Feliz ano que nace, que sexa mellor para a nosa lingua e para a nosa cultura, que non sexa tan malo como nolo pintan.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
31/12/11
Un novo ano
Feliz ano que nace, que sexa mellor para a nosa lingua e para a nosa cultura, que non sexa tan malo como nolo pintan.
Atoparalo en Xeral
30/12/11
Pluviam 2012
A ver se chove algo máis no 2012, que ben nos cómpre.
Pluviam 2012 Animation from Pluviam on Vimeo.
Y entre líneas... un pirata
y sobre el viejo anaquel,
descansaba el libro aquel
con esos cuentos de antaño.
Con una señal marcada,
la página del pirata
que con casaca escarlata
emprendió dura emboscada.
Quería ver a su amada,
la bruja Marina Puerto,
que lo dejó medio tuerto
por ir cortejando a un hada.
Se fue la bruja Marina
con el pirata Merlín,
de uno a otro confín,
de la Antártida a la China.
…
Sacó iracundo su espada
y trepó por los renglones,
y vocales a empujones
lanzó contra la portada.
La eñe se le enfrentó
y le dijo: —¡¡Bandolero!!
Con varias letras te espero,
abajo, en otro renglón.
…
Las consonantes, armadas
con varios puntos y comas,
se escondieron tras las lomas
en un cuentito de hadas.
…
Asustó a los tres cerditos
al brincar desde el bajel
con ese grito tan cruel:
—¡¡¡Que los aplasto, gorditos!!!
…
Con su casaca escarlata
y sus botas de charol,
se embarcó nuestro pirata
hacia un poema de amor.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Mil y un cuentos, Poesía
Estatísticas e cubos
Vídeo en stop motion, Proteigon, con transformacións non-demasiado-ríxidas:
Atoparalo en Matemáticas
29/12/11
Con el agua al cuello
Ides pasar un tempiño ben agradable na súa lectura. Sobre todo naqueles momentos en que o protagonista fala de que fai o que fai como bo grego, como o uso do "tonton". Para troncharse.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Tusquets
Fotciencia 2011
Vía Microsiervos
Atoparalo en Ciencia, Fotografía
28/12/11
Rekord
REKORD from Sean Thompson on Vimeo.
Vía
Los misterios del señor Burdick
Unha proposta diferente que me encantou, chea de posibilidades. Se, coma min, non coñecedes este álbum correde a buscalo e mergulládevos no seu universo misterioso. Vaivos emocionar.
Ahora era demasiado tarde.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fondo de Cultura Económica, Recomendamos
27/12/11
¡Socorro! ¡Éste no soy yo!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila, Recomendamos
26/12/11
Swing of change
Un barbeiro racista experimenta un cambio coa aparición dunha trompeta máxica.
Swing of Change from Swing of Change on Vimeo.
Vía
Mensaxes
Atoparalo en Cómic, El Patito Editorial, Lectura, Libros, Recomendamos
O proceso de edición
Ballesteros comezou realizando unha pequena historia da edición do libro, ensinándonos os "tipos": as letras do alfabeto en caixas, e logo pasando aos pregos grandes que se deben dobrar logo ata o formato folio, pregando varias veces segundo o tamaño que se queira obter do libro.
Tamén nos falaron dos fotolitos para conseguir as cores. Como a partir do sian, a maxenta, o amarelo e o negro se fabrican todas as cores. E de como buscan papeis ecolóxicos, aínda que o tipo de papel inflúe moito no resultado final do libro.
Eles reciben diferentes orixinais, seleccionando aqueles que lles parecen máis interesantes e insertándoos en diferentes coleccións segundo as idades. Logo buscan no seu "banco" de ilustradores aqueles que consideran acaen mellor a cada texto.
Maurice Sendak lembraba que un álbum ilustrado é coma un tecido onde non se poden ver as puntadas: estes son os libros que nos agasalla todos os sentidos a editorial Kalandraka: un mundo para soñar.
Moitas, moitísimas grazas a ambos.
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, ENL, Forcarei, Ilustración
25/12/11
Zoológico
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fondo de Cultura Económica, Recomendamos
Circo de pulgas
Atoparalo en Álbum ilustrado, Cuento de Luz
Non á violencia contra as mulleres (CCXXXVII)
Ni un besito a la fuerza:
Atoparalo en Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
24/12/11
Sempre hai un lugar para a poesía (XCV)
Vía
Atoparalo en Poesía
Na oficina de obxectos perdidos
23/12/11
Change For A Dollar
Vía Microsiervos
Atoparalo en Curtas, Solidariedade
Fantasmas de luz
A medio camiño entre o realismo e a fantasía, a historia que nos relata Agustín é unha historia acontecida aquí mesmo, ao noso carón, cando paseamos pola rúa e non vemos a metade da xente que cruzamos. Unha historia de invisibilade chea de melancolía mesturada asemade con optimismo, porque a unión e o amor dan novos azos para seguir adiante. E porque o cine axudará a entender mellor a vida: tantas frases e escenas maxistrais que definen o noso acontecer cotiá. A chiscadela ao sétimo arte amplíase cunha serie de "Tomas extra" que complementan a curta historia que se nos relataba na parte principal da novela; pero estes extras son fundamentais tamén para reflexionar, para saber máis, para completar o noso maxín sobre o lido e interactuar coa historia principal. Non son tomas falsas, por tanto, senón que son un aditamento insubstituíble.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Recomendamos, Xerais
Feliz nadal con libros
christmas tree from invisibly on Vimeo.
