Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/05/10

When I Am King

Curta -dirixida por Sverre Fredriksen- realizada para unha canción de Tim Knol que mestura bricomanía co stop-motion: utiliza madeira coma se fose fotogramas en papel.



Vía

Rap do libro

Os nenos e as nenas do CEIP Barrié de la Maza fixeron un rap para homanexear os libros. A letra fala de preciosos motivos para achegarnos á lectura.






Vía O recanto de Mik

Esveltas e crucificadas


Esta impresionante mostra fotrográfica proxectada en Milán polos artistas romanos Winkler e Noah critica os aspectos máis escuros da relixión e a sociedade contemporánea a través de instantáneas que amosan os corpos esveltos e nus de mulleres crucificadas.
Baixo o título de "Awakening", pretende ser unha crítica á sociedade actual que se rexe baixo o lema "sé fermosa e permanece calada". Pero vai máis alá: representa a carreira cara á necesidade de perfección da muller; unha muller nova, espléndida, esquelética... todas elas iguais xogándose o destino coas dimensións do peito ou a lonxitude das súas pernas.


Un aspecto que, desgrazadamente, detectamos nas nosas aulas con demasiada frecuencia: a busca da perfección dalgunhas alumnas que as leva a unha enfermidade que, irremediablemente, presenta secuelas para toda a vida. Estamos a falar da anorexia e da bulimia. Son testemuña de vidas derramadas a destempo, tentando reconducirse e non sempre conseguíndoo.




Vía El Ventano.

30/05/10

Modestia

Que hai que inaugurar unha fonte? Pois veña, non nos imos andar con pequeneces! Isto é Dubai, os demais alucinamos:

Juego de luces



Se o outro día falamos de Juego de espejos hoxe é o turno destoutro libro, Juego de luces, do mesmo autor, Hervé Tullet. Un negro libro moi diferente e orixinal que nos leva da man dunha lanterna para percorrer animais agochados e labirintos xunto cun pai e seu fillo. Non é un libro para ler, é un xogo-libro que dependerá do maxín de cadaquén para lle tirar o partido necesario.



Poderosa

A nosa alumna lectora Ainara García Doval apórtanos a súa visión deste libro de Sergio Klein, Poderosa, editado por Xerais.


A verdade é que este libro non me chamou moito a atención. Tampouco é que o considere aburrido, pero a historia non me enganchou, porque non a atopei demasiado interesante. Coido que me gustaría máis de tela lido hai dous ou tres anos, porque creo que é unha histoira para rapaces máis novos ca min.
Porén, si que me gustou a mensaxe que transmite, xa que a pesar de ter o poder para cambiar calquera problema da vida con só escribir unhas liñas nun papel, a protagonista descobre finalmente que non sempre é mellor a solución máis fácil, senón que hai que enfrontarse aos problemas por nós memos e aprender deles.

Non á violencia contra as mulleres (CXLVIII)

Puntos de vista

29/05/10

Momentos

Se conseguides ver esta curta sen emocionarvos, avisádeme. Porque as bágoas non tardaron en aparecer...
Vía Capítulo 0. Raro, verdade?

MOMENTOS from Nuno Rocha on Vimeo.

Folla en branco

Concurso que ten lugar nunha galería de Washington: só se pode utilizar unha folla en branco. Ollade que resultados!


Sobre dereitos humanos...

Nunca está de máis lembrar os dereitos que todo ser humano posúe e que nunca lle deben ser arrebatados. Este vídeo de Rafael Pérez serve para recordalo.

28/05/10

Portugal, uma praça para o mundo

Esta é a pequena curtametraxe proxectada no pavillón portugués na Expo de Shangai. Foi realizada por Anze Persin cunha Canon 5D e unha serie de obxectivos intercambiables Leica. A música é de Rodrigo Leão.


PORTUGAL, UMA PRAÇA PARA O MUNDO from Anze Persin on Vimeo.



Vía Capítulo 0

El beso de la sirena negra

Cando vin que Jesús Ferrero escribira unha novela negra, lanceime a buscala, lembrando aqueles meus anos mozos en que devorei este autor. Para ser totalmente sincera, tíñalle perdida a pista por completo, ata pensaba que non estaba a publicar nada ultimamente! Pedindo perdón pola miña ignorancia, atrévome a recomendarvos esta novela que resulta completamente diferente. El beso de la sirena negra é novela negra que afonda no lado máis escuro das persoas, do sexo, do pracer ou da dor. Unha detective que non busca un asasino nin un rateiro: “No le pido que indague en el alma de mi hija, sólo le pido que averigüe dónde se encuentra y qué clase de vida está haciendo”. De fondo, literatura e música. Vaiamos ao outro lado do espello, como Alicia, e descubramos que se agocha alí. Prous e Lewis Carrol son copratogonistas secundarios, presentes continuamente nunha obra que reincide na outra volta da vida, como a deles.
Non, non é unha obra mestra, pero creo que está ben. Seica é a primeira incursión que o autor fai na novela negra (será por moda?) e non o fai mal. O libro engancha, retente (que máis pedir?), é sensual -moito, nalgunhas páxinas-, ata calafriante; con crítica social incluída. Así que resulta máis que recomendable.

