Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/05/11

Runaway (tren en fuga)

Un tren e diferentes vagóns: no primeiro viaxa a aristocracia; no segundo o proletariado; no último o goberno. Mirade o que pasa cos cartos e o sarcástico final. Metáfora do que acontece?



Vía

Ler e ler

Contando no Manuel Rivero

Este venres pasado fun a un dos coles de aquí de Lalín, ao Manuel Rivero, a contar contos para o alumnado de 6 e 7 anos. Como xa son máis maiorciños, a experiencia foi totalmente diferente á do ano pasado en Bandeira, aínda que igual de emocionante. Por suposto, a sesión rematou con eles case enriba miña, que é o máis fermoso de todo.
Grazas ás profas por me convidar.

30/05/11

Un bebé esgotador



Vía

Unha familia normal


Se antes falabamos de Crocodilo namorado, agora chegamos a esta segunda parte da serie de Daniela Kulot publicada por Faktoría K: Unha familia normal. Xa instalados como familia, neste segundo álbum temos dous personaxes máis: un fillo e unha filla que son cuspidiños aos seus papás, é dicir, unha sae ao pai, outro á súa nai. E todos xuntos serán quen de vencer calquera obstáculo.
Seguimos a traballar o respecto ante as diferenzas e as familias diferentes que poidamos observar. As ilustracións, cheas de cor e vivacidade.

...Coma tantas outras parellas que se queren, teñen fillos: Croquila, unha cría de crocodilo, e Rafolo, un bebé xirafa. Xuntos, forman unha familia coma calquera outra. Iso si, un pouco especial...

Crocodilo namorado


Reedita Faktoría K este precioso Crocodilo namorado de Daniela Kulot que conta a desesperación dun crocodilo por chamar a atención da súa xirafa amada para que esta lle preste un mínimo de atención e poder así comezar amoríos. Pero por moito que o tenta, nada lle sae ben a este pobre animal que tan só quere descubrir un sorriso marabilloso. Unha obra moi doce que inicia varios títulos baixo o mesmo selo.
E é que as diferenzas non importan cando manda o amor! Esta base é esencial para explicar aos máis peques as diferentes relacións que podemos manter.
Indícame Belén que aquí temos unha actividade en LIM para traballar este fermoso libro.

Como funcionan os bancos?

29/05/11

Lumi

Lumi descobre o seu mundo por vez primeira. Mira o ceo e conmóvese ante as estrelas. Nese momento aparece GriGro, un estraño ser que medra inmensamente coa ausencia de luz.


LUMI - Big Boom's First short film from Jonathan Rodegher on Vimeo.



Vía Recogedor

Retratos escritos


Impresionante campaña de promoción para a Semana da Lectura en Holanda. Realizada pola axencia Van Wanter Etcetera, o uso do 3D converte as páxinas dos libros (a súa autobiografía) en retratos de Vincent Van Gogh, Anne Frank, Louis Van Gaal ou Kader Abdolla. O conxunto serve para promocionar a literatura holandesa.
O organismo que organiza, CollectivePromotion Dutch Literature (CPNB), destaca cada ano un xénero literario.










Vía Más que Libros.

O tigre que veu tomar o té


Tráenos Kalandraka outro clásico: O tigre que veu tomar o té de Judith Kerr, que data de 1968. Divertido álbum onde é o protagonista un tigre tan famento que é quen de acabar con toda a despensa da familia que o convida a tomar o té. As ilustracións encantáronlles ás alumnas de Diver, por certo. E a humanización dun tigre chamou moito a atención a todos eles.


Sofía abriu a porta e atopouse cun enorme, peludo e raiado tigre, que dixo...
–Perdón, estou morto de fame. Podería tomar un té con vós?
A nai de Sofía dixo:
–Pois claro que si, pasa, pasa...


Non á violencia contra as mulleres (CCIV)

28/05/11

Lille mand

Curta danesa na que o protagonista, Mathias, un neno de 8 anos de idade, decide aprender sobre o misterioso mundo das mulleres como ensaio para unha tarefa da súa escola: "Pequeno home, así son as cousas":




Vía Recogedor

O paseo de Rosalía


Kalandraka recupera este clásico de 1968: Libro Destacado pola Asociación de Bibliotecarios de América: O paseo de Rosalía de Pat Hutchins. A penas contén texo porque non é necesario, as imaxes teñen a forza necesaria para seguir o relato paso a paso, cunha estrutura circular: o paseo da galiña Rosalía, e o accidentado e humorístico axexo ao que a somete un raposo que a persegue, sen que ela se decate do perigo. Unha pita que cómpre mirar ben, porque éche ben despistada...

