Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/17

As pescadoras

Magnífica proposta a que nos fai a editorial Kalandraka con este álbum de Nadia Menotti: As pescadoras, mención do xurado do VII Premio Internacional Compostela de álbum ilustrado. E non estraña esta mención, porque o libro chama a atención pola súa proposta ilustrada, un xeito visual diferente ao que se acostuma, xa que ao longo das súas páxinas comprobamos como os personaxes están son esculturas realizadas con madeira ou con aramio, ao que se lles engade tea para seren vestidas, preméndoas de orixinal vida.
O texto, adaptado por Xosé Ballesteros dun contro tradicional da India, chama a atención pola reivindicación e o respecto que nos propón nun xogo de espellos coa sociedade que nos guía por un camiño establecido: sempre pensaremos que as flores ulen mellor ca o peixe; ou non? Agora, a inercia do pensamento cambia para nos cuestionar este ou outros aspectos mentres se nos fai fincapé no valor do traballo en equipo pero tamén da indispensable solidariedade social.

Krudas Cubensi. Mi cuerpo es mio

30/01/17

Duel



Vía

Todo o tempo do mundo

David Pérez Iglesias é o autor de Todo o tempo do mundo, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado pola editorial Xerais coas sempre magníficas ilustracións de Marcos Viso. Un libro que fala da soidade e do abandono da aldea, da vida do rural, pero tamén da crise e da emigración que provoca tanta tristura. Ler este libro significa escoitar a terra, poder poñer a nosa orella pegadiña ao noso país e sentir o seu rebulir; sentir outros tempos que esvaecen, sentir morriña, sentir a seca deste ano, sentir a desolación e a desesperanza. Ao mesmo tempo, coa lectura podreremos esixir a vinganza á  que a nosa natureza ten dereito, reclamar os valores tradicionais xa perdidos seguramente para sempre. Por iso este libro é valente e necesario.
Cando o lin, hai xa tempo, presentáronseme varias dúbidas. Non sobre o bo facer do escritor, porque aí non cabe ningunha incerteza, pero si sobre o tipo de público a quen vai dirixido e o premio que obtivo. Un Premio Merlín? Unha edición para rapazallada a partir de 11 anos? Así que antes de achegalo a este blogue, decidín darllo a varias persoas; primeiro, a dous adultos que viviron na aldea; pero logo, e a proba máis importante, foi darlla a un alumno que veño de descubrir este curso, que se declara fervente defensor do seu tipo de vida, o da aldea, e que non estraña ningunha posible vantaxe que lle puidera traer a vida urbana. Porén, este rapaz está en 3º da ESO, o que tampouco me permite sopesar se un neno máis pequeno tería a mesma opinión. Agora probarei, seguramente, cunha "urbanita".

Esta semana, Marcos Quintana Cuñarro tróuxome o libro. Encantoume!, exclamou. E pedinlle o seu comentario.  Velaquí:



Creo que non existen adxectivos para describir a magnífica novela escrita por David Pérez Iglesias, sen dúbida ningunha, a mellor novela galega que lin desde que teño memoria. Hai uns meses, lin Memorias dun neno labrego, pensei que ningún libro ía superalo. Pero peguei cunha pedra nos dentes, Todo o tempo do mundo superou por milleiros de quilómetros a Memorias dun neno labrego.
A historia narrada por unha meniña chamada Ariadna fainos remexer nos tempos antigos, na que moitas persoas deixaban atrás xente querida, recordos e amigos, só para buscar traballo e intentar saír adiante. Ariadna vai sufrir un cambio moi grande, o paso da cidade á aldea. O avó de Ariadna (Valente), é todo un libro, sabe de todo. Valente é un espello de moitos avós que viven na aldea, os avós da aldea!, coma eles non hai ninguén, eles saben de todo, coñecen todos os paxaros, todas as árbores e coñecen miles de historias que van pasando de xeración en xeración. Valente é todo un loitador, sofre polo mundo que el ve e seguirá vendo. Valente loita pola terra, para que as máquinas non sexan xefas do monte, do monte no que el ten xogado e vivido miles de historias.
Encantoume esta novela e recoméndolla a todos e a todas, para que sintades morriña da aldea antiga, na que un tiña e ten que traballar arreo para conseguir levarse algo á  boca, morriña desa xente que puco a pouco a vida os vai levando a outro mundo e para que sintades, sobre todo, morriña da nosa Galiza antiga.

