Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

07/02/08

Poemas que buscan a PAZ

O poeta turco Nazim Hikmet ten escrito fermosos poemas que constitúen un rotundo alegato contra a guerra e a violencia en xeral. Durante varios anos estivo no cárcere e debeu exiliarse por defender as súas ideas, polo que a súa poesía é un berro contra a intolerancia e a persecución política.

La niña muerta:

Soy yo quien golpea a tu puerta
A todas las puertas, a todas las puertas
Pero ustedes no pueden contemplarme
Es imposible ver a un niño muerto
Hace diez años largos
he muerto en Hiroshima
Pero sigo teniendo siete años
Los niños muertos dejan de crecer
Al principio se inflamaron mis cabellos
Mis manos y mis ojos ardieron después
Me convertí en un puñado de cenizas
Que el viento dispersó
Nada, nada les pido para mí
No podrían mimarme aunque quisieran
Una niña que ha ardido cual si fuera papel
no come caramelos
Yo golpeo y golpeo a cada puerta:
Dénme, dénme una firma
Para que los niños no sean asesinados
y coman caramelos.


Que las nubes no maten:

Las que nos hacen hombres son las madres
Como cálidas luces marchan ante nosotros
¿No es una madre, acaso, la que os trajo al mundo?
Apiadaos entonces, Señores, de las madres
Que las nubes no maten a los hombres

Un niño de seis años va corriendo feliz
Su cometa supera las copas de los árboles
¿Es que no habéis jugado como ese niño, acaso?
Apiadaos entonces, Señores, de los niños
Que las nubes no maten a los hombres

Ante el espejo peina la novia sus cabellos
y en el espejo busca una imagen querida
Sin duda alguna vez os buscó así una novia
Apiadaos entonces, Señores, de las novias
Que las nubes no maten a los hombres

Cuando el hombre se va volviendo viejo
sólo debe evocar recuerdos placenteros
¿Es que vosotros mismos no sois, acaso, viejos?
Apiadaos entonces, Señores, de los viejos
Que las nubes no maten a los hombres

O poder da túa voz

Este anuncio de Amnistía Internacional non pode ser emitido polas canles españolas de televisión por ser considerado publicidade política. Se isto sucede en España, que sucederá noutros países onde non se respectan os dereitos humanos?

Vía Brétemas

06/02/08

No es país para viejos

Veño de rematar o libro No es país para viejos de Cormac McCarthy. Seguro que o coñecedes porque está de rabiosa actualidade: mañá estréase o filme co mesmo nome e con Bardem entre as súas filas.

Harold Bloom considérao o mellor escritor norteamericano vivo. A súa biografía oculta verdadeiros misterios, xa que ao longo da súa vida só concedeu unha entrevista: "todo o que queiran saber de min está nos libros". Atopámonos ante un autor visceral, violento, sanguinario... A violencia desatada plásmase en escenas dantescas cheas de balazos, sangue e membros amputados, pero hai tamén sitio para a reflexión, a nostalxia, a ironía.
Os diálogos non acotados mestúranse coa narración, o que lle dá un toque de orixinalidade. O autor demostra ser un auténtico depredador da palabra exacta, léndoo con devezo e algo de temor pola violencia que as súas páxinas destilan.

McCarthy escribe unha novela na que prescinde case por completo dunha das súas bazas literarias: a creación de imaxes de beleza e plasticidade únicas e fascinantes. Aquí escribe cun nudismo estremo, de contundencia demoledora e tensión absorbente polo sentido do ritmo e o selecto uso da elipse.

No es país para viejos é unha enlouquecida historia sobre a eterna temática do mal sobre o ben, o difícil que é fuxir a un destino escrito para un e o caro que pode saír saír tentar fuxir del.
O libro é duro. Duro e impactante.


Bacterias

A capacidade das bacterias para sobrevivir nos recunchos máis extremos do planeta só se ve superada polo seu abraiante potencial de reprodución. Nunha soa hora, e cos nutrintes necesarios, unha soa bacteria pode duplicarse até dar lugar a máis de 11,6 billóns de copias de si mesma. Isto equivale, segundo o premio Nobel de Medicina Christian de Duve, a 280 billóns de individuos nun só día. Afortunadamente para o resto de criaturas da Terra, non todas as bacterias se reproducen ao mesmo ritmo.
Por suposto, as cifras son teóricas: se unha bacteria se divide cada 20 minutos temos que cada 20 minutos multiplica o seu número por dous, polo que en 24 horas teríamos 4,772 miles de billóns. Isto é imposible posto que a división cada 20 minutos só se dá en circunstancias óptimas, e estas degrádanse a medida que aumenta a densidade.
Se se cumprise sempre que o tempo de duplicación da bacteria Escherichia coli fose exactamente 20 minutos sería sinxelo calcular a densidade óptica á que chegaría o cultivo nun tempo determinado. Este cálculo debe ser tomado como aproximativo.




