Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Nórdica Libros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nórdica Libros. Amosar todas as publicacións

31/08/25

Fantástica historia de amor


 Gustoume moito esta proposta da editorial NórdicaFantástica historia de amor de Sophie Divry. Gustoume aínda que a ollada que eu dirixira ao libro era diferente; ou sexa. eu agardaba unha lectura máis feminista (a autora é unha activista dos movementos feministas) e menos intrigante, a pesares de que a contracapa xa avisaba que o libro toma prestados os códigos do "thriller".

Certo é que se nota que o libro está escrito por unha muller, polo coidado que deitan as palabras cando describe a paixón e a sexualidade dos personaxes principais, e porque hai detalles que o reconfirman ao longo de toda a historia; a intriga vén dada por unha investigación desenvolvida no CERN, que dá asemade máis interese á historia.

A historia resulta moi áxil porque se alternan os capítulos entre o "el" e o "ela". E a medida que avanzamos na lectura as coincidencias sucédense mentres o lectorado desexa que se topen xa dunha vez. "El" narra en primeira persoa; "ela" en terceira. Haberá algúns capítulos cara ao final que serán protagonizados por algúns outros personaxes, pero serán moi poucos e necesarios para resolver a trama do "thriller". 

Fóra do misterio por resolver, está a soidade. Unha soidade que ela cura con encontros sexuais e que el cura coa igrexa; por suposto, nin a unha nin o outro serán felices ata que se topen. E este enxalzamento do amor chamoume a atención, xa que aínda que a maior parte do libro estea dedicado a topar a solución requirida (non hai detectives nin asasinatos pero si un problema), o título deixa claro que o importante é precisamente este amor que xurdirá entre as tebras dos protagonistas, un amor que por outra parte semellaba formar parte do destino de ambos por esas coincidencias que mencionamos anteriormente. Quizais estas coincidencias se circunscriban ao fantástico: os personaxes son reais e confiren veracidade á lectura. Pero tamén a Amizade é unha parte moi importante no libro, para ambos personaxes, porque poden sosterse nos verdadeiros amigos e amigas cando o precisan. E isto, así como as preocupacións que calquera de nós pode sentir en determinados momentos, están moi ben reflectidos no libro.


16/03/21

Coplas por la muerte de su padre


 Temos debilidade polas publicacións de Nórdica na súa sección de Ilustrados. Non podía ser doutro xeito! Desta volta, traémosvos a coidada edición de Coplas por la muerte de su padre de Jorge Manrique baixo a ollada contemporánea de Antonio Santos: unha auténtica gozar reler este clásico acompañado das súas ilustracións, que fan que o libro non só sexa atractivo, senón gozoso

12/01/21

Canción negra


 Permitídeme que siga recomendándovos libros de poesía ilustrados. Desta volta quen chama a miña atención e amor é Wislawa Szymborska, e volve a ser a editorial Nórdica quen me conquista con este seu libro titulado Canción negra con ilustracións de Kike de la Rubia. Un libro que nunca antes vira a luz en castelán e que agora podémonolo agasallar. Neste libriño recóllense poema de xuventude da autora, poemas sinxelos que anuncian a ironía que a caracterizará posteriormente para falar do cotián, da bondade do ser humano, da humilade e do humor, tanto propio como alleo. O seu compromiso cívico, afastada de calquera dogma, é o seu sinal de identidade.



11/01/21

Yo voy soñando caminos


 U
nha recomendación para amantes de libros ben editados: Nórdica, marabillosa editorial -máis na súa colección ilustrada, por motivos obvios, para min- ofrécenos ler a poesía de Antonio Machado ilustrada por Leticia Ruifernández; un percorrido polas cidades nas que viviu o autor, con 40 poremas seleccionados por Antonio Rodríguez Almodóvar, e cun epílogo de Julio Llamazares. Vaia, que máis non se pode pedir. Así que xa sabedes, é hora de reler a Machado gozando visualmente dos seus poemas.




09/11/17

La huida de Peggy Sue

Federico Delicado sorpréndenos novamente mesturando realidade e fantasía en La huida de Peggy Sue, álbum publicado pola editorial Nórdica. Unha historia simpática, feitiña, dunha vaca que decide fuxir dunha morte segura que o destino lle deparaba; logo, aventuras en tren, amizades, desexos e soños cumpridos con moitas sorpresas. 
Por suposto, exquuisitas ilustracións, como todas as que proveñen deste autor-ilustrador, lenes e delicadas, que reforzan a orixinalidade do texto que dá pé a diferentes interpretacións.



