Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

30/06/08

En coiros

A última actividade que realizamos este curso que remata desde o ENDL foi a de realizar un obradoiro de coiro. Aquelas alumnas (e o poño en feminino porque todas eran mozas) que cada semana recolleron os poemas no Recanto da poesía do Punto de Lectura Informal en Galego puideron encadernalos e facer un libriño en coiro, grazas á amabilidade da nosa compañeira Carmen Piñeiro, da que nos despedimos tamén este ano por xubilación. Desde aquí as nosas máis expresivas grazas por agasallarnos cunha mañá completa do seu tempo libre. Agardamos que disfrutedes da lectura da poesía e que o próximo ano sigades a atesorala coma fixestes este curso.




Un árbol crece en Brooklyn

Esta fin de semana apenas puiden separarme da lectura deste libro, ao que cheguei grazas ao marcapáxinas que o promocionaba coa recomendación de Paul Auster: "Un libro bellísimo de una novelista maravillosa y olvidada". E teño que asegurar que a propaganda acerta: é un libro marabillosamente sinxelo. Esta novela, Un árbol crece en Brooklyn, de Betty Smith, engancha desde o seu comezo. Desde o principio lembroume a Las cenizas de Ángela (a crítica que podedes premer lina despois, por se tedes dúbidas), pero Un árbol transmite felicidade e optimismo, ao contrario que As cenizas, aínda que as historias son similares. Houbo momentos nos que me fixo sorrir, chorar, estremecerme e rir a gargalladas, de todo houbo nestas 500 páxinas que se len nun salaio. Quédome sobre todo coa idea dunha lectura áxil, doada, sincera, un libro que apenas puiden retirar porque desexaba seguir prolongando. Recoméndovola.
E agora tamén sei que Elia Kazan fixo un filme a partires dela: "Lazos humanos".

29/06/08

Non abbiam bisogno di parole di Ron

Mergullándonos por YouTube topamos esta pequena homenaxe a algunhas mulleres artistas, cunha fermosa melodía italina de fondo. Aquí están Doris Lessing, Karen Blixen, Janis Joplin, Patti Smith, Fiorella Mannoia, Joan Baez, Marguerite Yourcenar, Anna Achnatova, Tina Modotti, Sibilla Aleramo, Elsa Morante, Dacia Maraini, Anais Nin, Nilde Jotti, Catherine Hepburn.

Gulabi gang

Gulabi gang (vixiantes rosas) é un grupo de mulleres da rexión india de Banda que loitan contra a corrupción e a violencia, visten saris rosas e perseguen a policías corruptos e a homes que maltratan ás súas mulleres. Levan dous anos defendéndose nunha das rexións máis pobres do país, xa que ninguén as axuda. Son "unha banda de xustiza" que nada ten que ver coa política. Hai poucos lugares da terra onde a vida sexa máis difícil e penosa, breve e brutal, un lugar onde se morre de fame e onde a corrupción e a inxustiza son moedas de cambio constante. Contra isto loita esta asociación de mulleres desde hai dous anos, cun "lathi" (bastón tradicional indio) para a defensa persoal.




28/06/08

Sempre hai un lugar para a poesía (XXXII)

Luisa Castro naceu en Foz en 1966. Reuniu a súa poesía no volume Señales con una sola bandera. Aquí vos deixamos un poema dela:


Apártense de mi rumbo. Maniobro con facilidad

Como a veces se desploma un estante
sobre el que coloqué costosas averiguaciones,
yo misma,
divisa,
mansamente entregada al calor de un extraño.
mundos desconocidos que no quise poblar,
ni respirar
siquiera,
ni otear siquiera
desde el puente del barco
ahora
tientan el rumbo del aire, enderezan la incuria,
abaten mis sueños,
como si tiernos amigos me tendiesen la mano
en su lecho de muerte
y yo misma, divisa,
con el sucio fervor de una compañía ausente,
tuviera que atender a la pestaña de luz
que a cien millas de mi objeto
me intimida.

Políticos danzando

Un curioso vídeo para sacarnos un sorriso e un lamento. Estamos dirixidos por xente así, capaces de bailar mentres apretan o botón da guerra. Hai que tomarse con humor os tempos que vivimos.



Vía La Huella Digital

27/06/08

Como que para que?

As vantaxes de ser blogueir@s, son, sobre todo, para a familia...




Vía Islas Cíes

Sirenito

Esta curta premiada varias veces conta como Saúl é un neno de cinco anos que decide vestirse de Sirenito para asistir á festa do antroido do seu cole. A súa nai preocúpase pola tendencia sexual do seu fillo.



Vía Iguales en las tres mil

26/06/08

Fin de século en Palestina


Rematei onte este libro de Miguel Anxo Murado, que non é novela, aínda que si Literatura, e que vos recomendo vivamente. Con el, creo que este escritor adquire nome propio e relevancia suficiente para telo en conta con letras grandes no panorama da Literatura Galega actual. E é que contarnos todos os horrores dun conflito vivido durante cinco anos, os mortos e os atentados de cada día, os medos, as persecucións, as situacións surrealistas, contarnos todo isto, repito, cun sentido de humor envexable, creo que é case misión imposible, da que Murado sae vitorioso e sen rabuñadas.

En palabras de Rubén Ruibal:
Gústame esa mirada, como el mesmo di, dende o punto de vista do coro grego, o periodista que vive o conflicto e cre estar fóra, sentado no trono papal. Gústame esa prosa que dende o principio, aínda con algún momento baixo, tensou as miñas pálpebras. Gústame ese humor escéptico, tan triste e tan noso, baseado as máis das veces na pura contradición e no intento que sabemos van de vencer ás sombras, gústame esa progresión na recreación do sensentido, da violencia continua, do conflito de portas pechadas, ese retrato antiimpresionista dos bandos, das xentes, das ideas, das fes...

