Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
31/03/11
Band of Skulls - Fires
Vía
30/03/11
Muller e Química
Como colofón, acudiu ao centro a ex-alumna Adriana Arca, enxeñeira química e investigadora da USC, que nos ofreceu unha amena charla que incluía a enerxía nuclear, tan no punto de mira arestora. Unha conferencia que resultou moi didáctica para todo o alumnado de Ciencias.
Atoparalo en Actividades, Aulas, Biblioteca, Ciencia, Forcarei, Muller, Poesía
Ler na casa
Vía No solo libros
Dende Lleida amplíannos a información, con seis claves fundamentais.
Atoparalo en Fomento da lectura
El pájaro del alma
Un texto moi lírico e metafórico sobre a alma, ou sobre a moral e as emocións, que creo ten varias interpretacións.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fondo de Cultura Económica
Un día sen química
Pero hai moito máis:
Atoparalo en Aulas, Ciencia, Efemérides
O ano de Lois Pereiro (IX)
"Curiosidade" from 310room on Vimeo.
Lembrade tamén o blogue para Lois Pereiro.
Quini, dende Valdeorras, ofrécenos esta liño do tempo sobre Lois.
Atoparalo en Aulas, ENL, Lois Pereiro
29/03/11
Sperrholz piraten
Sperrholzpiraten/Plywoodpirates (subtitled) 17min from Stefan Schomerus on Vimeo.
Vía
ABCdario
Un libro deses ao que volves para follear de cando en vez, delicado e delicioso.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Nórdica Libros, Recomendamos
La manta de Jane
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Tusquets
Primeira aventura da Muller Lamprea
Condenados a morrer
Atoparalo en Actualidade, Dereitos Humanos
28/03/11
Chico & Rita
O curioso resulta que este libro é o resultado do filme, e non ao revés, como vén sendo o habitual. O argumento sabédelo sobradamente, con saltos no tempo e cun mesmo amor que aparece e reaparece: destacan os sedutores debuxos, de liñas claras e moi reais. Se ledes o cómic, quedaredes con ganas de ver a peli, seguro. Algo que tamén resulta curioso, posto que isto tampouco adoita suceder.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
27/03/11
Un papá a la medida
Un papá a la medida from Los Animantes on Vimeo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Edelvives, Recomendamos
El niño que mordió a Picasso
Anthony Penrose era fillo da fotógrafa Lee Miller e o pintor Roland Penrose, vivindo rodeado de creadores famosos, entre os que se topaba Picasso, un home a quen lembra con cariño porque lle gustaba xogar cos nenos. Conta como pola súa casa en Sussex (Farley Farm) pasou este personaxe e as lembranzas que del conserva.
"...olía a colonia y a cigarrillos Gauloise. Era muy bueno jugando con los niños, sobre todo a las corridas de toros; aunque era mayor, porque ya tenía 60 ó 70 años, era una persona muy cálida y cercana. Una de las veces que estábamos jugando juntos le mordí y él me devolvió el mordisco y cuando dejé de llorar, Picasso le dijo a mi madre 'Es el primer inglés al que muerdo..."
Atoparalo en Arte, Fotografía, Ilustración, Lectura, Libros, Personaxes, Recomendamos, Siruela
Non á violencia contra as mulleres (CXCV)
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
26/03/11
Sempre volven á biblioteca!!!
Vía
Atoparalo en Animación, Biblioteca, Curtas, Humor
Poe mitos
A mensaxe é precisa: salvemos o mundo. Se aínda é posible...
Atoparalo en África, Álbum ilustrado, Medio Ambiente, Mil y un cuentos, Recomendamos
Colorete Y Quitasueño
Dixen moitas veces que moita da mellor literatura de hoxe en día está na novela grafica. Pois ben, do mellor da literatura en castelán do 2010 está nesta canción. A súa música tamén, pero escoitade con atención está historia. Unha alfaia.
Esta é a canción:
Grazas, Marcos, polo agasallo.
25/03/11
Nada
Non é un gran libro, coido, pero si resulta de lectura interesante. Máis sabendo que "é perigoso". Unha alegoría do noso comportamento ante o que non sabemos? Se o resultado é este, a violencia, medo dá.
Totalmente desesperanzador.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Seix Barral
Pantalóns asasinos
A aperencia de desgaste conséguese na maioría dos casos mediante a perigosa técnica do 'sandblasting', consistente en aplicar un chorro de auga e area sobre a tea vaqueira. Este método, prohibido en Europa en 1966, xera unha nube de sílice que envelena os pulmóns dos traballadores.