“El despertar, el verdadero despertar, es misterioso e inocente, y si bien se va produciendo de forma gradual, se advierte de repente. No es un hecho que se pueda demostrar, pues se lleva a cabo en las regiones más oscuras del alma, pero tampoco es una ficción de la mente. Se trata simplemente de un estado general que propicia una nueva mirada sobre la vida y sobre la muerte”.


O peor lugar para ser nai

Afganistán é o peor país do mundo para ser mamá, segudo o "Estado Mundial das Nais", un estudo realizado anualmente pola organización Save the Children.
Nos primeiros lugares da lista, de 160 países, atópanse Noruega e Australia. Téñense en conta, para elaborar o índice, dez factores relacionados coa educación, a saúde, o benestar, así como diversos aspectos políticos, económicos e sociais.
O estudo revélanos máis datos:
.- 343.mulleres perden a vida cada ano por complicacións durante o embarazo ou o parto.
.- Cada ano case 9 millóns de nenos e nenas non chegan a cumprir 5 anos e 50 millóns de mulleres en países en desenvolvemento dan a luz sen a atención de persoal minimamente cualificado.
.- As mulleres de Arabia Saudí e Palestina gañan tan só 16 e 12 céntimos, respectivamente, por cada dólar que gaña un home.
.- En Afganistán un de cada 4 nenos morre antes de cumprir os cinco anos.
.- Unha muller de cada 7 perde a vida durante o embarazo ou o parto en Níger.



A campaña Todos Contamos de Save the Children ten como obxectivo reducir en dous terzos a mortandade infantil de menores de cinco anos ata 2015.


27/05/10

Metáfora lingüística

Xa sei, xa sei, que parvada. Pero non o puiden evitar. Cando vin este vídeo "riquiñez" no meu correo pensei inmediatamente: a lingua galega impa, a lingua española ensmendréllase. Con isto do Decreto non cavilamos noutra cousa! Perdoade o meu atrevemento literario e disfrutade vós do vídeo.


Las aventuras de un libro vagabundo

Se es editor, lector, amante dos libros... tes que ler esta novela. Un libro que nos conta a súa vida! Paul Desalmand achéganos en Las aventuras de un libro vagabundo unha deliciosa reflexión sobre o mundo da lectura e do libro, proporcionando ademais unha ollada diferente a ese obxecto que ás veces é considerado tan só como un conxunto de páxinas. Ao rematar a lectura, eses libros que ocupan os vosos andeis, serán un pouquiño máis persoas.
Coa ternura dun neno que vai medrando, o libro, protagonista, relata a súa autobiografía, como foi fabricado, como permaneceu nun almacén temendo ser devorado polos ratos, o seu paso polas librarías, quen os comprou, como o tratan, ata como é ferido e abandonado. E todo iso cun ton amable, divertido, filosoficamente sereno.
Se aínda non amabas a lectura, despois deste achádego, faralo.
Detalles curiosos: odia ter un código de barras porque séntese como un "camembert". Interesantes conversas entre libros. Observadores de axetreos humanos. Crítica de consumismos absurdos. Aprecio pola cultura.
Todo isto e máis nesta novela, curta, que vos encantará.
Editada por Destino.

Memoria de cidades sen luz

Raquel Rodríguez Vázquez achéganos a súa opinión sobre este libro: Memoria de cidades sen luz de Inma López Silva.

Este libro gustoume bastante, pois dá xiros moi interesantes de 180 graos.
Comeza co asasinato dos pais do protagonista, que é rescatado por unha familiar, Lucía; a partir de aí as súas vidas cambiarán moito.
Escrito coma se fose unha autobiografía, xira arredor de guerras e exilios. Encántame o desenvolvemento do protagonista dende que era neno, unha parte que me encanta debido á inocencia do rapaz, ata partes máis macabras coma o asasinato do fillo do protagonista en mans da súa nai, unha parte calafriante.
Outra das partes que me gustou moito deste libo é que o protagonista viaxa por moitos lugares do mundo en épocas moi diferentes: dende A Coruña dos anos trinta ao París dos corenta, pasando por unha Barcelona exiliada. E viaxa tamén a Bos Aires e Nova Iorque.
Por outra banda, paréceme un libro moi triste: a morte do fillo, o asasinato dos pais e dos irmáns de pequerrechos, a morte de Casal, e -como non- o suicidio de Lucía que constituíu un dos elementos máis impactantes da obra.
Outra parte que me chamou moito a atención é que un personaxe que ao principio para o protagonista era unha terceira persoa, René, acaba converténdose no personaxe principal sendo así un piar fundamental para o protagonista. Tamén me gusta Armelle, a pesar de ser un pouco tola.
Entre tantos detalles que quero destacar está o feito de que o protagonista desexe converterse en cego e ao final conségueo.
Recomendo con énfase este libro, porque non se sentirán defraudados coa súa lectura, antes ao contrario, engancharanse ata rematalo.