Día da Ilustración 2017 - Álvaro Cebreiro


O Día da Ilustración quere homenaxear cada ano un grande ilustrador galego que mereza ser redescuberto polas novas xeracións de lectores e creadores. Trátase dunha iniciativa da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Manual de autoaxuda para neofalantes

Vin este vídeo en Carta Xeométrica, e tiven que traelo. Indispensable visionado:


29/01/17

The Lighthouse

Unha viaxe inesperada que racha coa monotonía do fareiro, curta animada sen palabras:





Vía

Náufragos

Laura Pérez  e Pablo Monforte son os autores de Náufragos, cómic que publica Salamandra. Unha historia a dúas voces, a dous tempos, a dúas cores, a dous espazos. Dúas vidas que se cruzan, dúas vidas cotiás calquera, dúas vidas que sobreviven neste noso mundo de crise perpetua. E diciamos dúas cores porque estas representan os tempos e os espazos: o Madrid ocre, o pasado, a calidez; o Barcelona azul, o presente, a friaxe. Dous protagonistas universais que representan unha xeración e que falan de soños, de amor, de desamor, de ironías da vida, de encontros e desencontros. E de fondo sempre a necesidade dun traballo estable para sobrevivir... ou para comezar a vivir. Non, a vida non é doada, e así nola presentan neste cómic duro e realista, de reflexións e asperezas. Melancolía en estado puro.




Non á violencia contra as mulleres (DI)


30 sinais de maltrato psicolóxico


1. ¿Controla el dinero que gastas? ¿tienes que pedirle el dinero a tu pareja? ¿pides permiso a la hora de comprar algo, ya sea para ti o para la casa?
2. ¿Te dice cómo tienes que vestirte? ¿si vas de alguna manera que no le gusta se enfada contigo por ello y decides cambiarte de ropa? ¿Hay prendas que ya no te pones porque sabes que a no le gusta que vayas así y vas a tener problemas por ello?
3. ¿Se enfada si inviertes más tiempo en tus amistades o familiares del que considera necesario?
4. ¿Mantienes relaciones sexuales aunque no te apetezcan porque si no, se enfada?
5. Contabiliza las veces que haces cosas que no te apetecen o con las que no estás de acuerdo para evitar una discusión.
6. ¿Controla tu móvil y tus redes sociales?
7. ¿Tienes que informarle de tus horarios?
8. ¿Le quita importancia a tus logros personales o profesionales?
9. Cuando haces algo por tu pareja, ¿te lo agradece o te hace sentir que es tu obligación?
10. ¿Organiza tu tiempo libre? ¿Sientes que en los ratos de ocio tienes que consultarle en que invertir tu tiempo?
11. ¿Cuando tienes algún problema lo minimiza con comentarios del tipo: eso no es nada, te quejas de vicio, etc.?
12. ¿Cuando se ha dado una discusión, en la mayoría de las ocasiones cedes tú aún teniendo la razón porque podría pasarse días sin hablarte y haciéndote el vacío?
13. ¿Si tiene un problema fuera del ámbito de la pareja, te hace sentir responsable de ello?
14. ¿Te hace sentir que no sabrías seguir adelante si no estuvieras a su lado?
15. ¿Te sientes culpable cuando enfermas?
16. Si estáis en público, ¿temes decir lo que opinas por si acaso te trae consecuencias con tu pareja?
17. ¿Usa el chantaje emocional a menudo para lograr sus objetivos?
18. ¿Te recuerda una y mil veces los errores que has cometido?
19. ¿Has dejado de contar tus problemas de pareja a tu entorno porque sabes que si se enterase se enfadaría?
20. ¿Temes como decirle algunas cosas porque sabes que su reacción puede ser desproporcionada?
21. ¿Notas que cuando un mismo hecho lo realiza otra persona lo valora más positivamente que si eres tú quien lo realiza?
22. ¿Te sientes incómodo/a si te mira alguien del sexo opuesto por si acaso tu pareja se diera cuenta y pudiera ser motivo de otra discusión?
23. ¿Sientes que necesitas su aprobación en cada cosa que haces, o incluso piensas?
24. ¿La manera en la que se dirige a ti ha cambiado transformándose en imperativa?
25. ¿Sientes que no puedes ser tú mismo/a cuando estás con tu pareja?
26. Ligada a la anterior, ¿sientes que aún sin que esté, cuando quieres ser tú mismo/a piensas en que tal vez le moleste y dejas de hacer las cosas que querías?
27. ¿Te trata como si fuera tu padre/madre en lugar de tu pareja?
28. ¿Las decisiones importantes las toma sin tener en cuenta tu opinión?
29. ¿Te hace dudar de tus capacidades?
30. ¿Sientes miedo?

