Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/10/10

Noite de Samaín

Esta noite toca medo, cabazas, morte... Samaín. Dun par de curtas para facervos máis levadeira a madrugada...

THE WEREPIG (2008) Samuel Ortí Martí

Nunha viaxe pola xeografía galega, dous adolescentes americanos gozan ao seu xeito, sen respectar nada do que lles rodea. A súa impertinencia ante as tradicións da zona levaraos a unha pequena casa de embutidos rexentada por dous anciáns onde, moi ao seu pesar, acabarán formando parte activa desas tradicións.


OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO (2001) Virginia Curiá, Tomás Conde

Animación en plastilina baseada nun relato de Ánxel Fole. Na noite de defuntos, nunha aldea galega, unha rapaza foxe da súa casa para escapar co seu mozo e prometérense amor eterno. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que falan en castelán no cemiterio.



Podes velas tamén en Flocostv premendo aquí e máis aquí.

O conto dos silencios

O querido compañeiro Luís Real do CEIP Curros Enríquez de Celanova mándanos este fermoso vídeo-conto para celebrar o mes das Bibliotecas Escolares:


Libros do futuro

Ao remate dos Encontros desta fin de semana, déixovos un vídeo que vén moi a propósito do falado nunha das conferencias, a dada por Celaya e Bragado.
Un tema de todos e para todos e por todos os que len. Desde diferentes plantexamentos, falan escritores, editores e libreiros. Faltamos nós, os lectores, e os bibliotecarios.




Vía

Non á violencia contra as mulleres (CLXIX)

Los Suaves cantan en contra da violencia contra a muller: "No le grites":

30/10/10

Centenario Miguel Hernández X

Hoxe chegou o aniversario: cúmprense 100 anos do nacemento de Miguel Hernánez, tal como lembramos estes últimos días. A semana que vén amosarémosvos as actividades da nosa biblioteca.
Agora disfrutade con esta montaxe sobre "Las Nanas de la Cebolla" do equipo Educ@contic.

Miguel Hernández - 100 años - Nanas de la cebolla from Educ@conTIC on Vimeo.



Unha nena de 11 anos decidiu transformar este poema nun cómic:

las nanas de la cebolla





E veño de ver este post en Libro de Notas este libro que debe ser fermosísimo: Miguel Hernández en 48 estampas (Pódese baixar en pdf).

Coma sempre, os blogues das bibliotecas escolares deixan testemuño desta efeméride. Ide a Bibliocabe ou a Biblos Vivos (de onde collemos a seguinte presentación), por exemplo.





Abellas viaxeiras

Agardo que vos resulte igual de interesante que a min este artigo publicado no diario The Guardian que demostra o intelixente que chega a ser a Natureza, superando a calquera máquina inventada polo home.

Un estudo recente revelou que as abellas son moi boas para as matemáticas, e que poden resolver complexos problemas que manteñen os ordenadores ocupados por días.
Trátase do chamado “problema do vendedor viaxeiro“, que implica atopar a ruta máis curta e eficiente que permita que o viaxeiro visite todos os lugares que ten que visitar.
É un problema que os ordenadores resolven en bastante tempo comparando a distancia de todas as rutas posibles e escollendo a máis curta. As abellas, sorprendentemente, atopan rapidamente a ruta máis curta entre as flores que descobren ao chou, usando un cerebro do tamaño dunha semente.
O científico da escola de Ciencias Biolóxicas da Universidade de Londres, Nigel Raine, explicou que “as abellas viaxeiras resolven problemas do viaxante todos os días. Visitan flores en moitos lugares, e debido a que as abellas usan moita enerxía para voar, escollen unha ruta que implique voar o menos posible”.
Os científicos probaron as abellas usando flores artificiais controladas computacionalmente. A idea era mirar se as abellas seguirían unha ruta definida pola orde na que atoparon as flores, ou se buscarían a ruta máis curta. Despois de explorar onde estaban as flores, as abellas aprendían rapidamente cal era a forma máis curta de percorrelas para aforrar tempo e enerxía.
O descubremento podería ter repercusións para o mundo dos humanos. A vida actual depende de moitas cadeas que non sempre son as máis eficientes: redes de fluxo de tráfico de automóbiles, redes de información, cadeas de provedores de empresas, etc. “Precisamos entender como fan para resolver o problema do viaxante sen un ordenador”, indicou Raine.

El apagón

Culpable ata que se demostre o contrario

Volve Amnistía Internacional a lembrarnos o poder da nosa sinatura. Neste caso, para salvar a Troy Davis, quen leva case vinte anos no corredor da morte por un delicto que el nega ter cometido. Ata o xuíz recoñece que existen dúbidas sobre a súa culpabilidade. Aínda así, a data da súa execución achégase.
Asina aquí se queres axudar a parar a execución.





Fixádevos na campaña que elaborou sobre a eficacia das sinaturas para deter diversas formas de violencia: estas dúas son sobre os desaloxos forzados e a vilencia contra a muller.




29/10/10

Centenario Miguel Hernández IX

Zapata e o Trobador canta o poema de Miguel Hernández "Todas las casas".

Ladrón de gallinas


Fermosísimo álbum ilustrado o que nos trae a editorial Libros del Zorro Rojo: Ladrón de gallinas de Béatrice Rodriguez non ten palabras, non as necesita. Collede o libro e disfrutádeo, porque o final provocaravos unha sorpresa total coa que non contabades. Din na editorial que o libro é para ler antes de aprender a ler. Eu diría que é para disfrutar léndoo, porque as imaxes, as ilutracións, son perfectas por si soas. Porque na amizade é no amor nada está escritor. E para iso están os contos: para demostrárnolo. E para romper tabús, que ben cómpre.
Topei este vídeo que se inventan a partir do libro. Creo que o estragan bastante: danlle nomes, cambian a historia.
Se coñecedes o libro opinade vós. Se non o coñecedes, non vexades o vídeo: logo o libro perderavos a graza.