Tyrannybook

Nova rede creada por Amnistía Internacional:

26/05/10

Fly

Fly é o título da nova curta de Aardman. En 3D




Vía

Cazar pantasmas na biblio

Vímolo o outro día no blogue de Miguel Calvillo e topámolo novamente en Papel en blanco. E como xa nos encantara na primeira volta, non podemos seguir sen traérvolo para que o disfrutedes. Xa o diciamos nós: a biblio é un lugar de encontro... para o que faga falla!
A culpable de todo o que vexades no divertido vídeo é a propia biblioteca, que pediu a Improv Everywhere que se encargase desta representación para lembrarlle á xente o importante que é a Biblioteca Pública de Nova Iorque. Xa a famosa película comezaba neste mesmo escenario. O motivo? A crise. Si, si, a crise que esa cidade tamén vive e que afectará ás bibliotecas recortando os presupostos.




Aprender a aprender

Miguel Calvillo, un dos nosos guías espirituais, achéganos con este vídeo o famoso debate das competencias. Como ensinar? Como aprender? Moi interesante que leades este artigo inicial.


Censura española

Chegoume este correo arestora:

Silvio Rodríguez envió este texto artículo hace varios días al diario español El País, de España. Su misiva a la dirección del diario español era la siguiente:

Sent: Saturday, May 15, 2010 11:37 AM
Subject: De Silvio Rodríguez, CUBA
Sr. Director de El País:
Le remito un breve artículo de opinión que se suma al debate sobre la llamada plataforma para democratizar a Cuba, en el que han intervenido los escritores Arturo Arango y Rosa Montero. Mi intención es que lo publique, si lo tiene a bien.
Muchas gracias por su atención.

Cordialmente,
Silvio Rodríguez Domínguez,
trovador cubano

Un grupo de artistas y escritores españoles ha lanzado una plataforma para democratizar a Cuba. Y cuando un cubano opina diferente, decretan que sus argumentos son cortinas de humo de la dictadura que padece y lo comparan con los franquistas. Pero los dioses parecen haberles castigado. Porque, precisamente por haberse atrevido a investigar los crímenes del franquismo, el Consejo General del Poder Judicial acaba de suspender al juez Baltasar Garzón de la Audiencia Nacional de España. Esta sentencia es un golpe durísimo a una democracia desde la que se pretende juzgar o mandar a juzgar los supuestos defectos ajenos, pero ojo con quien toque a los propios.
El veto a Garzón, considerado un héroe, ocurre en el mismo país que hace pocos años dio al mundo una verdadera lección de democracia, al votar contra el partido gobernante que los metió en una guerra injusta, haciendo oídos sordos a enormes manifestaciones populares. Personalmente no me explico cómo estas personalidades han llegado a la conclusión de que la política hacia Cuba debe ser la del aislamiento y el bloqueo. Es como si desconocieran que hace medio siglo esa misma política no ha logrado mover ni un milímetro la determinación de la mayoría de los cubanos.
Por otra parte, los cubanos también queremos cambios, pero consensuados por nosotros. Esas transformaciones ocurrirán más temprano o más tarde y la única política capaz de acelerarlas es el fin del bloqueo. Todo lo que se nos haga con asedio y presiones no podremos considerarlo a nuestro favor, sino como un insulto a nuestra autodeterminación, una injerencia inadmisible en nuestras vidas. Tantas agresiones y amenazas nos han enseñado que la supervivencia pasa por una sociedad orgánica, íntegra, indivisible. Así hemos salido airosos de embates artificiales y naturales. Pero sabemos que somos el resultado de un apremio, por vivir acosados. No creemos en un gobierno centralizado para siempre. Más bien solemos verlo como un concepto de emergencia, un mal necesario que el camino de la emancipación nacional nos ha impuesto para sobrevivir. El fin del bloqueo nos despejará profundamente, creando condiciones para que avancemos también en el concepto democrático. Subrayo que no quiero decir que sólo sin el bloqueo seremos más democráticos, sino que estoy seguro de que así lo conseguiremos más pronto.
La flamante plataforma propone aislar aún más a Cuba y agravar nuestra ya precaria economía. Pretende convencer al mundo de que la asfixia resolverá nuestros problemas. Su hipotético éxito significaría mucho más sufrimiento para nuestro pueblo, que lleva medio siglo enfrentando todo tipo de dificultades. Nuestra larga experiencia en “propuestas” foráneas nos dice que esta acción no es más que un nuevo artilugio para obligarnos a hacer lo que otros consideran que debemos hacer. Partiendo de que se trata de personas bien intencionadas, no sé cómo no entienden la ofensa de pretender que nos volvamos como ellos, con las reservas que despiertan esas democracias de banqueros ladrones y ejércitos ocupantes. Para colmo, cuando respondemos que no estamos de acuerdo, pretenden negarnos el derecho a que se nos escuche, porque todo lo que no razone como ellos -dicen- viene contaminado de dictadura.
Capitaneados por un gran escritor peruano con un largo historial reaccionario, ciertos intelectuales españoles han decidido gastar más horas elucubrando cómo hacernos daño que investigando hasta qué punto viven en una democracia. Algunos parecen más preocupados por Orlando Zapata -un hombre que tuvo el valor de escoger su propia muerte y enfrentarla-, que de los más de cien mil españoles asesinados en la era de Franco. Es triste ver lo poco que les interesa profundizar en la realidad cubana, cuando sus conclusiones son las mismas que las de los peores enemigos de nuestra dignidad. Por eso acabo admitiendo que esta página efectivamente es una cortina, no de humo pero sí de albahaca, contra la fetidez de su pretendida salvación.
Silvio Rodríguez Domínguez,
La Habana, 15 de mayo, 2010.
2010-05-19

