Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/18

Macbeth

Sorprende Jo Nesbo co seu Macbeth publicado por Lumen, nova versión do clásico shakesperiano, proposta da editorial Hogarth de reinterpretar as obras do autor universal para o mundo actual. O resultado é unha acción escura que acontece en Capitol, un lugar gris arrasado pola corrupción e as bandas criminais onde a opresión da choiva e do ambiente cala no lectorado. Como debe ser, a historia é unha historia de ambición e sangue, ascenso e caída, tal como Shakespeare pensou; unha obra sobre a ausencia de moralidade, a procura de escusas que nos permitan seguir co mal sen remorsos. Un protagonista que nun principio admiramos para logo trocar e amosar o seu lado máis escuro: ese que fala da ambición máis desmesurada. E arredor desta o amor.
En si mesmo, o libro amosa o máis retorto do ser humano, o que é terrible e escuro, pero tamén fráxil. Hai moita reflexión psicolóxica baixo unha acción trepidante que converte a fammosa historia nunha novela negra, propia de Nesbo. 400 anos despois, podemos deleitarnos con Shakespeare reconvertido e -quizais- mellorado por Nesbo.

28/06/18

Mi barco

Se vén da man de Roberto Innocenti, sabemos que estamos ante unha obra mestra. Nunca decepciona. Desta volta, ofrécenos a editorial Kalandraka Mi barco, a historia dun barco e do seu capitán, e os percorridos que fan polos mares durante 50 anos. Ambos xúnguense na historia, persoa e obxecto, e ambos viven coma se fosen un só, dende a infancia de ambos ata que o barco morre no fondo do mar, loitando nas guerras e percorrendo o mundo enteiro nos tempos de paz. Pero o que máis chama a atención é o estilo do autor, eses cadros detallistas, onde todo está pintado á perfección, desta volta como unha historieta que está formada por viñetas que nos recordan o estilo máis cinéfilo, pois semellas secuencias dun filme -se chegan a ser en branco e negro non dubidariamos de estarmos ante unha película de cine mudo-.
En fin, como non demorarse na contemplación de cada detalle, en cada páxina, en cada recadro. Innocenti é único. Cada seu libro é unha obra de arte que podemos ter na nosa casa. Que luxo!

26/06/18

Paso a paso

Un novo clásico (1960), un novo Leo Lionni, sempre imprescindible, sempre adorable, que vén na nosa lingua grazas á editorial Kalandraka: Paso a paso está protagonizado por un animal, algo normal neste autor, pero desta volta é un becho pequerrecho ben listo que sabe medir... e fuxir. Sobre todo, amosa a súa astucia e intelixencia dun xeito ocorrente e divertido. Tamén nos serve para reflexionar sobre como todo depende do punto de vista, de como todo é relativo, e de como as olladas varían. E tamén fala de curiosidade. Coido que asemade hai un tanto de presunción.
Unha vez máis, cualidades -e defectos- humanas en animais adorables.

24/06/18

La uruguaya

Pedro Mairal é o autor de La uruguaya, libro publicado por Libros del Asteroide, unha novela á que lle tiña ganas dende hai tempo e da que non sabía nada agás a súa boa sona. O que máis me sorprendeu -agradablemente- é que fose tan curta, algo que se agradece nestes tempos nos que semella que non se poida publicar un libro de menos de 500 páxinas. O bo de que sexa tan curta, neste caso, é que nada sobre e todo está no seu sitio, a concisión é extrema. O que máis me gustou non é o que conta, senón como o conta. Porque en canto ao argumento, pareceume bastante predicible ese final. Que é para min, o fallo do libro. Unha mágoa non ter desenvolvido doutro xeito a historia, se isto fose posible, claro. Pero este final, tan presabido, constitúe asemade unha baño de novo pesimismo, a desolación de non cumprir co desexo, co amor, co derrubamento do futuro. A pesar de ser tan curta, nas súas páxinas hai humor, sátira, crime, erotismo, miseria, crueza e patetismo. Vaia, a existencia.



23/06/18

Te quiero

A editorial Lata de Sal -na súa colección Vintage- tráenos este libriño mínimo titulado Te quiero, escrito e ilustrado por Remy Charlip en 1967. E se dicimos que é mínimo, é literalmente certo, xa que podedes gardalo en calquera peto. Un libro que fala de amor maternal con humor e creando case un trabalinguas. Para querelo, sen dúbida ningunha.