Miguel Hernández para ler e para oír

Co gallo do centenario de Miguel Hernández estamos a realizar diferentes actividades no centro, das que xa vos informaremos. De momento, aquí tedes o tríptico que repartimos hoxe coa información sobre libros e discos que recollen os seus poemas:



Moda imparábel

LipDub feito no Colexio de Infantil e Primaria Mª Rosa Alonso (Taraconte- Tenerife) como festa de fin de curso. Traballiño!!!




Vía

E estoutro da universidade de Vic:


28/10/10

Centenario Miguel Hernández VIII

O grupo Jarcha versiona o poema "Elegía", homenaxe de Miguel Hernández ao seu amigo Ramón Sijé.


Abelcebú

Teño un grave problema con este libro: onde o coloco? A carón do Dicionario Xerais? No lugar deste? No andel de poesía?
Fóra bromas, encantoume Abelcebú de Carlos Negro, publicado por Positivas, polo seu sentido do humor, por esa retranca que tanto amo e que escasea nestes tempos de deshumores e castelanizacións. Está claro que coa propia definición que o poeta nos ofrecera, intuiamos que o iamos pasar ben: "Abelcebú é un peido diabólico na parte traseira do sistema literario". Máis ca un peido eu diría que é un repaso actual da nosa sociedade. baixo unha ollada crítica e satírica. Algunhas veces linlle nas aulas algunha definición e encantoulles. Un alumno preguntoume se non llo ía mandar ler. Mandar? Non, lévao xa!. Claro que empezando por "Adolescente: dinamita hormonal dentro dun barril de pus".
Claro que tamén temos o noso famoso "Cocido: O de Lalín, capital city da comarca de Deza, gañou merecida sona, pois alimenta moi ben os intereses do caciquismo comarcal". Ou "Emporcallar: meter un fillo a político". E moitas definicións máis que serán seguro do voso interese.
Ah! Resolvín o problema: téñoo na mesiña de noite para ler de cando en vez algunha definición.
Deixádevos romper os esquemas!


Seguridade e valentía

Con tan só 20 anos, Marisoll Valles García é quen de asumir a xefatura de policía dun concello de 3400 habitantes -Práxedis G. Guerrero, do Estado de Chihuahua- preto de Ciudad Juárez, na fronteira de México con EEUU, un territorio ocupado polos cárteles mexicanos máis perigosos.
Hai poucos días asasinaron o anterior comisario, un posto que ninguén quería ocupar. Esta muller, estudante de último curso de Criminoloxía en Ciudad Juárez, aceptou o cargo. Por valentía: "Aquí toda la gente tiene miedo, todos tenemos miedo, pero vamos a cambiar ese miedo por seguridad", foron as súas primeiras palabras.

27/10/10

Centenario Miguel Hernández VII

Mayte Martín adícalle este tema a Miguel Hernández:



La mansión misteriosa



La mansión misteriosa de Carmen Gil e ilustracións de Riki Blanco, xunto coas fotografías de Artur Ribas está publicado pola editorial Combel. Escrito en verso, semella que imos ler un conto de medo para nos sorprender co seu final. Chaman a atención as ilustracións, que ás veces semellas cosidas ao texto, dándolle esta impronta suxestiva de incertidume que atesoura o libro.



En la mansión misteriosa
de la colina nubosa viven,
desde hace mil años,
unos seres muy extraños.

Allí hay monstruos a montones:
fantasmas, brujas, dragones…
Si los quieres conocer,


ponte rápido a leer.

Una pizca de pimienta



A editorial Juventud publica Una pizca de pimienta de Helen Cooper, un divertido álbum que aborda o tema da amizade e como resolver os conflitos diarios que a convivencia pode presentar: unha boa dose de bo humor, cariño e infinita paciencia.
Non é o típico álbum ilustrado que me volva tola, nin llelo vou ler ao meu alumnado, pero creo que é un texto sinxelo e fermoso para os máis peques.

Que lles das de comer?

Impactante e dura campaña contra a obesidade infantil, que pon o acento sobre os seguramente máximos responsables, os pais.


Break The Habit TVC from Tania Lambert on Vimeo.



Vía

26/10/10

Con Luis Alberto de Cuenca


O venres en Santiago asistimos a unha charla de Luis Alberto de Cuenca:
Os Camiños da Literatura.

Luis Alberto de Cuenca falounos dos seus camiños da Literatura e da súa experiencia como lector precoz. Digo precoz, porque comezou a contar todo o que leu aos seus 12 anos... e aí quedou: neses 12 anos que lle agasallaron miles de lecturas; creo que en ningún momento comentou que algunha deses libros que nos indicou como extraordinarios as realizase con outra idade!
Os camiños que lle interesan levan todos á Literatura: esta é un corpus de historias e personaxes que inspirándose na vida describen círculos concéntricos na súa contorna sen confundirse coa vida. Estas son algunhas das súas frases:
"Sexa cal sexa o camiño, este facémolo cun libro na mochila. Non hai un só día que non lle adiquemos uns minutos á lectura, en solitario ou compartida.
Os meus xoguetes preferidos foron os tebeos. Aínda hoxe sigo léndoo.
Asolágabame de paixón aventureira viaxando dun lado a outro envolta no manto protector da fantasía que me mantiña en primeira ringleira das butacas sen que me salpicasen nin o odio nin o sangue.
Ler é unha actividade interactiva por excelencia.
Ler a Shakespeare foi unha das cousas máis importantes que me teñen pasado na vida. Canto é o home está nos seus libros.
A poesía é un exercicio de introspección hoxe en día. O primeiro poeta que houbo foi Homero: na épica contéñense todos os xéneros literarios posteriores.
Os camiños trazados pola literatura ofrécennos a posibilidade de viaxar en sentido contrario: do razoable ao mítico".


