente declaracións onde se compara unha forza política ou os seus integrantes a mulleres maltratadas. O asunto pode parecer un episodio máis de cantos se axigantan nestes días co relato detallado que os medios de comunicación fan dos enfrontamentos dentro do nacionalismo. Non vou entrar aí. Non vou nomear persoas nin siglas. Non fago propaganda nin quero darlle difusión a un conflito con intereses coñecidos. Mais como feminista, e como lingüista, quero facer ouvir a miña voz: todas as metáforas que comparen a violencia de xénero con outros conflitos que as persoas poidan ter na súa vida social ou política traballan, quéirano ou non, contra o feminismo.
Chamámolo violencia de xénero, tamén terrorismo machista. Desde hai tempo a reflexión crítica e o activismo feminista deron perfilado un tipo específico de violencia, a que se produce nas relacións heterosexuais estruturadas baixo a institución do matrimonio ou da parella de feito, constituída como referente ideolóxico, ademais de económico ou xurídico. Desde ese momento deixamos de nos preguntarmos “que tipo de psicopatoloxía se agocha tras do violento?” ou “que contornos familiares ou económicos son proclives á violencia na sociedade?”. Non adoptamos un enfoque clínico nin sociolóxico, daquela non procuramos a explicación nunha enfermidade mental ou na loita de clases. Decatámonos de que demasiados homes usan a forza física e a intimidación psíquica contra as súas compañeiras e asemade de que este mecanismo adopta unha función adestradora nesta sociedade e neste momento histórico. Chamámolo violencia de xénero e, deste xeito, adoptamos unha perspectiva colectiva: xa non se trata de que un home en particular use a violencia contra unha muller en particular e, como resultado, teñamos un acto reprobábel e irracional, senón de que latexa na sociedade unha forma de violencia específica, que perpetúa os roles ben estabelecidos, que garante a submisión. Só as ópticas máis conservadoras se resisten a contemplar este fenómeno que, paseniño, vai sendo recoñecido. Entrementres, o feminismo serve de colchón protector para moitas mulleres maltratadas, constituíndo redes de solidariedade e afecto, preparando as violentadas para a resistencia, regalándolles ás para voar ás que tiñan as portas pechadas. Hoxe, cando menos de boca para fóra, ninguén aproba a violencia machista: esta forma de terrorismo cotián que está presente na vida de mulleres de todas as clases sociais e condicións é rexeitada aparentemente por toda a sociedade. Porén isto debe de ser hipocrisía. Porque se o rexeitamento fose certo, a violencia de xénero estaría erradicada e ninguén xogaría con ela.
Chamámolo violencia de xénero. Hai uns poucos anos, os principais xornais do estado nos seus libros de estilo desaconsellaban usar esta etiqueta e, aínda máis, a de terrorismo machista e propuñan a máis descafeinada de violencia doméstica, que lle restaba forza ao identificala con todas as violencias que se poden practicar nas casas: non darlle de comer ao canario, pegarlle ao can ou tirar coa iguana, non sendo condutas recomendábeis, non se poden comparar a esta perversa forma de amar. Custou un longo camiño chamar as cousas polo seu nome. Porque antes, durante séculos, estes episodios chamábanse crime paixonal, o que convidaba a consideralos como arroutadas derivadas de estar tan namorado; unha interpretación demencial do fenómeno mais ben documentada.
Cando alguén ousa dicir que unha persoa que se marcha dunha formación política é unha muller maltratada está a frivolizar cun dos problemas máis graves que temos actualmente na nosa sociedade. Insisto, non vou entrar en aclaracións ao respecto do que é ético ou non nunha formación, do que se espera da militancia ou dos seus cargos. Só insistirei en que a utilización desa metáfora non prestixia precisamente os políticos que a usen (ou os que ocupen o posto de supostas maltratadas); desprestixia o fenómeno. Desprestíxiao porque o presenta como algo normal, como máis un conflito entre tantos que temos na vida. Desprestíxiao porque o vulgariza, porque lle resta contorno tráxico: na violencia de xénero hai un agresor que di amar e unha agredida que, con frecuencia, agredida e todo, segue amando, que sofre unha falta de autoestima e de orientación demasiado crúas, demasiado considerábeis como para servir de comparación con outros individuos aos que non lles vai mal na sociedade −por sorte para eles e por sorte para todas as persoas que non aceptamos a violencia.
Aínda quero expor máis unha argumentación. Cando se desexa desactivar unha palabra, abonda con repetila noutros contornos, con variados significados, para que fique neutralizada, como se fose unha bomba que xa nunca estoupará. Un insulto, por exemplo, de tanto repetirse desemantizado, perde a carga negativa que arrostraba. Nese efecto fundamentouse o movemento queer cando repetiu até a saciedade ese termo, conseguindo que un insulto para gays se convertese en nome dunha forma de activismo en favor das liberdades. Igual pasa con negro noutras sociedades máis multirraciais que a nosa. En galego pode observarse algo parecido cun termo como puta. De tanto dicilo en todas as partes, incorporando acepcións moi distintas á orixinal, de tanto dicir puta película, puta clase, puta moto, xa non significa o mesmo que outrora. Aviso para navegantes: se seguen a repetir os homes da política que a súa facción é unha muller maltratada, as persoas do feminismo teremos perdido unha batalla, a batalla de darmos nome a un fenómeno, de chamarmos a atención sobre a súa invisibilidade e a súa dureza. Non podemos tolerar unha tal agresión. Non a merecemos nin as mulleres maltratadas, nin as persoas comprometidas co activismo, nin quen quere transformar este mundo nun lugar mellor.

