Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/01/11

A arte de afogar

Diego Maclean baséase nun poema de Billy Collins, para realizar "The Art of Drowning":

The Art of Drowning from Diego Maclean on Vimeo.



Vía Fogonazos

Ex libris

Poema visual que vén sendo un tributo ao libro:

A historia de Erika


Aproveitamos estas Semanas da Paz para a lectura dalgúns destes álbums ilustrados que tod@s coñecedes. Este, particularmente, encantou aos de Diversificación, e deunos pé para falar do nazismo; mesmo creo que quedaron con ganas de seguir co tema. Foi curioso, non sei se estaban máis motivados polas actividades arredor da Paz, pero cando lemos Rosa Blanca o efecto non foi o mesmo.
A historia de Erika é de Ruth Vander Zee con ilustracións do noso admiradísimo Roberto Innocenti, publicado por Kalandraka. Un retrato diferente da Segunda Guerra Mundial contado pola propia protagonista que acompañadas polas poderosas ilustracións fan que se convirta nun libro totalmente imprescindible.

Quitar a pel

Un grupo de activistas da organización AnimaNaturalis escenificou o pasado sábado no centro de Barcelona unha cacería de mulleres para protestar contra o uso de pel animal para a confección de roupa e complementos.




Vía El Ventano

De Heidi para Balbino

Carlos Negro agasállanos con este fermoso texto homenaxe a Balbino publicado en Terra e Tempo:

Benquerido Balbino:

Como che vai, meu vello amigo? Seica estes días andas de aniversario e así, coma quen non quere a cousa, alancaches xa ata os cincuenta anos! Medio século ateigado de angueiras e trafegos, mais polo retrato que tes a ben enviarme no teu último correo, vexo que aínda campas! Abofé que non che sentan mal as canas, mesmo semella que che dan un aquel de galanura que de mozo non tiñas. E no teu ollar intúo o mesmo lampo de enerxía que te levou un día a fuxires da casa e a percorreres mundo, tal como fixeran o teu irmao Miguel ou Lelo de Cidre, e que a ti che trouxo ata un pequeno hotel dos Alpes suízos.

Este Nadal pasámolo Pedro e as nenas (aínda que xa de nenas teñan pouco) na cabana que recibimos como herdanza do avó Tobías, que en paz descanse; a Dorfli xa chegou hai tempo a dura invernía; como ben sabes, son meses de profundísima escuridade, de toros grosos na lareira e encontros demorados coas amizades que se achegan ata as estacións de esquí para gozaren das súas vacacións (cada vez máis, vivimos atafegados por un enxame de turistas). Nestes últimos tempos os recantos máis fermosos da montaña xa non gardan aquela solemnidade agreste da nosa mocidade, mais aínda permiten conversas pausadas a carón do lume, horas de íntimo acougo baixo o denso silencio das nevaradas.

Tamén aproveito estas semanas para a lectura, ben desas novidades que se me van acumulando na mesa de noite, ben deses libros aos que sempre regreso porque xa son un anaquiño da miña biografía; debo confesarche que o pasado domingo, mentres fóra coriscaba arreo, abrín unha vez máis o antigo caderno das túas memorias, ese agasallo que me pousaches nas mans antes de regresares, xa para sempre, á túa pequena aldea do interior de Galicia; eses regos de letra torta e insegura labrados por un rapazote de pés descalzos que se consideraba a si mesmo un ninguén, mais que gardaba na arca do peito unha sensibilidade que eu nunca poderei deixar de admirar. Beizóns unha outra vez, meu irmao galego. Beizóns por me descubrir un país que eu ignoraba que existía, no occidente desta Europa que tanto nos desconcerta.

Non cho quería confesar, mais acudíronme as bágoas aos ollos cando entrei de novo no caderno secreto da túa nenez, nese microcosmos de caldo de boroa e mazarocas de millo, de pingueiras de chuvia e cantares de grilo, de croios e cadullos, de agros e corredoiras...un universo que, polo que intúo a través dos teus silencios, vai esmorecendo aos poucos, entre desercións urbanas e fascinacións consumistas; nada novo: o mundo troca, os cartos semellan mandar sobre as vontades, e os señoritos de antano convertéronse, como por arte de maxia, en especuladores do noso porvir.

Non sei se terá que ver coa idade, mais estas xornadas invernais murchan o meu espírito e pousan nel un amarguexo morriñento semellante ao que ti mesmo padecías cando lembrabas os regatos cantareiros da aldea ou o son das campás no día grande da festa; porque estas noites eu tampouco podo arredar do meu maxín as sombras amorosas do pasado: o avó Tobías, a tía Dete, o señor e a señora Sessemann e, por suposto, Clara, a quen nunca esquecerei mentres garde alento o meu peito. Mesmo ás veces, e aínda que semelle unha burla do mesmísimo demo, boto de menos aqueles berros estridentes da señorita Rottenmeier chamándome Adelaida con voz de distante autoridade.

Unha derradeira pregunta, meu vello amigo: segue a agromar cada primavera a cerdeira baixo a que soterraches ao Pachín? Agardo que si, e nada me gustaría máis que sentar de novo ao teu carón baixo as súas pólas para profundar sobre o devir das nosas vidas, ou sobre o pouso agridoce que deita a neve derriba das lembranzas.

Máis nada, meu Balbino; xa ves que hoxe andan ceibas certas treboadas nas entrañas, mais agardo saibas desculpalas.

Desde os altos cumes, co lume da amizade sempre aceso, recibe unha aperta de Heidi.

(e dálle tamén un saúdo agarimoso á túa irmá Celia!)

30/01/11

Desaprender a guerra

Desaprender la Guerra from Luis Guitarra on Vimeo.



Vía Sarmiento

Aniversario de Castelao

Tal día coma hoxe, hai 125 anos, naceu Castelao. Dicir Castelao é dicir lingua. Dicir Castelao é dicir nación. Dicir Castelao... é retroceder no tempo, porque andaban máis adiantados daquela ca hoxe coa política actual.