O dito, se tedes oportunidade, co verán por diante, podedes achegarvos a un dos conflitos máis longos e penosos da nosa historia recente, onde a palabra PAZ vive esquecida nesa terra que se supón berce de deuses que a predicaban.

Sombras

Vía Antes de las cenizas vin a sorprendente obra de Shigeo Fukuda e outros escultores. A peculiaridade consiste en que o material que utilizan dá forma ás sombras. E se vos gusta a filosofía, premede na fonte para comprobar como neste blogue utilizan a arte para traballar a Platón.






Vía Antes de las cenizas

25/06/08

Escultura orgánica


Presentouse en Florencia "The Cloud" (a Nube), unha escultura interactiva formada por 65 km de fibra ópica, que "anima aos visitantes a tocar e interactuar coa información de novos xeitos, manifestando emocións e conduta a través do son e unha dicotomía de luminiscenica e escuridade".



The Cloud - from mitmobileexperiencelab on Vimeo.


Vía Capítulo 0

Mundo virtual?

Este video vai adicado a todos os que nestes tempos aínda renegan da informática e, en xeral, de todo o que ten algo que ver coas novas tecnoloxías. Estou seguro de que estarían encantadísimos de que ese mundo denominado virtual fose o máis parecido posible ao que podemos ver no video.
Non sabedes o que é o spam?
Sodes dos que seguides preferindo o correo ordinario?
Parécevos unha tolería mercar por Internet?
Mirade, mirade...

24/06/08

SMS

Buscando o Amor... sobran as palabras, ás veces. Outras, o pecado é o silencio. Aínda que só sexa por xustiza. Poética.



Vídeo Youtube

Retos matemáticos... e non tanto (X)

Con isto do agobio polos exames, as notas e todo o que rodea un fin de curso, xa hai case tres semanas que non vos propoño retos matemáticos. Para aos que lles gusta retorcer os miolos, para os que pasan do tema, para os aburridos, para os que non teñen outra cousa mellor que facer, para os que están picados comigo, para os que están picados entre si, para os afeccionados ás adiviñas... para tod@s! Aí van:


Reto 1.- Averigúa razoadamente o valor que debería de ter o símbolo ? na seguinte secuencia:
u d t c ? s s o

Reto 2.- A axencia de espionaxe internacional T.B.O. está seguíndolle a pista a un grupo mafioso. O axente García descubriu que dito grupo está a celebrar unha reunión nunha fábrica abandonada ao norte da cidade e dirixiuse ao lugar co obxectivo de coarse na nave coma se fose un cliente, pero para iso precisa saber a clave de acceso; por prudencia, oculto desde unha posición privilexiada, observa como os clientes se van achegando á entrada principal.
O primeiro chega ata a porta e desde o interior bérranlle "Dezaseis!!" ao que o cliente contesta "Oito!!". Ábrese a porta e o cliente entra. O axente García móstrase convencido de saber a estratexia para poder entrar pero decide manter a calma e agardar ao seguinte. Cando chega, desde o interior bérranlle "Catorce!!" ao que contesta sen dubidar "Sete!!". Acto seguido, a porta ábrese e o cliente entra sen problema.
Convencido de saber a clave de acceso, o axente García, vestido de paisano, achégase á porta e desde dentro bérranlle "Doce!!" ao que García responde seguro de si mesmo: "Seis!!". A porta ábrese, óense unha ráfaga de disparos e o axente cae morto ao chan.

Poderías explicar por que?

Reto 3.- Dispoñemos de seis escarvadentes de igual tamaño. Explica como poderiamos formar catro triángulos equiláteros sen romper os escarvadentes e de forma que cada un dos pauciños sexa o lado dun dos triángulos.

Solucións ao reto anterior:
Reto 1: Aterrar implica que sexa na Terra, quen o di?
Reto 2: Se hoxe é 1 de xaneiro
Reto 3: Morrerei na fogueira

23/06/08

Comodidade ante todo

Comodidade, si, porque andan a inventar uns sillóns que seguen ao usuario da biblioteca até que este escolle un libro e decide sentar. Sentar nun sofá que vai detrás túa coma se dun cadeliño se tratase. Vaia, que non hai escusas que vallan para non ler! Estamos a falar do proxecto Take_a_seat, presentado na Academia de Deseño de Eindhoven. Ver o vídeo é desde logo do máis curioso, non sei se en lugar de sofás falamos de cans, ovellas ou auditorio. Curioso.



Vía Capítulo 0

O animador

Simpática curta de animación que reinterpreta o mito da creación do ser humano. Con ela, Nick Hilligoss gañou a sección de curtametraxes do Festival de Berlín deste ano.



Vía Capítulo 0

Mentindo

No programa "El Hormiguero" querían averiguar quen finxe mellor, se os homes ou as mulleres, así que para comprobalo fixeron un cásting con nenos e nenas que comían un iogur cheo de sal -sen eles sabelos, claro- e tiñan que anunciar o produto coa frase "Iogures Glotone, ¡que ricos!". Segundo parece, as nenas son quen de facelo mellor... non sei se esta proba é moi definitiva, eu coñezo homes que menten de marabilla.