24/03/12

Hankook

HANKOOK TIRE - ECO DRIVING PROMOTION MOVIE from AlfredImageWorks on Vimeo.



Vía

El conflicto del Sahara en menos de 3.000 palabras





Mauro Entrialgo comunica que o seu último traballo El conflicto del Sahara en menos de 3.000 palabras, editado pola Coordinadora de ONGD do Principado de Asturias xa está disponible na rede.
Esta é a súa licenza.
E eu vino aquí.


Que é ler?

Dende Caderno da Crítica (graciñas)

Responden Pedro Rosa Mendes, Maria do Rosário Pedreira, Luis Sepúlveda, Sandro William Junqueira, Ana Luísa Amaral, Jaime Rocha, João Luís Barreto Guimarães e Manuel António Pina.

Sen auga

Con esta sequía permanente en Galicia, debemos lembrar moi ben a importancia da auga, "a auga da terra", El agua de la tierra:



Leo agora mesmo en Fogonazos que o CSIC desenvolveu un sistema que permite observar a humidade do chan combinando os datos de satélites e sensores da NASA e a ESA. Vese claramente a falta de auga no país, e no estado.

23/03/12

Doble check



Vía

La bailarina

Escribe Ogai Mori La bailarina publicada por Impedimenta nunha fermosa edición. Trátase dunha sinxela obra moi curta de amor, de compaixón, de desamor, de culpa, ben escrita e case lírica. Nela mestúrase o amor e as aspiracións... quen está por riba? É o propio egoísmo capaz de poder co amor ou é o amor o suficientemente forte? Non é unha obra mestra, unha novela curta, ou un relato longo de 60 páxinas que remata case apresuradamente. Pero iso non impide gozar da súa lectura e que cando cerremos as páxinas nos preguntemos como somos e como actuaríamos. Un debate interesante que só se solventaría coas propias vivenzas... porque disertar é máis doado que vivir.
A edición conta cun prólogo imprescindible de Fernando Cordobé.

Mientras caminaba me di cuenta de que había una joven sollozando apoyada contra la puerta cerrada de la iglesia. Tendría alrededor de dieciséis o diecisiete años. Su cabello dorado escapaba bajo el pañuelo que le cubría la cabeza y caía con gracia y ligereza. Sus ropas lucían inmaculadas. Sorprendida por el ruido de mis pasos, se giró. Sólo un poeta podría haberle hecho justicia. Sus ojos eran azules y luminosos, pero estaban ligeramente empañados por una triste nostalgia. Estaban protegidos por unas largas pestañas que prácticamente atrapaban sus lágrimas. ¿Qué había en ella capaz de atravesar todas las defensas de mi corazón al primer vistazo?


