Vía
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
30/09/12
Panasonic - Eco Technology
Vía
Atoparalo en Publicidade
Blancanieves
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Libros, Nórdica Libros, Recomendamos
Non á violencia contra as mulleres (CCLXXVI)
"Mientras tenía sexo, yo lloraba y le rogaba que pare. Pero no escuchó y tapó mi boca con su mano; no podía respirar y lloraba, pero él me usó sin importarle y yo simplemente lloré. Tengo ocho años". Así comeza.
Vía
Atoparalo en Documental, Fundamentalismos, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
29/09/12
Desenho Aquarela do Brasil
Nada se opone a la noche
Intenso e emotivo retrato familiar este de Delphine de Vigan en Nada se opone a la noche publicado por Anagrama. Unha historia de segredos, mentiras, loucuras fascinante e dolorosa que non sabemos se é plenamente real ou ficticia, aínda que iso sexa, ao final, o que menos nos importe a nós como lector@s. Segundo ela vai afirmando na novela, tira dos seus recordos máis dolorosos para escribir e descubrir todo aquilo que se topa detrás do suicidio da súa nai. E deste fío saen momentos duros, infelices, tremendos... que nos transmiten unha anguria que nos fará, nalgún momento, pechar os ollos para afastarnos da posibilidade das bágoas. Que inquedo pode ser o testemuño familiar na vida dunha persoa! Arrincando anacos dun, a historia vaise construíndo sobre o sufrimento que supón investigar o lado escuro da historia familiar.Atoparalo en Anagrama, Lectura, Libros, Recomendamos
28/09/12
El cielo de Afganistán
Soy una niña afgana que no cesa de soñar, y mi sueño se dirige a todas las regiones, se introduce en las casas, en los hogares, en las familias, en los corazones"
Atoparalo en Álbum ilustrado, Cuento de Luz, Paz, Recomendamos
26/09/12
Ópera flashmob in Antwerpen
Vía
Atoparalo en Música
25/09/12
Navega en galego
Copio directamente de Brétemas:
Pincha no careixón para mudar o idioma preferido do teu navegador!
Atoparalo en Galicia, Linguaxe, Tecnoloxía
Otra Cosa
Atoparalo en Álbum ilustrado, Elfos, Igualdade, Recomendamos
24/09/12
Cada vez máis alto
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos, Tradución
Historia da lingua
Vin no blogue da Silva estes vídeos sobre a Historia da Lingua ben necesarios e tan interesantes:
Atoparalo en Documental, Galicia, Historia, Linguaxe
23/09/12
Rosa Caramelo
Que sorte contar na nosa lingua con títulos tan emblemáticos e necesarios coma este! Se Kalandraka xa nos ofreceu non hai moito o marabilloso Artur e Clementina, agora agasállanos con este Rosa Caramelo imprescindible: un libro de Adela Turín (ilustrado por Nella Bosnia) dos anos 70 que segue a estar, desgrazadamente, en plena vixencia. Agora máis ca nunca volvemos ter unha educación machista e rosa, unha volta atrás a etapas que as mulleres criamos superadas. Non só a publicidade, senón a política, a sociedade actual, volve a tinguirnos de rosa, a desexarnos un só futuro: amas de casa e princesas. Por iso libros coma este son tan necesarios.Porque semella que a involución que estamos a sufrir non importa a ninguén. Inculcar ás nenas que deben coidar do fogar e da súa figura, esquecéndose de toda forma de emancipación, é arestora algo natural. Os xoguetes son rosas. A roupa é rosa. O pensamento é rosa... E hai miles de libros de cor rosa. E esta tonalidade plantéxase como unha opción cando é unha imposición. Sen autonomía, dende o berce, as nenas son educadas e encamiñadas nun pensamento único e colonial.
Actividades que topei arredor do libro:
Propostas de Paco Abril.
Guía Didáctica. Aquí.
Webquest.
