Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

31/08/15

Tako Faito!



Vía

¡Sé tú mismo y nada más!

Nadia Budde publica en Takatuka ¡Sé tú mismo y nada más!, divertido álbum que reflexiona sobre o noso aspecto e a nosa aceptación co mesmo, procurando algo que non temos. Así, o protagonista é un ourizo que odia o seu pelo, porque non lle gusta así, tan duro e ede punto. Entón mirar en derredor e comeza a contar persoas que non están contentas con algún detalle da súa presenza física... ata que dá cun que pasa de todo, e aínda por riba insístelles que aprendar a ser eles mesmos. O mellor do libro é que tanto as ilustracións coma o texto son un xogo que foxe da seriedade e aínda así convida á reflexión.


30/08/15

La luna lleva un silencio

Anaya na súa colección Sopa de Libros publica La luna lleva un silencio de María Cristina Ramos Guzmán con ilustracións de Paula Alenda. O mar e o vento poden xogar coa lúa e o ceo como o fan este versos nos que non faltan todo tipo de bechos, pequerrechiños ou nons. Poemas que falan e que contan, sexa algo definido ou definible, sexa tanxible ou non. Poemas que bailan e cantan porque teñen son propio, porque cheiran a natureza e onde as palabras cámbianse con novos vestidos de sol.



Que en la rama estaba
sentadito el aire,
bajo una sombrilla
de papel flotante.
Camisa de hoja,
pantalón de baile
y una capa fresca
de clavel del aire.
Estaban tan calmas
las sombras de sauce,
que se columpiaban
para no olvidarse
que en la rama estaba
sentadito el aire.

Non á violencia contra as mulleres (CDXXVIII)

 ¿No queríais saber por qué las matan? Por nada
Non queriades saber por que as matan? Por nada

¿Por qué los hombres matan a las mujeres? Porque se creen con el derecho de hacerlo. Y no son necesarios motivos para ejercer un derecho, ¿no?
Por que os homes matan as mulleres? Porque cren que teñen dereito a facelo. E non cómpren motivos para exercer un dereito.
Esta é o documental "No queríais saber por qué las matan? POR NADA" baseada en feitos reais




¿No queríais saber por qué las matan? Por nada from Mercedes Fernández-Martorell on Vimeo

29/08/15

Alice in Wonderland (1903)

A primeira Alicia no cine:

28/08/15

Sam

El silencioso amigo del viento



El silencioso amigo del viento de Lisi Gutiérrez e Rafael Jaramillo foi un proxecto de Verkami amplamente financiado. E o resultado indica que pagou a pena. Un texto moi poética e unhas delicadas ilustracións xúntanse á solidariedade para falar dun cadeliño que en branco e negro chega para quedar entre nós. O galgo rescátanos, e nós a el. Corremos canda el e sentimos o colo do vento nas nosas mans negras que se van debuxando con liñas brancas.




27/08/15

ASEVI MIO. El reflejo más real de un suelo limpio

Esta publicidade rompe a imaxe tradicional dos anuncios de limpeza e amosa unha parella homosexual na que un dos protagonistas diríxese ao público lembrando cales son os estereotipos da publicidade deste sector.
Recoméndovos ver todos os anuncios desta casa. Paga a pena!



vía

Sé dónde estás

A historia dun acoso é a que nos conta Claire Kendal en Sé dónde estás publicado por Anagrama. Un libro que atrapa e desasosega, porque detrás da historia, detrás da novela, está a realidade. E mentres lemos somos demasiado capaces de vela ante os nosos ollos. E isto é realmente terrible, porque coa protagonista viviremos a indefensión da muller, o medo, a necesidade de seguir vivindo, a necesidade de ser crida, a prioridade de seguir cunha vida que semella soñada. Por tanto, detrás da historia, ben contada por certo (desde o principio sabemos o que lle sucedeu á protagonista, aínda que ela non queira poñerlle nome, aínda que sinta vergoña, e mesturado con contos de fadas nun caderno escrito pola propia protagonista e outras partes en terceira persoa) prevaliza a indefensión da muller, unha crítica á sociedade machista e patriarcal na que vivimos xa que a vítima será quen teña que demostrar que é o que é: unha vítima dun acosador sexual e posible asasino.
Sete semanas que devoraremos ata quedar case sen respiración.

"Eres tú. Por supuesto que eres tú. Siempre eres tú. Alguien me está dando alcance y me vuelvo y eres tú. Sabía que serías tú, pero aún así pierdo el equilibro sobre la nieve helada. Me tambaleo. Tengo mojadas las medias por la parte de las rodillas. Mis mitones están empapados."