28/01/17

Benvido, Trump

Irónico vídeo publicado por unha televisión holandesa que presenta o país a Trump, parodiando o estilo deste e imitando o seu ton e a súa lingua. Así, aseguran que Holanda será o segundo país do mundo.

Hija única

Fersmosísimo e multipremiado álbum sen palabras de Guojing que publica Pastel de Luna: Hija única é unha viaxe onírica e real onde a realidade e a fantasía se mesturan para contar unha experiencia vivida onde a soidade e a anguria son protagonistas. Pero as ilustracións son tan verdadeiramente emocionantes que é difícil contar aquí a súa beleza, a súa espléndia maxia para contar esta historia que logo cadaquén contará coma queira, porque a outra posibilidade do álbum é que ao non ter palabras seremos nós quen llas poñamos.
Deses libros que quedan prendidos na alma e que son absolutamente recomendables. Só coa primeira ollada namoraredes del. Das mellores lecturas dos meus últimos tempos.


Corona – Let’s make America great again?

Co eslogan “Let’s make America great again” (imos facer América excelente outra vez), o Grupo Modelo realiza un vídeo comercial para a marca Corona, alegando  que América é  un continente que toca os dous polos e non é exclusivamente Estados Unidos, tentando transmitir os valores que de verdade importan, lanzando unha mensaxe indirecta a Trump.



Vía

27/01/17

Primordiais - "Por ti moreno"

Escribir

Este pequeno e orixinal libro que publica Libros del Zorro Rojo baixo o título de Escribir foi publicado orixinalmente en 1962 por Murray McCain e ilustrado por John Alcorn, desenvolvendo unha reflexión sobre o proceso da escrita. A pesar dos anos, segue a ter a mesma frescura e idealización. Cantas veces temos ganas de escribir? En cantas ocasións podemos facela? Calquera día, calquera momento, en calquera lugar, poderemos achegarnos ao exercicio da escrita para que as nosas palabras permanezan.


«Escribir es silencioso. Hay diferentes maneras de escribir».




A nación das mulleres. Do teito de cristal ao cantil de cristal

26/01/17

Résister

Bailar en saia pola igualdade:

RESISTER from Teyssedou Lola on Vimeo.