22/06/18

Nube branca quere ser astronauta

Pablo Nogueira coas ilustracións de Manuel Uhia publican en Baía Nube branca quere ser astronauta. Un libriño para o primeiro lectorado que conta con estimulación de linguaxe oral e adquisición de fonemas moi axeitadas para estas idades, posto que axudan de xeito ameno a que nenos e nenas que escoitan o conto participen da contada e sexan tamén protagonistas.
Asemade, o libro ofrece actividades a medida que avanzamos na lectura, polo que resulta máis que axeitado para compartir en voz alta.


21/06/18

O gatipedro

Jacobo Paz Limia con ilustracións de Xosé Tomás publican en Baía edicións O gatipedro. Perqueno álbum para o lectorado máis novo que fala dun personaxe da mitoloxía galega que visita a algúns nenos polas noites. O máis destacable é que, curiosamente, non aparece a figura da nai en ningunha páxina, senón que é o pai do rapaz quen asume, presumiblemente,  todos os labores.

20/06/18

Sirenas

Chamoume a atención este álbum cando vin a portada... e non me equivoquei. Sirenas de Jessica Love, publicado por Kókinos, é un álbum para rachar con estereotipos -masculinos e femininos-, para falar de diversidade, contado dende a sensibilidade e converténdose en exemplo de tolerancia. Máis que o texto -mínimo-, son as ilustracións -que rebordan cor- as que nos iluminan coa intención do libro. Un libro que se converte, por tanto, en instrumento esencial para falar coa normalidade debida de transexualidade.

19/06/18

La declaración universal de derechos humanos

Xa sabedes, vexo un pop-up... e para casa! Así me pasou con este libro publicado por Kókinos: La declaración universal de derechos humanos. Un libro sinxelo que nos lembra cales son eses dereitos mentres observamos como se desprega cada páxina.

18/06/18

Ni tontas ni locas. Cuando anónimo era sinónimo de mujer

Un novo libro ben interesante este de Javier Sanz e Rafael Ballesteros para saber máis sobre as mulleres ocultas por selo o chamado Ni tontas ni locas. Cuando anónimo era sinónimo de mujer publicado por Anaya. Habitan nas súas páxinas artistas, científicas, inventoras, escritoras, exploradoras, precursoras... Mulleres coñecidas e outras que non o son tanto, ou nada, porque ben sabemos que ser muller e anónima son case sinónimos. Unha vez máis, son todas as que están pero non están todas as que son. Libros necesarios nas bibliotecas, libros necesarios na nosa formación. 
Dividido en 
- Pioneiras, científicas e artistas
- Mulleres de armas tomar... e algunhas que temer
- Facéndose pasar por homes.



A poesía é un animal escondido


O  poeta, o mestre, pero sobre todo o meu prezado amigo, Carlos Negro, vén de recibir moitos premios. Supoño que a vida maniféstase así, de cando en vez, sendo xusta (ben cómpre). Eu tiven a sorte de emocionarme namentres el recibía un premio moi especial, ese que indica que hai moito lectorado que o segue: Premio dos Clubs de Lectura 2018. Claro que hai que ter en conta que el anima a facelo, sempre disposto a visitar os centros de ensino e compartir cos mozos e mozas a súa poesía. É o artífice de que a poesía se instale nas aulas sen medo nin prexuízos. 


Eu, que son moito máis egoísta ca el, pedinlle que me agasallase este seu discurso para este noso blogue. Este que sei que el le, o que supón para min un estímulo e un orgullo.

17/06/18

¿Mau iz io?