A silicose é unha enfermidade profesional ocasionada pola sílice da area, moi coñecida na minería, pero aínda non recoñecida dentro da industria téxtil. Os mineiros tardan 20 anos en presentar esta enfermidade; os traballadores do 'sandblasting', porén, caen enfermos en só 6 meses. Por iso, a campaña 'No sandblasting', de Ropa Limpia, cre urxente que a OMS e a OIT inclúan o sector téxtil no seu Programa Internacional sobre a Eliminación da Silicose Mundial (se premedes na segunda ligazón poderedes asinar)
Vía El ventano.
Atoparalo en Igualdade, Saúde, Sociedade, Solidariedade
24/03/11
Fixed
"Fixed" 2010 from Jeffrey Thompson on Vimeo.
Vía
Mexillóns para cear
Novela xuvenil? Dende logo, moi diferente ás nosas. Eu, polo pronto, xa a propuxen no club de lectura. A ver como resulta. Ao meu entender, boísima.
Así que, novamente, grazas Luz pola recomendación.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución, Violencia, Violencia de Xénero
Maltrato sutil
Vía
Atoparalo en Animación, Curtas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
23/03/11
Florentino, o príncipe Quino
A min paréceme unha boa proposta de lectura: un mundo ao revés que ama todo o que nós rexeitamos pero que causará sorpresas ante tanta inmundicia: nun ar irrespirábel os corrichos desexan vivir; gústame esa sensación de unidade do país cun príncipe que anceia oler as flores e andar limpo, así como aprender cousas diferentes que non están nos libros "impostos": a sublevación de Quino é unha metáfora marabillosa de liberdade.
Claro que ao final descubriremos que tamén hai reinos onde impera a limpeza. Pero o máis importante volve ser o amor: ese que pasa de diferenzas e todo o perdoa, non porque polos opostos se atraian senón porque a soidade nunca é boa conselleira e tod@s necesitamos unha compañía que nos acaia e que nos lembre que non sempre temos a razón.
As ilustracións, moi típicas de Xan, son máis lenes que o propio texto, funcionan como contrapunto á lectura dándolle un toque de imaxinación que vai máis alá da palabra escrita.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Xerais
A sesta dos Enormes
Precioso. A profusidade das ilustracións, os pequenos detalles, o colorido, a imaxinación e mesmo o surrealismo que despregan faranvos comprobar que iredes máis dunha vez a contemplalas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
Charles Fleischer
Atoparalo en Humor, Personaxes
22/03/11
La estrella alcanzar
Atoparalo en Cine, Fomento da lectura
Beat-box: o quinto piar do hip-hop
No seguinte vídeo podedes ver unha entrevista que pode servir de resumo de todo o que nos estivo a falar.
m
O que si vos podo asegurar é que a todos nos deixou coa boca aberta coas súas demostracións... e ata algún ousado fixo os seus primeiros intentos!!
E a modo de exemplo aquí tedes a versión do himno galego feito en beat-box co que gañou o 1º premio no 123click.org organizado polo Concello de Vigo.
Atoparalo en Actividades, Cuntis, Música
Un conto cheo de lobos
Divertido texto que solicita a intervención do lector atento á paxinación cunhas ilustracións cheas de ritmo, frescura e cor, tal como nos ten acostumad@s Roger Olmos. Atent@s, pequen@s lectores, aquí están reunidos os lobos de todos os contos... e ademais... abúrrense!; agardan a que os chamemos.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Humor, OQO, Recomendamos, Tradución
Como cambiamos
Este documental repasa os cambios na sociedade española e a súa evolución a través do tempo. A educación nestes 60 anos.
Cómo hemos cambiado - El colegio
Vía
Atoparalo en Documental, Educación
21/03/11
Purga
Estou a falar de Purga de Sofi Oksanen, editada por Salamandra. Un libro que nos fala sobre todo de supervivencia. Cando rematei a lectura, volvín ao título, para comprendelo en toda a súa intensidade.
Todo o libro está impregnado dunha poética que pode chegar a ser incomprensible pola temática; e aínda así, conséguea, con esa prosa sinxela e breve, chea de ritmo. Iremos da súa man a Estonia, á guerra dos Balcáns, á ocupación nazi, á invasión comunista de Stalin, ao tráfico de mulleres... e a nivel persoal darémoslle a man a todo tipo de humillacións, vexacións, medos, e ata amores. As páxinas farannos cambiar de escenarios, de datas, mais non de instinto de supervivencia. Que é, seguramente, o tema da obra: o que somos capaces de aturar por seguir vivindo. (Algo ao que sigo a lle dar voltas).