Vídeo
Atoparalo en Álbum ilustrado, Educación, Igualdade, Kalandraka, Muller, Recomendamos, Tradución
Non á violencia contra as mulleres (CCLXXV)
A nova Constitución de Somalia prohibe a mutilación xenital feminina. Constitúe o primeiro paso para erradicar esta práctica, pero seguen sendo necesarias medidas educativas, de toma de conciencia e previsións legais. A pesar da medida legal, moitos homes e mulleres opoñeranse por cuestións de cultura, relixión ou castidade. Os homes non queren casar con mulleres que non sufrisen esta aberración.Vía
Atoparalo en África, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
22/09/12
Nivea 1920
Por suposto, a beleza sempre encamiñada a gustar aos homes!
Atoparalo en Animación, Historia, Machismo, Publicidade
Na porta da casa
"No se les hace justicia a estos libros abandonándolos en un armario o en una caja"
"Un libro debe ser utilizado y reutilizado. Tiene vida propia, tiene un mensaje"
"Como cuidador de libros te conviertes en un hombre completo"
Atoparalo en Fomento da lectura, Personaxes
Titiricircus
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Recomendamos
21/09/12
Que tal estás?
Con texto esquemático, destacan as ilustracións expresivas para denotar os sentimentos a carón dos obxectos máis cotiáns, xogando coas tipografías, os tamaños e as cores.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Infancia, Kalandraka, Recomendamos, Tradución
20/09/12
Carapuchiña e o Pobo Feroz
O Lobo vive só nos bosques. Hai tempo que non ten unha manada coa que estar, e considera que xa é o momento de compartir a súa vida con alguén. Un día coñece a Carapuchiña, unha fermosa rapaza filla dun rico terratenente. Fan moi boas migas, e empezan a pasar moito tempo xuntos.
O que parecía unha relación soñada, vaise converter para o Lobo nun pesadelo cunhas consecuencias fatais.
Baseada nun relato de Males de cabeza de Fran Alonso.
Atoparalo en Curtas
Villa Amalia
E se a historia nos sorprende e nos conmove e nos fai cavilar, a xenialidade do autor está nas súas frases, curtas, fermosas, metafóricas. Son pílulas esquemáticas que imos absorbendo en pequenas cantidades, facendo grandiosa a arte da lectura.
Atoparalo en Espasa, Lectura, Libros, Recomendamos
Tes vida privada de verdade?
Grazas a Pantallas Amigas. Aquí todo sobre a privacidade Online.
Atoparalo en Educación, Tecnoloxía
19/09/12
La culpa
A máquina do tempo
A máquina do tempo de Juan Carballo e Ramón Núñez con ilustracións de Nuria Díaz é unha dobre fermosura que se deixa ver, ler e escoitar. Podemos pechar os ollos ou pola contra mantelos moi abertos. Todo son vantaxes! Segredos, ilusións, desexos, débedas... palabras que se confunden e funden na memoria, a nosa propia máquina temporal convertida en maxia cantada e lida para gozar plenamente.
Atoparalo en Ilustración, Letras Galegas, Libros, Música, Poesía, Recomendamos
Marcel Proust
Documental sobre a vida e a obra de Marcel Proust:
Atoparalo en Documental, Escritores, Personaxes
18/09/12
Encántame ler!
Un moi bo vídeo das bibliotecas australianas: "Love to read".
Grazas, Montse por compartirmos esta loucura lectora e bibliotecaria. Aínda que sexa virtual!
Atoparalo en Fomento da lectura
Eternamente virxe
Vía
Atoparalo en Muller, Publicidade, Saúde
17/09/12
Los portadores de sueños
Atoparalo en Álbum ilustrado, Recomendamos, Sleepyslaps
No sé si podré aguantar
Atoparalo en Educación, Reflexións
16/09/12
O señor Ramón e a señora Ramona
Atoparalo en Álbum ilustrado, Infancia, OQO, Recomendamos, Tradución
Non á violencia contra as mulleres (CCLXXIV)
Atoparalo en Curtas, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
15/09/12
Na biblio telo todo!
Spot realizado para un traballo de clase sobre unha campaña publicitaria hipotética.