"Ningún idioma alleo -por ilustre que sexa- poderá expresar en nome do noso os íntimos sentimentos, as fondas dores e as perdurables esperanzas do pobo galego; se aínda somos diferentes e capaces de existir, non é máis que por obra e gracia do idioma (...)¿Como chamaríamos a un bárbaro que consentise o derrubamento do Pórtico da Gloria? Pois é certamente máis bárbaro quen deixa morrer un idioma"

Nesta páxina poderedes atopar moitos dos seus magníficos debuxos. Castelao na rede. E ligazóns. Este é o museo Castelao.





A Paz en Forcarei


En Forcarei tentamos falar de Paz. A primeira idea foi encher de grúas o corredor que vai á biblioteca, e unir esta celebración co "Ano dos bosques" forrando todo o chan. Pero o presuposto se nos disparaba (se hai que elixir entre calefacción e bosque, cal é a resposta?) e decidimos que o bosque veríase reducido ao pequeno vestíbulo que hai antes de iniciar o corredor da biblioteca. Alí tamén comezou a exposición de libros. No teito, grúas de cores e tesoiras, metáfora da fraxilidade da Paz. Ademais, o alumnado de Tecnoloxía realizou un muro, símbolo de todos eses valados que aínda hai que derrubar no noso mundo. Por suposto, poemas, cine, imaxes... percorrían o centro, xunto coa palabra "paz" en supertamaño. Quero dar as grazas ao meu alumnado de Diversificación, sempre disposto a axudar (máis que a estudar!), porque sen eles nada disto sería posible.
Xa sabedes as poucas posibilidades que nos ofrece este instituto para realizar actividades. Aquí podedes ver as fotos:






Esta exposición complétase con estoutra: “Os nenos soldado: nenos na fronte de guerra” que pretende reflectir a situación de milleiros de nenos e nenas que en diferentes partes do mundo participan directa ou indirectamente en conflitos bélicos. Lembrade esta entrada e saberedes quen ma prestou. Grazas, Ricardo.




O venres xuntámonos todo o alumnado da ESO para realizar a actividade: unha lectura dun texto que mestura historia, poesía e música escenificada polo alumnado de 4º de ESO (que non o fixo nada mal!) e algúns profes. Con cada novo poema o muro íase derrubando pouco a pouco. A música a cargo da nosa profe Isabel que fixo unha selección espléndida para acompañar.
Nós derrubamos o noso muro metafórico. Seremos quen de construír un mundo mellor?




(Quedamos sen vídeo?)

Esta é unha proposta musical de Isabel para acompañar o texto:






E se non coñecedes o por que das grúas aínda (leuse o texto en todas as clases, coido), aquí vai este vídeo



Pero que difícil se antolla a realidade fóra do centro, verdade?:


Foto: Fred Dufour /AFP. Tomada de The Frame /The Sacramento Bee

E estas son as lecturas que propón SM.

Oscuro cardinal

Dende o CEIP A Doblada, chega esta curta para reflexionar sobre a guerra:

OSCURO CARDINAL from adrianguerra on Vimeo.

Non á violencia contra as mulleres (CLXXXVII)

Xa falamos aquí da curta "El orden de las cosas", unha moi boa curta que se achega ao tema da violencia de xénero dende unha perspectiva diferente. Agora podemos vela aquí:


29/01/11

Hilarri

Un lugar no que unha guerra deixou as súas pegadas. Unha enfermeira visita diariamente a tumba daquela persoa que "coñeceu" durante a guerra nunha situación moi especial que supuxo encontrar o sentido á súa vida. Dirixida por Manu Gómez



Vía Sarmiento

El sonido de la guerra

El Sonido de la Guerra from Alejandro Hernández on Vimeo.



Vía Sarmiento

Berlín. Ciudad de piedra. Ciudad de humo
















I
mpresionantes dous tomos para este cómic de Jason Lutes editados por Astiberri (seica falta o terceiro). A novela gráfica ambiéntase na Alemaña de entreguerras, con dous personaxes principais e un elenco enorme doutros personaxes diferentes que se unen e se afastan para manifestarnos como era esa Alemaña convulsa dos anos 20-30, as diferentes opinións e os enfrontamentos, a vida dos xudeus, dos comunistas e a imparable e sorprendente ascensión dos nacionalsocialistas. No segundo tomo, Ciudad de humo, a vida avanza e a frivolidade fai mella na personaxe protagonista mentres asistimos á chegada dun grupo de jazz negro que nos achegará ao racismo máis exacerbado.
Mentres todo isto e moito máis ocorre, os lectores seguimos avidamente a vida dos personaxes sen reafirmarnos en ningún. Porque se nunha viñeta queremos defender a algún, na seguinte cambiamos de opinión, nun claroescuro constante de vidas e de violencia que deixa albiscar o que será a terrible Segunda Guerra. Porque, ademais, o cómic é unha pequena lección de historia que nos axudará a achegarnos mellor a estes anos de inquedanzas e depresión. E esta lección lémola sen nos percibir, porque a documentación do autor disfrázase baixo unha escritura e un debuxo redondo, fluíndo dunha viñeta a outra e dun primeiro plano a un afastado con total naturalidade.
Realmente boísimos.


Para o Día da Paz (II)

Seguimos recollendo o inmenso traballo que se fai nos centros de ensino públicos visualizados a través dos seus blogues para o Día da PAZ:

E imos ata o Ferrol. O seu CEIP Isaac Peral ofrécenos esta Guía de Lectura, Música, Webquest, contos... E a páxina completa.

En Bibliocervo tamén traballan pola Paz. A Biblio de Mondego lémbranos o xogo de Unicef. Os libros de OQO en Raioteca. En Verín, un pouco de todo. No Grove, unha recompilación de recursos.

Dende Biblioiris, "As palabras da guerra" e esta presentación:



Se viaxamos ata a costa, atoparemos outra presentación. Sen abandoala, baixando as rías, un barco:





En Valadares lémbranse do cine: "Cuando el viento sopla". En en Viblios do libro "Es deplorable Segunda Guerra Mundial".

O IES de Curtis agasállanos cos Nobel:


e fotos.

No CEIP Espiñeira-Aldán o conto de "A nena e o grilo".

Na Biblioteca Brea Segade, esta actividade co Guernica.

A Biblioteca Sarmiento
propón este Imagine:




Máis libros sobre a Paz, no Segrel.

Decálogo para medrar en PAZ, na Biblioteca Sarmiento.