Centenario Miguel Hernández VI

Barricada adica unha canción á memoria de Matilde Landa. Reproducimos un artigo de David Ginard i Ferón publicado en Mundo Obrero onde falaba desta estremeña:

Matilde Landa nació en Badajoz el 24 de junio de 1904, en el domicilio familiar de la plaza de San Andrés (hoy Cervantes). Procedía de una familia acomodada y culta, muy vinculada a la Institución Libre de Enseñanza. Su padre, Rubén Landa Coronado, había sido un destacado dirigente republicano de la región, y entre sus hermanos, descuella la figura de Rubén Landa Vaz, catedrático de filosofía, amigo de Antonio Machado, que se exilió a México en 1939.

Matilde pasó su infancia y adolescencia en Badajoz, donde estudió el Bachillerato, pero en 1923 el se trasladó a Madrid con el objeto de cursar la carrera de Ciencias Naturales. Durante la Segunda República inició su militancia política. Ingresó en el PCE poco antes de la Guerra Civil, gracias a sus contactos con el activista italiano Vittorio Vidali "Comandante Carlos" y su compañera, la célebre actriz y fotógrafa Tina Modotti.

En el Socorro Rojo

Tras el golpe de Estado de julio de 1936, se incorporó a las tareas sanitarias en un hospital de guerra de Madrid. Pronto pasó al Socorro Rojo Internacional, colaborando en la evacuación de Málaga (febrero de 1937) y, ya en 1938, a la sección de información popular del Subsecretariado de Propaganda del Gobierno Republicano. Recorrió por entonces numerosas ciudades de la Península, en las cuales organizó conferencias para levantar la moral a los combatientes republicanos. En esa época debió conocer a Miguel Hernández quien le dedicó el poema "A Matilde".

Poco antes del hundimiento de la República, fue encargada por el Buró Político del PCE de organizar el Partido en el interior ante la inminente entrada de las tropas franquistas en Madrid. La celeridad con la que fue puesto en marcha este Comité, y la falta de medios que padeció demuestra la extrema improvisación con la que el PCE acometió los inicios de la clandestinidad. De hecho, fue rápidamente desarticulado por la policía. El 26 de septiembre de 1939 ingresó en la Prisión de Ventas, donde desarrolló una impresionante tarea de ayuda a las presas condenadas a muerte a través de la famosa "oficina de penadas". Condenada a la pena máxima, gracias a los oficios del filósofo García Morente consiguió que le fuera conmutada por la de treinta años de reclusión.

En junio de 1940, fue trasladada a la prisión de Palma de Mallorca, posiblemente una de las más terribles cárceles de mujeres de la posguerra española, caracterizada por la masificación y la pésima alimentación. Al igual que en Ventas, Landa se convirtió de inmediato en un referente moral básico para las presas, encabezando las modestas acciones de resistencia que se desarrollaban en el penal.

Pero, por otra parte, su significación política determinó que las autoridades religiosas de la prisión se interesasen de manera muy especial por su conversión al catolicismo, la cual hubiera constituido una victoria propagandística notable para el régimen. Así, desde 1941 se inició una brutal presión para que se bautizara, en la que intervinieron algunas de las principales autoridades eclesiásticas de la isla.

Lógicamente, en estas circunstancias, su equilibrio emocional se resintió. Así, en la tarde del 26 de septiembre de 1942 cayó desde una galería de la prisión, y al cabo de tres cuartos de hora murió. Aunque en alguna ocasión se ha afirmado que fue asesinada, no hay la menor duda de que se trató de un suicidio, aunque por supuesto inducido por la terrible situación que padecía. Algunos días más tardes la familia conoció con indignación que había sido bautizada "in articulo mortis". Fue enterrada en el cementerio de Palma, en una sepultura propiedad de una familia aristocrática mallorquina. La recuperación de la biografía de Matilde Landa se inició en la década de los setenta, y actualmente está considerada como uno de los principales símbolos del movimiento de mujeres contra la dictadura franquista.










En la tierra castellana
el castellano caía
con la voz llena de España
y la muerte de alegría

Para conseguir la libertad de sus hermanos
caen en los barbechos los más nobles castellanos.

No veré perdida España
porque mi sangre no quiere.
El fascismo de Alemania
junto a las encinas muere.

Para hacer cenizas la ambición de los tiranos
caen en las trincheras los más nobles castellanos.

Españoles de Castilla
y castellanos de España
un fusil a cada mano
y a cada día una hazaña.

Voy a combatir al alemán que nos da guerra
hasta conquistar los horizontes de mi tierra.

A Matilde, de Miguel



Vía

A mansión dos murmurios


Novamente El Patito Editorial tráenos un cómic interesante que nos deixa sen saber o final agardando unha segunda parte, faino novamente en galego, o cal é de agradecer, e volvemos a estar ante unha coidada edición, unha tradución dun orixinal francés como acontecía igualmente no último cómic que comentamos. O de hoxe está asinado por David Muñoz, con debuxos de Tirso Cons e cor de Javi Montes: A mansión dos murmurios lévanos de viaxe á Checoslovaquia de 1949 e ao nazismo da man dunha casa estraña onde todo semella paranormal. Veremos en que dá, porque de momento só temos o misterio e ningunha solución. Aínda que promete esta mestura de fantasía e realidade histórica, mesmo algunha dose terrorífica.


