Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
31/08/12
Le Voyage dans la Lune: Apollo 11
Vía
Atoparalo en Curtas, Historia, Tecnoloxía
Uñas y dientes
Novela negra de Ian Rankin, Uñas y dientes está publicada por RBA. Xa teño falado deste autor en máis ocasións e non defrauda. O malo é a orde en que se publican os seus libros no estado, xa que esta foi publicada en inglés no ano 1992, e aquí a comezos deste ano. É dicir, é a terceira novela da serie, que rollo!Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, RBA, Recomendamos
Deforestación da Amazonia
Vía
Atoparalo en Medio Ambiente
30/08/12
O primeiro comercial da historia
Atoparalo en Historia, Publicidade
O silencio
Por fin, ben tardei en chegar a este poemario de Mario Regueira chamado O silencio e publicado por Xerais. Poemario intenso e diferente cun tema inhóspito e delicado: a guerra. Calquera guerra, ou a Guerra, posto que o libro comeza cun ton épico de vencedor que pode ser calquera resistencia que constrúe futuros que precisarán novas resistencias. Porque o círculo nunha se pecha. Guerras, resistencias, silencios... e volta a comezar. Si, finalizada a guerra vén o silencio. Un silencio que pretende ocultar as consecuencias daquela, como tamén teremos que mirar para o outro lado se non queremos ver o que tamén debe ocultar a resistencia. Nada está limpo, nada nin ninguén está libre de culpa. A manipulación de todos os bandos chegará cedo.Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Poesía, Recomendamos, Xerais
Pendulum Waves
Atoparalo en Ciencia
29/08/12
Luna de miel
Atoparalo en Lectura, Libros, Nórdica Libros
Cartas de mamá
Atoparalo en Lectura, Libros, Nórdica Libros, Recomendamos
28/08/12
De repente en lo profundo del bosque
La maestra Emmanuela explicó a la clase qué aspecto tiene un oso, cómo respiran los peces y qué sonidos emite la hiena por la noche. También colgó en la clase fotografías de animales. Casi todos los niños se burlaban de ella, porque en su vida habían visto un animal. La mayoría de los niños no se creía del todo que en el mundo existiesen esas criaturas. Al menos, no cerca de donde nosotros vivimos. Y además, decían, la maestra todavía no ha conseguido encontrar en todo el pueblo a nadie que quiera ser su pareja, y por eso, decían, tiene la cabeza llena de lobos, gorriones y todo tipo de fantasías que las personas sin pareja se inventan llevadas por la soledad.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Siruela
No Creo Que Somos Iguales
Atoparalo en Dereitos Humanos, Igualdade, Infancia
Por una escuela pública, laica y literaria
Atoparalo en Artigos de prensa
27/08/12
Contrato con Deus
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
26/08/12
El jardín colgante
Non me entusiasmou a lectura de El jardín colgante de Javier Calvo, premio Biblioteca Breve 2012 publicado por Seix Barral. Podería ser unha lectura ben interesante a priori, por falar da Transición española, pero non ten nin o ritmo nin a forza necesarias para atraparme como lectora. Ás veces é deliberadamente salvaxe, outras pretende ser divertida, pero cal é o punto intermedio? Os personaxes non acaban de convencer, non ofrecen a necesaria profundidade psicolóxica que os convirta nos nosos amigos ou inimigos, senón que permanecen indiferentes. O máis chamativo da novela é, iso si, o simbolismo e o sarcasmo con que está escrita: a falsidade na sociedade española é un feito doente e enfermizo que semella non ter cura; a parodia da reconstrución ideolóxica da nova España, con presenza de fenómenos metereolóxicos adversos e mesmo dun meteorito son abordadas en clave paródica mal resolta. Tamén me chamou a atención o feito de que o autor acuda a Alicia en el país de las maravillas para pergueñar unha metáfora do absurdo e do precipicio no que se mergullará un dos protagonistas.Pero cando pecho o libro quedo con esa sensación de "quero e non podo" dunha literatura que non acaba de convencer.
Atoparalo en Lectura, Libros, Premios, Seix Barral
Non á violencia contra as mulleres (CCLXXI)
Atoparalo en Igualdade, Muller, Música, Violencia de Xénero
25/08/12
Vert d’Automne
Buscando información sobre o libro que comentei hoxe, atopei a curta, do mesmo autor có libro.