(Grazas a Raquel da BiblioFiz)
Atoparalo en Fomento da lectura, Publicidade
POB. 1280
Foi un grande pracer descubrir que xa contamos con Jim Thompson na nosa lingua, novamente grazas á editorial Rinoceronte. Como sabedes, Thompson é un clásico da novela negra que debemos coñecer. O título que nos ocupa desta volta é POB. 1280 (en castelán topeino como 1280 almas en RBA),e volve ser unha lectura desoladora, dura, cun narrador protagonista que actúa segundo o seu propio criterio, enganángonos coa súa actitude parva e acomplexada. É un libro impactante, a pesar de estar acostumad@s a este tipo de novelas, que non deixa indiferente. Porque non todo é o que parece, o autor sabe enganar o lector coa súa posa sinxela, e case nos convence de que este antiheroe é unha pobre vítima da cruel e cínica sociedade do seu tempo. Ata que descubrimos con horror cal é a verdadeira natureza do suxeito.A mesquindade en todo o seu esplendor.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
14/09/12
O crebacabezas
O home do crebacabezas sentaba diante do crebacabezas
e cambiaba algunha peza de sitio,
engadía ou eliminaba outras…
Xogaba coa vida do pobo todo.
Transformaba alegrías en penas,
penas en condenas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
13/09/12
Marcas de nacemento
Dolorosamente fermoso, sensiblemente emocionante. Como definir este marabilloso libro, Marcas de nacemento de Nancy Huston?
Porque esta lectura que me tivo atrapada
nas súas derradeiras cen páxinas, é un libro conmovedor que atinxe case
de crequenas ao holocausto nazi e que nos leva por catro xeracións
diferentes e unidas por un nexo común que entenderemos ao pechalo. Unha
viaxe cara ao pasado, pois as catros xeracións son contadas de diante
para atrás, catro nenos de 6 anos con vivencias totalmente diferentes
-que irán perdendo a candidez propia da infancia a medida que avanzamos
de xeración- que os marcarán de por vida, cunha trama complexa que
analiza ademais a sociedade destas catro épocas diferentes con algunha
guerra sempre presente (e Estados Unidos nela). O mérito está en que son
os nenos os que contan a súa historia, a súa maneira, a xeito de
diálogo, a xeito de reflexión, a xeito de soño, a xeito de
desesperación, a xeito de intolerancia, a xeito de tristura... é unha
novela triste, certamente, cuxa lectura non nos deixará indiferentes.Atoparalo en Guerras, Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
A boca chea de terra
Menos mal que este libro de Branimir Scepanovic é curto. Porque se chega ser moi longo dáme un infarto. Non estou de broma, non, dígoo totalmente en serio. Que atmosfera máis opresiva, máis abafante!A boca chea de terra non é un libro para pasar un anaco de tempo entretido, é un libro estresante, desacougante, un libro que baixo ningún concepto deixa indiferente.
A soidade, presente na colectividade, é o motor da novela, xunto coa nostalxia e a busca da beleza na natureza, posto que o ser humano sempre resulta máis depravado, sempre defrauda.
Sinceramente, unha obra mestra que deberiamos coñecer.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos, Rinoceronte, Tradución
12/09/12
Non quero ser un polbo!
—Non lles fagas caso ningún!
–tratou de animalo o peixe espada,
ao velo tan triste–.
Ti es o único que pode dar abrazos.
Por que te queixas?
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
Gaias vs Sanidade
Sobran as palabras:
Atoparalo en Galicia, Reflexións, Saúde
11/09/12
A partes iguais
isto era unha moza
que, á falta de traballo,
botouse a andar en busca de fortuna.
No medio dunha leira
atopouse con Brazodegorila.
A moza díxolle:
—Queres vir comigo?
—Son libre —respondeu el—.
Nin obedezo xefes nin sirvo señores.
—Repartirémolo todo a partes iguais —dixo ela.
Atoparalo en Álbum ilustrado, OQO, Recomendamos, Tradución
Antes e despois da droga
Atoparalo en Saúde
10/09/12
La bombilla
Atoparalo en Demipage, Ilustración, Lectura, Libros
Sempre hai un lugar para a poesía (CII)
ni que sea feliz, ni hermoso,
ni que triunfe y me sonría,
ni un hijo que me cuide,
me proteja, me tutele.
Necesito, simplemente,
un hijo que me sobreviva
y al que poder amar hasta el final.
Si me faltara,
¿qué haría yo con tanto amor
como me crece para él
cada mañana?
Begoña Abad.