24/05/17

El hombre del traje negro

Unha ten moitas debilidades ante as que sucumbir e contra as que loitar, pero... como non rendirse ante a arte de Ana Juan? É que cada vez que vexo un libro dela é superior a min, sexa quen sexa o autor ou o texto que ela ilustre. E se aínda por riba estamos ante un libro publicado pola editorial Nórdica, que fai das súas publicacións pequenas obras de arte, pois xa estou perdida.
Así que en canto vin este libro de Stephen King ilustrado por ela, souben que estaba perdida. Hai algo máis escuro, máis ameazante que El hombre del traje negro? Un relato que se sitúa en 1914 e o protagonista ten tan só nove anos. Con esa idade ve un home cun elegante traxe negro, de aspecto terrible, quen lle deixará unha pegada terrorífica, que non será quen de esquecer. Se o relato de King podía non gustar, o libro trae tamén o relato no que se inspiraba, El joven Goodman Brown, escrito por Nathaniel Hawthorne no século XIX. Ou sexa, ata podemos comparar e quedarnos con aquel que nos guste máis.



06/05/17

Geografía humana y otros poemas

Noemí Villamuza é unha, literalmente, das miñas debilidades máis confesables. Se hai un libro ilustrado por ela, xa o quero. Así que este Geografía humana y otros poemas de Gloria Fuertes, publicado por Nórdica, pasa a ter un lugar privilexiado nos andeis da poesía cos seus corenta e un poema que foron publicados entre 1954 e 2005. Así que temos un libro de aloumiños, tanto en forma de verso como de ilustración, aloumiños que poden estar cargados con paixón ou cunha emoción torrencial. Ademais, un prólogo de Luis Antonio de Villena que nos fala dunha traxectoria vital marcada polos prexuízos da época. Que raro nunha muller!




AUTOBIO
Yo de pequeña quería ser monja
y mi padre (que era muy republicano)
me pegaba cada vez que lo repetía.
=
Yo de pequeña quería ser puta
y mi madre (que era muy beata)
me pegaba cada vez que lo repetía.
=
Yo de pequeña quería ser huérfana
y mis padres me pegaban
cada vez que lo repetía.
=
Yo de pequeña quería ser poeta
y la vida me pegaba.
¡Pero conseguí serlo!


10/01/17

Los árboles se han ido

A editorial Nórdica publica esta antoloxía de Federico García Lorca con ilustracións de Mo Gutiérrez Serna: Los árboles se han ido publícase no 80 aniversario do se asasinato. Este libro recolle poemas escritos e publicado entre 1921 e a fin da súa vida, dos títulos Libro de poemas (1921), Suites (1923), Poema del cante jondo (1921), Canciones (1927), Primer romancero gitano (1928), Poeta en Nueva York (1930), Diván del tamarit (1936), Seis poemas galegos (1935) e Sonetos de amor oscuro (1936), ademais dalgúns poemas soltos. Son vinte textos escollidos por Juan Marqués, dando voz a todas a voces do poeta, con todas as sáus variedades, dende o amor ata a política, dende a revolución ata a infancia. E a carón dos versos sempre inesquecibles están as ilustracións cheas de cor e de rotundidade para aportar un novo goce á poesía.






01/01/17

El libro de los libros

Un tema en común, ou sexa, unha paixón, o libro. Se sentes este amor, estás ante un libro que quererás ter, publicado por Nórdica: El libro de los libros de Quint Buchholz, un delicioso percorrido sobre imaxes librescas deste magnífico ilustrador que serven como inspiración para os relatos que acompañan as imaxes. Unhas imaxes que mesturan ficción e realidade, espazos invisibles e liberdade fotográfica. 46 autores colaboran nesta tarefa espléndida de dar voz á ilustración, unha homenaxe ao mundo dos libros e de todo canto podemos atopar neles. Diferentes formas de achegarse ao mundo ilustrado que nos agasallan con técnicas narrativas e resultados ben variados.
Un imprescindible.


21/10/16

El Museo de Tronquito



Ashild Kanstak Johnse é a artífice deste álbum publicado por Nórdica: El Museo de Tronquito. Un libro que nos convida a pensar como se fai un museo, a orde que deben ter, para que serve... aínda que dende un punto de vista infantil, e falando dun museo feito coas pezas que recolle un neno nos seus paseos polo bosque. Un museo é un desafío, queda claro, e provoca cansazo, sobre todo se é moi grande. E é que antes de abrir as portas ao público, hai que traballar oito: poñer nomes, clasificar, colocar... miles de cousas ben ordeadas en lugares visibles. O peor é cando hai tantas e tantas cousas que amosar: pedars, paos, cromos, papeis... Poderemos pasar moito tempo contemplando as ilustracións e procurando todo tipo de obxectos para clasificalos no noso maxín. O libro dá moito xogo; mesmo se poden compoñer franse nas que nomear obxectos da páxina para atopalos. Así que é unha ferramenta ben divertida para nenos e nenas. E isto é posible grazas a unhas ilustracións exactas, minuciosas, que dan este tipo de oportunidade de xogo e busca, e mesmo entre as árbores do bosque agochánse obxectos e personaxes que deberemos observar.
Información e xogo reunidos nun álbum ilustrado.