Matemáticas? Nooooooooonnnn

Para Anxinho, desesperado estes días de corrección de exames e... malas notas?
Pero... quen quere aprender mates????

22/03/12

Romeo & Juliet

Pequeños milagros


Encantoume este cómic de Will Eisner publicado por Norma: Pequeños milagros é un conxunto de catro relatos que xogan co real e co máxico. A pesar de ser un dos grandes do cómic, coñezo pouco a súa obra, e esta impactoume pola capacidade que prodiga de ser quen de transmitir emocións e sentimentos. A calidade do debuxo é chamativa e a cor marrón, constante, é especial e dálle ao conxunto un fincapé no que realmente el quere: o día a día dos seus personaxes, cos seus defectos e as súas virtudes, porque eles son humanos e están entre nós. Son historias case sorprendentes, pero verosímiles e case reais. E é que os pequenos milagros existen, ou non?


Manu


Do ano 2001 este álbum publicado por Kalandraka, con texto de Irene Pérez Pintos e ilustracións de Ramón Trigo: Manu conta como un neno non entende as palabras da nai e, nun intento de compracela, acaba facendo uns recados totalmente disparatados.
Non me gustan demasiado as ilustracións, teño que recoñecelo, resúltanme mesmo "agresivas". Pero é simpático o conxunto.



Mafalda

Porque estivo de aniversario... ou non, seica non se poñen moi de acordo:

21/03/12

La petite Mort

O estudio barcelonés Pornographics e a axencia seisgrados desenvolveron este spot para a firma de produtos eróticos creada para a muller Late Chocolate.


Ronca o mar

Publica Edicións Fervenza este poemario que tiven a sorte de recibir en persoa: Ronca o mar, de María Canosa, que obtivo o Premio Avelina Valladares de Poesía que promove o concello da Estrada na súa décimo quinta convocatoria. Todos os versos mergúllannos no mar salgado, escoitando os chíos das aves mariñas e manobrando a nosa nave maxinaria para non chocar contra as rochas. O mar en todas as sáus dimensións, dende o romanticismo ata a súa máxima crueza. Mar con ondas que atrapan, como algúns dos versos de María, mar con ondas que foxen.

Unha luz cega o meu soño.

Creba,
en milleiros de pedazos,

coma un mar de cristal.


Exposicións e Teatro


Estes días tivemos múltiples actividades no centro. Dende unha excursión "artística" a Santiago onde puidemos contemplar as esculturas de Guillermo Lourido e logo as fermosas ilustracións de Ilustramundos.



ao teatro en Pontevedra para ver a obra "Menciñeiros" a partir de Escola de Menciñeiros de Álvaro Cunqueiro a cargo de Volta e Dalle Teatro con Pepe Penabade, Mini e Mero:



ou a ver "Pelos na lingua" de Talía teatro, tamén en Pontevedra, cunha visita posterior ao Salón do Libro

20/03/12

Pecera

Curta de corte social. O seu director, Carlos Bouvier asegura que é para "todos aquellos trabajadores que se dedican a robar a otros trabajadores".



Vía


Madlenka


Da editorial Lumen este fermoso álbum de Peter Sís cunha década de vida e que eu, ai de min!, veño de descubrir: Madlenka é un libro intercultural posto que a nena, dando un paseo pola rúa onde vive, poderá viaxar e falar cun francés, un indio, un italiano, unha alemá, un latinoamericano, un africano e unha asiática. As ilustracións, o prato forte do libro, lévannos a cada lugar de onde son os personaxes, xogando coa tipografía e as formas dentro do libro: alí teremos aspectors importantes da cultura, tradición, historia e literatura, todas elas ventás polas que mirar con respecto e ilusión.
Unha sociedade enriquecida por ter estas portas ao noso carón, que aproveita as diferenzas como xeito de nos enriquecer culturalmente.