Álbum sorprendente dende o título: ¿Mau iz io? de Carson Ellis, publicado por Barbara Fiore, inventa unha nova linguaxe, a dos insectos. Invéntaa ou reprodúcea, a saber, porque quizais se os escoitamos detidamente escoitarémolos falar así, tal cal nolo reproducen neste libro, libro que recibiu o Premio ao Mellor Álbum ilustrado do Gremio de Libreiros de Madrid o ano pasado, 2017. Un conto sobre o ciclo da vida, sobre medrar e morrer, que representa ao longo da historia emocións que podemos ler nesa linguaxe tan particular: hai sopresa, hai ledicia, pero tamén hai medo. Quizais o título no noso idioma sería algo así como "que raios é iso?" porque desde logo é unha sorpresa descubrir unha semente enrollada, que será a verdadeira protagonista da historia. Ao seu arredor asistiremos a ese ciclo da vida imparable que todos e todas protagonizamos neste planeta: nacer, medar e morrer, para volver a empezar. Así de sinxelo e así de fermoso. Coma este álbum.


Non á violencia contra as mulleres (DLXIII)

Micromachismos que se pueden dar en pareja


16/06/18

La vocecita

Na editorial Kókinos poderedes atopar este divertido álbum de Michael Scoffier ilustrado por Kris Di Giacomo que soprende polo seu final e arrinca unha sonora gargallada. Divertido dende o inicio escatolóxico e abraiante polo resultado, é un deses álbums ideias para ler en voz alta e provocar unha interacción do auditorio. Asemade, pódese traballar o feito de tentar sempre reparar os danos que causemos e mesmo esa voz interior que nos asalta cando cometemos unha pequena infracción. Sexa como sexa, paga a pena a súa lectura e relectura.

15/06/18

Sempre hai un lugar para a poesía (CXLX)

 Hogar

[Nadie abandona su hogar, a menos que su hogar sea la boca de un tiburón.
Solo corres hacia la frontera cuando ves que toda la ciudad también lo hace.
Tus vecinos corriendo más deprisa que tú. Con aliento de sangre en sus gargantas.
El niño con el que fuiste a la escuela, que te besó hasta el vértigo detrás de la fábrica, sostiene un arma más grande que su cuerpo.

Solo abandonas tu hogar
Cuando tu hogar no te permite quedarte.
Nadie deja su hogar a menos que su hogar le persiga,
Fuego bajo los pies, sangre hirviendo en el vientre.
Jamás pensaste en hacer algo así, hasta que sentiste el hierro ardiente amenazar tu cuello.
Pero incluso entonces cargaste con el himno bajo tu aliento, rompiste tu pasaporte en los lavabos del aeropuerto, sollozando mientras cada pedazo de papel te hacía ver
que jamás volverías.
Tienes que entender que nadie sube a sus hijos a una patera,
a menos que el agua sea más segura que la tierra.
Nadie abrasa las palmas de sus manos bajo los trenes, bajo los vagones, nadie pasa días y noches enteras en el estómago de un camión, alimentándose de hojas de periódico, a menos que los kilómetros recorridos signifiquen algo más que un simple viaje.
Nadie se arrastra bajo las verjas, nadie quiere recibir los golpes ni dar lástima.
Nadie escoge los campos de refugiados o el dolor de que revisten tu cuerpo desnudo.
Nadie elige la prisión, pero la prisión es más segura que una ciudad en llamas, y un carcelero en la noche es preferible a un camión cargado de hombres con el aspecto de tu padre.
Nadie podría soportarlo, nadie tendría las agallas, nadie tendría la piel suficientemente dura.
Los: “váyanse a casa, negros”, “refugiados”, “sucios inmigrantes”, “buscadores de asilo”, “quieren robarnos lo que es nuestro”, “negros pedigüeños”, “huelen raro”, “salvajes”, “destrozaron su país y ahora quieren destrozar el nuestro”.
¿Cómo puedes soportar las palabras, las miradas sucias?
Quizás puedas, porque estos golpes son más suaves que el dolor de un miembro arrancado.
Quizás puedas porque estas palabras son más delicadas
Que catorce hombres entre tus piernas.
Quizás porque los insultos son más fáciles de tragar que el escombro, que los huesos, que tu cuerpo de niña despedazado.
Quiero irme a casa, pero mi casa es la boca de un tiburón.
Mi casa es un barril de pólvora,
y nadie dejaría su casa a menos que su casa le persiguiera hasta la costa,
a menos que tu casa te dijera que aprietes el paso, que dejes atrás tus ropas, que te arrastres por el desierto, que navegues por los océanos,
"Naufraga, sálvate, pasa hambre, suplica, olvida el orgullo, tu vida es más importante”.
Nadie deja su hogar hasta que su hogar se convierta
en una voz sudorosa en tu oído diciendo:
"Vete, corre lejos de mí ahora.
No sé en qué me he convertido, pero sé que cualquier lugar es más seguro que éste".]