Os libros do CEIP de Aguiño. E un cómic máis en Melide. Tamén os libros que leron en Malpica.

En Pontedeume ofrécennon unha obriña de teatro en galego para traballar os valores.

Dende o IES Lagoa de Antela estes dous vídeos para reflexionar. E estes textos:




Ademais dun poema en galego de Miguel Hernández. E a curta de produción propia "O xogo da guerra" de Carlos Casares.

En Monte da Guía "As árbores da paz". En Catoira, esta selección e esta fermosa presentación.

Máis libros en Sada e en Biblioponte. Lembranza de Mandela en Oleiros. Libros e cine en San Sadurniño.


En cantos idiomas sabes?

Aquí aprenderás nada menos que 83 para dicir PAZ:

28/01/11

A guerra suave

O documental é unha análise do uso do cine e o espectáculo con obxectivos propagandísticos e políticos. Móstrase como o cine, a televisión, os videoxogos e mesmo as estrelas do rock son utilizados na loita política. Pero abrigo destácase como a través da industria cultural se xeran valores e antivalores. A clave para que a propaganda sexa efectiva é que non se perciba, que nos seduza. As nosas series e películas favoritas e os nosos mitos musicais traballan nesa guerra. Unha guerra luminosa, sorrinte e chea de ritmo. A guerra suave é a loita polas mentes e os corazóns dos iranianos. E tamén dos nosos.




Vía Sarmiento

La guerra

Curta nominado aos Goya dirixida por Jorge Dorado como mellor curtametraxe de ficción no ano 2007. Logrou 60 premios en festivais nacionais e internacionais.
Unha historia dura sobre a guerra e as súas consecuencias vista dende os ollos dun neno. A Guerra é puro risco narrativo e de posta en escena e aí é onde radica o seu encanto. Estupendo traballo cunha capacidade de síntese enorme, e que dá unha imaxe clara e directa do que un conflito armado significa para a poboación civil, e que pouco ou nada ten que ver coa fanfarra, os ouropeis e as marchas militares dos que comen cada día grazas ao sacrificio dos máis pobres e inocentes.



Vía Sarmiento

El vuelo del cuervo





T
amén da editorial Norma e tamén do mesmo autor, Gibrat, e tamén en dous tomos, El vuelo del cuervo é a historia dunha moza da resistencia (a mesma protagonista que en La prórroga) que coñece un ladronzuelo que necesita redimirse na Francia da Segunda Guerra Mundial. Volve encandilarnos o autor cos seus debuxos perfectos, reais e sensuais, perfectos, fermosos, que nos conducen dende a imaxe ata a historia dunha man oculta que nos encanta.
Igual que ocorría na obra del que comentamos onte, a guerra é máis un pretexto que un protagonista. Buscará novamente o amor e a lírica dentro da situación de terror que os protagonistas viven. Así poderemos contemplar a beleza dos tellados de París, ou das canles que serven de medio de comunicación nesta zona de Francia, esquecéndonos dos horrores da guerra.
Creo que aínda me gustou máis cá de onte. Pero non podería aseguralo. Dende logo, é para min un descubremento grazas ao Día da Paz o goce destes cómics.


A guerra dos números


OQO publica este fermoso libro de Juan Darien no ano 2009 (Premio Ilustración no 2008). Un conto máis que axeitado para estes días nos que nos mergullamos en busca de libros para a exposición da Paz que mantemos no centro estas semanas. Unha historia de envexa que se desenvolverá porque sempre hai ocasión para que calquera personaxe perverso (neste caso, o signo menos) axude a declarar a guerra; unha guerra que por suposto non contará con vencedores nin vencidos, como ocorre sempre aínda que nolo vendan doutro xeito. O aclaratorio do libro é que estamos a falar de número, polo que a lóxica é aplastante.
Moi ben recreada a trama bélica, o libro é boísimo para traballar o tema nas aulas.


Para o Día da Paz (I)

Un ano máis, os centros de ensino traballan arreo para o Día da Paz. Este ano é domingo, como ben sabedes, polo que algúns centros organizan activadades para o día de hoxe e outros faranas o luns.
Escolma elaborada no IES San Paio:



Dende Bergantiños, esta recompilación de recursos.

En Biblioiris, imaxes.

Dende Vigo propóñennos este conto:



e estoutro:




Aquí un pouco de historia.

Recompilación de recursos que nos ofrece O recanto de Mik. Blogue que non para e onde podemos atopar ademais: "Máis libros, máis paz", "Sigamos pedindo", "LIM para o Día da Paz"; "Recursos" e esta proposta de lecturas. Non podía faltar a triste historia de Sadako.

A biblio de Mondego agasalla este documento:



Dende Mos música e historia.

Dende Cesantes, este fermoso conto.

Dende Bueu, algunhas ligazóns.

Imaxes dende Verín con actividade:




Agora, ide ao blogue do ENDL do CEIP Castelao de Vigo: hai contos variados e preciosos, vídeos...

No CEIP Isaac Peral, esta guía de lectura. E en Sampaio, poderás atopar ata un menú de Paz.

En Esteiro podemos ver un vídeo do curso de 5º. En Bueu, recursos. En Cervo, traballan os pequenos.

Dende Biblioafonso esta selección musical:






Aínda que, seguramente, todo isto e máis podedes atopalo na recompilación feita no CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos.

27/01/11

Música da guerra

Durante cinco anos, Emmanuel Jal loitou como neno soldado en Sudán. Rescatado por unha cooperante, converteuse nunha estrela de hip-hop internacional e nun activista a favor dos nenos en zonas de guerra. Con palabras e con letras de cancións, el conta a historia da súa asombrosa vida.
Aquí tedes a tradución.




Vía Sarmiento

La prórroga


A editorial Norma publica este cómic de Jean Pierre Gibrat en dúas entregas: La prórroga conta a vida dun mozo que foxe de ir á guerra e é dado por morte, polo que a súa vida convértese nun testemuño oculto do que vive a súa pequena vila, Cambeyrac, baixo a ocupación nazi ocultándose nunha casa abandonada (á forza, xa que o seu dono era xudeu). Unha vida que aparentemente podería ser corrente pero que día tras día se reconverte a causa da situación que provoca a invasión alemá.
Non é unha historia de heroísmo en tempos de guerra. O protagonista non quere saber nada de políticas nin de batallas, tan só quere vivir a súa vida, amar e ser amado. Terá que loitar sen convicción para manter este amor.
Chama a atención o tipo de cómic que é, como clásico, uns debuxos perfectos, trazos exquisitos. A moza protagonista é fermosísima, semella case estar vendo un filme polo realismo do debuxo.