Vivir sen auga

Este vídeo traslada ao mundo privilexiado a traxedia da falta de acceso á auga potable que viven miles de persoas.




Vía

25/10/10

Lorca e a Biblioteca

Veño de ver en No sólo libros un post estupendo que fixo que cambiese o que tiña preparado para hoxe sobre a biblioteca. Por suposto, xa tod@s sabedes que outubro é o mes da biblioteca escolar e que organizamos algunhas actividades que o lembren. Sabedes tamén que eu cheguei a un novo centro onde me pediron que axudase na dinamización. E así andamos, expurgando, organizando algunhas actividades que xa vos amosaremos e buscando novos espazos. Ademais de botar a andar varios clubs de lectura. Pero ao que iamos: recollo o post deste magnífico blogue polo que ten de especial:

Discurso de García Lorca cando inaugurou a biblioteca da súa vila

Medio pan y un libro.
Locución de Federico García Lorca al Pueblo de Fuente de Vaqueros (Granada). Setembr0 1931.

"Cuando alguien va al teatro, a un concierto o a una fiesta de cualquier índole que sea, si la fiesta es de su agrado, recuerda inmediatamente y lamenta que las personas que él quiere no se encuentren allí. ‘Lo que le gustaría esto a mi hermana, a mi padre’, piensa, y no goza ya del espectáculo sino a través de una leve melancolía. Ésta es la melancolía que yo siento, no por la gente de mi casa, que sería pequeño y ruin, sino por todas las criaturas que por falta de medios y por desgracia suya no gozan del supremo bien de la belleza que es vida y es bondad y es serenidad y es pasión.

Por eso no tengo nunca un libro, porque regalo cuantos compro, que son infinitos, y por eso estoy aquí honrado y contento de inaugurar esta biblioteca del pueblo, la primera seguramente en toda la provincia de Granada.

No sólo de pan vive el hombre. Yo, si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro. Y yo ataco desde aquí violentamente a los que solamente hablan de reivindicaciones económicas sin nombrar jamás las reivindicaciones culturales que es lo que los pueblos piden a gritos. Bien está que todos los hombres coman, pero que todos los hombres sepan. Que gocen todos los frutos del espíritu humano porque lo contrario es convertirlos en máquinas al servicio de Estado, es convertirlos en esclavos de una terrible organización social.

Yo tengo mucha más lástima de un hombre que quiere saber y no puede, que de un hambriento. Porque un hambriento puede calmar su hambre fácilmente con un pedazo de pan o con unas frutas, pero un hombre que tiene ansia de saber y no tiene medios, sufre una terrible agonía porque son libros, libros, muchos libros los que necesita y ¿dónde están esos libros?

¡Libros! ¡Libros! Hace aquí una palabra mágica que equivale a decir: ‘amor, amor’, y que debían los pueblos pedir como piden pan o como anhelan la lluvia para sus sementeras. Cuando el insigne escritor ruso Fedor Dostoyevsky, padre de la revolución rusa mucho más que Lenin, estaba prisionero en la Siberia, alejado del mundo, entre cuatro paredes y cercado por desoladas llanuras de nieve infinita; y pedía socorro en carta a su lejana familia, sólo decía: ‘¡Enviadme libros, libros, muchos libros para que mi alma no muera!’. Tenía frío y no pedía fuego, tenía terrible sed y no pedía agua: pedía libros, es decir, horizontes, es decir, escaleras para subir la cumbre del espíritu y del corazón. Porque la agonía física, biológica, natural, de un cuerpo por hambre, sed o frío, dura poco, muy poco, pero la agonía del alma insatisfecha dura toda la vida.

Ya ha dicho el gran Menéndez Pidal, uno de los sabios más verdaderos de Europa, que el lema de la República debe ser: ‘Cultura’. Cultura porque sólo a través de ella se pueden resolver los problemas en que hoy se debate el pueblo lleno de fe, pero falto de luz".


Centenario Miguel Hernández V

Hoxe traémosvos a amable aportación de Mónica Muñoz da Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Frian - Teis (Vigo).

Para os máis cativos elaboraron esta presentación baseada no poema de Carmen Gil titulado Miguel Hernández para nenos:




Para o segundo ciclo as actividades partes deste traballo, agasallo do CEIP A Ramallosa:




Para o terceiro ciclo esta caza do tesouro:


Tamén no blogue O Recanto de Mik tedes unha selección de recursos.

Se visitades este site atoparedes un traballo colectivo: "Homenaje a Miguel Hernández".


La alargada Sombra del Amor

Mathias Malzieu, a través da editorial Mondadori, volve a deleitarnos cun conto, un relato cheo de tenrura e amor como xa fixera en La mecánica del corazón; neste caso La alargada Sombra del Amor ensínanos a nos enfrontar á dor que produce a morte dun ser querido. E faino desde a valentía ante a resignación, desde a dó ante a tristura e a compaixón, desde a descrición da soidade e a necesidade desta, desde as sombras que se apoderan de cada recuncho da alma, da casa, da contorna. Porque o verdadeiro protagonista deste libro son as sombras, as sombras que nos esnaquizan, as sombras das lembranzas, as sombras da dor, as sombras da morte, as sombras que poden deixar de ser sombras se aceptamos a loita interna que se nos presenta cando decidimos vivir a pesar da morte. Sombras que só nós somos quen de derrubar, de domesticar, de contemporizar. Porque a lección que se desprende da súa lectura é que a persoa que marchou permanece viva nas nosas lembranzas.
É, ante todo, unha gran metáfora sobre o AMOR.
Así é este fermoso libro que devoraredes en moi pouco tempo. Pero non busquedes nel unha segunda parte do libro que xa lestes: nada ten que ver con el, agás o ton melancólico. Non ten a súa maxia, pero ten a realidade que todos e todas debemos superar algún día.