Atoparalo en Xeral
Xogos tradicionais
Atoparalo en Actividades, ENL, Forcarei, Xogos
22/12/11
'Cómicos' de McCann Erickson
Vía
Atoparalo en Humor, Publicidade
Concurso ilustración
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, ENL, Forcarei, Ilustración
San Jorge y el dragón
En aquella aldea soleada había árboles grandes, árboles pequeños, casas con dos chimeneas, casas de madera, padres, madres, niños, perros, gatos, ratones, lagartijas, sapos…
Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila
Árbore ilustrada en galego
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, ENL, Forcarei
21/12/11
Cabana de Balieiros
Atoparalo en Cómic, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos
Felicitación verde especial
Atoparalo en Reflexións, Xeral
20/12/11
Patakiskola
Streamschool (Patakiskola) from Péter Vácz on Vimeo.
vía
Bichos bola
Atoparalo en Álbum ilustrado, Cuento de Luz
A coelliña Marcela
Chama a atención a portada, coa coelliña con gafas e o fuciño atado, algo que comprenderemos coa súa lectura e que é o espello das inxustizas sociais que cometemos cada día na nosa sociedade.
Os coellos brancos andaban sempre moi ergueitos e miraban de fronte cara adiante e , pola contra, os coellos negros andaban coa cabeza gacha mirando cara ao chan. Esa era a razón pola que os coellos brancos e os coellos negros nunca cruzaban as súas miradas...
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
19/12/11
Apréndeo
Aid - "Apréndeo" from Verve Creative Group on Vimeo.
Atoparalo en Música, Publicidade
Laura no deserto
Antón Riveiro Coello consegue esa maxia que procuro nas miñas lecturas: deitarme canda os personaxes para seguilos soñando, levalos comigo preocupándome polos seus próximos pasos, acochalos no meu amparo para salvalos dun sufrimento seguro, preocuparme polo seu futuro inmediato. Seguir lendo e lendo, chea de nervios, para saber que vai ocorrer. Non poder deixar o libro e levalo comigo coma unha parte máis do meu corpo.
Non vou falar do seu argumento, xa sabedes que non adoito facelo: para iso xa tedes a contracapa ou a información na páxina da editorial. Nela fálase do sufrimento das guerras, da guerra civil española, da monstrosidade nazi, do amor aos libros e aos seus autores, da fascinación pola Pobra do Caramiñal... hai moita literatura engarzada dentro da novela, hai novelas dentro da novela...
Poderedes preguntar? Non é demasiado longa? Non lle sobras páxinas? E direivos que non. Que entraredes nas súas páxinas e que estas serán un salaio curto que non podedes abandoar até o final. Que non miredes o número de páxinas porque o contido paga a pena. Que viaxedes ao deserto de Laura e que sufrades con ela as atrocidades que é capaz de infrinxir o ser humano.
Atoparalo en Galaxia, Lectura, Libros, Recomendamos
Robinson Crustó
Calquera dos que tivera noticia da obra de Defoe terá reparado no curioso capítulo de cando Robinson Crusoe atopa outro ser humano na illa na que levaba tempo como náufrago. Robinson despreza a cultura e a lingua do outro habitante da illa e declárase en dono e señor do aborixe ao que primeiro lle dá un nome e despois ensínao a falar pois, como todo o mundo sabe, os aborixes nin teñen lingua nin como chamárense.
Botando man desta historia, os Servizos Lingüísticos Universitarios de Cataluña elaboraron este simpático e fabuloso vídeo.
Ramón Caride en Forcarei
Atoparalo en Actividades, Ciencia, ENL, Forcarei, Visitas
Rodrigo Chao en Forcarei
Principiou a súa exposición falando dos ciclos que se poden facer para ser ilustrador: Ilustración, Deseño Gráfico, Fotografia, en Ourense ou na Coruña.
Logo falounos da elaboración dun libro, a lectura detida do texto, a fixación das escenas que se van ilustrar, os debuxos iniciais son bocetos que logo pasa ao ordenador para utilizar o Photoshop.
Logo realizou un obradoiro de ilustración: debuxos a partir de formas xeométricas, o uso de moitos trazos, eixo vertical e horizontal, as proporcións, o debuxo dos ollos, das expresións.