El cuarderno Rojo


A editorial Norma ofrécenos este curioso cómic de Teddy Kristiansen sobre a arte e a guerra. Un cómic diferente e redondo: a min pareceume impresionante e recoméndovolo.
Afonda na alma do ser humano, do descoñecido, buscando coñecer a verdadeira historia de segredos gardados tras a crueldade da guerra, destruíndo todo canto toca semellando non ter fin.
O autor xoga continuamente cos saltos no tempo, buscando así a complicidade dun lector que sabe que os protagonistas -ambos os dous, investigador e investigado- buscan unha soa cousa: a paz.
Chama a atención o debuxo: semella un cómic feito a acuarela, e cun sentido da expresividade altísimo: somos quen de ver o misterio, o terror, o drama en cada imaxe, sobre todo cos grises que utiliza para as escenas da guerra (neste caso a I Guerra Mundial).




Este é o noso mundo

Unha compañeira do PLAMBE, Mónica Muñoz, fíxome partícipe deste descubremento: un home que nos conta a realidade económica mundial sen pelos na lingua. Agradézolle profundamente a honra de recibir este agasallo.
Tardei uns días en escoitalo, pero paga a pena deterse e pensalo. Este é o noso mundo, e non somos quen de lle facer fronte:



Trátase dunha conferencia de Arcadi Oliveres, economista español que loita pola xustiza social.



Ademais, deberiades achegarvos a esta páxina web, Os segredos dos bancos, onde atoparedes bancos do mundo que invirten cartos en proxectos ubicados en diferentes lugares do planeta atentando contra a Natureza e a Humanidade.

Grazas Mónica, por todo.

26/01/11

Balcóns

Curta de Juan Berrio presentada ao concurso Notodofilms:

Adictos a la guerra


Joel Andreas realiza en Adictos a la guerra, novela gráfica publicada por Astiberri, unha crítica feroz ao sistema americano: ¿Por qué EEUU está enganchado al militarismo? pon na portada. Buscando información sobre ela souben que este libro acadou tal éxito alí que algúns centros de ensino utilízano como libro complementario sobre Historia dos Estados Unidos.
E que aprendemos? O libro explica dun xeito ameno, pero ben argumentado, o por que da política militar da potencia americana. Maxinade cal é a solución.
Pero non pensedes que é un ensaio ao uso. O libro combina a caricatura, o debuxo, con fotos de guerra, cunha base argumental: un neno e unha nai que analizan o sistema de vida e educativo que están padecendo. Aínda que o personaxe central da novela gráfica é a morte. A morte de miles de soldados e de civís.
Pero hai solucións. Ao final, informarémonos de asociacións e grupos que loitan contra o sistema: “la educación es la clave. A cada uno de nosotros nos corresponde hacer nuestro Papel. Gente de todo el mundo cuenta con nosotros para acabar con nuestra adicción a la guerra”.
Imprescindible

Ferdinando el toro

Recuperamos a lectura deste conto clásico que vai xa pola 5ª edición da editorial Lóguez escrito por Munro Leaf no ano 1936. Isto converte a Ferdinando el toro nun álbum clásico que chama a atención aínda hoxe polas ilustracións (a cera, con cores elementais ben combinadas), polo contado (un touro que ama as flores), pola forma (a tipografía). Xa chama a atención dende o principio: estamos en España en 1936! E como o protagonista é un touro diferente, a súa nai, preocupada, fala con el por se sente só! Resulta moi gracioso que o soño de todo touro sexa ser o protagonista dunha corrida en Madrid (será que nós sabemos cal é o seu cruel final? Isto, por suposto, non se menciona), pero o noso protagonista pasa amplamente. Precisamente por isto, o libro foi prohibido en España: un touro pacifista, que atrocidade! Así que fixádevos que actual é.

Seguro que sabedes que ao pouco tempo foi convertido en curta pola imparable máquina de Disney e conseguiu un Óscar en 1938.


Por nada

Achegándonos ao Día da Paz, (lembrade que este ano é domingo, polo que os actos no instituto serán o venres) traemos a curta "Por nada", premiada en varios festivais, que nos fala do tema do ciberacoso e que nos ofrece o Seminario Galego de Educación pola Paz.



25/01/11

Gabi : J'ai pas le temps

Fermoso vídeo do francés Gabi con animación de Carlos Lascano.

J'ai pas le temps / I have no time from Carlos Lascano on Vimeo.



Vía Recogedor

El faro


Nova edición da editorial Astiberri (do 2009) da obra de Paco Roca con material adicional sobre a orixinal publicada no 2004: El faro gañou o Premio Diario de Avisos de Tenerife 2005 ao mellor guión realista.
Desta volta, un mozo republicano tenta fuxir da súa segura morte e chegará ferido a un vello faro, onde o seu fareiro, Telmo, coidarao e devolveralle os anceios de vivir. E estas arelas virán da man da literatura e dos soños, pero tamén da valentía e do corazón. Porque o vello protagonista é quen de vivir no seu mundo, un mundo de soidade poboado por personaxes novelescos, pero tamén é capaz das maiores heroicidades por amor. Quizais sexa predicible entón o seu xeito de actuar e consecuentemente o final, pero non resta emotividade a este cómic dun autor que corresponde ter presente.



El día antes de la felicidad

Descubrín a Erri de Luca hai un par de meses cando veu a Santiago dar unha conferencia. Encantoume, e agora que lin un dos seus libros aínda me gusta máis. Da man de Siruela podemos gozar con El día antes de la felicidad, un fermoso canto comprimido en non moitas páxinas que resulta ser unha declaración: a felicidade de ler un libro non necesita de moitas follas. Porque esta novela é unha pequena obra de arte; tanto que serviu para organizar un minúsculo experimento: un case club de lectura a dúas bandas cun dos lectores máis asiduos deste blogue. Abofé que deu resultado: ambos intercambiamos opinións antes de chegarmos aquí.
O libro, xa digo, encantoume. Tiven que lelo de vez, non podía parar. Destaca sobre todo o amor á cultura. Porque esta é a que axuda a medrar ao protagonista, a deixar atrás unha infancia solitaria mentres escoita da man do seu "mestre" o que supuxo a Segunda Guerra Mundial -con frases memorables- e se inicia no sexo e no amor. O libro envolve, ensina, pero non manda, só amosa. E amosa que a humildade, o afecto, a educación, son un bo xeito de encarar o mundo.