22/06/08

Párate a pensar

Esta campaña de calado político-social "Párate pensar polo que puidese pasar" púxoa en marcha a cadea MTV e foi dirixida por Michael Francini. É unha chamada de atención sobre unha sociedade que vive o momento sen se parar a pensar, obviando os grandes problemas e mergullándose nunha voráxine de individualismo. "O holocausto ocorreulle a xente coma nós" é a contundente e lapidaria frase coa que pechan os spots, feitos con flash back fotográfico e que provocan, cando menos, desazón.






Vía Las blog en punto

Cyd Charisse

Este martes día 17 morreu Cyd Charisse, a que foi estrela dos grandes musicais de Hollywood. Nada en Amarillo, Texas, o 8 de marzo de 1921, como Tula Ellice Finklea, pronto se veu que estaba moi dotada para o baile, polo que recibiu clases de ballet e chegou a formar parte do Ballet Ruso de Sergey Diaghilev baixo os seudónimos de Felia Sidorova ou María Istomina. Posteriormente, xa no cine, cambia o seu nome a Cyd, a partir do apelativo con que a chamaba seu irmán: Syd (sister). Ademais de estar dotada para o baile a súa espectacularidade enchía toda a pantalla grazas ás súas pernas de vértigo, aseguradas en 1952 por 5 millóns de dólares. Traballou con Fred Astaire e Gene Kelly en numerosas películas da idade de ouro dos musicais. Foi protagonista de dúas das secuencias máis aclamadas da historia dos musicais: o ballet de Broadway Melody en Cantando bajo la lluvia, xunto a Gene Kelly, e o Girl Hunt Ballet en Melodías de Broadway, con Fred Astaire. Apareceu tamén noutros destacados títulos do xénero como Brigadoon, Siempre hace buen tiempo ou La bella de Moscú.






Vía Bajo el Signo de Libra

Fernando Pessoa

Celebrouse esta semana o 120 aniversario de Fernando Pessoa, principal figura intelectual e literaria do Portugal moderno. Sobre el e os seus libros, os seus temas, a súa obsesión polas personalidades ficticias e a súa influencia na literatura falan neste vídeo:



Vía Papel en Blanco (alí atoparedes máis información)

Curas do país

Este martes que pasou, chegou un meu compañeiro que vive en Lestedo ao instituto todo atolado, comentándome as cousas que dicía o cura da súa parroquia. Levoume directamente a este artigo: http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=4&idNoticia=313771 no que podemos ler perlas tan marabillosa e "curiosas" como que este señor compara o uso do galego co arado romano. Para que dicirvos máis se podedes ler o artigo. Pero non contento con estas ideas, o meu compañeiro contoume da súa misoxinia, de como lles recomenda ás mulleres maltratadas que aturen o que lles veña enriba (para iso están casadas) e que vistan e se comporten como os seus maridos queiran. Vivir para ver. Mellor non saber canta xente opina coma el, para non facer mal sangue! Déixovos unha ligazón a Galicia Hoxe onde Fernán Vello tamén comenta o caso anonadado.
O que non comprendo é como a xente lle segue indo á misa...

21/06/08

Funcionarios

Xa vos falamos da revista Retranca. Tivo tanto éxito no noso punto de lectura que desapareceron todos os exemplares, iso que estaban duplicados! E hoxe chegoume un correo cunha das súas páxinas, polo que aquí vola deixo, para sorrir un pouco entre tanta calor. Pertence ao número 8


e tal como din no seu blogue:

Agora que todo quisque se pon de folga porque todo sube menos os soldos... agora que o traballo escasea máis ca nunca... é o momento!!... FAITE FUNCIONARIO!!!
Se o teu soño é pasarte o día na barra dun bar, vendo o partido ou lendo o xornal cunha caña na man...se queres ter un traballo de por vida, con pagas extras, baixas laborais a esgalla e vacacións pagadas, DEIXA DE XOGAR A LOTERÍA, PAILÁN!!... E PRESÉNTATE AS OPOSICIÓNS DA XUNTA!.
AVISO: ESTE NÚMERO DE RETRANCA FOI SECUESTRADO POR UNS CAMIONEIROS PERO PAGÁMOLO RESCATE E CHEGARÁ ESTA SEMANA AOS QUIOSCOS GALEGOS!!
O CONTIDO DESTE NÚMERO CAE NOS EXAMES DAS OPOSICIÓNS ASÍ QUE VAI CORRENDO A RESERVALO SE QUERES SACAR A PRAZA !!!

Con Paula Carballeira

Para rematar as lecturas do noso club de lectura Momentos de silencio compartido escollemos Smara, e tivemos a grandísima sorte de contarmos coa súa autora Paula Carballeira para falarmos do seu libro o venres 13 de xuño.
Foi moi gracioso chegar á clase con ela e de súpeto oír berraren a todos: "Carmiña!". Quedei sen palabras. Por suposto, non a presentei, porque sentín que sabían todos eles máis dela ca min. Isto de non seguir a televisión é o que ten: non estamos nada postos. E a partir de aí todo foi moi doado. E é que Paula Carballeira é todo achegamento e sinxeleza.
Contounos a súa experiencia no Sáhara, a vida alí, como ela ve a situación deste pobo, consellos se somos quen de achegarnos alá, e como e por que xurdiu a idea deste libro.
Cando rematou, pedimos que nos botase unha contada. E, como non, o tema do conto estaba relacionado co Sáhara. É incrible como nos emocionou! Como xesticula, como cambia os tons... despois de asistirmos ao obradoiro de contacontos con Celsiño escoitar a Paula foi un gran fin de festa!
Grazas Paula por vires ata aquí e contaxiarnos a túa ledicia.