Vía Fogonazos

Invisibles

O filme Invisibles, producido por Javier Bardem para Médicos sin Fronteras, levou o Goya ao mellor documental. É o retrato de cinco historias sobre tres conflitos armados esquecidos e dúas enfermidades silenciosas (a enfermidade do Chagas, a enfermidade do soño, os nenos soldado de Uganda, a violencia sexual contra civís no Congo e os campesiños desprazados de Colombia) vistas a través dos ollos de cinco cineastas: Wim Wenders, Isabel Coixet, Fernando León de Aranoa, Mariano Barroso e Javier Corcuera
A falta de empatía ou de cordura que impera no noso mundo de poderosos fai deste planeta un lugar onde as inxustizas sociais non só imperan senón que sobrepasan todos os límites do respecto ao ser humano. Existe outra realidade que cun pouco de interese podemos descubrir porque non se esconde, sempre está aí. Non é invisible. É ferinte.
Todos e todas deberiamos ver este documental para sabermos máis destas historias que se non se contan, non existen, que contribúe a difuminar esa imperceptible e dura realidade ignorada e silenciada por moitos.



Vía Lápices para la Paz



Na República Democrática do Congo, miles de mulleres son violadas polos soldados do goberno. Este é o seu canto.


05/02/08

Sáhara

Como seguramente sabedes, a este noso e voso blogue nacéronlle dous irmáns lectores que podedes premer nas imaxes que tedes á dereita: As estelas dos ronseis e Momentos de silencio compartido; ambos son clubs de lectura, pero mentres o primeiro é un club feito por e para o alumnado, o segundo desexa ir un pouco máis alá: coñecer, ademais de ler, que pasou, pasa e pasará no Sáhara.
Déixamosvos un vídeo que explica escuetamente a súa historia, e invitámosvos a entrar no noso club para saberdes máis, se vos prougue. Con Fran Alonso sucamos o deserto e seguimos soñando con esa area abrasadora que nos fala de xente pacífica e paciente que agarda se solucione un conflito que non parece ter final.



O poder da sinatura

A curta que vos amoso foi realizada polos creativos de Complot para Amnistía Internacional no verán do ano pasado. Comprenderedes que cando vos pedimos que asinedes é porque todas as vosas sinaturas son importantes, mesmo poden salvar vidas.



Vía A través del Uniberto

Expiación, a película

Por fin puiden ver "Expiación. Más allá de la pasión" (pregúntome por que este segundo título), película á que lle tiña moitas ganas porque o libro no que está baseada é un dos meus favoritos. Prefiriría non dicir "gustoume máis o libro" porque creo que é un comentario inevitable cando saes dunha película da que previamente leras o libro, e por tanto, xa maxinaras ti. Pero creo que sae perdendo, bastante. Non sei o que diría se non tivese lido o libro previamente, seguramente me gustase moito (historia romántica con sentido épcio), pero non podo evitar afirmar que me decepcionou. Por suposto, non é unha mala película, posto que ofrece tensión narrativa e unha montaxe exquisita, aínda que a estragan coas imaxes finais. Curiosamente, quizais o que lle falte á película é precisamente, paixón. Cando menos, cando lin o libro, a paixón foi tan forte que tiven que aparcalo un par de días polo tropel de sensacións que en min provocaba. A película non o logra nin de lonxe. Gustoume moito, si, a banda sonora acompañada ritmicamente co ruído tan familiar da máquina de escribir acorde coa personaxe central que ía marcando tempos e sucesos
Esta personaxe central resulta a máis fascinante (e odiosa), interpretada por tres actrices diferentes segundo as idades, un gran traballo de todas elas por interpretar coherentemente a mesma personaxe, indo máis alá da simple

diferenza de idade: as tres están soberbias interpretando á complexa e imposible Briony Tallis.




