Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Legua editorial b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Legua editorial b>. Amosar todas as publicacións
29/06/13
Aviones de papel
Publicado por Legua este orxinal álbum en dobre sentido de Angie Carretero: Aviones de papel lese por ambos lados, do dereito e do revés, porque conta a mesma historia dende dous puntos de vista diferentes ata toparse no medio. Unha historia de amizade intergaláctica e divertida para que a infancia goce plenamente coa lectura.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Infancia, Legua editorial, Recomendamos
Mac Rí Éireann. El hijo del rey de Irlanda
Publicado por Legua Editorial e escritor por Caitriona Hastings e Andrew Whitson, Mac Rí Éireann. El hijo del rey de Irlanda é un álbum que chama a atención polas súas ilustracións, con miles de detalles, que abondan nesta historia tirada da tradición oral irlandesa.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
26/05/13
Es raro ser niña
O último libro que escollemos do noso club de lectura deste curso sobre Igualdade da Muller é esta curiosísima lectura xuvenil de Mildre Hernández: Es raro ser niña publicado por Legua editorial. Unha nena que se pregunta con humor e ironía sobre a propia existencia, as relacións familiares, a violencia de xénero, con metáfora continuas. Crítica sobre estereotipos sociais, machismo, violencia... unha novela diferente que dá moito de si, abre sorrisos e reflexións.
“Quiero ser boxeadora, como mi mamá”.
" Las personas adultas se avergüenzan por cualquier pequeñez. Eso me
dan tremendos deseos de quedarme niña para siempre, pero no puedo. Es
raro ser niña".
Atoparalo en Lectura, Legua editorial, Libros, Recomendamos
23/02/13
Hilos de colores
Elena Ferrándiz, publica en Legua Editorial Hilos de colores, unha historia que chega directa ao corazón e que provoca unha intesa emoción polo que nela se trata: o Alzheimer. E este está fiado con tal delicadeza e amor que medra en nós a sensación de estar ante unha fermosa obra mestra da metáfora. É comparada esta terrible enfermidade coa perda dos fíos de cores que compón o traxe da avoa, é dicir, os momentos máis importantes da súa vida. Ademais, a mensaxe que transmite o texto é de ánimo e de esperanza: quen coida aos enfermos debe sentirse orgulloso do seu labor por prestar lembranzas a quen xa non as ten.
Se o texto é absolutamente delicioso, as ilustracións non o son menos. Con elas recollemos nós eses fíos e quereremos ganduxalos, coselos, telos connosco para que xamais se perdan.
"Érase una vez una niña que aprendió a tejer desde pequeña un vestido.
En ese traje empezaron a mezclarse todos los colores
del mundo de su memoria..."
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
25/08/12
Verde de otoño
Tamén da editorial Legua e da mesma ilustradora que antes mencionamos, Sylvia Vivanco Extramiana, temos este Verde de otoño de Eduardo H. Garza. Unha preciosa historia de sentimentos e tristura, de morte e esperanza, de outono gris e primavera cálida.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
Sueños de Brujas
Outro fermosísimo álbum que descubrín este verán da editorial Legua foi este Sueños de Brujas de Nelson Simon con ilustracións de Sylvia Vivanco Extramiana. Un "tratado" sobre bruxas, as súas viaxes, os seus medos, os seus anceios... en diferentes tipografías para enfatizar o significado das palabras. Ilustracións que ocupan toda a páxina, fermosísimas e máxicas.
¡Cuidado! Este libro está embrujado.
En sus páginas hay brujas,
etéreas como burbujas;
otras cuecen maleficios
-son maestras del oficio-.
Como te estoy advirtiendo,
antes de seguir leyendo:
-En uno de tus bolsillos,
guarda un ajo... y un gajo de tomillo.
-Cruza el índice y el pulgar,
y traza una cruz de sal
a la entrada de tu puerta.
- Deja la ventana abierta
y pon la escoba al revés...
Si aún tienes miedo;
repetirlo todo otra vez...
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
16/08/12
Dreaming
Fermoso álbum desta editorial que veño de descubrir, Legua, este que hoxe vos traio leva por título Dreaming e é de Gianluca Rossi con ilustracións de Isabella Grott. A importancia dos soños do ser humano ou a delicadeza da infancia, a perdurabilidade desta en cada un de nós para sermos felices.
"esta pequeña flor debe brotar al menos 100 veces durante la vida para haber tenido una existencia feliz..."
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Recomendamos
18/07/12
Amantes
Veño de descubrir esta editorial, Legua, que ten unha colección "ArtWords" con este libro espectacular, polo tamaño e polo formato: unha selección de poesía erótica e amorosa xunto unhas ilustracións categóricas de Nicoletta Tomás que xa coñecera en Mariluna.
Toparedes poemas de Baudelaire, Bécquer, San Juan de la Cruz, Schakespeare, Alfonsina Srorni, Lord Byron, Guy de Maupassant...
Atoparalo en Álbum ilustrado, Legua editorial, Poesía, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
