25/05/10

Azureus Rising

Baseado na historia completa de David Weinstein e Eve Nelson, a curta presenta un ritmo dinámico con moitos efectos especiais.





Vía

El domador de sueños

El domador de sueños de Nicolai Troshinsky é un álbum ilustrado exquisito onde todo é posible porque os soños son posibles, dentro dunha amabilidade esperanzadora que loita por un mundo mellor. Un álbum adicado á xente maior, a ese avó que sempre ten unha historia para entrer aos seus netos, á arte de fabular e de reter na memoria eses relatos que viven de boca en boca durante séculos.
Por que os soños deben ser só iso: soños? Non, os soños forman parte de nós e connosco deben convivir, porque se permitimos que estes teñan as nosas fiestras abertas é máis probábel que se poidan converter en realidades.
As ilustracións empregan técnicas variadas, uniformando cores e dándolle matices aos soños.

"Había una vez un hombre al que se le daba tan bien soñar, que podía soñar con lo que quisiera. Ese hombre era mi abuelo".

La pequeña tejedora de historias

Cun texto de Agnès Lestrade e ilustracións de Marie Caudry, La pequeña tejedora de historias é un precioso álbum ilustrado que nos agasalla palabras contra a guerra, sexa cal sexa esta, porque se poden tecer suficientes palabras para impedir conflitos armados que, estes si, nada solucionan.
Un relato emotivo que nos leva da man da palabra, dos seus beneficios, porque a palabra serve para amar no seu signficado máis xeral e no máis concreto, porque con ela podemos construír casas e abrigos.
Unha metáfora preciosa cunhas ilustracións incribles estilo naíf para recapacitar sobre algo que, de tan cercano, ás veces chegamos a esquecer.
Un libro para ler e compartir, porque con esta lectura moitos temas se poden tratar e traballar. Ideal para traballar nas aulas dos máis peques.






O encargado

Curta dirixida por Sergio Barrejón, con guión de Nacho Vigalond, O encargado aborda o tema do abuso escolar. Nominada aos Premios Goya na categoría de Mellor Curta de Ficción.




Hai uns días, un rapaz magrebí recibiu unha paliza por parte de dous compañeiros seus nun instituto en Sanlúcar la Mayor (Sevilla).
O profesor Antonio Ladesa colgou esta mensaxe na parede 'Esto sólo es para alumnos valientes', onde fala da covardía daqueles que non defenderon a vítima:


Esto sólo es para alumnos valientes

Algunos opinan que el agresor fue un valiente, un machote. Nada más lejos de la realidad, ir a por el pequeño, el indefenso, el extranjero, el de otra raza, el que vive sin padres en un centro de acogida, no es de ser valiente, es ser un COBARDE y otras cosas más.

Pero éste no fue el único COBARDE, hubo otros: mientras se producía la agresión, otros compañeros vuestros, patearon al mismo chico, incluso mientras otros compañeros y profesores vuestros intentaban separarlos, aprovechaban para entrar, dar una patada y salir corriendo, amparados en la bulla. Estos son aún más COBARDES, menos hombres, no sé cómo llamarlos.

¿Acaso no sabéis que una patada en el hígado, los riñones, el bazo, el pecho, la cabeza, etc. puede matar a una persona?

Por éstos no fueron los únicos cobardes, hubo otros: Los que animaban a que siguiera el linchamiento, COBARDES. Los que NO HICIERON NADA, COBARDES. SÍ, COBARDES también.

Con este tipo de actitudes, sólo se consigue fomentar la violencia, el machismo, el racismo, la xenofobia… No sólo los que agreden, sino quienes lo permiten. Hay que evitar estas conductas y sancionarlas cuando se producen, antes de que sea tarde. ¿O sólo os vais a mover cuando maten a alguien? Cuando tengamos otra Marta. Cuando sea un compañero cercano, ¿os moveréis? ¿Es menos persona un compañero de otro? ¿Es menos persona alguien más pequeño, de otro país, de otra raza? Y cuando seamos nosotros, ¿seremos menos? ¿tendrán derecho a pegarnos?