A galiña Rosalía saíu pasear, atravesou a eira, rodeou a poza...



Unha explicación da crise

27/05/11

Calma pueblo

Un tema polémico de Calle 13 chamado "Calma pueblo" do seu último disco Entren los que quieran.

CALLE 13 CALMA PUEBLO from PACOAGUAYO on Vimeo.



Vía

Un dedo manchado de tinta

Poucas ocasións teño de me sentir tan orgullosa coma na noite de onte: compartir mesa con Manuel Bragado e con Manuel Portas é para min un honor polo que ambos representan. Nada teño que engadir ao que xa sabedes: Manuel Bragado é unha persoa esencial na construción cultural deste noso país e Manuel Portas é un torrente irresistible preocupado pola sociedade compostelá e a súa cultura, algo ao que fixo alusión repetidas veces polo latente desacougo que se vive arestora en Compostela despois dos resultados electorais. A este moito lle agradezo a invitación para formar parte da presentación do seu libro, a aquel as súas xenerosas palabras para con este espazo que tantas horas me rouba.
Non podo pasar por alto a presenza de Clara Pino: a súa forza e sensibilidade é suficiente para encher o local.

Alguén me pediu onte que colgase aquí o escrito para falar de Portas e a súa obra; serve xa o traballo para vos recomendar o libro:

Calquera profesor ou profesora que leve nisto do ensino da nosa lingua uns cantos anos recoñece como capital o nome de Manuel Portas. O seu libro foi, sen lugar a dúbidas, o máis consultado, usado, traballado e “portado” por todos e todas nós nos institutos de Galicia. Iso fixo que o “Portas” se convertese daquela na nosa ferramenta imprescindible á hora de abordar a Sociolingüística. Tanto, que –cando menos para min- Manuel Portas era unha entelequia, un Nome sen Home que non agochaba persoa ningunha detrás.

Cando hai aproximadamente un ano lin no blogue de Xerais que Manuel Portas publicaba un libro de narrativa, tan só Tres segundos de memoria para lembrar quen era. O que me provocou unha total desconfianza: “Vaia, outro que se ten que meter a escritor”, pensei. O Portas doutro tempo converteuse en Manuel Portas cando rematei coa lectura de Denso recendo a salgado. Sempre é bo Dubidar para aprender e recoñecer que nada se pode xulgar sen coñecelo.

A Makinaria da vida, que tantas sorpresas nos ofrece, fixo que este nome (xa home) quixese que estea eu hoxe aquí, case na Cripta do Apóstolo, co compromiso de non vos mentir sobre o libro.

Esquezamos agora a Manuel Portas para centrarnos na figura de Gonzalo. Gonzalo vén sendo o negro de Portas, segundo deducimos dende o comezo do libro:

Esta obra non é unha novela, non é iso o que un servidor pretendía a noite en que me sentei perante a pantalla do computador co firme propósito de cumprir co soño, tantas veces arelado, de me converter en escritor (...) tiña o tento suficiente como para estrear un documento de word baptizado xa como "Un dedo manchado de tinta".

Un Gonzalo obstinado en tirar todo o bo das persoas convertidas en personaxes: a honradez é o trazo máis característico e común de todos eles... E este bo facer é, curiosamente, o que menos crible resulta nesta Canícula dos tempos.
Os personaxes principais do libro poderían estar aquí agora mesmo, ser os nosos veciños, cruzalos pola rúa... son así porque así os concibe Gonzalo:

El quere escribir sobre xente normal, esa xente coa que un se cruza pola rúa, coa que coincide na cola do súper, no bus, ou na área de espera dun aeroporto, inventarlle grandezas anónimas, miserias inconfesábeis, comedias, traxedias verosímiles en que ocupa a vida o común dos mortais, esas vidas que nunca merecen atención. Por que hai que centrarse sempre en personaxes extraordinarios? Mírese para el mesmo, que ten el de especial? Nada. Absolutamente nada. E, non obstante, a excepcionalidade da súa vida púxoo agora aí.