Dende Laponia con humor

Unha curta de humor negro en resposta ás declaracións do empresario Jose Luis Feito cando dixo que hai que coller calquera traballo, aínda que sexa en Laponia. Estes dous parados están alá.


A Laponia... from Köngäs on Vimeo.



Vía

19/03/12

Os creadores de Basilius en Forcarei

O martes 6 deste mes recibimos a Fernando M. Cimadevila e Iván Valladares, autor e ilustrador d' O mundo secreto de Basilius Hoffman. Falaron connosco do proceso de creación do libro, centrándose sobre todo na creación das imaxes, a complicidade entre ambos e das futuras entregas.

Día do pai

Grazas a esta entrada topei estoutra e non podo deixar de aproveitalas para traer todos estes álbums aquí:

¿Qué es el amor?


A última novidade de Edelvives en álbums ilustrados é esta fermosura (raro, raro!!!) de Davide Cali con ilustracións de Anna Laura Cantone, ¿Qué es el amor?. Lémbranos aquel Enamorados de Rébecca Dautremer que tanto nos gusta, posto que tamén é unha pregunta que se vai facendo. Neste caso a nena pregunta a toda a familia: nai, pai, avó, avoa, e obterá unha resposta diferente segundo os gustos de cadaquén. Pero xuntándoos todos obterá unha resposta axeitada. E é que amar, finalmente, déixanos un sorriso na face.



+42

A realizadora Irene Bailo amosa nesta curta anacos de experiencias, intencións e sensacións de varias mulleres no 15-M na praza de Catalunya para tinguila de violeta.



Vía

18/03/12

Ograblenie po franzuski

Eles tamén queren un fogar

Non tires os teus libros. Agasállaos!

No tires tus libros. ¡Dónalos!

Don't throw out your books. Donate them.






Campaña

Vía

A miña primeira viaxe



Sorpréndenos OQO con este cálido e tenro álbum de Paloma Sánchez Ibarzábal con ilustracións de Massimiliano di Lauro: A miña primeira viaxe é unha viaxe iniciática ao mundo humano, ao noso mundo, ao ar que respiramos e á luz que nos alumea, é o medo a nacer e o sentimento de unión cara á nai, posto que os latexos do corazón son o compás para non perderse. Un álbum para viaxar de dentro para fóra, con amor. Un álbum para pechar os ollos e sentir.



Viaxo feliz dentro desta nave. TUM-TUM…TUM-TUM.
É o son dos motores. Non teño compás nin mapas para guiarme. Un día abrín os ollos e estaba aquí, viaxando para algunha parte.
Como cheguei á miña cápsula? Non me lembro… Onde vou? Non sei…

Non á violencia contra as mulleres (CCXLIX)

Erick Pescador, sociólogo e sexólogo, especialista en xénero, masculinidades e prevención de violencia machista.


17/03/12

Il pleut

Vídeo baseado nos caligramas de "Il pleut" de Guillaume de Apollinaire.



Vía

Sonatina



Publicado por Kalandraka no ano 2008, Sonatina é un poema de Rubén Darío con ilustracións de Carmela Mayor. Son estas as que máis chaman a atención posto que consegue atraer a poesía e en concreo un poema famoso nun conto para gozar cos máis peques. Tan completa é a edición que trae un glosario e unha pequena introdución sobre o autor.

La princesita está triste…
¿Qué tendrá la princesa?
Los suspiros se escapan por su boca de fresa,
que ha perdido la risa, que ha perdido el color…



Rapuncel



Tod@s coñecemos este conto que os irmáns Grimm publicaron en Alemaña en 1812 e que agora podemos gozar nesta versión de Iratxe López de Munáin que nos ofrece a editorial OQO: Rapuncel toma o seu nome da hortaliza de follas azuis que podedes ver ben nas gardas do libro. A pesar de coñecermos a historia, seguro que vos gustará este álbum que vos propoñemos hoxe, xa que as ilustracións son "modernas", actuais, os personaxes viven entre nós e son universais, polo que os máis pequenos, ao contemplalas, non sentirán que se afastan no tempo senón que a atmosfera lles pertence.