Atoparalo en Poesía, Reflexións
09/09/12
Zozobras de un padre al comienzo del curso
Atoparalo en Artigos de prensa, Educación, Sociedade
El gusto del cloro
Atoparalo en Cómic, Diábolo ediciones, Lectura, Libros, Recomendamos
Non á violencia contra as mulleres (CCLXXIII)
Artigo: España conmocionada ante o terrorrismo machista
Atoparalo en Actualidade, Artigos de prensa, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
08/09/12
Mejor en el mar
Atoparalo en Cómic, Demipage, Lectura, Libros, Recomendamos
07/09/12
La Virgen del Burdel
"Yo diría que una chica como tú en una casa como esta es un enigma apasionante".
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Planeta, Recomendamos
06/09/12
Mark Twain at Stormfield
Vía
Atoparalo en Personaxes, Tecnoloxía
Deogratias
05/09/12
Allá en la Patagonia
Allá en la Patagonia de María Bruwisnig de Bamberg, recolle a historia de Ella Hoffman e a súa familia, 70 anos despois. Ella é a nai de María, unha familia alemá que marcha a vivir á Arxentina, onde a agarda o seu home, quen foi traballar tres anos antes. O libro non é unha novela, é unha recollida de cartas que Ella mandaba á súa nai periodicamente, contándolle todos os aconteceres familiares de case cada día. A historia dunha europea dos anos 20, de boa familia, que de súpeto ten que loitar nunha terra inhóspita facendo o que nunca fixera e loitando por sobrevivir.A lectura resulta realmente interesante: as descricións da Patagonia, do xeito de vivir, do carácter da xente, da pobreza, do caciquismo estranxeiro... é unha crónica familiar e rexional que nos ensina unha terra xenerosa e inhóspita.
Hai moitas cousas que chaman a atención: non se consideran inmigrantes, pensan que van alí por pouco tempo para facer cartos e volver a Alemaña. Iso nunca sucede: morrerán na Arxentina. Desprezan a lingua, eles son alemás e falan e educan aos seus fillos en alemán. Non confían na educación arxentina e mandan as súas fillas, adolescentes, a Alemaña a estudar. Estas volverán para Arxentina porque se identifican con ese país onde se criaron de pequenas. A pesar de converterse nunha traballadora incansable, segue falando de mucamas e de "servicio" irresponsable. Grazas a que son as cartas as que falan e non é literatura, podemos coñecer a fondo a persoa que o libro nos propón, con todos os seus defectos e virtudes.
Atoparalo en Lectura, Libros, Recomendamos
“Brave”: un pequeno paso
Los estereotipos de género en las películas de Disney
“La mujer es sumisa y obediente, se guía por sus emociones, se orienta al amor y al matrimonio, es la que cuida de la familia y de la casa y en muchas ocasiones se la presenta o en el rol de la mujer «malvada» o en el de la niña «inocente». Giroux (2001: 106-111) pone como ejemplos, películas como El Rey León, donde las leonas tienen un papel dependiente, sumiso y subordinado al control de los leones siendo incapaces de rebelarse cuando Scar toma el poder; Aladdin donde el papel de Jasmine se reduce a ser el objeto de deseo de Aladdin y su vida es definida por los hombres; o La sirenita, en esta película aunque parece mostrarse a la mujer en un papel más rebelde e independiente, esta rebeldía queda finalmente reducida a lograr el amor de un hombre, siendo capaz de dar su voz para conseguirlo ya que, tal y como le dice en la canción la «malvada» calamar, Úrsula, los hombres prefieren las mujeres calladas”.
“Un modelo de mujer con la incapacidad de superarse a sí misma y la necesidad de que haya una figura masculina de por medio que incentive y complete esta superación. (…) El hombre representa al héroe, quien cumple un papel salvador, ya que, en la mayoría de los casos, despiertan, reviven o salvan a la mujer que actúa como víctima. (…) Los films intentan sugerir que la realización de una mujer, llámese felicidad, está directamente relacionada con la formación de una familia tipo, donde la mujer se casa, tiene hijos, vive para estos y no para su realización personal”.
Brave: nuevos personajes femeninos originales y con iniciativa
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





