Coñezámolos entón: Un funcionario –Alberte- obsesionado en facer tan ben o seu labor que lle dedica todo o seu tempo libre; un inmigrante –Malulú- empeñado en adaptarse á nosa sociedade malia o racismo; un preso –Jonathan- inocente do delito polo que está no cárcere; unha caixeira sindicalista –Cristina- que loita polos demais sen pensar en si mesma...; nesta galería de personaxes comúns e próximos chocará a presenza de Chus, unha investigadora de alto nivel que a penas nada se parece ao resto dos personaxes que vimos de mencionar. Por iso, cando lemos a súa vida hai algo que renxe, que deforma o conxunto... e non comprenderemos a súa importancia ata o final da novela. Cando por fin, poidamos lavar as mans e tentar limpar estes dedos manchados de tinta. Porque o máis rechamante foi que, mentres avanzaba na lectura, observei fascinada como tamén os meus dedos se luxaban dunha tinta indeleble e case imperceptible que agora sei chegada ao seu fin.

O libro contén un compoñente máxico: un son fermoso que nos fala, el tamén, dos personaxes. A narración e a obra musical son arte a un mesmo tempo, unha lévanos da man á outra, e ambas se complementan, sen comparar en ningún momento a lectura coa escoita. Na música, río de sons que flúen, cada instante sonoro é distinto do anterior. Na novela, torrente de palabras, os momentos concatenados son esenciais para entender mellor o relato.

Ambos xuntos, ambos afastados, poderán conseguir que vós, lectores e/ou ouvintes, gocedes de pequenos momentos de pracer.




As fotos son de Fernando, a quen nunca lle agradecerei o suficiente os seus coidados. Un deses agasallos coa que a vida nos sorprende.
Grazas: Sandra, Nine, Pilar, por me acompañar.
E a Xabier, por me prestar palabras.


Para que serven os libros?

Pero, aínda non o sabiades? Un dos cartaces máis fermosos de promoción da lectura:



Vía

Avances

Non sei se é realidade xa, pero é un luxo de animación médica:

26/05/11

a.breeze.from.mt.Parnassus

a.breeze.from.mt.Parnassus from Vitaliy Strokous on Vimeo.



Vía

Pedro y su roble


A outra novidade de El Jinete Azul que nos faltaba por comentar é este libro: Pedro y su roble de Claude Levert con ilustracións de Carme Solé Vendrell, Premio Nacional de Ilustración no ano 1979. É dicir, un clásico que esta editorial recupera como xa aconteceu noutras ocasións.
A tenra historia de amizade entre un neno e un carballo serve para comprender que o inverno núa as árbores caducas e que só a chegada da primavera fará que estas volvan florecer: a inxenuidade do neno que non coñece a natureza e que desesperadamente quere salvar a súa amiga a árbore do que el cre unha morte segura ante o frío inverno.





Cita ineludible

Teño o honor inexplicable de participar esta noite nesta presentación. A ver se hoxe non fai acto de presenza o demo que veu a Lalín o outro día, e todo sae ben. Do libro falarei mañá, supoño que en primicia.


25/05/11

Paraphernalia

Sabrina Cotugno é ilustradora e estudante en CalArts, unha das escolas de animación con maior nivel técnico e creativo do mundo. Esta curta é o seu terceiro proxecto de animación, unha conmovedora historia de amor entre unha muller solitaria e un misterioso amigo que aterra por accidente na súa casa.

Paraphernalia from Sabrina Cotugno on Vimeo.



Vía

Fips no entiende el mundo

Malia que a priori puidese ser un álbum que non me chamase a atención, porque as ilustracións semellan moi infantís, interesoume polo contido: o subtítulo di "Cuando los padres se separan". Un novo xeito de achegar aos máis pequenos a soidade que estes poden sentir cando se produce a separación dos pais. Unha editorial totalmente descoñecida para min, Zendrera Zariquiey, Fips no entiende el mundo é de Jeanette Randerath con ilustracións de Imke Sönnichsen. Unha historia de cans moi humanos onde o relato serve para contemplar todos os sentimentos que un neno pode chegar a sentir, pois non só de soidade podemos falar; aí está a frustración, a rabia, a tristura, a culpabilidade, a impotencia, o medo, e as dúbidas constantes sobre a nova situación que se está a vivir.