Biocombustibles "Las semillas de la discordia"

16/03/12

Recortes 2012

Los bichos bola



Cuatro azules publica Los bichos bola de Luisa Fontán Bos con ilustracións de Carmen Segovia. Un libro que aparentemente podería pasar desapercibido pero que nos leva a unha viaxe polo máis íntimo de nós. Porque así como os dous nenos protagonistas inician un percorrido polo bosque, nós camiñaremos polos nosos sentimentos e por aqueles momentos que nos fixeron ir madurando no longo camiño do crecemento. Se o texto é lene, máis o son as ilustracións, delicadamente incrustadas sen facer ruído pero con firmeza e seguridade: así é a edición completa.


Información transparente

Metáfora sobre o percorrido da información na era do xornalismo aberto. Este é un impactante spot do xornal 'The Guardian' baseado no conto d' Os Tres Porquiños e a interpretación da prensa.


15/03/12

El auto invisible

A caricia da bolboreta


Tenrísimo libro de Christian Voltz publicado por Kalandraka no ano 2008: A caricia da bolboreta aborda o tema da morte con delicadeza, humor e ironía. As ilustracións son diferentes, con collage e debuxos para presentarnos a esa figura desaparecida pero presente polo amor. Só cunhas liñas e unhas figuas as ilustracións conseguen máis cás palabras.
Non o coñecía, e encantoume.

“Dime, avó, onde está a avoa?
Iso, meu neniño... Hai quen di que está baixo a terra, cos vermes e coas miñocas... Mira ti! Co medo que lle daban a ela os bichos!
Outros pensan que está alá arriba. Voando entre as nubes... Cos seus oitenta e cinco quilos! Ho! Ho! Ho!
Pero, eu ben sei... que non está tan lonxe!”

Somos la mayoría

O músico hawaiano Makana cantou esta canción de protesta ante os líderes mundiais no cumio de APEC. Os activistas do movemento "A ocupar Honolulu" protestaron contra a desigualdade económica na fin de semana que se celebraba a Cooperación Económica Asia-Pacífico (APEC) en Hawai.


Somos la mayoría (We are the many - Makana) from 1968RIP on Vimeo.

14/03/12

No robots

Esta curta, elaborada por estudantes da Universidad Estatal de San José baixo a dirección de Kimberly Knoll (EEUU) e Yunghan Chang (Taiwan), incide na exploración da condición humana na tecnoloxía. A súa introdución:

Algún momento en el futuro. Los robots se han convertido en una casta de indeseables para una sociedad que apenas si parece haber evolucionado desde nuestros días. Al igual que hoy se juzga y se persigue a ciertos grupos raciales, sexuales o ideológicos marcados por los prejuicios, los robots se encuentran cada vez más marginados y son cada vez más odiados por unos seres humanos que achacan a todas las máquinas inteligentes los delitos y crímenes perpetrados por algunas de ellas. Obligados a vivir en una suerte de clandestinidad, malviven en lo más recóndito de pueblos y ciudades. El apoyo a la iniciativa ‘No robots’ se extiende por la población como una epidemia. Esta es la historia de un hombre y de un androide en un tiempo convulso…”






Vía Mangas Verdes

La sala de profesores

Se es profe case é mellor que non o leas, porque te desmoronarás.
Markus Orths realiza en La sala de profesores, publicado por Seix Barral, un exercicio surrealista e demente no que un novo profesor accede ao sistema educativo, realizando unha crítica absurda, ás veces, divertida, sempre impresionante, das relacións entre os profesores. Claro que ao rematar a lectura pensei que teño uns compañeiros e compañeiras marabillosos e os nosos directores e directoras son modelos de virtudes. Pero o autor, a pesar do absurdo (o final xa é de manual) exerce unha crítica ao sistema educativo e á sociedade controladora que utiliza o medo para ter todo o poder.
O resultado é unha visión salvaxe e macabra da educación. Coincidimos en que o mellor é o alumnado, sempre. Este, en contra do previsto, case non aparece, porque se o fixera desviaría a atención do realmente importante: o mundo do profesorado e un sistema educativo posto en solfa que chega a resultar esquizofrénico.
Boísimo o momento en que a xefa do departamento de lingua inglesa explica como as editoriais inflúen na elección do libro de texto... algo que me recordou a situacións vividas no noso país.