Me resisto a creer que las charlas, las actividades, las excursiones que hacéis en el día de la mujer, de la paz, etc. no sirven para nada, confío en que sólo unos cuantos de vosotros seáis unos COBARDES. Y también confío en ue cuando alguien insulte o agreda a otro, no os pongáis de su lado, sino que lo aisléis, si no lo hacéis seréis igual que él.

Señalar, denunciar y reprender al que maltrata es ser una persona, un hombre, una mujer. HAZLO si eres VALIENTE. Maltratar, participar, alentar y callar es de COBARDES. Algunos estáis a tiempo de dejar de ser COBARDES. Otros no. ¿Tú dónde estás?

Los profesores estamos aquí para algo más que enseñaros asignaturas, para ayudaros a ser mejores personas, no desaprovechéis esta oportunidad.


Antonio Ledesa
Profesor de valientes
(Por favor, los cobardes, no digáis que yo os enseñé a serlo)



Vía El Ventano

24/05/10

Reetone

stairs_11


.

dog_blue1

.

.

step

cafe_0

phone


Reebok lanza unha nova colección chamada Reetone con tres novas liñas de calzado, dirixidas ao público femenino, Easytone, Runtone e Traintone. A publicidade leva como slogan "axudará ás mulleres a manter as súas pernas e nádegas firmes". Semella, ao ver as fotos, que a publicidade estea dirixida aos homes: unhas marabillosas pernas de modelo que moi poucas mulleres reais temos. Publicidade simple e básica que semella perfecto para un calendario "Pirelli".




Guía de lectura de Makinaria

Xa falaramos neste noso espazo deste libro que nos encanta.



Pois ben, arestora a nosa benquerida amiga, compañeira e colaboradora habitual, Rosa Salgueiro, vén de agasallarnos a toda a comunidade educativa cunha estupendísima Guía de Lectura de Makinaria, este libro de poemas de Carlos Negro que todos deberiades ler, que será o libro que peche a nosa andaina no Club de Lectura.
A proposta foi elaborada en formato LIM e presenta dúas versións diferenciadas segundo o nivel de lectura e o tempo do que se teña para traballar o libro:
.- Gozar da paisaxe (versión completa de 40 actividades)
.- Ir polo atallo (versión reducida de 30 actividades)

Moitas grazas, Rosa, por este traballo en particular e por toda a túa páxina que tantas dificultades nos soluciona, e pola túa xenerosidade de sobra coñecida.

Por que ler?




Vía

Vítimas

Vídeo froito da colaboración do fotógrafo Gaby Vila e a ONG Tomandoconciencia para o ministerio de Cultura Colombiano, nunha campaña para transmitir a todas as vítimas do conflito colombiano que non se sintan soas, sexa cal sexa a súa parte.

23/05/10

Moitas grazas

Semella que o tempo esváese entre os dedos e apenas temos tempo para dar as grazas a catro blogues que nos agasallaron cun seu premio. Primeiro foi Bibloranca, hai xa un mes; logo veu Bragado, quen nas súas Brétemas nos honraba entre os grandes; uns días despois Medramos en galego, e A Profa tamén nos apoiou. Semella tarefa difícil atopar as palabras axeitadas para agredecer tanta xenerosidade; lembrar, como non, que nos sentimos orgullosos, que para nós significa azos para seguir traballando e ledicia por facelo ben. Tentaremos, iso si, manternos nesta liña para seguir a contar convosco. Moitas, moitísimas grazas aos catro blogues porque eles si que pagan a pena.



Imos tomar a liberdade de non cumprir os requisitos. Somos profesionais do ensino e sabemos o que significa este traballo blogueiro: todos e cada un dos nosos blogues paga a pena. Por iso, quixeramos premiar a todos e a todas aqueles profes e profas que traballan cada día por formar un alumnado que representa o futuro do noso país. E aquí falamos de blogues de aula, de blogues de biblioteca, de blogues do ensino. Estean onde estean, sexan de onde sexan, moitas grazas, compañeir@s, por tanto traballo ben feito.

Deberiamos premiar tamén a todos os blogues que se fan na nosa lingua. No momento en que estamos, máis ca nunca, necesitamos unha comunidade que medre na forza e no amor da nosa lingua, vilipendiada e esquecida polos nosos gobernantes. Cantos máis sexamos, maior será a nosa forza.

E non podemos esquecer a esoutros blogues que defenden os Dereitos Humanos, a Igualdade, na procura de conformar un mundo mellor.

Vaia dende aquí o noso agradecemento a todos estes blogues que ocultan unhas facianas de xente loitadora que cre na lingua, na cultura, na Humanidade. E grazas a quen nos ledes e nos apoiades, pensando que paga a pena ficar neste blogue.