E para rematar algunhas das frases de Xabi: O libro é unha xoia, un canto á educación, á escola pública, ao papel liberador da cultura. Ademais, a figura de Don Gaetano é a dun auténtico mestre ¿anarquista?. Outra dimensión que tamén me chegou é o canto que fai á lectura, "ao vicio de ler". Xenial.

Bajando por el callejón en el que vivía, había tiendecitas de libreros que vendían a los estudiantes. Fuera tenían los libros usados de oferta en cajas de madera, sobre la acera. Empecé a ir por allí, a coger un libro y ponerme a leer sentado en el suelo. Uno me echó, fui a otro y ése dejó que me quedara. Un buen hombre, don Raimondo, alguien que entendía las cosas sin explicaciones. Me dio un taburete para que no leyera en el suelo. Después me dijo que me prestaba el libro si se lo devolvía sin estropeárselo. Le contesté que gracias, que se lo devolvería al día siguiente. Me pasé toda la noche acabándolo. Don Raimondo vio que era persona de palabra y me dejaba llevarme a casa un libro al día.

O espello do que somos

Copio literalmente este post do blogue da Biblioteca do IES Ollos Grandes de Lugo:

Así define o creador alemán Há Schult os montes de lixo que os humanos occidentais vamos deixando onde non debemos e que el aproveita -entre outras artes de performance e obras plásticas- para a construción dun hotel, o Beach Garbage Hotel, inaugurado hai uns días na praza Callao de Madrid, no decurso da Feira Internacional de Turismo (FITUR).

A responsabilidade de traer a Madrid este hotel ambulante, feito con 12 toneladas de lixo, é da organización Save The Beach. Entrando no seu sitio, podemos colaborar nos seus proxectos e, así, concienciar(nos) da necesidade de frear actitudes -practicadas por nós ou observadas- que levan á progresiva deterioración do medio:
"Calquera que vaia á praia pode deixar tres ou catro cabichas de cigarro e uma lata de Coca-Cola. Se isso for multiplicado por 47 millóns de españois ou 300 millóns de europeos ou 6,5 millóns de persoas no mundo, pódese ver para onde estamos camiñando", segundo Fernando Godoy, integrante de Save The Beach.

24/01/11

Lego Short Film

CL!CK: A LEGO Short Film from Lego Click on Vimeo.

Sennin


Da editorial Nostra, este conto tradicional nipón, Sennin, escrito por Ryünosuke Akutagawa e ilustrado (as ilustracións son fermosísimas, case provocativas humorísticas) por Luis Vázquez. Podedes ler a lenda aquí.
No relato vemos como un mozo ten como único cometido na vida converterse nun home sabio que alcanza a inmortalidade. A pesar de que a súa vida podería converterse nun inferno, tal é a actitude positiva do mozo que alcanzo o seu cometido grazas á fantasía do texto. Un texto que ademais sorprende polo misterioso atractivo do final.



El juego de las golondrinas

Publica este cómic SinSentido, dentro da colección "/sin_nosotras/Ahora cuentan ellas" que agrupa novelas gráficas creadas por mulleres (dos dez títulos, aquí falamos de Metralla e Lobas). Nesta ocasión imos vivir no Beirut dos anos 80 da man de Zeina Abirached, que conta a súa propia experiencia. Por suposto, antes de comezar a lectura pensamos en que vai ser, novamente, unha "copia" da tan famosa Persépolis; porén, aínda que loxicamente hai puntos en común, son moi diferentes.
A historia recrea unha soa noite, extrapolable ao día a día dunha familia que vive, sen querelo, nunha guerra que lle resulta allea e da que só ten un obxectivo: sobrevivir. Chama a atención os recursos gráficos que utiliza, todo en branco e negro, pero que creo reflicte a arte musulmá, nun permanente branco e negro que axuda a concienciarnos do drama no que se vive. Por certo, o título El juego de las golondrinas vén dado porque as andoriñas abandonan o lugar onde nacen e se crían para volver a el ano tras ano. Así deben facer as familias para sobrevivir na guerra: tentar volver ao seu fogar e continuar a vida.
Moi recomendable.




Propiedade intelectual

Alejandro Sanz é un dos famosos cantantes que máis ten defendido a "Lei Sinde", publicando cousas coma esta:






Lucas Sánchez, investigador do Centro Nacional de Biotecnoloxía, respondía nesta carta aberta:

Hola Alejandro,

Hace muchos días que ando dándole vueltas a la ley Sinde, a los derechos de autor, y leyendo tus desafortunados tweets. Ahora que tengo las tres cosas juntitas, me gustaría cometarte algunas cosas.

Soy científico, joven investigador del Centro Nacional de Biotecnología y actualmente “Visiting Assistant in Research” en la Yale School of Medicine, en New Haven, Conneticcut.

Trabajo en el desarrollo de vacunas para el tercer mundo, centrando mis esfuerzos en la Leishmaniasis, una enfermedad olvidada que mata e incapacita en África, Asia y Sudamérica. Y aunque no lo sepas (y muchas personas no lo saben) es esa enfermedad que hace que miles de pobres niños tengan el vientre hinchado y mueran. La misma que hace que sus padres no puedan trabajar. Entre nosotros, ese tipo de enfermedades que hace que el tercer mundo siga siendo tercer mundo.

Cuando consigo que mi trabajo funcione, tras muchísimas horas de laboratorio, intento publicar mis resultados. ¿Sabes lo que pasa cuando lo hago? Que la revista se queda con todos mis derechos de autor. CON TODOS. Si quiero, no sé, poner una figura de mi trabajo en algún otro formato, tengo que pedir permiso. Por mi figura. Por mi trabajo. Y te hablo de figuras en blanco y negro. En color no podemos pagarlas.