("Hogar", de Warsan Shire, refugiada somalí)

14/06/18

Animalia 1. Verde

Xenial proposta a que realiza Xosé Tomás neste cómic para o lectorado máis novo: Animalia 1. Verde publicado por Xerais. O autor tráenos o mundo dos animais -tan semellante ás veces ao dos humanos- nunha historia diferente por páxina, e cada unha delas constitúe un motivo para sorrir ou para sorprenderse, en moitos casos tamén para aprender comportamentos propios da especie que temos diante, aínda que ás veces eses comportamentos lembren en demasía algún outro que convive connosco. E é que ás veces as reacción dos humanos semellas máis de animais, ou ao revés. Nas dúas primeira páxinas así o concreta o autor, que nos fai unha introdución onde asemade dá pequenas informacións sobre as características dalgúns animais.
Encantoume a páxina da mantis relixiosa!
Ou moito me equivoco, ou vai ser un dos libros máis prestados das bibliotecas escolares infantís.


¿Solidaridad? Claro, ¡cuando la necesito YO!

Así de ben fala Pilar Aguilar Carrasco:

Nosotr@s ya lo sabemos. La virtud que tiene este vídeo es que se lo explica bien a quienes no lo saben. No digo a quienes no se quieren enterar de ninguna de las maneras, si no a quienes sostienen criterios cutres porque no han oído otros.


13/06/18

A biblioteca de Pedrarcana

Bonita aposta de Carlos Taboada en Xerais pola defensa da cultura e da lectura en contra da opresión e da ignorancia esta que realiza en A biblioteca de Pedrarcana (con ilustracións do propio autor). Pedrarcana non é unha cidade ideal. É un lugar onde a xente non le. Pero iso non é o máis grave. É un lugar onde a xente non fala. Non se divirte. É un lugar triste. É un lugar que está sendo destrozado pola febre construtora de edificios sen alma.
Os libros e as bibliotecas mudarán esta situación.
O libro rezuma vitalidade e diversión, sobre todo un punto imaxinativo esencial en toda lectura para o lectorado máis novo. Encantoume que cada capítulo remate nunha palabra ou expresión que será o título do seguinte capítulo. Asemade, hai aventuras, piratas, procura de tesouros... un batiburrillo de emocións que engaiolan dende o primeiro momento. Hai moito por vivir nas súas páxinas! Todo iso e máis grazas aos libros. Porque este é o trasfondo de todas as situacións. A base da vida é a cultura. Sen esta non hai existencia digna. Por iso, ademais dos tres nen@s protagonistas, está a bibliotecaria e o profesor como eixos fundamentais do cambio, mentres voa por todas as páxinas un libro vermello atento á nosa lectura: abre e péchase en cada par. Canda el, numerosas referencias literarias e cinematográficas que son un punto de aprendizaxe que se coa con agrado, lembrándonos o motivo polo que lemos e gozamos.
Si, unha gozada.

12/06/18

Sonríe

“Sonríe” de Pablo Vara

11/06/18

16 semanas

"16 semanas" de Carlota Coronado


Curta sobre as duras condicións e obstáculos que topa unha muller para conseguir un traballo onde se valoran tan só os criterios económicos.


Brancavenes e os 77 ananiños

Xa falamos aquí de Cincenta e as zapatillas peludas, e agora volvemos con Brancavenes e os 77 ananiños, do mesmo autor,  Davide Cali, de sobra coñecido, e mesmo ilustrador Raphaëlle Barbanègre , por suposto publicado por Xerais. Unha reinterpretación do conto clásico que nos vén dada xa no título: son 77 os ananiños, e non 7. Partindo desta base, podemos supór que sería impensable coidar de tanta xente. Así que imos ter unha moza afouta e independente como protagonista que se afasta da desvalida Brancaneves orixinal. Con esta moza, o autor propón novamente cuestionar os estereotipos aceptados até o de agora que teñen impedido a igualdade de educación de nenos e nenas. Así, destacará que no fogar todas as tarefas se deben realizar de xeito colaborativo entre todas as persoas que viven nel. Brancaneves é un exemplo de resilencia e capacidade de resolución, así como toparemos outra muller que exerce a sororidade con ela para colaborar na solución dos seus problemas.
Unha historia que dá a volta á historia.