04/02/08

A obra do ano

Desde a Plataforma Arquitectura invítannos a elixir a mellor obra arquitectónica do ano 2007. Con esta fin, publicaron un total de 69 obras de diversos países e autores, facendo fincapé na arquitectura xove, desprexuízada e innovadora.
Para elixir a mellor obra do 2007 é moi simple, só hai que votar por unha. Tes até o 10 de marzo para facelo. Preme AQUÍ e achégate a estas obras: hai verdadeiras preciosidades. Decídete!


Panópticos

Os panópticos son edificios construídos de modo que toda a súa parte interior se poida ver desde un só punto.
Nos distritos rurais de Blackburn, Burnley, Pendle y Rossendale, en East Lancashire (Inglaterra) elevaron esta premisa a grao de arte. Todo un conxunto de construcións futuristas, coñecidas xenericamente como "The Panopticons" adornan as paisaxes destas terras máxicas.
Catro son as esculturas que presiden os respectivos distritos: ‘The Atom‘ (Pendle), ‘Colourfields‘ (Blackburn), ‘Halo‘ (Rossendale) e a que podemos ver no vídeo, o estremecedor ‘Singing Ringing Tree‘, unha árbore que nos canta segundo a partitura que vaia debuxando o vento. Unha pasada.




Vía Mangas Verdes

03/02/08

Maxia... ou talento?

Coa polémica que se está a xerar neste país pola emisión de dous programas de TV parecidos (por non dicir iguais) en dúas cadeas diferentes, traémosvos hoxe unha demostración do talento que hai noutros países. Estes... si que valen!!

En París (2)

Xa vos falamos da Gioconda, no museo do Louvre. Hoxe marchamos ao Mueso d'Orsay, que a min, persoalmente, encántame. Non sei se iredes/iremos alí, espero que si. Porque non é tan agobiante e porque no seu interior alberga verdadeiras marabillas.
Achégovos un cadro chamado "O taller do pintor" De Gustave Courbet, cadro que é un fiel reflexo do seu temperamento e da súa condición política. Cando en 1855 presentou este cadro xunto con outros na Exposición Universal dese ano foi rexeitado.
O cadro evidencia todas as etapas e influencias de Courbet. Á esquerda estás representados de xeito realista as persoas de clases baixas, enmarcadas dentro dunha paisaxe de Ornans. Neste taller dáse cabida a todo tipo de personaxes, como San Sebastián, xa que o cadro represéntase como un Xuízo Final, cos esquecidos á esquerda e os intelectuais á dereita; no centro, San Sebastián, atravesado polas frechas, representando a Academia. O pastor que observa a escena é un espectador ideal e puro. A musa núa representa a Alegoría da Verdade, e na parte esquerda a muller dando o peito simboliza a miseria. Pero tamén están no cadro o amor libre, a poesía, o interese cultural, o estudo...



En canto á cor que predomina é o marrón, o escuro, moi influenciado polas obras barrocas que vía no Louvre e que tanto lle gustaban.
E se vos fixades, unha ventá ilumina a escena. Curiosamente, o foco céntrase na figura do medio, o artista, querendo expresar que el é o mediador da escena, o verdadeiro protagonista.

A reportaxe fotográfica

Dende Iniciarte chéganos esta curiosa pregunta: A reportaxe fotográfica é algo máis ca unha técnica? Respondede vós mesmos:

Nin grandes nin pequenas

11 persoas están condenadas a morrer por lapidación nestes intres en Irán.
O artigo 104 do Código Penal iraní describe que a pena coa que se castigará o "delicto" do adulterio será a lapidación. Para isto usaranse pedras "non tan grandes como para matar á persoa de un ou dous golpes, nin tan pequenas como para non poder consideralas pedras". No artigo 102 detalla que para executar este castigo, no caso dun home, enterrase no chan até o van, e no caso das mulleres, até o peito."


Amnistía Internacional invítate a asinar contra esta aberración.

02/02/08

A nada

Filosofar con humor nunca vén mal. Preguntémonos que é a nada, entre Platón e Aristóteles nolo dirán:




É bo o chiste filosófico de Cruz e Raia, non? Ben ambientado, cando menos. Está situado na obra A Escola de Atenas de Rafael, onde aparecen as grandes figuras da filosofía grega. Platón sinala o mundo intelixible e Aristóteles apunta ao mundo físico, onde se produce o cambio ou movemento. Déixovos o vídeo explicativo do cadro para saberdes quen é quen nel.