"Ahora, prosiguió el director, como hacía en todas las entrevistas de trabajo, quería iniciarme en los secretos de la vida escolar, sin omitir nada, quería hacerme saber de forma despiadada, por así decirlo, lo que me esperaba. Se podían distinguir cuatro pilares, aseguró, en los que se basaba todo el sistema educativo: dichos pilares eran el miedo, los lamentos, la farsa y la mentira."

María Reimóndez, premio Dora Vázquez 2012

Sempre é un pracer escoitarte, María. Parabéns.

13/03/12

Paris Mavroidis

Espectacular:



Vía

O abrigo misterioso


Faktoría K propón (hai un par de anos) a lectura deste álbum chamado O abrigo misterioso con texto e ilustracións de Jeannette Jenning. A min particularmente pareceume espectacular e enxeñoso, ademais de ser atractivo, xa que as súas ilustracións ocupan toda a páxina, outorgándolles ese protagonismo que a min tanto me gusta, máis que ao texto. Será este o encargado de narrar a historia, esa que adiviñamos baixo o misterio que as ilustracións nos van desvelando.




Todas las mañanas, el Sr. Abejorro salía de su casa con un abrigo enorme. Algo llevaba allí escondido, pero no lográbamos ver lo que era porque, en cuanto salía por la puerta, se iba a toda prisa calle abajo.

O Planeta libre

12/03/12

La entrevista

Como a vida mesma:

Ven

Volve sorprendernos Janne Teller coa súa nova novela Ven publicada por Seix Barral. Nesta novela mergullámonos nunha reflexión moral sobre os límites entre ficción e realidade. Máis unha vez, estamos ante a orixe dos conflitos, desta volta ante a decisión editorial de publicar ou non: son os cartos e o éxito editorial máis importante que danar a amizade ou a lealdade? Este debate interno que ocupa toda a novela -curta, como Nada- trasládase inmediatamente ao lector, e ese é o seu mérito. As dúbidas plantexadas serán tamén as do lector, movendo na nosa conciencia diferentes opcións que non nos satisficirán en ningún caso. Aquí tamén está a forma de resolver o conflito da autora: o final será resolvido polo lector, posto que ela expón as opcións, os pros e os contras: Pode a ficción causar máis mal que a realidade? É arte calquera tipo de manifestación baseada na realidade? Onde están os límites éticos do narrador? E do editor? Calquera manifestación artística axuda a facer o mundo un pouco máis amable?
Non pensedes que ides rematar a novela resolvendo estas dúbidas. Máis ben, todas elas e moitas máis acompañaranvos durante un tempo. O caso é: sabemos respondelas?

Galiza, país terceiromundista

Érgome. Tiven un pesadelo e aínda estou un pouco alterada. Vou correndo mirar o ceo, antes de abrir a fiestra semella que cheira a fume. O ceo, ao fondo, cara ao Carrio, está marrón. Constato que seguiu ardendo toda a noite. Desespero.
Pregúntome, unha vez máis, como isto é posible. Unha e mil veces a mesma cuestión. Por que nos destruímos? Hoxe tampouco vai chover. Un día máis de desesperación. Estamos os galegos empeñados en acabar coa nosa terra... e conseguíremolo. Lembro unha entrevista que lin hai tempo, no "Faro de Vigo", a unha moza galega que traballa en Canadá. As súas palabras: "un canadiano xamais prendería lume nos seus montes; para el o que sucede en Galicia é incomprensíbel". Supoño que para calquera persoa "normal" o é. Pero aquí seguimos, ano tras ano, día tras día.
A (in)cultura do lume adquiriu tales proporcións que só se entende Galicia como un sistema de apaga-lumes. Non se analiza que hai que ir á base do problema, aos que queiman. Porque os que queiman están entre nós, e nas aldeas adóitase saber quen é. Hai que establecer un sistema legal férreo: queimar é un delito grave, é un asasinato da natureza.
Hai uns días vimos como uns traballadores pedían que os contratasen para apagar lume. É dicir, non foran botados e reclamaban os seus postos, non, solicitaban seren admitidos para previr o que ía suceder. Posto que aseguraban que esta fin de semana ía haber moitos incendios. Sinais premonitorias?
O outro día en clase explícaballe ao alumnado que a provincia con máis árbores de España é Soria. Non o podían crer. Buscaron información: alí non hai un só incendio. Pedinlles que buscasen posibles razóns, como a rendibilidade e a educación. Comprenderíano?
Teño que ir traballar. Dáme medo saír da casa e ver o que me agarda. Pregúntome se o presidente do país puido durmir tranquilo, máis unha vez. Eu non podería facelo.