El viejo Bruno estaba sentado delante de su caseta y observaba todo lo que sucedía a su alrededor. Conocía a todos los perros que vivían en la calle. «Qué distintos son todos», pensaba Bruno. Había perros grandes y pequeños, gordos y flacos, jóvenes y viejos. Podía ver de qué humor estaban con sólo fijarse en la punta de la nariz. Si estaban contentos y felices, o si estaban tristes.


Entre indignos e indignados

Eduardo Galeano fala nesta entrevista da miseria moral e política que asolaga o mundo capitalista.


24/05/11

Dálle cor



Vía

Para facer o retrato dun paxaro


Faktoría K agasállanos cun fermoso libro de Jacques Prévert: Para facer o retrato dun paxaro con ilustracións de Mordicai Gerstein. Un verso que é un xogo, a mestura da fantasía e a realidade, o proceso de creación dun cadro, o surrealismo en estado puro que mestura arte, poesía e música, ao mesmo tempo que nos fala de liberdade e ensoñacións. Leo aquí a seguinte información:
En 1943, Jacques Prèvert escribiu este poema dedicado a Elsa Henríquez para unha das súas exposicións. Foi ilustrado por primeira vez en 1953 con 23 debuxos desta artista.

Pintar primeiro unha gaiola
cunha porta aberta.
Despois pintar algo agradable,
algo sinxelo,
algo fermoso,
algo útil para o paxaro.
Logo apoiar o lenzo contra unha árbore nun xardín,
ou nun parque,
ou nun bosque.
Agocharse tras dá árbore
Sen dicir nada,
sen se mover. (…)
Se o paxaro non canta é mala sinal,
sinal de que o cadro é malo. (…)

Aquí sempre foi así

Porque sempre hai oportunidade de cambiar as cousas:



Vía

23/05/11

Sita Sings the Blues



Vía

Sempre hai un lugar para a poesía (XC)

Sólo son tuyas –de verdad– la memoria y la muerte,
la memoria que borra y desfigura
y la sombra de la muerte que aguarda.
Sólo fantasmales recuerdos y la nada
se reparten tu herencia sin destino.
Después de sucios tratos y mentiras,
de gestos a destiempo y de palabras
–irreales palabras ilusorias–,
sólo un testamento de ceniza
que el viento mueve, esparce y desordena.

Juan Luis Panero
de Enigmas y despedidas. (Tusquets, 1999)

Vía

O roubo

A importancia da reciclaxe:

Robbery (Social ecological ad) from Ruslan Fedotow on Vimeo.



Vía Microsiervos

22/05/11

Vicent

Vicent Malloy é un rapaz de sete anos que vive nos arrabaldes e cre que é Vicent Price. Soña con converter o seu can nun zombi e le "O corvo" de Edgar Allan Poe.
Baseado nun poema escrito por Tim Burton, esta é a súa primeira curta e deixa clarísimas características da estética que manexará ao longo da súa carreira.
É case unha historia autobiográfica, xa que Vincent Price, narrador desta curta, foi o ídolo de adolescencia de Burton.




Vía

El Balancín

Esta revista, "El Balancín", foi editada por mor do último Salón del Cómic y Manga de Getxo. Para sabermos máis sobre os ilustradores éuscaros.



Vía

Bebé lector

Finxe mellor que moit@s d@ nos@s alumn@s. Isto chámase alegre fomento da lectura dende ben cedo:



Vía

Non á violencia contra as mulleres (CCIII)

Recollemos hoxe o traballo publicado no blogue A Tabarra Dixital: As primeiras producións dunha secuencia de actividades en 4º PDC sobre a violencia de xénero.





21/05/11

Tango for Jansjo

Tango for Jansjo from Carlo Vogele on Vimeo.