Atoparalo en Actividades, Biblioteca, ENL, Forcarei, Visitas
18/12/11
Cando chove
Cando chove... O meu can métese en todos os charcos do paseo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Faktoría K, Recomendamos
El valor del agua
El valor del agua está escrito por Julio Llamazares e conta coas ilustracións de Antonio Santos. Un autor consagrado na narrativa para adultos que non decepciona nesta obra que segue a contar cunha linguaxe exquisita e certa emotividade característica das súas descricións.
As ilustracións en branco e negro, unha por cada páxina, sen artificios innecesarios, marcan un libro contundente sobre a tristura que supón esta migración forzada. Algo do que tamén sabemos no noso país.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Cuatro azules, Recomendamos
17/12/11
Vampire Bash
Grazas, Mario Regueira.
Vampire Bash from António Silva on Vimeo.
Vía
A tartaruga que quería durmir
A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Pero os seus amigos non deixan de chamar á súa porta para traerlle agasallos que a acompañen no período de sono...
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
Me gusta el chocolate
Vaia, que se vos gusta o chocolate encantaravos o libro: as ilustracións son moi graciosas, cheas de cor e mesmo de dozura, coma o alimento do que estamos a falar. E o texto tamén está impregnado destas calidades: humor e dozura, tanta, que che darán ganas de ir comer chocolate tan pronto como remates de lelo. Palabra de lectora comedora de chocolate.
Me gusta la barrita de chocolate porque hace croc entre los dientes. Me gustan los bombones porque hay muchísimos y son diferentes. Me gustan los bombones porque para saber qué hay dentro hay que probarlos ¡todos!…
Atoparalo en Álbum ilustrado, Faktoría K, Recomendamos
Un día
Contra a desnutrición infantil, campaña de UNICEF:
Atoparalo en Dereitos Humanos, Solidariedade
16/12/11
Demasiado tarde
Too Late from SIDE FILMS on Vimeo.
Atoparalo en Curtas
Canto de Nadal
Hoxe máis ca nunca: regalade libros en galego. Hai moito onde o escoller. Para ler, para mirar, para sentir, para alucinar, para viaxar, para saber, para soñar, para viaxar... para non estar aquí.
–E que lle queres –respondeu o tío– se vivo nun mundo de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu –dixo Scrooge indignado–, a todos eses idiotas que andan por aí con iso de «bo Nadal» na boca habían de queimalos vivos e enterralos cunha estaca de acivro chantada no corazón. Ala!
Sobre o libro, en Papel en blanco.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Libros, Recomendamos, Tradución
15/12/11
Cocorico
Atoparalo en Álbum ilustrado, Letras Galegas, OQO, Recomendamos
La abuela necesita besitos
Atoparalo en Álbum ilustrado, Proteus, Recomendamos
Usa o coco
Os obxectivos deste proxecto son promoner a innovación como ferramenta para o desenvolvemento e crecemento económico, alimentar a cultura innovadora na sociedade, valorar a ciencia e a tecnoloxía e resaltar a importancia destes valores na sociedade actual. Foi idea da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía.
Me gustan las bananas - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.
Esto pesa mucho - Usa el Coco from HAMPA STUDIO on Vimeo.
Atoparalo en Educación
14/12/11
Loboferoz
Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz...
Atoparalo en Álbum ilustrado, Letras Galegas, OQO, Recomendamos
Os mil brancos dos esquimós
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
Entrevista a Jutta Bauer
Atoparalo en Ilustración, Personaxes
13/12/11
Cuestión de educación
Vén a conto isto porque veño da presentación dun libro na miña vila, un libro sobre Neira Vilas. A verdade, foi un pracer escoitar un home desa idade con esa memoria e tantas anécdotas que contar. Porque cinguiuse sobre todo a iso: contar diferentes pasaxes da súa vida e dos 50 anos do Balbino.
Nesa mesma mesa presidencial, un político non só semellaba non estar interesado no que alí se dicía (mesmo chegou tarde) senón que estivo todo o tempo co móbil na man. Quizais recibía mensaxes de extrema importancia. Non sei. Quizais se estaba xogando o futuro do noso país neses momentos nas súas mans (dubídoo). A min recordoume que ao alumnado non lle deixamos entrar co móbil nos centros. Quizais teñan que tomar este tipo de medidas cos políticos. Como imos educar dende a base se a cúpula non ten unhas normas mínimas de educación? Falaba Neira Vilas de percorrer Galicia para coñecer a súa xeografía e a idiosincrasia das súas xentes. Preoucupoulle a este político facer unha parte deste percorrido vital para aprender algo?
O problema do noso país, o desamor pola lingua, a queima das árbores, a plantación de eucaliptos, o lixo, o rexeitamento polo que nos é propio, o machismo, a violencia de xénero, a deshonra, a caradura... todo é cuestión de educación. O noso é un país inculto gobernado por xente inculta á que non lle preocupa culturizarse.
Mal imos.
Atoparalo en Reflexións
A pota que trota
Atoparalo en Álbum ilustrado, Letras Galegas, OQO, Recomendamos
El túnel
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fondo de Cultura Económica, Recomendamos
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.