Di Xabi que o que máis lle gustou foi o debuxo da personaxe principal (a vella): un ser capaz, ao mesmo tempo, de grandezas e de miserias. É un ser anodino, vulgar, pobre e sinxelo. Moi real. Por iso resulta tan entrañable... Tamén me lembrou que hai un capítulo moi especial: non podo estar máis de acordo con el. Ese de torturas e evasións. Para non esquecer xamais.
Atoparalo en Guerras, Historia, Lectura, Libros, Recomendamos, Salamandra
Árbore poética
Non esquezades ler o artigo de Bragado sobre o Día Mundial da Poesía.
Para Poesía, Poesía, dade unha volta polos blogues das Bibliotecas Escolares: atoparedes de todo.
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, Efemérides, ENL, Forcarei, Medio Ambiente, Poesía
O ano de Lois Pereiro (VIII)
En Son de poetas, poesía musicada de Lois Pereiro.
Atoparalo en ENL, Galicia, Lois Pereiro, Poesía
20/03/11
A visita dos domingos
Aínda que recoñezo que as ilustracións non me encantan, como ocorre noutros álbums, este achega a figura do pai como factor determinante tamén na educación e na imaxinación... mágoa que só sexa un día á semana.
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
A mansión dos Pampín
XEl10 - IES Ferrolterra (Ferrol): “A mansión dos Pampín” from Proxectoterra on Vimeo.
Vía
Atoparalo en Animación, BDBanda, Cómic, Curtas, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos
Non á violencia contra as mulleres (CXCIV)
Directamente dende O Demo me leve:
Atoparalo en Des-Humor, Galicia, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
19/03/11
Marea
Tres han de ser
Pola noite, a nai recolleu as cousas e deixou un círculo de catro copas na mesa. Estivo mirando para elas durante moito tempo, ata que de repente encolleuse de ombreiros e marchou. Os que a viron marchar contan que sorría.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Muller, OQO, Recomendamos, Tradución
18/03/11
The Move
Curta dirixida por Mandy Smith, deseñadora experta en traballar o papel.
The Move, Paper Animation from Mandy Smith on Vimeo.
Vía
Marcos Calveiro en Forcarei
Grazas pola túa xenerosidade.
Atoparalo en Actividades, Aulas, Biblioteca, ENL, Escritores, Forcarei, Visitas
Kassunguilà
Ah! Para lelo as páxinas teredes que pasalas de arriba a abaixo porque hai que xiralo...
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fondo de Cultura Económica, Recomendamos
Temple Grandin
Atoparalo en Personaxes
O ano de Lois Pereiro (VII)
Este Román, que non para: agora un cartaz dixital sobre a figura das Letras...:
Atoparalo en ENL, Lois Pereiro
17/03/11
Adolescencia?
La cripta de invierno
Curiosamente, lendo esta novela tamén aprendín sobre libros pop-up que se facían en Europa a comezos do século XX. Busqueinos e ata hai algún vídeo. Déixovos nomes para quen queira procuralos: "Cuentos de Bookano", "anuarios del Daily Express", Vojtech Kubašta, Ernest Nister, Meggendorfer. Segundo parece, moitos destes enxeñeiros do papel tiveron que deixar de traballar en Alemaña por causa das guerras. Unha lección de historia en forma pop-up!
Tamén vos deixo un anaco do libro que me encantou:
He estado leyendo sobre la lluvia. Ese olor tan absolutamente distintivo, de cuando empieza a caer la lluvia... Hay dos científicos que lo han analizado. Lo han llamado "petricor", a partir de la raíz griega de la palabra piedra, más la "sangre" que fluye por las venas de los dioses. Es el olor de un aceite que producen las plantas a medio pudrir, sometidas a la oxidación y a la nitratación, y resulta de una combinación de tres componentes. Las primeras gotas de lluvia llegan a la piedra o a la acera, y liberan este aceite de las plantas, que nosotros olemos cuando comienza a ase arrastrado por el agua. Sólo lo podemos oler cuando el agua lo empieza a diluír.
Un libro que vos emocionará.