Vía

Mi ciudad


Edelvives volve sorprendernos unha vez máis coas súas publicacións. Mi ciudad é un pop-up para xogar e interactuar de Cécile Bonbon e Arnaud Roi. Os lugares son urbanos, como ben indica o título, e o libro é totalmente despregable para poder pasear pola cidade comodamente. Como trae varios personaxes para recortar, o lector poderá facer diversos paseos pola cidade sen se aburrir. Así é o lector o verdadeiro protagonista do libro, pois pode manipular este ao seu antollo.
Precioso

Ser menor en Libia

Os máis pequenos de Libia están a facer unha revolución, unha que non é coñecida polos medios de comunicación, unha esquencida aínda que queira un país libre. As fotografías e o vídeo son do xornalista Omar Havana, quen vive en primeira persoa o drama humanitario en Libia e os anceios de liberdade dun pobo.


Vía Lápices para la Paz.

20/05/11

Give me Space

GIVE ME SPACE from Brian Carter on Vimeo.



Vía

La revancha del gallo


Continuación de El ladrón de gallinas, Libros del Zorro Rojo publica agora La revancha del gallo, que segue a encantarnos. Unha historia sen palabras porque, simplemente, non as necesita: as imaxes son autosuficientes. Se o primeiro libro nos sorprendía co seu final, este non se queda atrás. Porque os tres amigos seguen a vivir aventuras tan sorprendentes que terán un resultado aínda máis sorprendente que vos vai namorar. Palabra de lectora!


Semana Matemática 2011

O alumnado de 3º e 4º ESO Do CPI Don Aurelio acudiu o pasado mércores día 11 á VII Semana Matemática organizada pola Asociación Escola Rosalía de Castro e Agapema. Alí participaron nos oito obradoiros que nos tiñan preparados nos que puideron ver as matemáticas desde outros puntos de vista máis manipulativos, intuitivos e participativos. Tangrams, pentominós, hexamantes,... fixeron que as rapazas e rapaces de Cuntis pasasen unha mañán do máis entretida: non había máis que mirarlle as caras...

  
  

19/05/11

Festival Annecy de animación

Estas curtas son do festival do ano pasado:

Junkspace from CRCR on Vimeo.



TODOR & PETRU from CRCR on Vimeo.



JESUS2000 from CRCR on Vimeo.



Vía

Que tal, vexetal?


Ediciones Linteo publica na nosa lingua Que tal, vexetal?. Alimentos con sentimento de Saxton Freymann e Joost Elffers. Un xeito divertido de nos presentar os diferentes sentimentos que os humanos podemos sentir a través da fotografía de vexetais tallados con coitelo, de aí a súa orixinalidade. Resulta realmente abraiante o resultado: os vexetais son quen de expresar todas as emocións sen necesidade de recorrer ao escaso texto que acompaña as fotografías.
Un bo libro para xogar cos máis peques.

Contamos historias?








Cantos de Ghana





18/05/11

O ano de Lois Pereiro (XIX)

Pois non, non acabaramos.



Vía

Nas Mariñas
, podedes acceder a este traballo.

Cartaces do alumnado
en Biblioeba.

O CPI de San Sadurniño manda este díptico.

No CEIP de Laredo, moito traballaron!

No CEIP Condesa de Fenosa, un cómic.

No CEP Dr. Fleming, Lois do A ao Z.

No IES Campo de San Alberto, versos efémeros.

Radicalismo estético de Lois.

Lois Pereiro na TVG.










null



Non omnis moriar: Lois Pereiro

Na biblio Fernando Blanco: puzzle.

En Bibliocabe: Loisiada.

No IES Lama de Castelo de Carnota emitiron no seu espazo "O son da biblioteca" un programa monográfico sobre Lois Pereiro.

Sidewalk Scribble

Curta de Peter Lowy para o concurso de animación de Youtube organizado por Annecy.




Vía

Historia de un árbol


Miguel Ángel Cuesta publica na editorial Juventud Historia de un árbol, unha chamada á salvación do medio ambiente e á esperanza e ao optimismo. Só os humanos somos quen de coidar e salvagardar o noso futuro. E o ser humano ten que ser consciente deste protagonismo único. Un libro que axuda a comprender a importancia do respecto ao bosque e a importancia da natureza, así como a destrución continua á que a sometemos.