Sudáfrica 2010

Prepárandose para o Mundial de Fútbol, as grandes marcas deportivas, non podía ser doutro xeito, preparan motores publicitarios.

Nike inclúe camisetas de seleccións con outras marcas. Con personaxes como Cristiano Ronaldo, Didier Drogba, Wayne Rooney, Fabio Cannavaro, Franck Ribery e os españois Andrés Iniesta, Cesc Fabregas e Gerard Piqué. Así se escribe a historia. Escríbese o futuro:


Write The Future from Nalden on Vimeo.



Adidas, pola súa banda, conta con Messi, Zidane e Villa para o seu spot publicitario:




Visto aquí e aquí.

O tempo voa


O tempo voa, de Joao Pedro Mésseder, ilustrado por Gémeo Luís recibiu a mención especial do xurado no I Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Un libro precioso que nos fala do paso de tempo cunha ollada diferente: preguntemos que hora non é. A que tanta présa? As ilustracións son reloxos transformados con agullas que adquiran vida propia para se metamorfosear en obxectos sorprendentes, os versos son transformacións dos meses, dos días, das horas, dos minutos, dos segundos, da fugacidade de todos eles.

Ciudades de papel

En canto o vin, quedei namorada deste libro, por ser totalmente diferente. Non estamos a falar do típico álbum ilustrado, non. Ciudades de papel de David Pintor é unha visión do seu autor sobre os lugares que el percorre, cidades que pretende lembrar que nos convidan a entrar nelas, a marchar cara alá para percorrelas con esoutra ollada que o autor nos agasalla.
Santorini, Cadaqués, Santiago, Fisterra, Praga, Oporto, Londres, Nova Iorque, Barcelona, Ibiza, Niza... transfórmanse nestes cadros debuxados por sensacións e lembranzas.


Tal como afirma Miguelanxo Prado:

...David Pintor, por lo que se puede apreciar en este libro, ha viajado bastante. Y se nota, por las imágenes, que le gusta hacerlo. También le gusta dibujar y pintar. Eso ya lo sabíamos muchos. Y lo hace magníficamente (lo de dibujar y pintar; bueno, lo de viajar parece que también...). David me comentaba que muchas de las vistas que aparecen en estas páginas están hechas de memoria, jugando más con el recuerdo y las sensaciones que con la realidad objetiva. Conozco bien ese juego y me encanta. Al fin y al cabo, lo más trascendente del viaje no es su registro cartográfico, sino la huella que deja en nosotros y la manera en la que nos puede cambiar. Seguramente es por eso que hay en los paisajes que David nos muestra un hálito poético, ensoñado, que va más allá de los elementos más o menos fantaseados que a veces forman parte del cuadro. Viendo esta colección de imágenes de David siento envidia (sana) por los lugares que ha visitado, y se me encienden las urgencias por hacer la maleta. Siento una complicidad especial porque su visión del viaje no es épica –o al menos a mí no me lo parece–, sino cotidiana. Creo que a David lo que le gusta es haber vivido en esos lugares por un cierto tiempo, haber sido uno más de sus habitantes, haber sido otro. Lo entiendo y lo comparto...

Non á violencia contra as mulleres (CXLVII)

Na rúa:



Vía Bibliofagia

22/05/10

Ya no sé qué hacer conmigo

Vía No sólo libros atopamos un grupo musical arxentino que nos gusta: un vídeo que xoga coa tipografía e unha letra que xoga coa linguaxe. Estamos a falar de "El Cuarteto de nós".

c


Kókinos tráenos este Juego de espejos de Hervé Tullet. Como o nome indica, é un xogo. Un libro de páxinas gordas, para manipular, porque esa é a fin que ten: non é un libro de lectura, porque non contén unha soa letra. É un libro que serve para estimular o noso maxín e proporlle ao noso alumnado -ou ao noso público- calquera xogo que con el se nos ocorra. En negro ou en gris, óllate en cada páxina, porque os soños reflíctense en cadansúa páxina.


O home de auga


Fermoso álbum de Ivo Rosati ilustrado por Gabriel Pacheco: O home de auga está publicado por Kalandraka.

Como o seu nome indica, é un libro azul, fresco. As ilustracións asolagan, como corresponde a tan fermoso encontro co diferente, porque, ao final, o libro fálanos disto: do valor das diferenzas. Porque só respectando estas encontraremos a poesía, o ben, o noso propio ser. Sempre queremos fuxir do descoñecido, pero ás veces atacámolo por ignorancia. Iso é o que lle ocorre ao home de auga: non é normal, asusta aínda que el só quere axudar, só desexa ter un espazo propio. Que tarefa tan difícil neste noso mundo de cegos!!!
Un libro marabilloso, como adoita suceder é deses que te subxugan desde a propia portada. Para disfrutar de cando en vez, sobre todo nestes días de calor que estamos a "disfrutar" (a quen lle guste!)