Los libros son accesorios no accesorios para luchar contra la noche eterna.

Sinestesia

Documental sobre Daniel Tammet, un superdotado que padece o 'sindrome de Savant' polo cal é capaz de facer os cálculos matemáticos máis sorprendentes ou aprender islandés nunha semana. O máis fascinante de todo é que, a diferenza da maioría dos casos similares ao de Daniel (como o caso real que inspirou o filme 'Rain Man', persoa que tamén podedes ver uns minutos neste vídeo), Tammet conseguiu mitigar o autismo que xeralmente vai asociado a este tipo de síndromes. Por iso é un caso de incuestionable valor para os científicos, que non chegan a comprender que Daniel realmente non realiza os cálculos matemáticos, senón que describe as 'paisaxes', as 'formas' ou as 'sensacións' de pracer ou desacougo que os números provocan na súa mente. Sinestesia é o nome que recibe esa experiencia de asociar números con formas ou sensacións.
Parte do experimento foi levar a Daniel a Islandia, e comprobar se era capaz en só 7 días de aprender o islandés (lingua que só falan menos persoas que as que habitan na Coruña, e acreditadamente un dos máis complicados de aprender que hai). Pois ben, por suposto Daniel foi capaz de aprendelo (e ser entrevistado na TV islandesa para demostralo), pero aí podemos escoitar a un dos abraiados presentadores comentar: "os islandeses sentimonos moi orgullosos do noso idioma, e que alguén sexa capaz de aprendelo en só unha semana é estupendo".



Vía

“Somos galegos grazas a mulleres arriscadas como Rosalía”

Pilar García Negro no Xornal:

A autora sinala que “Galicia será nación” cando a poeta de ‘Cantares Gallegos’ sexa para o país “o que é Mozart para Austria e Shakespeare para o Reino Unido”

En dúas das catro esquinas do salón de plenos do concello de Allariz “observaban” a escena Rosalía de Castro e Vicente Risco porque se trataba da entrega da décimo quinta edición do Premio de ensaio que leva o nome do escritor ourensán e a publicación premiada aborda a dimensión de muller comprometida e intelectual rompedora da escritora de Padrón. A gañadora nesta ocasión foi Pilar García Negro, muller, mestra e investigadora, como a definiu a concelleira de Cultura de Allariz, Teresa Devesa. Foi precisamente a propia Devesa, relatora do acto, a que detectou a presenza dos egrexios escritores, aos que tamén presentou, antes de falar do acto literario co que se “homenaxea a memoria da poeta de Galicia e recoñece o traballo da primeira muller deputada no Parlamento galego”.

A entrega do premio acompañouse de música interpretada por un cuarteto ao que os convidados e convidadas aplaudiron despois de cada execución pois puxéronlle notas a poemas rosalianos como Campanas de Bastavales. Estaba especialmente satisfeito Olegario Sotelo Blanco, presidente da Fundación Sotelo Blanco, pola consolidación do premio de ensaio e por ser García Negro, colaboradora de Xornal, a premiada xa que subliñou: “Prestíxianos a todos e a todas”.

'EN LAS ORILLAS DEL SAR'

Pilar García Negro escoitou todos parabéns que se pronunciaron no Salón de Plenos do Concello de Allariz e aclarou: “As miñas palabras van máis alá do protocolario porque estou moi agradecida a todas as institucións e persoas que tiveron que ver e fan posible ano tras ano este acto”. De seguido entrou no terreo do concreto para situar o seu interese por Rosalía de Castro na súa etapa de estudante de Filoloxía Hispánica. “Tiven que elixir un libro en español para facer un traballo e escollín En las orillas del Sar, e dende ese momento a figura de Rosalía chamoume a atención e comecei a estudar a súa obra”, explicou a autora premiada este ano co prestixioso Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.

O interese da ex deputada do BNG no Parlamento galego desembocou en numerosos estudos, reflexións e publicacións que remataron na compilación do volume premiado que é “unha síntese do meu traballo docente” e que leva por título O clamor da rebeldía, Rosalía de Castro: ensaio e feminismo. A autora, para reivindicar e recoñecer a figura da escritora galega, referiuse a nomes como o do escritor, Shakespeare ou do músico, Mozart, porque “cando Rosalía sexa o que Shakespeare é para o Reino Unido ou Mozart para Austria, Galiza será a nación plena”. García Negro foi máis alá e sinalou que “somos galegos e galegas grazas ao papel de mulleres arriscadas e valentes na apoloxía de Galiza como Rosalía de Catro” e finalizou dicindo: “Aspiramos a ser galegos e galegas a tempo completo cando nolo permitan e esta aspiración xa a espertou Rosalía”.

As súas palabras provocaron nos asistentes aplausos de satisfacción e o bater das palmas corroborou as afirmacións de Luís Martínez-Risco, secretario da Fundación ou de Sara Vega, concelleira de Castro Caldelas, cando afirmou que o nome da premiada prestixia un galardón xa consolidado no panorama cultural do país.