Tiempo libre

En Libros del Zorro Rojo podemos atopar este álbum sen palabras de Lizi Boyd: Tiempo libre é unha obra que nos propón un paseo, un xogo, unha aventura eterna, todo o tempo do mundo para gozar, para compartir, para crear. De tal xeito que é imposible aburrirse, porque o tempo gástase de mil xeitos diferentes e así poderemos ir de atrás cara adiante ou ao revés porque o libro nolo permite; ademais, o lector, a lectora, asómase a este mundo fantástico de enerxía grazas á presenza de diferentes fiestras troqueladas, dende as cales observar a transformación da natureza e poder anticipar o que vai ocorrer na


Carmen Laforet, la chica rara

25/01/17

The solid affair

Chucrut

Na editorial Salamandra podemos atopar este cómic de Anapurna: Chucrut gustoume menos do que pensaba, xa que coido que pretende máis do que dá, no sentido que de ao principio non pasa nada, non hai tensión, é unha moza que quere ir a Alemana a formarse e alí non topa ningún problema, nin lingüístico (cando mendos non se fai fincapé nisto) e que logo unha vez que este "problema" se presenta, desevólvese deseguida pois todo era unha aparencia e chegamos de xeito precipitado ao final. Quizais este maxín sexa o máis interesatne do traballo, porque serve para informarnos da inestabilidade emocional desta moza que vén de perder a seu pai, o que axuda a reflexionar sobre os sentimentos que nos produce a perda dun ser querido.
Pero ao mesmo tempo ten cualidades, xa que o espazo que se lle dá aos recordos, á memoria, é importante, e con esta parte estamos ante un cómic intimista que fala do medo ao descoñecido e da capacidade de fabulación que a nosa mente nos agasalla cando non sabesmos a que aternos.
Tamén me gustou a utilización que fai das cores e do debuxo para dar máis eficacia ao relato.

Ella es hermosa cuando está enojada

Excelente documental sobre os logros do movemento feminista, sempre ameazados. Resistiremos!


24/01/17

Las piramides de Egipto

El mar y la serpiente

Paula Bombara é a autora deste libro publicado pola editorial Milenio: El mar y la serpiente. Un libro fermoso, necesario, sobre a ditadura arxentina pero que poderiamos situar en calquera outro lugar con similar sufrimento: o inexplicable. 
O libro fala dunha nena que é demasiado pequena para entender o que ocorre, pero sabe o que é sufrir, e ao longo do libro segue a se facer preguntas que non obteñen respostas porque esta é imposible. Con ela compartimos o medo e a dor, o sufrimento deixa de ser alleo para achegado onda nós, e tentar comprender a maldade do ser humano en determinadas circunstancias, pero tamén queremos facernos partícipes da dor que provoca ese mesmo ser humano. 
Pero como humanos que somos necesitamos as palabras, esas que deben contarnos o que acontece, esas que serven para falar dos nosos sentimentos. Esas que serven para comunicarnos e pretender entendernos.
Un libro necesario, si, como di Gemma Lluch, por ser un libro de boa literatura cun estilo diferente que é quen de pór en poucas palabras unha fervenza de sentimentos.


Mensajes del Agua

23/01/17

The “D” in David

Nesta curta de animación ben simpática, rinse do David de Miguel Ángel polo tamaño do seu pene... pero ben sabemos que isto do tamaño é sempre relativo!



El ‘sueño’ de toda mujer

A actriz Toni Acosta inicia unha webserie salferida de feminismo con  humor.




Vía

22/01/17

Pequeños grandes gestos por la tolerancia



Na editorial Alba podemos atopar este libro ben necesario en todas as bibliotecas escolares: Pequeños grandes gestos por la tolerancia de Francisco Llorca e Elena Hormiga está publicado pola editorial Alba, e ofrécenos un monllo de exemplos de individuais e colectivos ben importantes para a Historia da Humanidade para que esta sexa un pouco máis humana e mellor. Se non aceptamos as diferenzas dos demais, deshumanizámonos. Non o permitamos.
11 historias reais que seguro non coñecedes, non todas cando menos!