¿Sabes por qué? Porque PAGO POR PUBLICAR. Sí, en serio, lo hacemos. Mi laboratorio tiene que pagar para poder difundir los avances científicos que puedan curar a esos niños o a sus padres en el futuro. PAGO POR PUBLICAR y tengo que pedir permiso por mi figura, por mi trabajo.

Ahora podrías meter en 140 caracteres que luchar por mis derechos no me impide que tu lo hagas por los tuyos, yo seguiría leyendo.

Desde que el hombre es hombre, desde que el ser humano es humano, ha demostrado que necesita expresar sus sentimientos. Y de ahí surgió el arte. También, al mismo tiempo, surgieron las preguntas de qué hacía aquí. Los famosos “de dónde vengo, quién soy, y a dónde voy”.

Y es que las dos cosas, ciencia y arte, son humanas, pero no por ello profesiones.

Mira, no sé, 100 o 200 años atrás. El arte lo hacía el que podía permitírselo. Y la ciencia también. Hasta Darwin descubrió el origen de las especies en un tour por el mundo, en el que vio que los pinzones de unas islas tenían los picos más grandes que otros. La gran revolución científica vino de un viaje de alguien que pudo permitírselo.

Ahora, industria mediante, los artistas cobran por entretener y los científicos cobran por descubrir cosas. Una maravilla para los que no somos de familias ricas y queremos hacer ciencia o arte.

Yo me he quejado y mucho de mi falta de derechos. De intentar defender lo que ahora, para mí, es más que un reconocido trabajo. Y también creo cosas.

La diferencia es que yo con un salario tengo. Y lucho por un salario digno. QUE ME PAGUEN POR MI TRABAJO. No creo que tenga sentido que me paguen tiempo después por mis logros. Te recuerdo que lo que yo quiero es una vacuna para la enfermedad en la que trabajo. Y pagar mis facturas. No quiero ningún rendimiento extra que no me merezco. No quiero derechos de autor, quiero que mis avances sigan derechos a conseguir su objetivo.

Entiendo que quieras que te paguen por tu trabajo. O que defiendas tu caché en los escenarios.Y supongo que debes negociar lo que te paga una discográfica por grabar un nuevo disco. Pero cobrar también impuestos sobre los CD´s , discos duros, lo-que-sea que la S.G.A.E quiera inventar para sangrar al ciudadano medio, perdóname muy mucho, pero yo, lo veo excesivo. Intentar lanzar una ley que te permita cobrar más de lo que te toca porque la industria que a ti te trata bien se está muriendo, lo siento, pero no. Limitar las libertades individuales para maximizar vuestro beneficio no es justo.

¿Sabes por qué tengo un blog de divulgación científica? Para que el mundo vea que la ciencia es importante. Para que posiblemente en el futuro sea una profesión digna. Yo no busco hacerme rico. Yo no quiero recortar libertades. Yo lucho por cambiar la industria que hace que mi actual profesión me obligue a tener otra con la que, juntas, poder pagar las facturas.

Y por favor, no vuelvas a comparar los derechos a recibir medicamentos de los niños pobres con el derecho a declarar culpable de piratería a diestro y siniestro. Que ya lleváis demasiado tiempo cobrando por ello. Renovaos o morid. Pero no creo que debas compararte con los que de verdad mueren aunque de vez en cuando reciban tu dinero.

Atentamente,

Lucas Sánchez.

Aclaraciones pasadas 24horas.

Estoy completamente sorprendido de la repercusión que han tenido las líneas que escribí ayer. Y después de echar una buena ojeada a los comentarios y de releerlo, me gustaría aclarar ciertas cosas.

En primer lugar, que obviamente lo que he escrito es mi opinión, que Sonicando es mi casa, y que si los artistas tienen cartas abiertas al público, el público puede tener cartas abiertas a los artistas. Mi intención no era tampoco dar un repaso exhaustivo a los derechos de autor, ni a su legalidad. Sólo quería comparar mundos y dar otra perspectiva, que es la de mi gremio.

En segundo lugar, que trabaje en vacunas no hace que mi trabajo sea mejor, ni más importante que cualquier otra rama de la investigación, ni por supuesto que cualquier otro trabajo. Si lo menciono es por el tema de los derechos de los niños de ciertas zonas y los derechos de autor. Era la mejor forma de exponer mi postura y mi indignación. Os agradezco los ánimos y las críticas por ello, pero no me ha gustado oír hablar de “heroicidades”, yo sólo hago mi trabajo, y podía haber elegido cualquier otro proyecto de otra enfermedad o en investigación básica. Si fuera un héroe estaría en Médicos Sin Fronteras en el tercer mundo.

3.Aunque he intentado ser lo más respetuoso posible, tras releerlo he cambiado alguna cosa que tras el calentón de escribirlo me parecía poco correcto, por si a alguien le da por releerlo y ve algún cambio.

Por último, Sonicando es un blog de ciencia que no entra en demasiada polémica nunca. Lo mío es la divulgación. Y dudo que veáis muchas entradas como ésta por aquí. Atentamente,

el mismo de arriba.

23/01/11

Skateistan: To Live and Skate Kabul

Vino no Facebook de Marcos Calveiro e chamáronme a atención as súas palabras: "Unha alfaia. Entre o caos e a morte, a esperanza agroma nos sorrisos e nos xogos duns nenos afoutos". Agardo que non lle importe que as recolla como introdución da curta:


Sempre hai un lugar para a poesía (LXXXVIII)

Hoxe, da man e da voz de Yolanda Castaño:

Sonata para Miriam

Linda Olsson (autora sueca que xa nos gustara co seu Astrid y Veronika) publica en Salamandra Sonata para Miriam, fermoso libro que reflexiona delicadamente sobre a dor ante a perda dun ser amado. Coa investigación "musicada" do pasado do protagonista achegámonos a diferentes perdas de seres queridos, sobre todo a causa de algo tan absurdo como a guerra; neste caso falamos da Segunda Guerra Mundial. E inda que este é un tema moi recurrente, non se fai longo nin pesado esta volta á aniquilación de xudeus que neste libro vólvense da máis alta sociedade polaca, aniquilados igualmente polo odio descerebrado daquela época, agás uns poucos que conseguiron fuxir e que o protagonista tentará atopar para entender un pasado que, coma o futuro, esvara entre os seus dedos.
O que menos me gustou foi o cambio de perspectiva do protagonista nas dúas últimas partes. Creo que era mellor seguir contando co seu único punto de vista en toda a novela.