Pitufos de Frións

O CEIP de Frións de Carreira- Ribeira colgou na rede non hai moito un dos primeiros vídeos lip dub feito pola comunidade educativa dun colexio da zona. As coordinadoras do proxecto e mestras de educación infantil, Sara Lijó e Laura León implicaron o alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos para facer un vídeo cunha mensaxe de promoción do medio ambiente

17/05/11

Marooned 3

Curta de Tom Law.

Marooned 3 from Tom Law on Vimeo.



Vía

Día internacional contra a homofobia

Acordo no que se formula unha declaración institucional do goberno con motivo da celebración do Día Internacional contra a homofobia e a transfobia.


La Constitución española que, en su artículo 14, consagra el derecho fundamental de todas las personas a no ser discriminadas por “razón de nacimiento, raza, sexo, religión, opinión o cualquier otra condición o circunstancia personal o social”, establece en su artículo 9.2 que “corresponde a los poderes públicos promover las condiciones para que la libertad y la igualdad del individuo y de los grupos en que se integra sean reales y efectivas; remover los obstáculos que impidan o dificulten su plenitud y facilitar la participación de todos los ciudadanos en la vida política, económica, cultural y social”. En aras de conseguir la igualdad real, el Gobierno de España ha dado, en estos últimos años, pasos importantes en la remoción de los obstáculos que impiden o dificulten su plenitud en todos los ámbitos y, en particular, en la lucha por erradicar de nuestra sociedad toda forma de discriminación, mediante la aprobación de leyes específicas dirigidas a equilibrar y ampliar los derechos de ciudadanía, y el compromiso con y por la igualdad en el desarrollo de cada una de las políticas impulsadas por el Gobierno. Con estos avances, nuestro país ha labrado un camino hasta situarse como referente en el reconocimiento y la extensión de los derechos civiles y sociales en el mundo, consagrados en este ámbito, concretamente en el artículo 26 del Pacto Internacional de los Derechos Civiles y Políticos y el artículo 2 del Pacto Internacional de los Derechos Económicos, Sociales y Culturales, ambos de 16 de diciembre de 1966. No obstante, y pese a los avances alcanzados, queda recorrido en la lucha por la eliminación de la homofobia y la transfobia, que siguen siendo unas de las formas de odio más extendidas, encontrando incluso reflejo aún en la actualidad, en la legislación penal de numerosos países. Por ello, la no discriminación por motivos de orientación o identidad sexual es una prioridad, no sólo de este Gobierno, sino de la Unión Europea, y así se reflejó en la Declaración sobre orientación sexual e identidad de género, adoptada en la Asamblea General de Naciones Unidas en 2008, con el copatrocinio de todos los Estados Miembros de la Unión Europea; así como en la conmemoración del Día Internacional contra la Homofobia, el pasado 17 de mayo de 2009 y 2010; y en la adopción durante la Presidencia española de la Unión Europea de un documento operativo que habilita al personal de las sedes de la Unión Europea, de las capitales de los Estados miembros, de sus Delegaciones, Representaciones y Embajadas, dentro del marco de su acción exterior, así como con organizaciones internacionales y de la sociedad civil, a reaccionar voluntariamente ante casos de violaciones de derechos humanos por motivo de orientación sexual e identidad de género, así como a seguir impulsando acciones para la promoción y protección de los derechos humanos en este ámbito. Por ello, el Gobierno mantiene entre sus prioridades el firme compromiso de seguir trabajando, tanto a nivel nacional como internacional, en la prevención y la lucha contra todas las formas de discriminación para que todas las personas puedan ejercer plenamente sus derechos disfrutando así de una verdadera y plena ciudadanía democrática, impulsado a su vez desde distintos ámbitos institucionales y sociales. Así se reflejó tanto en el Acuerdo de Consejo de Ministros de 26 de junio 2009, por el que se promovía el reconocimiento internacional del 17 de mayo como Día Internacional contra la Homofobia y la Transfobia, como en el Acuerdo de Consejo de Ministros de 14 de mayo de 2010. En esta misma línea, el pasado 7 de enero, el Consejo de Ministros aprobó el Anteproyecto de Ley Integral para la Igualdad de Trato y la No Discriminación, que tiene como finalidad prevenir y erradicar las discriminaciones actuales y las futuras y con el que aspiramos a establecer un mínimo común denominador normativo que contenga las definiciones y garantías básicas del derecho antidiscriminatorio, dando una protección real y efectiva a las víctimas de discriminación en cualquiera de su formas. En el ámbito internacional, con ocasión de la decimosexta sesión del Consejo de Derechos Humanos de las Naciones Unidas en abril de 2011, se presentó una Declaración conjunta que solicita poner fin a la violencia, la criminalización y las violaciones de derechos humanos por razón de orientación sexual e identidad de género. Esta Declaración, de cuyo Grupo impulsor formó parte España, supone un importante hito en la conquista de los derechos humanos, al ser la primera vez que 85 países de todas las regiones del mundo copatrocinan una Declaración en esta materia.