Ademais dunha representación da veciñanza da vila estaban no salón de plenos do concello de Allariz compañeiros e compañeiras da Universidade da Coruña de Pilar García Negro, o presidente fundador da UPG, Bautista Álvarez, a tenente alcalde de Ourense, Isabel Pérez e mesmo o voceiro popular no Parlamento, Antonio Rodríguez Miranda. Todos eles recoñeceron o traballo de García Negro.

24/10/10

Centenario Miguel Hernández IV

Paco Damas proponnos unha magnífica páxina con proposta pedagóxica -que xa temos no centro-, unha colección de recursos que "pretende ser semente e que cadaquén cargará de utilidade para que prospere. Para escoitar, para ler, para suxerir, para vivir, para convivir, para compartir...".
Puxémonos en contacto con el e agardamos telo en Galicia en breve. Xa vos contaremos.
Paco Damas interpreta o poema "Tristes guerras":





Desconectada do Twiter estes días, veño de me enterar da seguinte iniciativa:

Debido a que se aproxima o centenario do nacementeo de Miguel Hernández, o 30 de outubro a rede estremecerase cos seus versos. Dende o portal de Leer.es, e os blogues A pie de aula, Blogge@ndo, Re(paso) de lengua e Tres Tizas fixeron unha convocatoria para inundar de versos a blogosfera e as redes sociais.
Reproduzo as bases da convocatoria vía Re(paso) de lengua:

¿Cómo participar en esta iniciativa?

Selecciona un poema y publícalo en una entrada de tu blog con el título Los versos de Miguel Hernández inundan la Red, bajo la etiqueta "mhernandez2010", y con este encabezamiento común para todos los participantes:

"Hoy se cumplen 100 años del nacimiento de Miguel Hernández, poeta al que hemos ido recordando en Internet con numerosas actividades. Hagamos que la red se inunde con sus versos."

Además, si eres docente y has realizado actividades en torno al poeta (grabaciones, montajes...), enlázalas en tu entrada.

Si tienes cuenta en Twitter, enlaza la entrada y usa el hashtag #mhernandez2010.

Tuitea a lo largo del día versos del poeta con el hashtag #mhernandez2010.

La Red permite compartir la emoción de la poesía. Anímate a participar para que el día 30 el "viento del pueblo" se extienda sin límites.

Publicidade ¿segura?

Mándanme este correo asegurándome que vou ver a mellor publicidade de todos os tempos. Está situado na Riviera Francesa, xusto á saída de Montecarlo. O cartel di "entre ao túnel con confianza".




O que non sabemos se o semáforo que hai antes é visto polos condutores... ou se hai máis accidentes por esta confianza!!!

Milank. O prezo da supervivencia


Gustoume moito este cómic que vén de ser publicado en galego por El Patito Editorial. Escrito por Sam Timel e debuxado por Corentin, estamos ante un primeiro tomo das aventuras dun mozo que terá que se enfrontar á mafia rusa para sobrevivir. O título desta primeira entrega é O prezo da supervivencia e quedeime coas ganas de seguir lendo o segundo, que será Furacán. Ambos baixo o nome común de Milank. Coidadísima edición, tapa dura, aventuras dun guapo mozo, un goberno ruso corrupto... todos os ingredientes para converterse nunha serie de éxito entre os lectores comiqueiros.
A min paréceme moi recomendable.

Non á violencia contra as mulleres (CLXVIII)

Impresiona esta curta de Miguel Furnier: Desenfocada. Sabedes que para todos os domingos busco algo sobre este tema; pero dende que vin esta curta a miña alma quedou esnaquizada: non a podo tirar da cabeza.

23/10/10

Centenario Miguel Hernández III

Joan Manuel Serrat interpreta o famoso poema "Nanas de la cebolla":




Xa sabedes que este cantautor rendeulle unha homenaxe a Miguel Hernández con dous discos. Esta é unha escolma:



365 pingüinos

Kókinos publica este enorrrrme álbum ilustrado 365 pingüinos de Jean-Luc Fromental e ilustracións de Joëlle Jolivet. Humor, matemáticas, ecoloxismo, e ilustracións hiper-realistas de cores chamativas e trazos case cocmiqueiros mestúranse neste libro hiperbólico que nos dará a clave do que acontece cara ao final, aínda que deixa unha porta aberta a unha nova e máis perigosa aventura desta familia acolledora. Familia acolledora que transmite as súas emocións polas caras, perfectamente debuxadas. Fixádevos e veredes como sabemos que sente en cada momento cada un dos protagonistas da familia ante a disparatada situación coa que teñen que convivir.
Un libro divertido e diferente que gustará, de seguro.
El uno de enero, a las nueve de la mañana, un mensajero llamó a la puerta.
Abrí yo el paquete: un pingüin. ¿Quién nos enviará un regalo tan raro?
Buscamos en la caja el nombre del remitente. No ponía nada.
-¡Eh!, – dijo mi hermana Mariana. ¡Mirad!
Soy el número 1, alimentadme cuando sea oportuno.
- Sorprendente.- dijo mi padre.

Non son enfermos

A loita pola despatoloxización das identidades trans é recente. Comezou en Francia co movemento antipsiquiátrico e afianzouse no ano 2007, con mobilización simultáneas en Barcelona, París e Madrid. Este mes doe outubro están previstas mobilizacións en en 59 cidades de 28 estados de todo o mundo como Ulaanbaatar (Mongolia), Concepción (Chile), Estocolmo (Suecia), Gaborone (Botswana) o Ankara (Turquía).