Poesía rapeada

O ano pasado, con motivo do 80 aniversario da Xeración do 27, realizouse un documental que conta o que supuxo esta na súa época e a influencia que exerceu nas letras e artes españolas. Influencia que chega ata o rap. Neste vídeo podedes ver o grupo sevillano SFDK reinterpretando un poema de Vicente Aleixandre e outro de Rafael Laffón, que vos deixamos íntegro:

Pasan las aguas por el cauce
y no terminan de pasar;
mas si de un agua no bebimos
nunca aquel agua tornará.

Y mientras corre el tiempo y llega
la hora feliz que imaginamos,
se va la vida, huyendo siempre,
cual se va el agua entre las manos…

Gocemos hasta marchitarlas
todas las flores del camino,
ya que el dolor jamás perdona
ni un paso de nuestro destino.

Gocemos la vida, gocemos…
¿Quién del mañana gozará?
Gocemos hasta embriagarnos
con una absurda saciedad.

Y aunque de luz se abrase el alma,
presto vayamos a la luz…
¡No hay más que al fin de los caminos,
sobre una lápida, la cruz!



Vía Papel en blanco

John M. Robinson

John M. Robinson naceu en 1981 en Worcester, Reino Unido. Estudou no Falmouth Collage of Arts. Desde 1998 realiza múltiples exposicións individuais e colectivas e recibe varios premios. Descoñecido para moitos de nós (eu nunca oíra falar del até agora) desprega dominio técnico e conceptual, ademais de imprimir as súas obras coas súas propias características, moi determinadas. Parece coma se o autor baleirase a súa alma en cada cadro que pinta.


Vía Comunicación Cultural

No camiño

De novo, a publicidade automobilística decide combinarse coa literatura: BMW lanza un vídeo para promocionarse usando a novela de 1951 En el camino (On the road) de Jack Kerouac, un dos principais representantes da Xeración Beat. As súas palabras son lidas por un grupo de mozos desde varios modelos desta marca de coches a toda velocidade, o que pode contribuír a que se lea o libro, que non sei eu se dará para mercar este tipo de coche...



Vía Papel en blanco

20/06/08

Día da música

Mañá 21 de xuño é o denominado Día da música e para conmemoralo celebraranse ao longo da xeografía española diferentes concertos aos que podes asistir para disfrutar dos diferentes sons do panorama musical español. O que nos queda máis preto é o de Santiago de Compostela no que se subirán ao escenario do Multiusos Fontes do Sar Deluxe, Fanny e Alexander, Ivan Ferreiro, Quique González e Som Do Galpom. a partires das 20:00 horas.

Iso si, para este concerto é obrigatorio rebuscar nos teus petos uns euriños porque terás que pagar 10 euros en anticipada ou 15 en taquilla. Se queres concertos gratuítos, non che queda outro remedio que pasar a fin de semana en Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Bilbao ou Marbella onde en emprazamentos como a explanada do Guggenheim ou a Praza de L’Odisea Maremagnum se celebrarán diferentes espectáculos. Se queres toda a información, podes entrar na páxina web oficial do evento premendo aquí.
O que habería que preguntarse é se non sería mellor poder asistir a concertos de balde o resto dos días do ano...

Tempo de "notas"

Hai xa bastante tempo que non colgamos unha tira cómica. Esta reflicte unha desas realidades ás que nos enfrontamos case a diario. E xa que moi prontiño ides ter as notas nas vosas mans, non se me ocorre un exemplo mellor. Non credes?

19/06/08

Obradoiro de Hip Hop

O luns contamos no centro, como unha actividade do ENDL, con Serxio, ou García, de Dios Ke Te Crew, para realizar co alumnado de 4º de ESO un obradoiro de Hip Hop.
Seguramente todos e todas vós coñecedes este grupo, grupo que cando presentou "Xénese" no ano 2006, o seu primeiro álbum, converteuse en iniciador dunha nova tendencia na nosa lingua, pois por primeira vez editábase un álbum de hip hop integramente en galego.
Falounos de todo o que significa a cultura hip hop e todo o que engloba: graffiti, breakdance, djs e rap. Despois rapeounos un pouco. Faltou tempo para que o alumnado realizase as súas propias creacións, polo que queda convidado a volver o curso próximo. De todos os xeitos, a actividade foi un éxito e o alumnado quedou encantado coa súa visita.
Deixámosvos un poema de Celso Emilio Ferreiro, interpretado por eles, que seguro que xa coñecedes, pois foi colgado neste blogue o Día das Letras Galegas e serviu como fonte de inspiración en moitas ocasións:




Arquivo Vermello

Desde onte está disponible na rede o Arquivo Vermello, fondo de fotografías da guerra civil creado en 1936 coa fin de realizar labores de propaganda, e que serviu despois aos vencedores para localizar e deter aos que aparecían nel. As fotos pódense ampliar para contemplar os detalles. Esta que vos deixamos é a dun campesiño miliciano:



Lemos e escribimos...

... en galego!

Como remate de curso, co alumnado de 4º-A organizamos unha modesta exposición cos traballos de lectura e escritura realizados durante este curso académico. Estaban moitos dos libros lidos, as libretas onde apuntaban as súas reflexións -e que podedes ler premendo no lateral dereito deste blogue: As estelas dos ronseis- e unha pequeniña novela que tiveron que escribir. Foi abraiante o empeño que nesta tarefa procuraron, dando como resultado uns relatos bastante ben artellados e con presentacións insólitas, como a encadernada en madeira. O tema predominante: amores e desamores na adolescencia, aínda que non faltaron relatos de misterio e outros baseados en noticias reais. Non sei que opinarán eles dos resultados, pero eu con este "experimento" aprendín moito, e creo que moitos deles e delas, cando menos, van seguir lendo no verán, polo que agardo a que As estelas sigan medrando durante as vacacións. Ou que trafeguen por aquí, que todo vale.
Noraboa a toda a clase polo traballo realizado. Pero xa sabedes: en Bacharelato hai que se poñer as pilas!!!