Intemperie

Gustárame moitísimo a novela de Jesús Carrasco, así que cando vin que tiña adaptación a cómic, xa o merquei para a biblioteca do instituto. E non errei. Javi Rey é o artífice deste agasallo que publica Planeta: Intemperie segue a ter a forza que tiña a narración, a violencia, a soidade, a sequía (esa que semella chegou a Galicia)... Paréceme maxistral a obra que se nos presenta arestora, capaz de converter aquela forza e aquela violencia en debuxo, en imaxe, en narrativa visual, por tanto. É a hora da poesía visual, que se demostra en cada viñeta.
Como protagonista, a paisaxe. A aridez desta, a súa dureza, a súa ausencia de refuxio, como metáfora da violencia humana. Unha violencia que se respira en cada viñeta, na escolla do debuxo, na anguria infantil que nos quebranta.
Se non coñeciades a novela, arestora tedes unha nova oportunidade. Seguro que iredes despois a ela.



Non á violencia contra as mulleres (D)

"Eliminação de todas as formas de Violência Contra as Mulheres" 


21/01/17

O neno inverno

Adoita escribir María Canosa con sensibilidade e dozura e vólveo lograr con este libro que vén de publicar a editorial Galaxia na súa colección Árbore: O neno inverno fala de acoso escolar ou bullying, fala de respecto ás diferenzas e fala de maxia e amizade, ambas tan importantes no noso devir cotián. Un neno albino, acostumado a todo tipo de chanzas pola súa condición "diferente" é o personaxe principal xunto cunha moza afouta, protagonizando unha historia máxica de amizade e pluralidade, tan necesaria no respecto nesta nosa sociedade que vive un retroceso a paso axigantado de dereitos e convivencias; unha historia onde a natureza tamén ten moito que dicir, lembrándonos que tamén a ela lle debemos o que somos. Asemade, unha vez máis, a autora rende tributo a un espazo máxico que eu adoro: a biblioteca escolar, un lugar de refuxio de maxia que sacia calquera anceio de saber.
Igualdade e maxia a un tempo, será quizais porque arestora deberemos recorrer a esta para alcanzar a aquela. Un fermoso libro de superación.
Ilustrado por María Lires.

Mi pequeño

Xa o tiña en francés e agora descúbroo en castelán, un libro gañador do Bologna Ragazzi Award 2016 na categoría Ficción que escribe Germano Zullo e ilustra Albertine, o mesmo tándem que xa nos engaiolara con Los pájaros, e que agora nos abraian con este Mi pequeño que publica a editorial Limonero. Un álbum moi diferente, case surrealista, do paso do tempo, do amor, da relación nai-fillo, nun eixo circular que percorre graficamente unha liña do tempo nun monólogo interior fugaz e poético, porque podemos asegurar que estamos ante poesía visual auténtica que utiliza o minimalismo na ilustracións e asemade no texto: como se transmite a vida, como se sente o amor infinito, como se comparte a vida.
Un deses álbums que non son infantís pero que poderían selo, porque pódese xogar con el, compartilo, traballalo na aula.




.

via GIPHY

The Pixar Theory

Disney sorprende  con este vídeo que conecta as dezasete películas de Pixar (visto en Cultura Inquieta): 


20/01/17

Cambio de huevos

Curta de animación sen palabras e con moitos ovos:


Procuránse valientes

 Baseándose no método KIVA finlandés contra o bullying que pon o acento nas persoas que están a carón do acosador ou do acosado, chega este rap de "El Langui"

                        www.sebuscanvalientes.com

 

19/01/17

Isolated Vocals | Alicia Keys - "No One"

Lost in Translation



Moito máis ca un álbum, Lost in Translation de Ella Frances Sanders é unha experiencia lectora interesante que nos ofrece Libros del Zorro Rojo, xa que é "Un compendio ilustrado de palabras intraducibles de todas partes del mundo". Queda claro con este subtítulo o que imos atopar: fermosas palabras que xogan con imaxes, esas que expresan o que nós non sabemos expresar con palabras pero que noutros idiomas si, xunto con olladas ou sensacións que sentimos os seres humanos e ás que queremos nomear dalgún xeito. 52 palabras cun pequeno comentario que inclúe tamén a definición, vidas de todos os lugares, dende Europa ata Asia, pasando por Australia e América.
Unha gozada para unha filóloga coma min!