O Deza é unha cacharela. Galiza, un país terceiromundista.


Acabo de chegar a Forcarei. O ceo non é azul, é marrón. Unha aba do Candán está negra. Non é de hoxe, é de hai uns días. A terra xa non chora, permanece nunha negritude impenitente.

Pero sabedes o que máis chama a atención? Xa non hai vacas pacendo, a terra está demasiado seca. Non teñen que comer.


Preocúpavos a crise? Podedes ir preocupándovos pola falta de auga...


11/03/12

L'Odyssée de Cartier

Incrible este spot de Cartier, entre o soño e a realidade, publicidade épica que mestura mundos ficticios e reais. Dirixido por Bruno Aveillan con música es de Pierre Adenot.



Vía

Quisiera tener...



Con texto de Giovanna Zoboli e ilustracións de Simona Mulazzani Cuatro azules pon á nosa disposición este fermoso álbum ilustrado Quisiera tener..., un álbum cheo de tenrura e poesía, un deses libros dos desexos para soñar esperto cunhas máis que preciosas ilustracións cheas de suxestións e mundos máxicos onde mergullarnos. A poética das ilustracións é tan intensa que nos emociona en cada nova páxina. Agora si, facede vós tamén a vosa propia lista. E a ver con que soñades!



Quisiera tener los ojos del mirlo para cada brizna de hierba que crece en el campo.
Quisiera tener los pasos de pluma del tigre que crean silencio.


El pequeño Hoplita



Publica Alfaguara dentro da súa colección "Mi primer" este libro de Arturo Pérez-Reverte con moi boas ilustracións de Fernando Vicente: El pequeño Hoplita. Unha historia ben coñecida é a que lle serve ao escritor para traerlle aos máis pequenos o valor, o esforzo, a liberdade... unha historia épica real.
Recoméndovos a lectura deste post que topei aquí: fala como Pérez-Reverte plaxia o filme do ano 2007. A ver que opinades vós.



– Prefiero quedarme- protestó el niño.

Entonces Leónidas se puso muy serio, y dijo algo que el niño nunca olvidaría:

- Irás, porque eres un hoplita de Esparta. Y la obligación de un espartano no es sólo combatir, sino obedecer.


Non á violencia contra as mulleres (CCXLVIII)

Cómic para a prevención da violencia de xénero dirixido principalmente a estudantes da ESO, editado en 2011 polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. Os autores son Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou: "Pillada por ti".

Ai, se eu te leo

No CEIP de Antas de Ulla ou, como lles gusta dicir a eles mesmos, no centro xeográfico de Galicia, un colexio con 84 nenos e 13 mestres fixeron un lipdub sobre a base do Ai, se eu te pego, de Michel Teló. Pegáronlle unha reviravolta e aproveitaron o entroido para a gravación.
Inda que non o creades, tiñamos unha idea semellante... haberá que seguuir buscando!!!



Vía

10/03/12

A sinxeleza da beleza

Unha curta rodada en Barcelona por Quentin de Briey e Niki Waltl; música interpretada por Dave Brubeck e John Coltrane


quentin de briey & niki waltl for asvoff from quentin de briey on Vimeo.



Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.