ELÉVESE AL CONSEJO DE MINISTROS

LA MINISTRA DE SANIDAD, LA MINISTRA DE ASUNTOS EXTERIORES

POLÍTICA SOCIAL E IGUALDAD Y DE COOPERACIÓN

Salvar libros


SALVANDO LIBROS

Que libro salvarías ti?


Esta exposición xorde dun traballo colaborativo entre 96 bibliotecas escolares galegas e pretende ser unha chamada de atención sobre a importancia de apreciar, coidar e manter o noso patrimonio cultural escrito.
Pretendemos difundir a idea de que é imposible destruír os libros e os valores que neles se transmiten se somos quen de conseguir que formen parte de nós para sempre.

Maio 2011


Queremos dar moi especialmente as grazas a Jaime Eizaguirre Santillán, ex-alumno do IES Sánchez Cantón, que unha vez máis deseñou estes carteis tan fermosos para facer posible a actividade.
Podedes ver o perfil de Jaime, arquitecto e debuxante, aquí e algunhas das interesantes cousas que fai aquí e tamén aquí….

Grazas de novo, Jaime, pola túa xenerosidade


salvandogrande

1 5
3 2


4

.
Moitísimos libros están a ser salvados nas nosas bibliotecas, que organizan as súas propias exposicións e actos. Esta é só unha pequena escolma dos que representan a cada un dos centros que participaron na actividade.
Salvar un libro consiste en aprender de memoria un pequeno fragmento para simbolizar a asimilación de todo o seu contido. Entón xa seremos unha persoa-libro e poderemos preservalo para sempre. A idea está baseada na obra de Ray Bradbury “Fahrenheit 451”.

Esta é a escolma de libros que representa aos centros de Educación Infantil:
.









Esta é a escolma de libros que representa aos centros de Educación Primaria:
.







.
Esta é a escolma de libros que representan aos centros de Educación Secundaria:
.








.


ESTA ACTIVIDADE FOI COORDINADA DESDE AS BIBLIOTECAS ESCOLARES:




ESCOLA UNITARIA DE VIDE

Moitas grazas a todos eles: Jaime, Charo, Sabela e Mª Dolores.
SEN VÓS NON SERÍA POSIBLE!!!


Roteiro poético

Esta semana en Lalín poderemos ler os poemas de Lois Pereiro polas rúas. Ademais do acto principal que se celebrará hoxe ás 12 onda a estatua Ramón Mª Aller, con lectura de poemas e manifestos, este é o roteiro particular que poderedes facer polas rúas lalinenses grazas á Asociación Cultural o Naranxo e Queremos Galego. Contaremos coa palabra de: Celso Fernández, Chus Pato, Carlos Negro, Inacio, Luís Couto, Xosé Vázquez Pintor e Xabier Quiroga. E coa música de: Benxa Otero.

Día da Internet

Dende Catoira:


Historia de Internet from antonioxalonso on Vimeo.



Vía BlogFesquío


Máis información na biblioteca Faro das Lúas.

O ano de Lois Pereiro (XVIII)

Poema visual a Lois Pereiro:

"...entre a mirada e a expresión, alí onde palpita sen mentir a vida...¨, construción visual do sentir de Lois Pereiro, palabras e versos dos seus poemas e fotografías de Maribel Longueira.





Grazas, Román


Unha boa nova: Xerais publicará en xuño unha novela gráfica sobre Lois de Jacobo Fernández Serrano. Podedes ler as primeiras páxinas no blogue de Xerais.

Dúas presentacións de alumnos realizadas no IES de Curtis.