18/06/08

Premio Luis Valtueña

Fotografías seleccionadas para o XI Premio Internacional de Fotografía Humanitaria Luis Valtueña, para Médicos do Mundo. As fotografías debían abordar accións humanitarias, cooperación internacional e/ou exclusión social. Se premedes aquí tamén podedes observar as gañadoras de todas as edicións.Esta é a deste ano, vítima da cegueira:


Shock and Awe

Fermosa curta sobre a convivencia cotiá cun conflito armado. Sitúase en Palestina, pero podería ser calquera lugar, desgrazadamente. Está dirixida por Chase Palmer e tenta explicar como somos quen de sobrevivir no medio do horror. Será que o ser humano está preparado para cometer e soportar as atrocidades con estoicismo e optimismo.






Vía Capítulo 0

17/06/08

Anuncio filosófico

As fronteiras entre a publicidade e outras linguaxes son pouco nítidas. Oír a este neno filosofando é toda unha experiencia. O máis encantador é que se trata de, simplemente, publicidade; publicidade dirixida ao teu neno interior, por Santiago Pando.



Vía Migramundo

Woman

Woman é unha canción composta e interpretada polo gran John Lennon e que serve de homenaxe á muller, particularmente á súa esposa Yoko Ono. Esta canción estaba incluída no disco Double Fantasy publicado por Lennon no ano 1980 e que, ao cabo, resultou ser o álbume póstumo do artista tralo seu asasinato o 8 de decembro dese mesmo ano. Esta gravación está considerada como unha das máis cálidas e refrescantes do ex-Beatle.
Chegou a hora. Dálle volume aos teus altofalantes e... non perdas detalle da letra!

16/06/08

Con xenios

Seguindo na racha publicista, un de Master Card feito pola axencia McCann Erickson España. Nel vemos a visión de diferentes xenios a través dos ollos dun neno. A música é "Nana de Sevilla" composta por Lorca e interpretada pola Argentinita en 1931.



Vía Islas Cíes

Educación ou prevención

Aínda que non é o caso, e como teño tantos amigos "embarazados", aí vai este anuncio tan orixinal, feito en Bélxica, para os preservativos Zazoo. É un proxecto de prevención da sida sen ánimo de lucro. En realidade, a min sérveme como un pequeno aviso humorístico...

15/06/08

Ser muller? Segundo onde

En Libro de Notas atopei esta curiosa e tremenda reportaxe: "La lista: los peores lugares del mundo para ser mujer". O título dános unha idea do que imor ler, esa irritante e infinita diferenciación que a sociedade e a historia empéñase en realizar entre os seres humanos. Ser muller, xa o sabiamos, non é fácil; nalgúns lugares convértese nunha misión imposible... ou nunha condena a morte.

1.- O peor de América: Haití
Nas aforas de Puerto Príncipe, as bandas organizadas de violadores son un feito na vida de moitas haitianas. Preto da metade das mozas e nenas do paupérrimo arrabalde Cité-Soleil da capital foron violadas ou sufriron agresións sexuais, segundo cifras do informe da ONU de 2006. As ONG explican que o problema non se toma en serio porque moitos haitianos, incluídos membros da policía e do sistema xudicial, consideran que o sexo non consentido é violación só cando a vítima é virxe. De feito, a violación non foi considerada delicto penal até o 2005. Ademais, se un marido atopa a súa muller cometendo adulterio na súa casa, o código penal excúsao se a mata; pero se é a muller quen mata ao seu home polo mesmo motivo, ela non ten xustificación.

2.- O peor de Oriente Medio: Yemen
Os matrimonios a idades temperás son algo corrente en Yemen, cun 48% de mozas casadas aos 18 anos, e algunhas mesmo aos 12. O resultado: escasa saúde para as nais e os seus bebés. Unha de cada 39 mulleres morre durante o embarazo ou o parto, e un de cada 10 nenos non chega a cumprir 5 anos. As yemenís teñen unha vida especialmente restritiva: por exemplo, conseguir un pasaporte ou viaxar ao estranxeiro require o permiso do marido ou do pai.

3.- O peor de África: Sierra Leona
Conta coa desafortunada distinción de ter a maior desigualdade de xénero do mundo. Iso é o que se desprende do informe de Nacións Unidas sobre este tema, que puntúa aos países segundo os indicadores económicos, de saúde e educación para as mulleres. En Sierra Leona, unha de cada 8 mulleres morre durante o embarazo ou o parto, e ten unha esperanza de vida de 43 anos, das máis baixas do mundo. As nenas reciben 6 anos de escolarización. Ademais, hai que engadir os horrores sufridos na guerra civil que asulagou o país durante unha década, cando probablemente un terzo das mulleres e nenas sufriron violencia sexual, o que as atormenta hoxe en día. As viúvas loitan por saír adiante, as supervivintes das violacións están estigmatizadas e discriminadas e os homes continúas asaltándoas con impunidade.

4.- O peor de Asia: Nepal
O matrimonio chega axiña en Nepal -as nadas nos 70 casaron a unha media de idade de 16 anos-, e a maternidade é especialmente perigosa. Nepal é o lugar do mundo onde máis mortes se producen no parto, sen contar a Afganistán e a un pequeno grupo de países da África subsahariana. Só un de cada cinco nacementos é atendido por persoal sanitario preparado.