Vía

Concerto no metro

Un concerto con iPhones. Si, como oídes. Este foi gravado o pasado 8 de outubro no interior do metros de Nueva York e realizouse coas cámaras de tres iPhones. Un novo éxito de Youtube:



Vía

A segunda morte de Otero Pedrayo

Artigo n'A Nosa Terra:

Cando en 1976, corenta anos despois do alzamento fascista contra a República española, morría, de morte natural Otero Pedrayo, con el desaparecía a derradeira gran figura do que se deu en chamar «xeración Nós». Mais non só iso, desaparecía o primeiro novelista moderno de Galiza, e, tamén, unha conduta cívica exemplar, aínda que moitos de nós estivésemos a millas de distancia do seu pensamento. Desapareceu Otero Pedrayo e a Galiza antifascista honrou a súa figura. Tamén, cabe dicilo, apuntáronse outros que militaran e apoiaran o fascismo triunfante e rampante, mais non nos importou: sabíamos que Otero estaba connosco e nos estabamos con el.

A súa figura, a partir do seu pasamento, mais sobre todo a partir da aparición das súas obras escollidas (hoxe, infelizamente, paralizadas), a súa figura, como narrador e como pensador –eis ese libro insuperábel que é Ensaio sobre a cultura galega, por non falarmos do seu discurso de ingreso na Academia e outros textos que viron lume ben en libro, folleto ou nas revistas Nós e Grial–, foi medrando ante os ollos de todos aqueles que non só amaban Galiza, senón a literatura e o pensamento libre. Otero, malia a súa pouca «popularidade» actual como novelista ou pensador, converteuse nunha figura indispensábel para coñecermos a Galiza do século XIX e, tamén, a do XX, cando menos até 1936.

Non imos agora aquí referenciar as súas obras, indispensábeis en calquera biblioteca que se «prece»: non paga a pena. Ler a Otero Pedrayo, ademais, non é só descubrir Galiza, é tamén saber que estamos a entrar no territorio libre e libertario da literatura. Territorio libre e libertario que acaba, hai pouco menos de 72 horas, de ser lixado, usando como pretexto o nome de don Ramón Otero Pedrayo. E non só ese territorio ao que moitos non teñen a obriga de viaxar. Acaba de ser lixado o territorio da liberdade, o territorio da dignidade, o territorio da tolerancia, e tantos outros territorios que conforman o home (muller) e a súa liberdade e dignidade, que sería prolixo enumerar. Eses territorios, como digo, acaban de seren lixados e, con esa acción, ademais, asesínase, con alevosía e nocturnidade, a Otero Pedrayo: seis institucións galegas, as catro deputacións, a Xunta feijoniana e máis a Academia, outorgaron o premio Otero Pedrayo a Manuel Fraga Iribarne.

Non espero que representantes das deputación ou da Xunta dean explicacións do asasinato do que son reos e convitos, mais estou a esperar, con ansiedade, as motivacións que tivo a Academia para asasinar e lixar o a persona e o nome dun dos seus máis egrexios membros

22/10/10

Centenario Miguel Hernández II

Tema de Nach tributo a Miguel Hernández:


Historias de mestre Raposo

Faktoría K achéganos na nosa lingua este cómic do francés Bruno Heitz: Le Roman de Renart, Historias de mestre Raposo. Tal como non indican na editorial:

Le Roman de Renart, Mestre Raposo, é unha das obras literarias máis antigas escritas en francés. Foi redactada en forma de poemas durante os séculos XII e XIII para parodiar a épica e a novela cortesá da época. Os sucesos que se narran transcorren nunha sociedade animal, antropomórfica, e o seu principal protagonista é Renart, o raposo.
As historietas, distribuídas en capítulos, remóntanse á época medieval: a fame e a penuria acucia os máis desfavorecidos e Mestre Raposo utiliza o enxeño para conseguir alimentos para a súa familia. Este retrato social ambiéntase nun contexto lingüístico acorde, no que os personaxes utilizan fórmulas de respecto para dialogar. Fronte á avaricia dos máis podentes, Mestre Raposo actúa con astucia, exprésase con ironía e fai do engano a súa arma de supervivencia. Ata que o seu maior inimigo o delata ao rei, que o reclama para axustizalo. O desenlace queda en suspenso ata a publicación da segunda parte do libro.
Bruno Heitz adapta este clásico ao cómic e ofrécenos en divertidas viñetas as trepidantes aventuras deste ousado e descarado personaxe que cuestiona a orde establecida.
Á marxe da historieta, Bruno Heitz “deslocaliza” a Maese Zorro e o seu rival para situalos na súa propia casa, en Saint Rémy de Provence, ao sur de Francia.

A min gustoume, paréceme boa elección para os coles e pode dar moito xogo. Creo que os debuxos lles van encantar aos máis pequenos.

Cos beizos cosidos


A iraniana Mandana Daneshnia é unha das 25 persoas daquel país que piden asilo político en Grecia e que permanecen en folga de fame cos beizos cosidos en Atenas para presionar ao Goberno grego, que se nega a conceder a súa solicitude.
Mandana Daneshnia é xornalista e foi ameazada polas autoridades do seu país por escribir sobre a situación da muller en Irán.

Seis meses verquendo

Onte cumpríronse seis meses da catástrafe ambientarl provocada pola explosión da plataforma do BP no Golfo de México; para lembralo, activistas de Greenpeace, disfrazados, salferiron en Bruselas automóbiles luxosos cun líquido que semellaba petróleo. Ademias, sostiñan cartaces que indicaban que "conducir con combustible causa derrames"




Vía

Ecolingüismo

"O galego é o noso medio natural", unha campaña con vocación ecolingüística impulsada pola Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo en colaboración coa Coordinadora Galega de ENDL.