10/06/18

Lost in Translation -Again-


Xa falaramos aquí da primeira entrega, e agora volvemos con Lost in Translation -Again- de Ella Frances Sanders é unha experiencia lectora interesante que nos ofrece Libros del Zorro Rojo. Se daquela tiñamos Palabras, agora temos "expresións curiosas" que nos levan de viaxe por todo o mundo, explicándonos o que queren dicir, aínda que se as traducimos literalmente resulten un pouco incribles. Son 52 expresións que se nos ofrecen na lingua orixinal e na interpretación, xunto coa tradución á lingua española.
Un libro que gustará aos amantes das linguas e das culturas.




Non á violencia contra as mulleres (DLXII)

 'Para'

'Para' é unha curta dirixida por Samuel Miró que amosa sete minutos de acto sexual non consentido para concienciar sobre a liña mínima que separa as relacións consentidas e a violación.
 Kira Miró e Alejo Sauras son os actores que interpretan aos protagonistas. 



09/06/18

Water Lily - Birth of the Lotus

O ladrón de soños

Sabela Fernández Trelles e Alicia Suárez (ledicia de vela por aquí!!!) crean en O ladrón de soños publicado por Xerais un fermoso libro sobre os soños e a solidariedade. Porque hai un ladrón. Un ladrón que semella ser o personaxe ruín do conto... pero do que trocaremos a nosa percepción a medida que avanzamos as páxinas. Si, os soños son importantes. Tanto cando soñamos durmidos como cando soñamos espertos. Para pesadelos, chega ben a vida adulta e todo canto acontece neste noso mundo que non soubemos construír. Aquí podemos combinar maxia e esperanza. Que máis se pode pedir?

08/06/18

Día Mundial dos Océanos


Temple Science:
DÍA MUNDIAL DE LOS OCÉANOS 2018
En pocos años habrá más plástico en nuestros mares y océanos que peces. La vida marina será objeto de estudio y se preservará en acuarios que podremos visitar para contemplar la riqueza que antaño poblaba nuestro planeta. Ballenas, delfines, peces de colores, focas, cachalotes, lobos marinos..... todos enjaulados en gigantescas peceras, evitando que desaparezcan.
Este es el desolador panorama que se nos avecina. Quizá seamos más conscientes del problema cuando ni siquiera podamos disfrutar de nuestros veraniegos baños en playas ya atiborradas de deshechos plásticos.
Somos muy poco conscientes de nuestra cooperación y participación directa, cada día, de esta catástrofe que se avecina. Compramos fruta, pescado y carne envasada en plásticos. Usamos toallitas y pajitas a diestro y siniestro. Papel que no reciclamos por pereza, aparatos electrónicos que cambiamos al ritmo de la moda. El mundo de nuestros abuelos ya no existe; el mundo que ahora tenemos se está destruyendo. ¿Qué mundo le dejaremos a nuestros hijos y nietos?



07/06/18

No Monsters

06/06/18

Sleeping Betty

Mi mundo eres tú

Encántanos Jimmy Liao. E como nos encanta, celebramos cada novo libro que descubrimos del. Así que cando vimos este, veu para a casa. E esquecemos traelo ao blogue. Este Mi mundo eres tú é do ano pasado, publicado por Barbara Fiore. Jimmy Liao escribe poesía ilustrada, e volve demostralo neste álbum que fala do que sente unha rapaza fronte á morte do seu can, de como se vive a vida que nos conmociona, de como esta nos vai cambiando e formando. Pero tamén fala das lembranzas, de como estas nos axudan asemade a medrar e nos fan reflexionar, de como mesmo nos axudan a superar a perda e a dor, e de como podemos refuxiarnos nelas para mitigala.