Vía La lechuza de Minerva

Shame

Un pouco de música, comprometida, parece cando menos pola letra, aínda que non pola música en si, tan bailable que non parece ir co título. Seguramente xa sabedes que a pequena dos Corrs (Andrea) lanzou en solitario o seu primeiro disco. A min, persoalmente, gústame moito a súa voz. Aínda que recoñezo que me gustaba máis o grupo ca agora ela en solitario.
A canción chámase "Shame" (Vergoña). Nela, a cantante propón unha reflexión ética sobre a guerra e a perda de vidas humanas, especialmente de xente moi nova, que se dá constantemente en todos os conflitos do globlo.





You left me thinking what a bore
I'm always stuck inside
I've got a feeling there is more
Than I've been left behind
A lot of pain a lot of noise
That these four walls hide
Happy faces go to war
And dance upon the mines

Come, come join, come join, come join us
You're barely young, come join us

Shame on you, shame on you
Shame on you to keep my love from me

You planted me in foreign ground
A pen within a hand
At least I am not on my own
In hell I have a friend
And though I find the sin of shame
It isn't my crusade
Pretty faces in a war
Asleep in open graves

Come, come join, come join, come join us
You're barely young, come join us
You'll be a man, come join, come join us
You're big and strong, come join us

Shame on you, shame on you
Shame on you to keep my love from me
Shame on you, shame on you
Shame on you to keep my love from me

Close your eyes to see it
Unlock your heart to feel it
Changed his name to a number
But he's somebody's child

Shame on you, shame on you
Shame on you to keep my love from me
Shame on you (close your eyes to see it)
Shame on you (unlock your heart to feel it)
Shame on you (changed his name to a number)
But he's somebody's child

Shame on you (close your eyes to see it)
Shame on you (unlock your heart to feel it)
Shame on you (changed his name to a number)
To keep my love from me

Shame on you, shame on you...


Mitoloxía na arte

Un dos traballos que o alumnado de 4º de ESO deberá realizar será investigar a mitoloxía grega e latina, debendo quedarse cada un cun mito e representalos. E desde o magnífico blogue de Iniciarte, o noso querido amigo Toño fainos un regalo: unha presentación sobre como representaron os artistas diferentes mitos e lendas. Así que aquí vola deixamos, para ir facendo boca...

01/02/08

Microfotografía

A microfotografía ou micrografía é a expresión máxima da macrofotografía, cando as imaxes son tomadas a través do microcospio. É unha técnica habitual en laboratorios e centros de investigación con fins científicos ou médicos, pero conta tamén cunha vertente artística de cada vez maior proxección.
Nikon apoia o desenvolvemento desta técnica cunha web e coa convocatoria dun concurso anual. As fotos do certame do 2007 son impresionantes (recoméndovos visitar a páxina), como esta na que se pode observar canta vida pode albergar unha simple gota de auga. É obra de Peter Parks e obtivo o quinto premio.



O primeiro premio foi paa Gloria Kwon e a súa impresionante instántanea do embrión dun rato transxénico de 18,5 días.


Vía Mangas verdes

Contra a SIDA no Carnaval

Unha das metas da campaña para previr a SIDA no Brasil, durante o carnaval deste ano, é convencer ás mulleres para que insistan en que os seus compañeiros sexuais usen o preservativo. Repartiranse 20 millóns de condóns gratuítos baixo o lema "se usas condón, serás incrible na cama".
O Ministerio de Saúde do Brasil empezou a repartir o domingo millóns de condóns antes da celebración do Carnaval, un período de gran exaltación erótica, nun esforzo por combater a Sida e outras enfermidades de transimisión sexual.
"Temos que facer que a sociedade estea ao tanto da importancia da prevención. O 80% da xente nova consultada durante unha investigación emprendida polo ministerio dixo que usa condóns. Pero nin sequera un 40% das mulleres consultadas dixeron que insisten no seu uso" declarou Gomes Temporao, ministro de Saúde.
Como non podía ser doutra xeito, a Igrexa católica opúxose a esta campaña. Porén, o país é coñecido por ter un dos mellores programa contra a Sida, sendo considerado polas Nacións Unidas como un modelo neste senso.



Vía Todas

Vidas para un abrigo

O pasado domingo fronte á catedral de Barcelona, espíronse 150 persoas para protestar contra a industria peleteira.




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.