O libro gustoume moito, pero se amas a música gustarache aínda máis. Porque a música é case a protagonista das súas páxinas, estruturadas como unha peza musical.

Non á violencia contra as mulleres (CLXXXVI)

A violación como arma é un crime de guerra.

No este da República Democrática de Congo teñen sido centos de miles de mulleres as vítimas deste crime. Un fracaso máis da ONU que non soubo actuar. Isto sucede nunha zona que dende 1996 leva acumulado máis de catro millóns de mortos debido á ausencia de PAZ: unha matanza silenciosa que non lemos nos xornais cotiáns.
Nunha terra rica en ouro e minerais estratéxicos, coma o coltan, os soldados actúan con total impunidade, sexan do bando que sexan. Pero os Mai-Mai explican por que violan: cren que ese acto os protexen na batalla.
Pero a violación da muller na guerra non é algo que só suceda en África. Na guerra de Bosnia-Herzegovina a violación de mulleres musulmás foi unha arma de guerra para as tropas serbobosnias. Daquela foron miles as vítimas, pero non hai unha cifra exacta.



Lembrade o imprescindible documental producido por Javier Bardem para Médicos Sen Fronteiras do que xa falamos aquí.


Vía

Canto de permanencia

Canto de Permanencia é un documental experimental producido pola AS-PG e Pixel Films sobre a figura de Uxío Novoneyra no seu querido Courel. Dirixido por Carlos Seijo

22/01/11

As senadoras, o galego e o Espírito Santo

Artigo de Rivas no País:

Eu pensar pensaba que tiñamos un idioma nacido en Galicia e que iso era un ben, unha sorte, unha propiedade en man común, unha marabillosa crianza. Unha benzón. Se tivese que lle pór un prezo, non sabería. Canto vale un idioma de seu? Mais agora xa sei que para algúns non vale un can. Nin o prezo duns pinganillos. É un gasto. Un traste. Un problema. Como dixo o señor Rajoy, "las lenguas son para entenderse y no para crear problemas". Que é o que iso significa na práctica, falando en prata? Pois, polo que imos vendo, que hai dúas clases de linguas. Unha lingua, stricto sensu. E logo, os problemas. Así que eu pensaba que falaba galego e o que falo é un problema.

E ten razón don Mariano. Iso funciona así, de xeito orgánico. Canto máis galego falas, máis problemático te encontras. Por iso el non fala unha verba en galego. Para non meterse en problemas.

Os políticos andan como tolos detrás do "momento histórico". Alí onde hai un "momento histórico" alí procuran aparecer todos. Resulta conmovedora esa querenza polo "momento histórico". Tamén no fútbol hai a teima do "partido histórico". De tal xeito que se facemos caso dos fanáticos todas as tardes de domingo serían "históricas". "Eses momentos tan momentáneos", que diría Cantinflas. Mais, no fondo, a xente sabe o que é "histórico" e o que non é.

O do outro día, no Senado, ben merece o adxectivo. Si que foi un día histórico na historia de España. Na mellor, e non na triste historia. Algunha que outra vez se oíra falar en éuscaro, catalán e galego, ademais do castelán. Pero fora dun xeito moi excepcional, efémero. Mais nese día, o martes 19 de xaneiro de 2011, o que sucedeu foi a estrea dunha nova xeira. O uso normal das linguas cooficiais no que debería ser a cámara de representación territorial. Un gran espazo democrático de convivencia e integración. Este, o de ser hábitat exemplar da pluralidade lingüística, é o paso máis importante e serio que se ten dado nese sentido.

A mellor proba de que foi unha xornada histórica para o Senado é que nunca se falou tanto do Senado. Pasou de ser un ente invisíbel a converterse no epicentro do ágora. Mais non foi por un disparate, como esbardalla a opinión máis túzara, senón polo intelixente acordo dunha gran maioría que achega o Senado ao papel constitucional. Todo o proceso de tradución que garante a pluralidade lingüística, ese motivo de tanto escándalo, suma arredor dos 300.000 euros en persoal e medios técnicos, durante un ano. Menos do custe dun festexo taurino. Nin unha campaña publicitaria de millóns de euros faría tanto polo Senado. Oxalá en todos os momentos "históricos" houbese ese balanzo positivo entre o que se acada e o seu custe.

E se ese martes plural fixo visíbel o Senado, tamén permitiu saber da existencia de dúas senadoras galegas.

Non porque falasen o galego, senón por negarse a falalo.

Non por exercer os seus dereitos, senón por rexeitalos.

Non por representar o seu país, a súa cultura, senón por representar soamente un oportunismo sectario.

Mais estes que refiro son trazos parciais do caso Sáinz & Pan. Poderíamos pensar que non estiveron á altura da historia. Mais depende de que altura. E depende de que historia. O seu comportamento pode ser criticado, mais non por non ser "histórico". Mesmo deberíamos recoñecer que Sáinz & Pan fixeron todo o posíbel para pasar á historia. Coido que o lóxico é que falasen galego, polo menos en situación tan extraordinaria. Despois da moción do catalán Ramón Aleu, a senadora galega Sáinz tiña a ocasión de inaugurar un tempo novo. E o que fixo foi desinauguralo. Pois ese é outro xeito de pasar a historia! Desinaugurala.

Xa o dixo Mallarmé: "A destrución foi o meu amor, a miña Beatriz!"

Sei de xente que viviu ese desaire con vergonza allea. Que o sufriu como unha mágoa e como un aldraxe, envolto nunha declaración amorosa. A min, en troques, pareceume unha situación conmovedora. Velaí unha senadora, unha dona competente, con formación académica, profesoral, e que declara que podería falar galego, mais que non o vai facer. Por que? Por amor.

Este detalle apaixonante de María Jesús Sáinz, na liña "quen te quere, fará que sufras", permitiu dous intres históricos. O dela. E o da senadora guipuscoana, do PNV, Miren Leanizbarrutia, que no seu parlamento en éuscaro meteu unha frase en galego: "É unha pena que vostede sexa galega e non faga uso da lingua na que Rosalía de Castro escribiu tan fermosos versos".

