Things I Should Stop Thinking About Thinking from Dan Castro on Vimeo.
Vía Cultura Inquieta
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
30/06/17
Regreso a Berlín
A volta non é doada, e os infernos vividos aflorecen pola boca dos personaxes cos que se cruza nun Berlín que se está a reconstruír tras as bombas, un Berlín dividido poboado por habitantes que tentar mirar cara a diante. Para tentar entender canto hai arredor e canto sofre o personaxe protagonista, a novela conta cunha narradora testemuña, unha moza que viaxa canda o protagonista e a súa esposa para contar de xeito obxectivo o que acontece e o que se sente. E aquí reside a sorpresa da novela: iremos descubrindo a visión dos outros personaxes coa que non contaba o protagonista, e iremos contrapoñendo a visión que tiñamos -a do protagonita- coa nova realidade que se vai abrindo ante os nosos ollos a medida que avanzamos na lectura. Asistiremos a unha loita interna constante nunha sociedade que ten moi recente unha dura guerra e que sabe quen delatou a quen, quen odiou e quen axudou, quen tivo que fuxir e quen permanceu. As guerras son tremendas porque a crueldade do ser humano é enorme. E este libro ten a capacidade de achegarse á complexidade dos personaxes qeu poboan esta dura realidade.
Atoparalo en Errata Naturaei, Lectura, Libros, Periférica, Recomendamos
27/06/17
Travelling Through Brush and Ink | National Palace Museum Taiwan
Atoparalo en Animación
26/06/17
Videopoema
De todos os videopoemas que vén de realizar o meu alumnado quedo con este, de Helena Santalla e David de la Torre a partir dun texto de Estevo Creus:
Atoparalo en Actividades, Poesía
25/06/17
Non á violencia contra as mulleres (DXX)
Ni una menos. Por Cecilia Griffa
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
21/06/17
En clave de igualdade
Todo xurdiu cando un día na biblioteca achegáronseme dúas alumnas de 4º para ensinarme un vídeo. "Profe, vas flipar", e si, flipei. Así que logo comentando en clase a letra e o vídeo da canción, comezaron a ensinarme moitas outras, e pensei que algo deberiamos facer.
Aquí estamos. Isto é un comezo.
Estas cancións que hoxe presentamos son tres que o noso alumnado escolleu para variarlles a letra por unha de igualdade, reivindicativa:
.- Eu son feminista, sobre a "mítica" Te compro tu novia:
.- Eu son miña, sobre "Eres mía":
.- Xices de igualdade: sobre a letra da famosa canción "Corazón de tiza" de Radio Futura.
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Música
Un mundo propio
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Zorro Rojo
20/06/17
El pueblo durmiente
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Recomendamos
19/06/17
Meter o título
Atoparalo en Actividades, Poesía
18/06/17
Querida tía Agatha
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Thule
Non á violencia contra as mulleres (DXIX)
Curta que fala da violencia de xénero dende o xénero de terror:
Atoparalo en Curtas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
17/06/17
La familia de la vajilla impar
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Premios, Recomendamos
15/06/17
El globo rojo en la lluvia
Atoparalo en Álbum ilustrado, Humor, La casita roja, Recomendamos
14/06/17
Damned Writers
Atoparalo en Álbum ilustrado, Bululú, Recomendamos
Poemas titulados
Atoparalo en Actividades, Poesía
13/06/17
Sempre hai un lugar para a poesía (CXLVI)
Lista da compra da viúva
Na lista da compra só hai cousas para min.
Non coitelas, non arrebatadas ameixas e infusións contra doenzas inventadas.
Non hai pan exótico para queimar nunha tixola mentres ti e mentres eu,
non hai caprichos para desfacérseche na lingua.
Nin tabaco para o despois.
Na lista da compra só hai aire e sombra,
ítems dos que eu preciso,
e xa non gasto en comer nin en chorar,
xa non tatúo nada na porta da neveira nin escollo lugares en mapamundis contritos para fixar aquí fomos/ou non/felices.
Na miña lista da compra volven mesturarse os meus dez anos cos meus oitenta.
Hai panos do naris e algodóns e doces polos que doo entre bágoas, entre moas.
Na lista da compra volve haber cousas que fai tempo que non. Tiritas e suturas, contencións para o desangrase. Fío para o desgarro, xeo para as feridas.
Xa me vou esquecendo de luxar as lúas das uñas con canela e curry, xa non me sinto na danza da fritura e da noite e xa non elixo a froita por como se pareza a súa pel á túa,
afundindo as miñas xemas dos seus extremos.
Volve haber cigarros, tapóns para os ollos, pinturas para recalcar os meus poros lacazáns, e etiquetas nas que marcar cada lugar de min que non se pode tocar máis.
Volve haber pintalabios que non me arrincarás a beixos, maquillaxe para este último golpe (que irá mudando a súa cor como o plátano maduro), panos de papel para desbordamentos, masilla para as miñas fendas de ruína.
E compresas.
Porque esta mañá -probablemente- perdemos a última oportunidade
de ser os terribles pais
dunha indómita nada.
12/06/17
Bibliópatas e fobólogos
Atoparalo en Galaxia, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos
11/06/17
Sol de mayo
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Salamandra
10/06/17
A cadencia da fractura
"semella a perfección de todo aquilo que se achega
pola forza creativa do que é transpiración,
blasfemia e bioloxía"
"é cedo e chámome Problema"
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Poesía, Recomendamos, Xerais
09/06/17
Os golfiños e o xigante
Atoparalo en Baía, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Teatro
07/06/17
El libro de los Guarripios
Atoparalo en Álbum ilustrado, Humor, Kalandraka, Recomendamos
06/06/17
Ahora me llamo Luisa
Atoparalo en Álbum ilustrado, Algar, Recomendamos
05/06/17
Rufus
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
04/06/17
Exhumación
O abismo tamén afloraba aquí.
As malleiras non acababan
nas alfándegas nin nas comisarías.
Normalizábase o estado de excepción,
a fenda na esperanza de vida, a asfixia.
Nunha sociedade necrófila,
a alegría viraba un perigo social.
Xeren, segregan, encerran, deportan.
Eles obrigábannos a entoar
o alalá proletario do lume.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Poesía, Recomendamos, Xerais
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.