02/08/16

La ternura de las piedras

Flipada quedei coa lectura deste cómic, La ternura de las piedras de Marion Fayolle que publica Nórdica. Unha mestura de realidade e simboloxía que parte da enfermidade do pai dun xeito non claro, aínda que maxino que está a falar dun cancro. A partir de aquí, e sempre dun xeito diría eu surrealista, explícase como vai afectando esta a toda a familia e ao propio pai. Sempre dun xeito curiosísimo, como prestar a boca, as mans... a un enfermo porque o estás coidando, aínda que nos debuxos todo isto sexa literal. O máis curioso, aínda, é como a pesar deste tema, o cómic foxe de todo dramatismo, non sei se pola ausencia de artificios ou se é polo debuxo, sinxelo. Aínda así, hai momentos que a min seméllanme  estarrecedores a pesar da súa sofisticafición.
Pero é desde logo unha obra que non deixa indiferente.






18/02/16

Tina superfriolera

Lani Yamamoto é a autora deste álbum finalista do Premio de Literatura Infantil e Xuvenil do Consello Nórdico que publica Nórdica: Tina superfriolera. Unha lectura moi acaída para estes días de frío en que todos os días abrimos a persiana agardando ver a neve pola ventá. Lemos a historia de Tina, unha nena que sempre sente moito frío e anda a inventar novos xeitos de non sentilo; pero isto fai que non teña amizades e que sempre estea soa; e será isto o eixo vertebrador da historia. Ou sexa, lemos unha metáfora visual que nos fala dun frío mundo exterior e interior, o da soidade absoluta. E a necesidade que temos de compaña. As ilustracións van na mesma liña, de cores frías e sen fondos, ofrecéndonos a esencia do seu significado.





14/08/15

La extensión de mi cuerpo


Xa nos ten acostumad@s a editorial Nórdica á publicación de fermosos libros ilustrados, e volvemos comprobalo con este clásico de Walt Whitman con ilustracións de Kike de la Rubia en edición bilingüe: La extensión de mi cuerpo fala do espírito, dos sentidos, da experiencia da ama e da mente, do corpo e da morte, un corpo que se transforma co paso dos anos ata rematar o seu ciclo vital, porque forma parte da natureza e a esta ocórrelle o mesmo. A importancia dos sentidos como unha expresión da natureza, o espírito que reflicte as persoas e que as une, porque o espírito da natureza e do home vén a ser un. As ilustracións figurativas resaltan o carácter onírico pero destacan as figuras humnas, as partes do corpo que nos falan do que hai na poesía de corpóreo e sensual; composicións que nos traen o contacto co mundo animal e cos praceres humanos.





29/05/15

El día señalado


Enrique Vila-Matas publica na editorial Nórdica El día señalado con ilustracións de Anuska Allepuz. Un libro sobre a morte e a súa presenza, nun xiro constante por previr o momento, ou por tentar fuxir del, coma se a morte puidese evitarse. Novos presaxios que xorden arredor de, sempre, unha data determinada. E o terror, ese medo sempiterno, á morte.
As ilustracións, delicadas, interpretan a soidade e o baleiro, sobre todo esa incerteza constante que habita cada páxina do libro.

"Isabel Dumarchey tenía diez años cuando una gitana le pronóstico que moriría sedienta y de pie, tal vez bailando, en un día de invierno muy lluvioso, de un año imposible de determinar".

 

22/05/15

Cien sillones y pico




A editorial Nórdica reúne  nun volume os debuxos de "Sillón de orejas" de Babelia en Cien sillones y pico de Max. Imposible non amar este libro se amas os libros, deixarse levar pola relación entre a literatura e o sofá, o humor, o maxín. Un libro marabillosamente encadernado, como vén sendo habitual nesta editorial, que será unha delicia á que acudir de cando en vez.