21/10/10

Centenario Miguel Hernández I

Como sabedes, o día 30 deste mes celebramos o centenario de Miguel Hernández. Na biblioteca do IES Chano Piñeiro de Forcarei estamos a traballar para lembrárllelo ao alumnado con diversas actividades que vos contaremos aquí.



Un dos libros que mercamos para a biblioteca foi La vida y poesía de Miguel Hernández contada a los niños por Rosa Navarro Durán con ilustracións de Jordi Vila Delclós, da editorial Edebé. Creo que é un bo xeito de achegarlle ao alumnado de 1º de ESO o poeta, de introducilo no seu coñecemento e que, cando menos, teñan oído falar del neste ano do seu centenario. De cando en vez intercálanse poemas e ilustracións que achegan dun xeito máis ameno a biografía deste loitador que é amosada sen adornos superfluos.




Sempre hai un lugar para a poesía (LXXXIV)

Poema de Oriana Méndez que descubrín grazas a Chus Pato no Facebook. O poema acaba de se publicar nun libro colectivo "En defensa do poleiro" en contra da privatización do mosteiro/instituto de Celanova para convertelo nun hotel:

E o que permanece en nós contempla estrañamente esta viaxe
setecentos unicornios
como un dragón
unha sucesións de dragóns
unha luz azul resistente e longa
atravesando os aneis
unha cadea de recordos
ao longo do río
o son grave da memoria en sangue que se reproduce
que forma circuitos radiantes
que forma circuitos de serpes en resplandor
unha sucesión de dragóns
e as ameas do castelo
que levas dentro
partindo con empeño a índole
e a pel máis recente
esmigallada
e os ollos tenros
ardidos sobre a vandexa das idades
pero un único dragón que agarda
auxilia aos resucitados
rescata os que se enterran
arredor da lama
nas areas movedizas do bosque interminable
que nos agarda desde a primeira vez ata a fin do mundo
nesta viaxe sen saída ou sen alivío
É un percorrido tronzado
Estraviáronse
todas as formas de cazar unicornios
cativar as aparicións

Ou aínda o embrión aproximándose desde fóra
para instalarse no interior fervente
dos nosos corpos
axitados de ruptura
e devolverlle ao tempo a súa perfección

A tropa de trapo


Trailer en galego de "A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol", unha divertida historia para nenos de 2 a 7 anos que é a primeira película de animación española en 3D estereoscópico.

Escóitame

Médicos do Mundo propón accións de sensibilización sobre a situación das vítimas da trata de persoas con fins de explotación sexual; a organización afirma que a trata de persoas constitúe a escravitude do século XXI, unha grave violación dos Dereitos Humanos. Cada ano, case tres millóns de persoas, o 80% mulleres e nenas, son vítimas do terceiro negocio clandestino máis lucrativo do mundo, tras o tráfico de armas e drogas.
Para entendermos o que isto significa, esta asociación colaborou coa actriz e directora Mabel Lozano na elaboración desta curta: 'Escúchame'.







Vía

Día da Ciencia en Galego

Comunicado de ProLingua:

A partir deste ano 2010, o 4 de novembro convertase para as galegas e os galegos nunha cita puntual coa ciencia en galego, que nos permitirá achergarnos, educativa e socialmente, a aquelas persoas que dedicaron a súa vida ao desenvolvemento e avance da sociedade desde a súa entrega e achegas á evolución do coñecemento científico.
ProLingua parabenízase desta inicitiva que este ano nos guiará polo perfil do astrónomo e matemático galego Ramón María Aller Ulloa (1878-1966), do físico escocés James Clerk Maxwell (1831-1879) e mais de Afonso X O Sabio (1221-1284), un dos maiores poetas galegos de todos os tempos e un dos científicos universais pola súa contribución ao progreso da ciencia europea.
ProLingua tamén quere colaborar coa Semana da Ciencia en Galego activamente e para iso convida a todos e todas as asinantes do seu manifesto fundacional a escribiren e nos enviaren un texto en formato de conto, poema, microrrelato, relato curto, aforismos, etc., sempre que no seu argumento, na súa estrutura ou na súa linguaxe apareza a ciencia. Os textos deberán ser enviados, antes do 31 de outubro, ao enderezo electrónico prolinguagalega@gmail.com. Unha vez concluído o prazo, as vosas achegas serán subidas á web como contributo colectivo a unha visión contemporánea e literaria da ciencia en galego en Galicia.

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.


20/10/10

Culpa da crise

En Estados Unidos, e ante o perigo dos recortes presupuestarios nas bibliotecas, o xeito de reclamar é facer un lipdub tan divertido coma estes (versión curta e ampliada -que inclúe aventuras e desventuras da bibliotecaria-) que vos deixo aquí:






Vía Frikitecaris

Adiviña canto te quero


Precioso e tenro libro publicado por Kókinos en galego, Adiviña canto te quero está escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram. Dúas lebres que nos amosan a imposibilidade de medir o amor, porque este é inconmensurable; de aí a tenrura do texto, que ademais saber non caer na lixeireza coa dose exacta de humor.
Precioso.


El Rey que deseaba el Tiempo


El Rey que deseaba el Tiempo é un conto de Régine Joséphine ilustrado por Selma Mandine e publicado pola editorial Claret que nos conta a fermosa historia da invención do tempo, ou máis ben da súa instauración e funcionalidade, aínda que tamén é a historia da insatisfacción de quen todo o ten e da envexa e a cobiza de quen todo o desexa. Gústanmme tanto as ilustracións como a historia. Sen ser deses libros que queres coma un tesouro, creo que paga a pena.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.