5.- O peor de Oceanía: Papúa Nueva Guinea
As nenas reciben só cinco anos de escolarización. A miúdo acúsase ás mulleres de bruxería como un xeito de "vinganza" social. Se de súpeto alguén enferma ou morre, a culpa recae nunha suposta "feiticeira" que é golpeada, violada ou asasinada. As mulleres teñen catro veces máis probabilidades de contraer sida que os homes porque a súa situación social non lles permite negociar sexo seguro.

5.- O peor de Europa: Moldavia
Este lugar é a maior orixe de tráfico de mulleres para a prostitución. As mozas e as nenas caen moitas veces en mans de recrutadores con promesas de traballos ben pagados no estranxeiro, pero acaban obrigadas a traballar para proxenetas en lugares como Rusia, Turquía e os Emiratos Árabes Unidos. Mentres, os esforzos do goberno para previr o tráfico das mulleres e protexer as vítimas teñen sido moi febles.


Jacob Carter

En Capítulo 0 descubrín este artista fotógrafo que me encantou e non puiden deixar de traérvolo; chámase Jacob Carter e aquí podedes visitar a súa páxina. Realmente, non sabemos se estamos ante fotos paisaxísticas ou pinturas, non vos parece? En todo caso, arte é.

Non á violencia contra as mulleres (XLI)

A Rede Chilena contra a Violencia Doméstica e Sexual presentou este xoves a campaña "Coidado, o machismo mata", reclamando ao Estado avances en políticas coordinadas e fondos para protexer ás mulleres agredidas.




Vía Sexismo publicitario

Platón y un ornitorrinco entran en un bar...

A verdade é que veño de pasalo en grande coa lectura deste libro: a filosofía nunca foi tan divertida. Teño que dicir que cando mo recomendou un meu amigo filósofo deume un pouco de medo: unha historia da filosofía explicada con humor?! En fin, filosofía non aprendín moita, pero rin a gargalladas con moitas das súas páxinas. Un libro adicado ao filósofo Groucho Marx non podía defraudar, por outra parte ("estes son os meus principios; se non lles gustan, teño outros"). Os autores afirman que os mecanismos internos do humor, dos chistes, son os mesmos da filosofía. Aínda máis, que ambas cousas son o mesmo. E por iso trazan un percorrido polas principais doutrinas baseándose nos "filochistes".

Por exemplo, a definición sobre a lóxica dedutiva:

En teoría, la lógica deductiva razona de lo general a lo particular. El argumento deductivo más rudimentario es el silogismo: "Todos los hombres son mortales. Sócrates es un hombre, luego Sócrates es mortal". Sin embargo, si se entiende en el sentido contrario diciendo que por ser un hombre es mortal, se estaría malinterpretando la frase, ya que un hámster es mortal, pero no es un hombre. Un ejemplo de ello es la siguiente historia:

Un viejo vaquero entra en un bar y pide un trago. Está ahí, sentado, bebiéndose su whisky cuando una señorita se sienta junto a él. La chica se vuelve hacia el vaquero y le pregunta:
- ¿Es usted un vaquero de verdad?
-Bueno- responde el vaquero-. Me he pasado la vida en un rancho, guiando manadas de caballos, reparando vallas y marcando vacas al fuego, asi que supongo que sí.
-Yo soy lesbiana- dice la chica-. Me paso el día pensando en mujeres. En cuanto me levanto por la mañana, pienso en mujeres. Cuando me ducho , o veo la televisión, todo me lleva a pensar en mujeres.
Al cabo de un rato, una pareja que está sentada junto al vaquero le pregunta:
-¿Es usted un vaquero de verdad?
Y él contesta:
-Eso había pensado siempre, pero acabo de descubrir que soy lesbiana.

Outro que me encantou, un pouco longo, está na páxina 69. Convídovos a lelo no libro, porque se o escribo este post sería excesivo.

Xa sabedes, un libro para rir este verán. Desde o principio ata o final. Ata cando fan un "repaso" dos grandes momentos da filosofía, o sentido do humor dos autores é envexable (cando falan das filósofas: "literatura de chicas", "en 1900 muere Nietzsche; seis meses después muere Dios, con el corazón roto"), o glosario e mesmo os agradecementos ("queremos expresar nuestras tardías disculpas a Immanuel Kant por no haberle entendido nunca del todo. Sabemos lo que sufres, Manu..."). Boísimo, en serio, ou en filochiste.


14/06/08

Homenaxe á muller

Unha desas presentacións que chegan aos nosos correos e que acostumo a gardar no meu cartafol de Traballos pendentes para ensinárvolas. Trátase dunha sentida homenaxe a todas as mulleres en forma de imaxes e música.

Cuestión de coordinación

A medida que pasa o tempo, estoume decatando de que me interesan máis os anuncios publicitarios que a propia programación das cadeas televisivas. Que me está a pasar? Tan mal está a cousa? Pásavos o mesmo?
Esta pequena xoia é un espectacular spot turco que se pode resumir nunha única palabra: coordinación. Agardo que vos guste...

E que vos parecen estas "cortiniñas publicitarias" de Antena3 TV do Nadal 07? Eu xa case non me lembraba delas...


13/06/08

O Marica

Curta baseada no conto do mesmo nome de Abelardo Castillo. A dirección é de Tomás Flichman, e a historia triste e repetida.