Se Sáinz falase en galego, só teriamos un "momento histórico". E así temos dous. O da senadora galega que ama o galego pero non o fala. E o da senadora vasca, unha muller de Aretxabaleta, que non sabemos que tipo de relación ten con el, pero que non o ignora.

Hoxe non hai ninguén en Galicia que non declare amar o galego. Mais o amor ou é carnal ou é platónico. O galego debe ser a lingua que máis amores ten, estando como está entre dúas estacións pouco recomendábeis. As que os estudosos das políticas lingüísticas denominan Morte (Language Death) e Perigo (Language Endangerment). O amor coas linguas, dispensando, ou é ou non é.

A relación cunha lingua, co que se di dunha lingua, tamén se pode ver á luz da dialéctica de Eros e Tánatos.

Se o que temos non é un idioma senón un problema, ou un Idioma ao que chamamos Problema, pois máis que política lingüística o que nos fai falta é ir ao santo Freud.

Ou ao Espírito Santo.

Sigmund Freud e o Espírito Santo son de diferentes escolas, pero, verbo das linguas, veñen dicir o mesmo. Aínda que eu vexo moito máis resolutivo ao Espírito Santo no "momento histórico", como ben se demostra no Pentecostés.

Ese "intre histórico" é relatado así no Novo Testamento (Feitos dos apóstolos): "Sucedeu de súpeto que se produciu un ruído como do ceo semellante a un vento. Apareceron entón linguas de lume que pousaron sobre a cabeza da cada un deles (dos apóstolos e discípulos) enchéndose todos do Espírito Santo e comezaron a falar en diferentes linguas".

E se non o remedian nin Freud nin o Espírito Santo, sempre haberá para o galego un convoi ou un coche de liña con parada en Aretxabaleta. Ou na Universidade de Bremen, onde Zuzana Pesselova vén de escribir unha tese que atribúe á "modestia galega" a marcha que leva a lingua cara ao "falecemento". A Bremen fuxiron os músicos do conto cando se decataron de que ían morrer en mans do amor.

Sobre o uso de todas as linguas oficiais no Senado

Comunicado de Prolingua:

O Senado español aprobou, a finais do pasado ano, o uso normal, nos seus plenos, de todas as linguas oficiais do Estado español. O día 16 de xaneiro de 2011 as senadoras ou senadores dirixíronse á Cámara Alta en castelán, en éuscaro, en catalán ou en galego.

A xuízo desta Plataforma, a aprobación nesta cámara de medidas legais que permiten o uso de idiomas diferentes do castelán supón un aceno de respecto cara aos seus falantes, tantas veces discriminados ao longo da historia por non se expresar nalgún dos “dialectos” da que chegou a ser considerada como lingua única e obrigatoria do territorio español. Sexa benvida, pois, esta medida, que debería abranguer outros ámbitos, como pode ser o seu uso normal no Congreso dos Deputados, ou que os cidadáns poidamos dirixirnos legalmente a calquera administración valéndonos da nosa lingua propia.

Desde ProLingua queremos agradecer publicamente e felicitar a senadora vasca Miren Lore Leanizbarrutia de Bizkarralegorra, que realizou parte da súa intervención no idioma propio de Galicia. Así recollen os xornais as súas palabras no Senado: “É unha pena que vostede sexa galega e non faga uso da lingua na que Rosalía escribiu tan fermosos versos”.

A senadora referíase á representante do Partido Popular María Jesús Sainz García, elixida pola provincia da Coruña, e que mesmo exerceu no pasado de Conselleira de Educación en Galicia. Maria Jesús Sainz rexeitou expresamente no pleno utilizar a nosa lingua, invocando o castelán como lingua para se entender. A seguir, María Dolores Pan Vázquez, tamén da Coruña e representante do mesmo partido, interveu, coma a súa compañeira, na lingua de Cervantes. A actitude de ambas as senadoras defendeuna o máximo líder do PP, Mariano Rajoy Brey, compostelán de nacemento.

En ProLingua estamos convencidos de que a actitude destas senadoras e do Sr. Rajoy segue ao pé da letra as consignas da FAES, do mesmo xeito que o conxunto do partido ao que pertencen, con honrosas excepcións como, por exemplo, a de militantes da súa organización política que son parte da nosa Plataforma. Desde a FAES promoven abertamente, e non só no terreo das linguas, unha volta ao pasado.

En Galicia estamos a padecer en carne propia estas políticas, o implante das medidas regresivas polas que turra o goberno do Sr. Núñez Feijoo, as cales, ademais da forte contestación social, que levou ás rúas de Galicia as maiores manifestacións da historia a prol da lingua de noso, xa acenderon o farol vermello na comunidade científica de occidente, como se pode ler na tese de licenciatura que dirixe, na Universidade de Bremen, o profesor Klaus Zimmermann, titulada Auswirkungen der neueren galicischen Sprachpolitik im Kontext des galicischen Weltbildes ("As consecuencias da política lingüística galega recente nun contexto do mundo galego"). A súa autora, Zuzana Pesselova, expón que o Decreto do ensino do Goberno Feijóo "corta" un campo do uso do galego (as matemáticas e as ciencias naturais, denominados Loss of existing Domain), de tal xeito que recorta a lingua na súa vitalidade, "porque de facto prohibe a creación da lingua nun campo determinado e prohibe o desenvolvemento libre dos seres humanos", en conexión tanto cos dereitos lingüísticos como cos dereitos humanos.

Eduardo Galeano, no seu libro Espejos, no apartado que lle dedica á fundación dos idiomas nos mitos da creación que naceron no antigo México, escribe estes parágrafos que copiamos textualmente:

Poquito a poco, los pueblos fueron brotando de las bocas de la montaña.
Cada pueblo habla, todavía, la lengua del dios que lo creó.
Por eso las lenguas son sagradas, y son diversas las músicas del decir.

En ProLingua seguiremos a defender arreo a música do noso dicir galego, que non desafina con ningunha das outras músicas do dicir que enriquecen a humanidade. Por iso insistimos en rexeitar con toda enerxía actitudes e políticas xenófobas, síntomas preocupantes dunha estrema posición reaccionaria.

Galicia, 21 de xaneiro de 2011

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.