Director e guionista: Eduardo H. Garza
París 1952
Unha nena que experimenta por primeira vez o outono noutro país e busca curar unha enfermidade na cor marrón das follas (a historia do álbum).
Dous velliño que rematan a súa lista de cen cousas que facer antes de morrer.
Unha reflexión sobre a morte.
Atoparalo en Curtas
Verde de otoño
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
Sueños de Brujas
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
24/08/12
El Ejército Furioso
Fred Vargas segue a ser unha das miñas autoras preferidas de novela negra, algo que se volve confirmar coa espléndida lectura de El Ejército Furioso publicado por Siruela. Recoñezo que nun primeiro momento tiven un pouco de medo polo que supoña de sobrenatural a introdución desta lenda do Exército Furioso, pensando en que se iamos resolver crimes deste xeito apañados nos atopabamos. Pero non. Á autora gústalle introducir a superstición e o aparentemente sobrenatural para lembrarnos que os crimes cometémolos os seres humanos, por envexa, cobiza...Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Siruela
Curar é un dereito
Vía
Atoparalo en Actualidade, Saúde
23/08/12
La ciudad
Din os entendidos que este é un dos cómics imprescindibles da historia gráfica. Eu, que ando a descubrir cousas coma esta, cerciórome cada día un pouco máis da miña máis completa ignorancia. Non o coñecía, xa vedes, un libro que foi publicado no ano 1925. Imperdoable.La ciudad non ten palabras, non lle cómpren. Nas súas xilografías descubrimos o crecemento urbano e a industrialización, o paso dun tempo acelerado e un anceio de liberdade, ao mesmo tempo que sentimos esas diferenzas insalvables entre ricos e pobres e a súa vida cotiá. Observando as súas imaxes, podemos sentir os risos, a irritación, a comprensión, o amor, o desamor, a repugnancia... cada detalle vén unido a un sentimento e podemos darlle nome, porque sabemos que é e que nos transmite.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Nórdica Libros, Recomendamos
Are you obsessed with the right things?
Vía
Atoparalo en Muller, Publicidade, Saúde
22/08/12
The enchanted drawing
El cielo es azul, la tierra blanca
Que fermoso libro! Que sensación de tranquilidade e afecto destilan as súas páxinas! Estas constitúen unha viaxe serena que nos transporta nunha nube de algodón, suave e branda, coma o estilo da narración. Falo do libro de Hiromi Kawakami El cielo es azul, la tierra blanca. Una historia de amor publicado por Acantilado. Ollo, non busquedes acción nin sorpresas. A novela non busca ningunha lea nin ningún crescendo na lectura. É previsible, e aí radica a súa beleza. A súa prosa é elegante e tenra, e con iso chegaranos. Porque non poderedes evitar derramar unha bágoa cando cerredes o libro, pola historia e porque xa rematou a súa lectura. O amor como eixo, e ao seu arredor, silencio, sake e cociña tradicional. E todo isto convertido en poesía oriental que conmove.“Las tinieblas nos envolvían por completo y nosotros seguíamos hablando sin decir nada. Las palomas y los cuervos ya se habían refugiado en sus nidos. El maestro me rodeaba con su cálido brazo, y yo no sabía si reír o llorar. Al final, no hice ni una cosa ni otra. Me tranquilicé y me acurruqué en sus brazos, en silencio. Oía los latidos de su corazón a través de la chaqueta. Nos quedamos sentados en la oscuridad.”
Grazas, Vir.
Atoparalo en Acantilado, Lectura, Libros, Recomendamos
21/08/12
Buñuel en el laberinto de las tortugas
Atoparalo en Astiberri, Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos
As manías d@s escritor@s de noso (III)
Álvaro Cunqueiro: nunha autobiografía do 1935 afirma cando se lle pregunta polo seu xeito de traballo: “Ren poido decir. Como si a luz fixera un redondel branquísimo no escuro. Eu vou entrando nil e poñendo verbas, verbas. Cando xa me sinto eu todo naquela luz, van saíndo outras verbas diferentes, cáseque un mundo. Iste é o poema”.