Vía Tutoría GLBT

Mulleres xirafa

Vía Todas atopo este interesante documental sobre as Mulleres xirafa ou Mulleres Kayan procedente de MundoEscuela.net. Tedes o artigo completo en Mundo Escuela: Documentales diferentes.
No poboado de Nai Soi, situado a 40 km de Mae Hong Song, na fronteira con Birmania (agora Myanmar), viven algunhas das mulleres Kayan que emigraron a Tailandia desde ese país.
As Kayan manteñen a antiga tradición de alongarse o pescozo cunha espiral metálica. Realmente, o pescozo non se alonga, é imposible. O segredo das mulleres xirafa está no descenso das costelas até un 45º respecto á súa posición normal. O efecto que produce é o dun pescozo máis longo do habitual.
(Se ides ao documental atoparedes até unha radiografía do seu pescozo!)





12/06/08

A natureza da fame

Na actualidade, 820 millóns de persoas pasan fame na Terra. Destrás desta traxedia conflúen causas políticas e socioeconómicas. Pero certos factores de índole medioambiental, como o quentamento global ou a escaseza de auga, están afectando decisivamente á loita do ser humano por conseguir alimentos. Até o 73 por cento da poboación mundial que vive por debaixo do limiar da pobreza habita en zonas rurais, onde a subsitencia depende directamente do que abrolla da terra.
"O noso planeta rebosa riqueza biolóxica, e esta diversidade é a clave para afrontar a peor crise alimentaria da historia moderna" asegura Alexander Müller, subdirector xeral da FAO. Precisamente, o acentuado descenso da diversidade xenética en animais e colleitas é un dos problemas máis lacerantes no Terceiro Mundo.
No último século, o 75% dos cultivos desapareceron en favor dunha minoría de colleitas máis rendibles a priori. A maior parte dos alimentos procede unicamente de doce produtos agrícolas e catorce especies animais. Esta dependencia significa menos oportunidades para o crecemento e a innovación necesarios para impulsar a agricultura e gandería nunha época tendente á alza de prezos. A demanda de cereais medra, pero o seu coste faino máis vertixinosamente, xa que o seu uso como biocombustibles disparou o seu valor económico. A consecuencia é que se deforestan zonas para plantar especies vexetais aptas para a obtención de etanol e biodiésel.
O fenómeno do quentamento global, sobre todo en zonas áridas e semiáridas, supón outra das pragas que inundan a malnutrición. E iso porque o impacto medioambiental nestas rexións podería deixar baixo mínimos as precipitacións, ademais de supor a extinción de numerosas especies animais e vexetais.
A xestión eficaz dos recursos hidrolóxicos representa outra das caras da fame. E xusto é a actividade agrícola a maior consumidora de auga no mundo. Desde 1950, o consumo de auga triplicouse a nivel mundial, pasando dos 4300 km cúbicos ao ano.

O primeiro dos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio plantexados por Nacións Unidas é erradicar o 50% da fame e a pobreza no mundo para 2015, o que suporía mellorar as condicións de vida de 854 millóns de persoas que malviven en contornos rurais carentes de fontes de alimentación. E aínda así, máis de 400 millóns de persoas, excluídas dos criterios de Nacións Unidas, seguirán pasando fame.

Fonte

Non á violencia contra as mulleres (XL)

Ás veces, a violencia contra as mulleres vén "potenciada" polo consumo de drogas -legais ou ilegais- por parte dos potenciais agresores, atrofiando o seu razoamento e desatando a súa agresividade. A axencia Euro RSCG elaborou unha orixinal publicidade da cervexa Bernard brewery, dirixida aos seus clientes checos, o que nos dá un sinal de concienciación desta sociedade; esta consiste nunha xerra vinilada coa facer dunha muller co lema "Por favor, non perdas o control despois de beber" ("Please don't lose control over your drinking").



Vía Infocom

Waterboarding

Hoxe achegamos o novo vídeo da campaña de denuncia de Amnistía Internacional, en contra do método do "waterboarding", utilizado segundo parece en Guantánamo. Prácticas de terrorismo de estado, buscando seguridades sen remordementos e realizando atrocidades en nome da tranquilidade. Curiosos somos. Serémolo sempre?



11/06/08

Nontodovanserlibros (XXXII)

Eu acostumo a dicir con frecuencia que me considero unha persoa moi aberta de orellas no sentido de que gústame escoitar as músicas máis variadas para poder ter unha certa valoración delas. Esta teima permíteme descubrir de cando en cando a artistas dos que moi pouco se soe falar, pero que merecen ser descubertos. O músico que hoxe vos presento é un deses de guitarra en man, de garito, de gañarse a vida a base de gastar cordas.
Como dicía, coñecino por casualidade. Máis ben, coñeceuno un compañeiro do instituto que tivo a oportunidade de velo en directo nun pub vigués ao que asistiu coma todos os venres a tomar a súa auga mineral con gas. Quedou tan fascinado que mercou o seu disco e insistiume desde aquela (e cando insistiu quero dicir agobiou) para que o escoitase. Hoxe, por fin, Dani Flaco está a soar no meu equipo de música mentres escribo estas liñas.
Sei que non fai unha música extraordinariamente novidosa, ata diría que somos quen de descubrir certos parecidos con outras voces do panorama musical español (nalgúns foros din que é o novo Sabina, paréceme algo excesivo...), pero este catalán que traballou tamén na fábrica que a marca SEAT ten en Martorell (non vos soa a historia á dos coñecidímos Estopa?) está a conseguir que pouco a pouco sexan máis as persoas que recoñezan e valoren a súa música.