Atoparalo en Alfaguara, Amor, Lectura, Libros, Recomendamos
Aprendendo a CDU
Despois de moitas horas ensaiando, horas pedidas aos compañeiros/as e moitos recreos "perdidos", no instituto da Fonsagrada temos o noso primeiro lipdub. Dende o Equipo de Dinamización da Biblioteca Escolar non queríamos facer un lipdub por facer senón contar unha historia (aproveitando as novas tecnoloxías), a historia dun libro esquecido que tras percorrer boa parte do centro retorna ao seu lugar natural: a biblioteca. Aproveitamos a historia para, ademais de dar a coñecer o centro e potenciar a biblioteca, recordar a CDU mediante a asociación de imaxes, números e cores, en definitiva, facer formación de usuarios. Nada do que aparece no vídeo está posto ao azar. Dende o título do mesmo "O final da conta atrás" referíndonos ao tempo que lle resta ao libro ata chegar á Biblioteca como as distintas esceas. Por exemplo, na entrada podemos ver unha escea que pretende rememorar tempos pasados, unha estampa dos anos 60-70, onde aparece un rapaz cun mapa de España detrás, inmediatamente outro cunha camiseta branca e co número 9 pretende recordar que se trata da área temática asociada á Xeografía, Historia e Biografías e así con outras (non con todas tamén metemos algunha trampa polo medio) Polo tanto é un lipdub pero tamén é un xogo (no que hai que fixarse e incluso parar a proxección para localizar os números e darse conta dalgunha escea curiosa que pasa) para a formación de usuarios. Non esquecemos tamén ironizar sobre algún dos prexuízos que pesan sobre nós ( a entrada na sala de profesores é todo un poema).
Atoparalo en Aulas, Biblioteca
16/03/11
Walking on by
Vía
O Libro
Este "trailer" foi creado polo Canal de Consejo de Comunicación de México. Non o perdades.
Vía No solo libros
Atoparalo en Fomento da lectura
Como todo lo que nace
Como la manzana encarnada y brillante
que, poco a poco, se arruga hasta pudrirse.
Como la flor perfumada que al atardecer inclina la cabeza
y, uno a uno, deja caer sus pétalos.
Como la hoja verde que, en otoño, enrojece,
se arremolina con el viento
y luego cruje bajo nuestros pasos.
Como el pájaro que trinas,
salta y revolotea,
y un día encontramos
tendido junto al camino.
Como la trucha de escamas plateadas
que ayer nadaba en el agua clara
y que hoy permanece inmóvil
en el mostrador de la pescadería.
Como la hormiguita que corría
hacendosa a su trabajo
y que un dedo travieso
acaba de aplastar.
Como el conejillo que se frotaba
con gracia los bigotes
y que no hemos podido curar
de su terrible enfermedad.
Como todo lo que nace,
como todo lo que está vivo...
…un día también a nosotros se nos acabará el tiempo
y ya no estaremos aquí.
¿Y qué pasará entonces? ¿Qué habrá después?
Eso, nadie en el mundo lo puede saber.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kókinos, Recomendamos
Tecnoloxía e modernidade
O único que espero é que isto non se convirta en realidade, porque, de ser así...
Segundo esta teoría, así iremos de compras...
... e así serán as aulas do futuro!!!
Atoparalo en Publicidade, Tecnoloxía
15/03/11
Sechu Sende en Forcarei
Tamén contou esta historia.
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, ENL, Escritores, Forcarei, Visitas
En calquera lugar
Atoparalo en Fotografía, Lectura
Tío Lobo
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos, Tradución
Nontodovanserlibros (XL)
Descubrinos nunhas festas patronais, nun concerto dos moitos que adoita haber nos veráns galegos, e o que máis me chamou a atención deles foi a súa proximidade e empatía co público. O seguinte paso foi bucear entre a súa música, as súas letras e o seu son psicolélico. E aí foi onde descubrín que nas súas orixes alá por finais dos noventa empezaron cantando integramente en inglés, que foron a banda sonora de varias campañas publicitarias e que, ao meu entender, teñen un dos mellores discos que escoitei ultimamente e do que estou totalmente prendado (Costa azul, Sony, 2007)
É posible que algún de vós descubra a partir de hoxe a Marc Ros, Jesús Senra e Alex Pi: Sidonie.
Atoparalo en Música
Coca-Cola 125 aniversario
Coma decote, Coca Cola chama a atención publicitándose:
Atoparalo en Publicidade
14/03/11
Otar
Estamos a falar de Otar de Kaatje Vermeire. Ides alucinar con el, seguro. Un libro que nos fala dun estraño paxaro que voa, ou non, que quere ser o mellor, ou non...
Atoparalo en Álbum ilustrado, Barbara Fiore, Recomendamos
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.