26/08/15

BEAR STORY / Historia de un Oso



Fermosa e triste historia sen palabras:



Vía

Al señor Zorro le gustan los libros

Con este título, imposible non adentrarse neste álbum que publica Cuatro azules de Franziska Biermann: Al señor Zorro le gustan los libros é un libro sobre un devoralibros, tal cal. Porque o Señor Zorro é tan lector, gústanlle tanto os libros, que ten que devoralos. E isto non é gratis. E por mor dese gusto polos libros terá que se converter en atracador. Atracalibros, para ser exacto. E de aí a ser escritor só hai un paso... 
Así que moito olliño cos vosos gustos, a ver se vos vai ocorrer o mesmo con tanto ler! De aí ademais provén o mérito deste álbum, semella que prefire advertinos sobre a perigosidade da lectura en lugar de que é algo beneficioso.



25/08/15

Ya no puede caminar


Ya No Puede Caminar de Luiso Berdejo por hamletprimero


vía

Ur: libro de lluvia



Foi Mar Benegas quen me descubriu esta xoia: Ur: libro de lluvia de Juan Kruz Igerabide, Elena Odriozola e Oihane Igerabide. De Cénlit Ediciones. Unha caixa que é unha suma de narración, poesía, ilustración e música. E de fondo, a choiva. "Ur" significa auga en euskera, o nome dunha gota de choiva que non quere cumprir o seu destino e permanece na nube que a mece. A partir de aí, a poesía.
Mentres, podemos xogas coas siluetas de mulleres, homes, nenos e nenas que á súa vez podemos combinar coas transparencias que representan diferentes tipos de choiva, algo do que moito sabemos aquí e que na nosa lingua ten multitude de denominacións. Así que tamén pode ser un bo xeito de apredermos as nosas palabras.
E aínda hai máis: música.
Un xogo ideal.
A quen non lle gusta a choiva???



























Women are heroes

Documental sobre mulleres que loitan por mellorar a vida de quen está ao seu arredor, xa sexa nas favelas de Brasil, na India, en Kenia ou en Camboia.



Vía

24/08/15

¡Sálvame!


vía

Este alce es mío


Un dos "grandes", Oliver Jeffers, é o autor deste Este alce es mío que publica Fondo de Cultura Económica, premio Specsavers Children’s Book of the Year de los Irish Book Awards, no ano 2012. Un neno adopta este animal perdido e decide convertelo na súa mascota a base de regras. Pero o animal non está tan disposto a ser "domesticado" como parecía, ou iso cre o noso protagonista, que topa máis sorpresas das que quixera. De aí podemos extraer unha reflexión sobre a amizade e o poder, xa que ninguén posúe ao outro. Tamén nos aporta unha reflexión sobre a lealdade.



“Style Wars”

Documental que fala sobre as culturas urbanas dos anos oitenta: hip-hop, graffiti, break dance..




vía

23/08/15

The Note



Vía

La libélula

Sexto Piso publica La libélula de Amelia Rosselli, poesía que fala de liberdade, de tenrura a través dun ritmo diferente que foxe de calquera norma e que semella conter unha nova linguaxe ou cando menos unha nova gramática. A autora procura comunicar procurando respostas, aquelas que ás veces semella non existiren, dando forma a novas dúbidas nun xeito surrealista da escritura, de equilibrio lingüístico. E nesta lectura teremos que ser nós, lectores e lectoras, quen descompoñamos a realidade e a reinterpretemos, sen escrúpulos. Cuestionándoo todo.
Unha poeta esquecida para dar nome a poetas masculinos, como tantas veces.


“[…] Yo me levanto, tú extiendes los brazos en un largo
penoso adiós, con la sonrisa rígida y forzada en
tu boca más bien poco atractiva. ¿Y qué es esa
luz de la verdad cuando ironizas? Nada más
que esa pobre prenda obtuviste de mi corazón herido.
Ya nunca sabré mirarte a la cara; lo que
deseaba decir se ha marchado por la ventana,
lo que tú eras era otro batallón contra el que
ya soy incapaz de enfrentarme; ¿entonces qué nueva
libertad
buscas entre las cansadas palabras? No la blanda
ternura
de quien está en casa bien protegido entre sus altas
paredes y piensa en sí mismo. No el cansado
descuido
del gigante que sabe que no puede rimar nada más
que
dentro del círculo cerrado de sus apesadumbrados conocidos; […]”

Non á violencia contra as mulleres (CDXXVII)

Curta gañadora do segundo certame "Iuventus FEST":

No es amor


22/08/15

Rosa Luxemburgo


Palabras manzana

Anaya na súa Sopa de Libros publica Palabras manzana de Jorge Luján con ilustracións de Manuel Marín. Precioso libro de poemas que acae nas cousas pequenas, aquelas que vemos cando paramos un intre e repousamos a vista nos universos máis concretos que semellan menos importantes, e así facernos sentir novas propostas. Novos escenarios para construír ou reinterpretar, para artellar suxestións novas. Poemas para ler en voz alta, para canturrear, para escoitar, para descifrar, para xogar. Semella un libro infantil, pero non o é tanto. Xoguemos cos caligramas, coas palabras ou coa súa simple disposición, como as posibilidades de colocación das letras. As ilustracións xogan coa xeometría para construír figuras e imaxes que se engaden ás imaxes dos poemas. Ou aos poemas mesmos, xa que eles tamén son imaxes.