E como a min particularmente estame a gustar o seu disco "Salida de Emergencia" quero contribuír humildemente a que sexa un pouquiño máis popular antes de volverme a rodear de exames...

free music


Convídovos a que visitedes a súa páxina web para saber algo máis da vida e obra deste músico e, ao memo tempo, comprobar se podedes a asistir a algúns dos seus concertos.

Simplemente, un lapis

Vexo hoxe en Nosololibros este vídeo sobre os lapis, si, os lapis de toda a vida, aínda que este é moi peculiar... De todos os xeitos, ten unha face que a min polo menos non me gusta nada, nada, máis ben paréceme desacougante. Non sei que opinaredes vós.



Vía Nosololibros

G.I.Jonny

A seguinte campaña contra a SIDA foi realizada pola BBC no Reino Unido. Resulta ser unha parodia do xoguete G. I. Joe dos anos 60, monecos militares para rapaces que pretendían emular o éxito de Barbie entre as rapazas. Quizais sexa un "pouco subida de ton", pero resulta desde logo moi impactante.




Vía Infocom

10/06/08

Imaxe

A imaxe que nos vende a sociedade actual está moi lonxe da real. Procuramos ser máis esveltas e máis fermosas para chegar a eses canons que nos bombardean continuamente, esquecendo o que é realmente importante: o noso interior, a nosa formación, o noso equilibrio, o noso ser humano. Hai uns días falabamos da campaña iniciada nos blogues contra da anorexia e a bulimia cun vídeo máis que impresionante, e hoxe volvemos a ela, porque o noso compañeiro Antonio nos manda a ligazón a outro vídeo diferente que desexamos tamén amosarvos:



Vía Merodeando

Humor en tempo de exames

Estes días andamos todos moi liados entre exames, notas, traballos de última hora e horas de esforzo. Para aliviarvos un pouquiño este estrés, achégovos este video para que botedes unhas risas (asegúrovos que o seu contido non vai con segundas!!)
Ah! E moita sorte nos exames, que nunca está de máis...

Calzados Lola

Thalía Troitiño recoméndanos:

Calzados Lola
Suso de Toro
Xerais


Gustoume moito a historia deste libro. Empeza falando da familia do que é protagonista da historia e logo segue falando do que lle acontece en menos dunha semana.
Este libro é unha historia de amor, traizón, intriga, realismo...
Considero que a vida que ten Manuel xunto coa do seu irmán Miguel é realista, pero sobre todo moi sentida. Fan sentir ao lector os memos sentimentos ca os protagonistas, o que me dá unha idesa sobe a calidade do escritor. O amor é un camiño difícil e fermoso que hai que buscar e percorrer.
Sen dúbida, recomendo este libro. É un libro que paga a penar ler aínda que pareza groso, pois lese axiña.
Gustoume o xeito de escribir do autor, sobre todo polo realismo e sentimento que impregna a obra.
Unha historia tráxica con final feliz.

Dez minutos

Esta curta, dirixida por Alberto Ruiz Rojo e protagonizada por Gustavo Salmeron e Eva Marciel, foi premiada co Goya á Mellor Curta de Ficción no ano 2005; converteuse ademais na curta máis premiada da historia de España. Atención: está descompensada a imaxe e o son, pero é unha curta tenra que creo que paga a pena ver. Xa me contaredes a vosa opinión.







09/06/08

Baleas no deserto

É común escoitar que case toda a Terra estivo cuberta polos océanos, pero poucos saben que en lugares tan áridos como o deserto do Sáhara nadaron un día as baleas. Os seus esqueletos, fosilizados, son a proba. Teñen nada menos que 40 millóns de anos.
Javier Otazu explícano como hoxe este deserto debe ser protexido. Os fósiles atópanse a 200 quilómetros ao suroeste de O Cairo, na depresión de Wadi Rayan (provincia de Al Fayum), un dos conxuntos máis ricos do mundo en fósiles mariños: todo tipo de cunchas, caracolas, ourizos e estrelas de mar, cangrexos, tartarugas e dentes de tiburón.
Os fósiles sobreviviron case intactos grazas ao extraordinario poder conservador da area, a mesma que permitiu a recuperación de numerosos templos faraónicos sepultados entre as dunas durante séculos.
O chamada Val das Baleas -ou Wadi al Hitan en árabe- é só un recuncho dos 1759 quilómetros cadrados que ocupa Wadi Rayan, pero a existencia destes esqueletos fósiles e a súa paisaxe única fixeron que no ano 2005 a UNESCO o declarase Patrimonio Natural da Humanidade.




Vía Libro de Notas

Con cordón umbilical

Un equipo de científicos australianos presentou os restos fosilizados da nai vertebrada máis antiga xamais descuberta, un peixe placodermo (con cuncha) co seu embrión aínda unido polo cordón umbilical.
En palabras de John Long, responsábel da área científica do Museo de Vitoria -Melbourne-: "Teremos que nos replantexar a evolución temperá dos vertebrados en canto ao modo en que a reprodución dirixiu eventos evolutivos".




Visto en Noticias.buceoactual.com

Publicidade que funciona

O outro día xa descubrimos en "Xeitos de dicir" a importancia das palabras. Paseando por Youtube volvemos atopar máis exemplos:

Sixe

Sixe é un artista urbano nado en Badalona hai 33 anos, escollido pola Tate Modern para pintar na súa fachada un mural de 35 metros.
Comezou pintando graffitis, arte urbana da rúa que por fin entrou nas galerías de arte. Arestora traballa con dúas galerías: N2 de Barcelona e Alice Gallery de Bruselas.







Vía Bajo el Signo de Libra

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.