Atoparalo en Escritores, Galicia, Letras Galegas, Reflexións
20/08/12
Fantasmagorie
Libertad
Pois... non me gustou. O que segundo dicían era o gran libro do ano, o libro norteamericano por excelencia pareceume tedioso e sen interese. Falo de Libertad de Jonathan Franzen, publicado por Salamandra. Lera deste autor hai dez anos Las correcciones e gustárame máis. Non sei se estarei sendo demasiado rotunda, posto que a novela vai interesando máis a medida que se avanza na lectura, pero é que... son máis de 600 páxinas! E se o interese chega mediado o libro, pois... como que a impresión xeral non é a que se agardaba. Non é tan mala como estou dicindo, ollo, pero non é nin de lonxe a obra mestra que nos venderon.Sobrevoa por riba das súas páxinas a pregunta constante que nos facemos e á que nos induce o título: "somos libres de elixir?", "que podemos facer despois de tomar unha decisión errónea?".
Libertad é unha novela que xira arredor dos sentimentos. Do amor (amor en crise, amor fraternal, amor maternal, paixón... as dificultades do amor e as relacións) pero ten algo que non acaba de convencer. Non sei se é o "como" está escrita: o ton que emprega o autor, coma un deus que ten a certeza de saber dirixir cada tema, ou non sei é que hai un choque entre este ton e a incertidume xeral do argumento. Non é tanxible o meu disgusto pola lectura, supoño, só sei que é unha novela que non vos vou recomendar. E ben que o sinto, porque ma regalou unha persoa moi querida.
Como nota curiosa, esa falsa conciencia ecolóxica que non é máis que márketing do protagonista... creo que en xeral dos norteamericanos.
Atoparalo en Lectura, Libros, Salamandra
Amnistia Internacional 50 Aniversario
A loita da humanidade por manter a liberdade.
Precioso!
Vía
Atoparalo en Dereitos Humanos, Efemérides, Publicidade
19/08/12
Un mensaje en clave
Atoparalo en A buen paso, Álbum ilustrado, Recomendamos
Non á violencia contra as mulleres (CCLXX)
Hoxe recollemos de aquí:
Hostigamiento sexual y la segregación ocupacional
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
18/08/12
Conducir es fácil
Atoparalo en A buen paso, Álbum ilustrado
17/08/12
A miña vida nas túas mans
(Mi vida en tus manos)
Juventud sin Dios
Marabilloume este libro de, e recoñezo a miña máis profunda ignorancia, un autor que non coñecía e que está considerado un dos mellores escritores en lingua alemá. Que quen é este? Chámase Ödön Von Horváth e o seu libro Juventud sin Dios está publicado por Austral. O libro, escrito en primeira persoa por un profesor de secundaria, amosa o dano que provocan os totalitarismos e o difícil que resulta facer o correcto cando é a maioría social quen presiona. De capítulos sumamente curtos, o libro lese deseguida e sen respirar, utilizando o monólogo interior para comunicarnos eses pensamentos tan necesarios para a consecución do relato e o que alí acontece: unha sociedade sen moral nin ética que crea mozos e mozas violentos e perigosos e que, sinceramente, dá medo. Pero queda sempre unha esperanza mínima porque descubrimos, canda o protagonista, algúns rapaces que aman a verdade e a xustiza ao igual que o noso profesor.«¿Qué clase de generación va a ser ésta? ¿Insensible? ¿O simplemente brutal? [...] Que estos críos rechacen todo lo que para mí es sagrado no me parece tan grave. Lo que resulta más grave es cómo lo rechazan, sin conocerlo. Y lo peor de todo es que no quieran conocerlo de ningún modo. Para ellos, pensar es odioso».
Atoparalo en Lectura, Libros, Planeta, Recomendamos
16/08/12
Dreaming
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
Dereito á Paz
Atoparalo en Dereitos Humanos, Paz
15/08/12
En pañales
Atoparalo en Animación, Curtas, Medio Ambiente
El ardor de la sangre
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Salamandra
14/08/12
Carteis de contos clásicos
Atoparalo en Arte
La Educación Prohibida
Atoparalo en Documental, Educación
13/08/12
Sight
Unha curta futurista moi
visual de Eran May-raz y Daniel Lazo. Vía
Atoparalo en Curtas, Tecnoloxía
Río Veneno
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.




