El mejor de los secretos



El mejor de los secretos con texto de Angela McAllister e ilustracións de Gary Blythe, editado por Kókinos, achéganos ao mundo infantil dos soños. Unha viaxe fantástica da man dun osiño, xoguete predilecto do neno, que se convirte nunha especie de odisea da man dunhas ilustracións fantásticas que nos confunden entre fotografía e debuxo.

Milo siempre se va dormir con su querida Nana. Un juguete de trapo tan viejo, tan abrazado que nadie ya recuerda lo que era. Pero una noche de tormenta, Nana desaparece. Milo comienza a buscarla y es así, cómo, de pronto, se encuentra en el mercado de la noche donde maravillosas criaturas venden todo aquello que tiene que ver con los sueños...


El mejor de los secretos

A lapis

21/05/10

Helium

Curta de final de curso de Animation Mentor, creado por Daniele Zanonne.

Helium. from Daniele Zannone on Vimeo.


Vía



O libro desaparecido

Vía O Recanto de Mik chéganos este vídeo: un grupo de mozos e mozas teñen que pór as súas neuronas a funcioanar para se librar dun castigo non merecido.
De Leer. es.


Image Impossible motion

Seica é a mellor ilusión óptica do ano 2010. A súa construción, en tres dimensións, con pegamento e cartón. O autor, Koukichi Sugihara.
Unha pasada.



Vía Islas Cíes

20/05/10

Tristura con nefastas consecuencias

A pesar das nosas voces, seguiron adiante. Os nosos esforzos, de nada serviron. A nosa lingua, xamais escoitada. A decencia, no esquenzo. A xustiza, inexistente. Máis unha vez.
Nin o informe do Consello Consultivo, nin o da Real Acadmeia Galega, nin o do Consello Escolar de Galicia, nin o do Consello da Cultura Galega, nin o da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, nin Asociacións, nin... conseguiu ser escoitado.
Hoxe a Xunta aprobou o decreto do galego, chamado do plurilingüismo, suprimindo as consultas aos pais en Educación Primaria... ou denomínandoas doutro xeito.
O galego desaparecerá das aulas... e do mundo? A guerra incívica polo idioma aumentará. Porque nós, cando menos, seguiremos loitando.
Un día negro para o noso país.



Asociación de Abducidos en Santiago

Eu sempre crin que son máis perigosos os humanos...

A intervención

Que Teresa Moure é unha gran narradora está fóra de toda dúbida. Agora ben, teño que dicir que este seu último libro, A intervención (primeiro capítulo, aquí), defraudoume. Hai partes da historia que me gustan, sobre todo a que fai referencia ao avó dun dos protagonistas, así como a historia do outro protagonista que sofre amnesia (un personaxe cativador, por outra banda)... pero ao mesmo tempo creo ver algúns tópicos -moi tópicos- así como unha historia collida polos colares. Non sei se me explico. Resúltame difícil enfrontarme a este comentario; segundo o lin quedei pensando en cales eran realemente os meus sentimentos coa lectura. Non foi un libro que me enganchase, deses libros que devoras e que levas a todas partes; foi, pola contra, unha lectura demorada, case obrigada por min mesma e por ser de Teresa Moure, admirada autora de Herba moura. Unha lectura que necesitaba chegar ao final para agora tentar dilucidar as verbas axeitadas, porque si existen esas partes conmovedoras que me chegan pero tamén existe esoutra parte escura dun libro que non me encheu.
Gústame, si, a técnica narrativa empregada para ir adiando e retrocedendo na acción, e gústame sobre todo a necesidade dos protagonistas (de todos nós) de enfrontarse aos medos do pasado, ou ao propio pasado, para encarar o futuro.
En fin, lédeo, e contádeme a vosa opinión: desta volta cómpreme moito escoitarvos.



O meu amigo Amyad

Dezaoito nen@s de entre seis e doce anos, de orixe española e xordana, coa colaboración do Instituto Cervantes e a asociación PDA (Pequenos Debuxos Animados) realizaron esta curta animada no seu centro de Ammán en só cinco días. Baseada na vida real de dous beduínos que viven no deserto de Wadi Rum



19/05/10

Con Begoña Caamaño

O pasado xoves 13 de maio compartimos club de lectura con Begoña Caamaño para falarmos do seu libro Circe ou o pracer do azul.
Esta é asepticamente a realidade. Agora ben, como enfrontarme a falar desta muller que me deixou totalmente "namorada"? Porque Begoña non foi só unha profesional, foi unha muller que falou como muller do que nos preocupa ás mulleres, unha muller que nos abriu o seu corazón e unha muller que non perdeu o sorriso nin un só segundo.
É difícil transmitir canto me fixo sentir. Cando a fun buscar, vina ao lonxe, sen recoñecela, coas súas trenciñas loiras e o vestido vaqueiro que semellaba máis unha das miñas alumnas que a escritora a quen eu buscaba. Pero prendeu en min deseguida. E en todas nós.