21/08/15

Entre Maestros

No puedo dormir

Stein Erik Lunde e Oyvind Torseter son os autores de No puedo dormir que publica Barbara Fiore. Fermoso libro sobre a perda, a morte.  O álbum comeza coa pena afastada, un pai e un fillo que sofren individulmente a tristura, a soidade, ata que o rapaz procura unha aperta paterna para falar da vida cotiá, da vida, da morte. O pai arroupa o insomnio coas súas verbas para tentar comprender un mundo cruel que tamén é fermoso, de cando en vez. A perda é insubstituíble, pero o amor sempre gaña; isto é o que nos di o libro, gañador dun premio en Noruega por ser o mellor álbum do ano.
Chaman a atención as ilustracións que combinan fotografía e escultura en papel, creando case unha paxinación en 3D con salpicaduras de cor que ademais cóntanos o que ocorre no exterior da morada, unha loita paralela entre paxaros e raposo que simboliza a loita emocional dos habitantes da casa.





20/08/15

Transmission



Vía

Caza al asesino

Interesante proposta a de Jean-Patrick Manchette que recupera Anagrama con prólogo de Carlos Zanón: Caza al asesino non é unha novela negra na que haxa detectives que procuren asasinos, senón que hai un asasino que procura deixar de selo pero todo llo impide. Unha mirada brutal e impactante a este mundo de soidade e de violencia, onde non hai esperanza, nin sequera a elección da liberdade doutro mundo soñado. A crítica social volve ser a que importa dende un punto de vista de acción e violencia, o mellor da novela negra. Arestora, estamos no contexto da Guerra Fría, o que servirá ao autor para facer esta crítica social dende o punto de vista dun asasino profesional movido tan só por un único interese, os cartos. Pero este interese terá un prazo de caducidade que non permitirán que se cumpra. E a partir de aí, a violencia máis extrexa, a crueldade cínica, o desamparo. O autor describe a mente do asasino dende un punto de vista totalmente visual, porque seremos capaces de ver as escenas cunha información plena, permanecendo atentos aos detalles que nos proporciona e respirando canda o protagonista.
Boísima.

19/08/15

Pitahaya



vía

El color del tiempo

Un descubrimento este libro de poesía de Clarisse Nicoïdski que publica Sexto Piso tamén na súa lingua orixinal, sefardí, con tradución de Ernesto Kavi: El color del tiempo ten dobre importancia, pola súa escrita e tamén polo que representa: o testemuño escrito deste idioma procedente do castelán medieval que me resultou interesantísimo ler na lingua orixinal. De aí que a lectura pracenteira se dea asemade por conseguir unha viaxe no tempo, un percorrido orixinal que nos leva da man uns versos da cor da terra e do sol. Unha viaxe amorosa que implica unha percepción da beleza, un don especial para transformar a realidade ou o soño, quen sabe, porque esa é a maxia da Literatura e da Poesía.


“El vestido agujereado de tu alma
dejó
caer
una lágrima colorada como vino
lágrima de vino
de olvido
estás solo
dame tu mano”


me colgaré a tus labios
como un canto
si me dejas
como palabra de maldición
me colgaré
a tu hora
cuando se detenga
de espanto
en las calles de mi pasado
donde estarás
caminando

Amor ilustrado

Pascal Campion con estas ilustracións reflicte pequenos momentos cotiás, pequenos xestos que son grandes momentos.


Pascal Campion Cultura Inquieta amor
Pascal Campion Cultura Inquieta amor20
Pascal Campion Cultura Inquieta amor2
Pascal Campion es un ilustrador y animador franco-americano. Estudió ilustración narrativa en el Arts Décoratifs de Estrasburgo, en Francia. Se deleita en compañía de su esposa e hija y le resulta muy difícil escribir sobre sí mismo. Trabaja en un estudio de techos altos en San Francisco.
Pascal Campion Cultura Inquieta amor3
Pascal Campion Cultura Inquieta amor4
Pascal Campion Cultura Inquieta amor26
Pascal Campion Cultura Inquieta amor5
Pascal Campion Cultura Inquieta amor6

Pascal Campion Cultura Inquieta amor8
Pascal Campion Cultura Inquieta amor9
Pascal Campion Cultura Inquieta amor25
Pascal Campion Cultura Inquieta amor22
Pascal Campion Cultura Inquieta amor10
Pascal Campion Cultura Inquieta amor11
Pascal Campion Cultura Inquieta amor12
Pascal Campion Cultura Inquieta amor14
Pascal Campion Cultura Inquieta amor23
Pascal Campion Cultura Inquieta amor24
Pascal Campion Cultura Inquieta amor15


 Vía

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.