Proposta de actividades lúdicas para traballar cos poemas de Lois da profesora do IES Pazo da Mercé das Neves, Loli Cid.

Cinema Lois.

Lois nos Xornais.

Axenda das Letras.

Montaxe audiovisual sobre o poema "Aburrido" con música e voz de Manu Clavijo que chega dende o ENDL de CEIP A Carballeira de Lourizán:





LOIS VIVE
é un documental baseado na vida e obra do falecido poeta galego Lois Pereiro. Xunto coa aportación musical de Manu Clavijo, este documental pretende homenaxear nunha doble vertente, a figura deste magnífico escritor e artista: por un lado a súa parte máis humana e por outro, a súa rica faceta literaria.

En Raioteca, traballo colaborativo sobre o poema "Que é Galicia?"

Nas Mariñas, este Glogster.

En Bibliocabe, esta "Loisíada".

Xerador automático de poemas Lois Pereiro.

Galegos na escaleira
.

El poeta punk hecho clásico.

No CEP de Cespón, esta caricatura.

En Moaña
, educación documental.

Como ven a Lois os nenos de 5 anos do Monte da Aguia.

No IES de Poio, poemas visuais de Lois.

En Rubiáns
, revista Lois Pereiro.

No CEIP Alexandre Bóveda
, o conto viaxeiro.

16/05/11

Dándolle a volta

Acostumad@s como estamos a ver os típico anuncios de deterxentes con señoras amas de casa ou con señoritas branquecinas que veñen do futuro, este agasalla a vista cun grupo de tiarróns que esperta en calquera as ganas de... rir a gargalladas. A min pareceume graciosísimo.

De roteiro ata o Folón

O xoves 5 o alumnado de 3º de Diversificación e o de 4º de ESO realizaou o roteiro d' A praia dos afogados de Domingo Villar. Pola tarde desprazámonos ata o Folón para ver os seus muíños. O que aquí aconteceu non volo conto, que senón saberedes tanto coma nós, e non é cuestión.
Iso si, foi un día moi completo e chegamos esgotados... algúns. Porque a estes semella que non hai xeito de cansalos.





Poesía na lavandaría

Nunha lavandería de Nova Iorque créase o proxecto "Roupa suxa: moita prosa": dúas poetas recitan as súas creacións entre lavadoras e secadoras, amenizando o tempo de espera das persoas que agardan. Un xeito de introducir un pouco de poesía entre o tedio das tarefas cotiás. Semella que a idea ten moito éxito.




Vía

Abelcebú en Lalín

Pois si. O demo chegou a Lalín. Non é que o demo sexa de Lalín, que ben podería ser, non, simplemente que ao demo, aínda que a vostedes lles custe crelo, gústalle ler e gústanlle os acontecementos culturais, máis se están relacionados coa lectura. Así que veu á Feira do Libro de Lalín, fixo unhas cantas trasnadas, e marchou tan feliz.
Eu, se llelo conto, é porque o vin. Non só o vin, senón que estiven alí. Ben, estiven alí e tamén rin a esgalla, porque se algo bo ten o demo é que é simpatiquísimo. E aínda o é máis se ten grata compañía, como foi o caso: Carlos Negro e Paco Macías decidiron axudalo un pouco e convertérense en seus axudantes... por un día. Facelo saír, digamos. Porque o demo, tampouco o sabiades, é moi tímido. E non sempre quere deixarse ver. Fai cóxegas, si, pero ás agachadas. É moi demo el.
Así foi a presentación de Abelcebú en Lalín: un demo de presentación. Se temiades que podía ser aburrida, un tostonazo, como adoita acontecer coas presentacións dos libros nos que autores, editores e presentadores póñense moi serios, nada máis lonxe da realidade. Porque esta foi todo o contrario: un servizo de comida e libraría con afán de conquistar e gozar dunha mañá de sábado lalinense. Non estaba cheo, non, pero a sona houbo de espallarse, que nunca tan ben se pasou nunha Feira do Libro...
Como eu tamén teño algo de demo, que conste en acta, non podía realizar a crónica fotográfica: non son tan dema como para estar en varios sitios ao mesmo tempo! Pero sempre hai bruxas dispostas a facer ese traballo, que para algo contan con algúns poderes. Así que hoxe tamén hai crónica visual:


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.