Kilig é un substantivo que se usa en Tagalo para definir esa sensación de ter bolboretas no estómago.

A palabra Boketto significa en xaponés perder a mirada ao lonxe sen saber en que pensar ou non pensando en nada en especial.

48 Cousas que as mulleres escoitan durante as súas vidas

48 Cosas que las mujeres escuchan a lo largo de su vida 
48 Cousas que as mulleres escoitan durante as súas vidas



18/01/17

Abecedario ilustrado

Non me preguntedes a causa, pero o certo é que teño especial debilidade polos Abecedarios. Encántame este Abecedario ilustrado que a editorial Xerais nos trae na nosa lingua de Carles Cano con variedade de ilustrador@s (uns cantos galeg@s): Adolfo Serra, Alberto Gamón, Ana Pez, Antonia Santolaya, Carme Solé Vendrell, David Pintor, Emilio Urberuaga, Federico Delicado, Goyo, Gusti, Iban Barrenetxea, Isol, Ivar da Coll, Javier Olivares, Lucía Serrano, María Espluga, Miguel Ángel Díez, Miguelanxo Prado, Mikel Valverde, Nuria Díaz, Óscar Julve, Paco Giménez, Rafael Yockteng, Roger Ycaza, Víctor Rivas, Xan López Domínguez e Ximena Maier.
O libro ofrece unha letra por cada dobre páxina, unha palabra que comeza por esa letra e un pequeno texto en verso, tanto en maiúscula como en letra ligada para que toda a rapazallada poida gozar ao tempo deste magnífico libro. O abecedario sinala a vizosidade da lingua, as promesas das palabras, as letras xoguetonas que agardan por nós para seren mastigadas, utilizadas, ou mesmo emparelladas porque ás veces andan necesitadas de amor.

“Un abecedario! O soño de calquera escritor, poder elixir unha palabra para cada unha das letras do alfabeto. Unha palabra fermosa, sonora, suxestiva, evocadora, imaginativa… A Palabra. Parece doado, verdade? Pois non, non é tan doado…”

#NadaSeSalva

 Un pouco de alegría e ironía...
Cando queres gozar da vida pero a túa amiga feminista arruínache todo #NadaSeSalva

¡Taguea a tu amiga feminista que te jode todo! 



17/01/17

Mediterráneo #VolemAcollir

Serrat propón unha nova versión de 'Mediterráneo' en favor dos refuxiados:



Vía

Nemo. O rapaz sen nome

Davide Morosinotto é o autor deste libro que a editorial Xerais nos trae na nosa lingua para un público mozo, un libro de aventuras titulado Nemo. O rapaz sen nome que me parece ben axeitado, un libro entretido, misterioso que se le dun bocado polo atraente do seu argumento, onde o protagonismo radica nunha moza e en dous mozos canda un cadelo enorme e fiel que sabe defender os intereses dos seus amigos. Ambientada na Francia de 1829, descríbense asemade os costumes da época sen caer no pintoresco nin no aburrido, dándonos pinceladas daquel machismo onde as nenas de familia rica só podían aspirar a ser casadas con mozos da súa condición social, algo do que se afastará a nosa protagonista, quen en realidade quere vivir a súa propia vida e buscar nesta maxia e riscos.
O autor bebe da obra de Jules Verne, afastándose del pero recollendo personaxe e nomes, pero recreando unha novela de aventuras da mellor saga.
Agora, agardando a opinión do meu alumnado.