05/06/18

"Happiness" (felicidad)

04/06/18

Head Over Heels

O segredo da vella librería

Xabier López López constrúe -con ilustracións de Xosé Tomás- en O segredo da vella librería publiado pola editorial Galaxia, unha particular homenaxe á palabra escrita, ao libro e ás librarías, mediante unha historia de corrupción situada en épocas pasadas que nos lembran a Dickens, incluído o final feliz e un desenvolvemento agardado. O protagonista, un neno pobre que debe recoller cartóns e papeis na súa carretilla para logo vender a carga e axudar na casa. Pero o día da acción, e non se sabe moi ben por que, este noso neno acabará na libraría do señor Marmaduke, quen facilmente o convencerá de que os libros serven para viaxar e que as palabras que conteñen eses mesmos libros son tan máxicas que alimentan... Pero, asemade, outra acción ocuparás as páxinas deste libro, e é que unha terrible conspiración quere acabar coas librarías! 
Non se preocupar, temos un final moi, moi feliz.


03/06/18

O trapecista da malla de rombos

Boa iniciativa a que nos presenta Alberto Canal con este O trapecista da malla de rombos publicado por Xerais, a medio camiño entre a novela e o documental -Alberto Canal opta por mesturar ficción e realidade para que o lectorado entenda o que alí pasou, por iso falo de documental novelado-, que se converte nunha homenaxe á Cidade dos Muchachos e a Benposta. Da man dun neno protagonista que soña con ser trapecista, saberemos da especulación urbanística que rematou con aquel soño colectivo que eu coñecía de oídas na miña nenez, que sempre me fixo soñar e que sempre quixen coñecer. Un soño feito realidade que non perdurou no tempo porque a crueldade do ser humano, o egoísmo deste, non ten límites. E así pódense inventar historias que rematen coa boa sona dunha persoa, pódese especular e seguir adiante sen mirar atrás con vergoña. 
Se nun principio coñecemos a realidade de Benposta dende un punto de vista inocente, ese que nos agasalla a ollada do neno protagonista, ao seguir das páxinas chegaremos a sentir unha actitude combativa no neno que perde a inocencia da que nós tamén participamos (iso si, dende o noso sofá lector, que sempre é máis doado que ir a loitar coa forza da nosa palabra). Asemade, o libro conxuga unha homenaxe á nosa historia da Literatura cunha fervenza de referencias políticas da época.
Resulta gozosa a vontade de defender aquilo no que se cre. Ás veces, semella que esa vontade dilúese na nosa sociedade, máis atenta ao mercado e aos valores económicos. O noso neno cre na Xustiza, cre que esta (se é con maiúsculas) saberá diferenciar entre a traizón e a verdade. 
Ogallá fose sempre así.


Non á violencia contra as mulleres (DLXI)

 Querido (diario) Jorge

Curta arredor do control exercido sobre a parella.
Sara, escritora, quere publicar a súa primeira novela e escribe no seu diario idilicamente para que todo se cumpra. Jorge, a súa parella, non o soporta e reescribe o diario dela para que a vida de Sara xire arredor del.
Ela fártase desa situación e arrinca as páxinas do diario, conseguindo que toda a vida pasada con Jorge desapareza.

 

02/06/18

Inventario ilustrado de dinosauros

Chega un novo título da colección de "Inventarios ilustrados" da editorial Kalandraka, da mesmo autora, Virginie Aladjidie con ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel: Inventario ilustrado de dinosauros é unha historia das orixes da vida na Terra, reunindo esas especies que habitaban o noso planeta antes de que nós fósemos nin sequera un proxecto. Volvemos a estar ante un libro deses imprescindibles na biblioteca escolar de divulgación científica en galego.
Grazas ás novas tecnoloxías sábese moito máis dese mundo tan afastado, coñecendo novas especies e novas particularidades delas.




01/06/18

La niña que hablaba con los árboles

Ismael Serrano publica en Frida ediciones La niña que hablaba con los árboles, con ilustracións de Mar Blanco. Álbum ilustrado en verso que nos fala dunha nena que ten a capacidade de falar coas árbores e estas respóndenlle, algo que as persoas maiores teñen esquecido, sempre ocupadas en quefaceres máis importantes. A natureza é esencial e forma parte da linguaxe poética do texto, que se apoia na sonoridade e na tenrura máis lene.


“Si te pierdes por el bosque
permanece bien atento:
bajo el murmullo del viento
un árbol dice tu nombre”.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.