Logo falou. Falou de mitoloxía, do Álvaro Cunqueiro que cre nos mitos porque posúen enerxía, do fundamental que foron os mitos nos arquetipos femininos e a necesidade de reconstruír esa Mitoloxía para termos outros modelos de mulleres que Homero non debuxou.
Contounos que ela, nena lectora, necesitaba identificarse coas mozas protagonistas das novelas; pero leu A Odisea con 11 anos e non atopou con quen identificarse. De aí a relectura e a reescritura.
Algúns mitos nacen para xustificar o inxustificable. Como explicar senón que as mulleres estean sometidas aos homes? En Circe ou o pracer do azul non pretendeu a modernización da historia, para ela o reto foi conservar a historia dando voz ás silenciadas, contar o que nunca se contara anteriormente. Fiel a Homero, non hai heroínas: Circe quere demostrar como amar; Penélope quere un espazo onde poder vivir.
E quédome con esta frase coa que rimos un anaco: "Ulises foi o primeiro turista sexual da historia!". Tamén quixo reflexionar sobre a ética e os afectos. Ata que punto é lícito renunciar á ética pola paixón? A importancia de ser donas de nós.

Falou de Feminismo. Nós, as mulleres, somos educadas na competencia, xa que eles "son", sen máis; e isto crea entre as mulleres moita competencia. Somo vítimas da exclusión, construídas para sermos felices no momento en que o home nos ame. Ser Feminista inclúe a antirracismo, o anticapitalismo, a negación do Poder e a Opresión.



En fin. Pasamos horas coma se fosen minutos e desexamos que estes ficasen máis longos porque non nos chegou o tempo a nada. Quedamos con sede de escoitala e con fame de posuíla un pouco máis, porque máis quereriamos departir con ela sobre o divino e o humano, máis humano ca divino, que é o que nos proe.

Grazas, Begoña, mil veces.

O empregado

Un home, de camiño cara ao traballo, insírese nun mundo onde a xente é utilizada coma se fose obxectos cotiáns.



Vía

Mensaxe institucional no día das Letras Galegas

Vía Mil Primaveras... Ollo ao final!

Fomentar con humor

Comercial realizado por alumnado da escola de ciencias da comunicación para a secretaría de cultura: "Salas de lectura".

18/05/10

Asina, por favor!



Se queres asinar, faino aquí.

El mundo al que vienes

Carmen Queralt é autora de texto e ilustracións deste delicioso álbum, El mundo al que vienes. Espectacular, posúe de cando en vez pequenas ventás que debemos abrir para observar como se recibe a un novo membro da familia. O libro transmite ante todo tenrura, con cores delicadas, con sorpresas, con aloumiños, porque o lector pasará lenemente a man por todas e cada unha das súas páxinas con dozura, brincando coas ilustracións, buscando co tacto as sorpresas que o libro poida deparar.
A min paréceme fermosísimo.


Nat y el secreto de Eleonora

Xa sabedes que son unha fan de Rébecca Dautremer. Así que tan pronto como souben que viña de se publicar un álbum onde ela era a ilustradora, lanceime á súa procura. E xa o teño nas mans! O libro está escrito por Anil Le Ray e aquí titúlase Nat y el secreto de Eleonora, aínda que agardabamos por "Kerity y la Casa de los Cuentos". Realmente, o libro é o produto da primeira longametraxe animada da que xa falamos aquí posto que Rebecca intervén como ilustradora.
O argumento é tan especial como o libro, ou como será o filme, maxino: unha biblioteca chea de libros antigos cuxos personaxes cobran vida para seren salvados. As ilustracións son, como non, marabillosas, aínda que se afastan das que recoñecemos como da súa autoría a primeira vista.
E ten un defecto, para min. Agardo a que me digades se estades de acordo comigo ou non. De momento, non vou dicir cal é. O que si vos aseguro é que non é resulta un impedimento como para non poder disfrutar deste fermoso libro. Cando chegará o filme animado? Eu quéroo xa!!!

Maxina que es esa Muller

17/05/10

Bicycle race

Outro vídeo de performance en lugares públicos: encántanme! Este sucedeu na estación central de trens de Bruxelas e interpretan "Bicycle race" de Quen para promover a Coalición Flamenca para a Cooperación Norte-Sur.
Gravouse este 11 de maio.




Lembrades estoutra?:


Día Internacional contra a Homofobia

Hoxe tamén é o Día Internacional contra a Homofobia, Transfobia e Bifobia.

Lembrade que aínda hai países como Uganda que deciden arestora se castigan a homosexualidade coa pena de morte. Cústanos abrir os ollos á tolerancia.
Uganda, lembremos, é membro do Consello de Dereitos Humanos da ONU. A decisión das Nacións Unidas manifesta a existencia de diferentes niveis de esixencia sobre o respecto aos dereitos LGTB en función de circunstancias políticas que nada teñen que ver con estes.






Día da Internet

Que é Internet para ti?



Vía

No blogue de Miguel Calvillo poderás atopar unha selección de libros para nen@s e moz@s.

Día das Letras Galegas III

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.