Filmstrip

 No máis ca interesantes Facebook de Marcos López Concepción encontrei esta información:

 As "tiras de película" ou filmstrip (imaxes estáticas pasadas nunha orde narrativa con fins educativos ou de propaganda) eran de uso moi común na antiga URSS. Nesta de 1960 imaxinábase como sería o mundo cen anos despois da revolución bolxevique: Nese afastado 2017 as grandes potencias capitalistas desaparecerían por completo logo de autodestruírse entre elas. En troques, perdura unha Unión Soviética que domina a ciencia e a tecnoloxía: espertadores e cociñas intelixentes, conexións telemóbiles, nenos con aulas virtuais, trens atómicos que atravesan o estreito de Bering e naves supergalácticas, cidades cosmopolitas, praias e paseos de tileiros debaixo do Ártico, maquinaria pesada que tanto facía un túnel para o ave por Cerdedo, ampliaba a ponte de Rande, como paraba un temporal de forza 12. 
Unha delicia retrofuturista. 



























16/01/17

Última parada de la calle Market






 Con texto de Matt de la Peña e ilustracións de Christian Robinson, Última parada de la calle Market está publicado na edidtorial Corimbo, traendo unha reflexión sobre a importancia daquilo que temos preto e que non queremos e mesmo nin respectamos. Así, a avoa protagonista explica ao seu neto que todo ten valor, tanto dá que sexa cotián como incrible. E o neno irá aprendendo unha doce lección de vida, cun final que nos explicará asemade a importancia da solidariedade.

"Pretty Big Movement"

 “Pretty Big Movement” é unha compañía de danza composta por mulleres bailarinas que se afastan dos estándares de beleza e peso, creada por Akira Armstrongen 2015 por non topar unha axencia que a representase, e iso aínda que tiña aparecido en dous videoclips de Beyoncé, Green Light” e “Get Me Bodied”.
 Visto aquí.


15/01/17

Farewell

“Farewell” (Adeus), é unha curta de animación  conmovedora. O seu creador, Cristobal, despídese da súa cadeliña Rayita, tras 21 anos xuntos.

Mamá, quiero ser feminista

Antes de lelo, olleino e souben que este era o libro indicado para comezar o novo Club de lectura Feminista que puxemos en marcha na Biblioteca pública de Lalín, grazas á xenerosidade da Concelleira de Cultura, Lara Rodríguez. E foi este porque na primeira reunión observei que había moita rapazallada, máis da que imaxinara, e moitas persoas maiores que seguramente non pensaran nunca participar nunha cousa así. 
Un libro cunha lectura amena e lúcida, mesmo tersa, ilustrado (maxistralmente) por Malota, de Carmen G. de la Cueva, publicado por Lumen. Mamá, quiero ser feminista é unha especie de biografía onde a autora vainos contando a necesidade de procura persoal nas lecturas de mulleres ao longo da súa vida, como apoio e como base para a súa propia concienciación persoal. Paseando polas súas páxinas, a autora cóntanos como a través das referentes feministas cambiou a percepción da vida, ou afianzouse esa percepción diferente que ela mesma intuía pero non sabía darlle voz. 
Ninguén ensina á muller o dereito a ser libre, o dereito a ser igual. Témolo que ir aprendendo pouco a pouco. É máis, observamos que mesmo nolo queren impedir. A sociedade pretende que sexamos as vítimas dunha historia inxusta que só escriben os homes. De aí a importancia do feminismo, a importancia de querenos a nós mesmas, a importancia da nosa loita, a importancia de berrar todas xuntas e tamén por aquelas que non puideron facelo. 
O libro dános a coñecer nomes importantes e as súas obras, por iso tamén é idóneo para o comezo do club de lectura, aínda que nos falten os nomes da nosa Literatura e seremos nós quen completemos esa lista. Así, falaranos de Simone de Beauvoir, Virginia Woolf, Jane Austen, Caitlin Moran, Svetlana Alexiévich ou Virginie Despentes. Por iso considero que é unha boa elección, porque asemade aprendermos máis sobre o movemento feminista e as súas defensoras.

 

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.