07/04/15

El castillo



Marabillosa adaptación da gran obra de Franz Kafka é esta que publica a editorial Nórdica a cargo de David Zane Mairowitz e Jaromír 99. El castillo, ten provocado numerosas interpretacións desde a súa publicación póstuma en 1926, unha obra inconclusa que Kafka non quería publicar. Conta a historia dun agrimensor contratado por unha autoridade da vila que é totalmente invisible. O forasteiro tenta ter unha cita co mandatario, pero todo intento é frustrado. Toda a vila viva sumida nese estado de temor a un poder agochado que rexe a vida, as normas e os costumes de todos cantos nela viven. Neste cómic vivimos intensamente a atmosfera opresiva, tanto que eu tiña que deixar a lectura de cando en vez porque me resultaba totalmente abafante, cun debuxo en branco e negro e con viñetas que semellan xilografías dos primeiros cómics. Outra das características do libro orixinal é a confusión, patente arestora no cómic dende un principio, así como a desconfianza, que se converte no leit-motiv da obra e que permite que sexa o lector quen aplique o mundo das emoción na interpretación da lectura.
  

05/04/15

Tiras cómicas



Non coñecía esta autora que nos propón a editorial Nórdica, Flannery O'Connor nin as súas Tiras Cómicas, un libro que resulta ser unha compilación de todas as viñetas cómicas desta escritora americana, que inclúe unha introdución do ilustrador Barry Moser. É un traballo realizado a comezos dos anos corenta, e constitúen un espello da vida estudantil daquela época, así como o impacto que a Segunda Guerra Mundial supón na poboación norteamericana, un espello no que domina sobre todo un ton irónico e humorístico.
Traballou a pluma e tinta con linogravados. Este volume amosa, ademais, unha perspectiva xeral da intersección artística entre a súa literatura e as súas viñeas a cargo de Kelly Gerald, especialista en O’Connor.
Ben interesante, por certo.

23/01/15

El regreso de Ulises

A editorial Nórdica é unha desas editoriais que publican libros irresistibles, coma neste caso El regreso de Ulises de Alberto Manguel ilustrado por Max. Autor e ilustrador xeniais xuntos! Manguel recolle o mito de Ulises para falar de exilio, de desprazamento e non pertenza. Ulises regresa á súa terra, si, pero para non comprender o mundo que o rodea; Ítaca é un lugar que non se asemella a aquel que el deixou, as rúas son irrecoñecibles, e os nenos búrlanse dos vellos mentres os desarraigados poboan a vila.
Unha fábula actual revisitando un clásico que axudará a cavilar  sobre os nosos tempos. Un libro irresistible.


“Cada nuevo puerto, cada nuevo encuentro le habían hecho sentir un extranjero de una manera cada vez distinta, y sus institintos se habían afinado atentos a ciertos sonidos, a ciertas imágenes y olores: una puerta cerrándose en sus narices, la ceja arqueada de un burócrata manoseando su pasaporte, el olor dulzón a podredumbre de una comida ofrecida por un alma caritativa a través de los barrotes de un centro de detención. Un hombre que había conocido allí le había dicho: – Un exiliado es siempre un exiliado.”


03/12/14

La cata

Nórdica proponnos esta lectura suxestiva de Roald Dahl acompañada dunhas ilustracións que para min son extraordinarias, asinadas por Iban Barrenetxea: La cata é un relato deste autor que é un imprescindible, como acabará séndoo este libro. Un reto trampulleiro, un humor retorto, e unha sutil ironía conxugaranse para constituír un relato delicioso que se converte arestora nun libro obxecto de culto. Nel, as mulleres en segundo plano, e cobiza e o desprezo pola sensatez e o amor propio serán verdadeiros protagonistas, nun retrato social que podemos trasladar con naturalidade á sociedade actual. O ilustrador realiza unha ducida de dobres páxinas nas que caricaturiza prudentemento os persoanxes do conto cargándoos desa atmosfera británica inconfundible.

Mirade que anfitrión vos agarda:
“…era agiotista en el mercado de valores y, como muchos de su clase, parecía algo incómodo, casi avergonzado, por haber ganado tanto dinero con tan poco talento”.
  “En el fondo de su corazón sabía que no era más que un corredor de apuestas –un corredor de apuestas empalagoso, infinitamente respetable y secretamente corrupto-, y sabía que sus amigos también lo sabían. Así que ahora estaba tratando de convertirse en un hombre culto, cultivar un gusto literario y estético, coleccionar cuadros, discos, libros y todo lo demás. Su pequeño sermón sobre el vino del Rin y el Mosela formaba parte de aquello, de esa cultura que anhelaba”

18/08/14

Las grandes mujeres

Unha vez máis, estupenda edición da editorial Nórdica para este libro de poemas de Alfonsina Storni con ilustracións de Antonia Santolaya: Las grandes mujeres. Así, estamos novamente ante unha alfaia conxunta grazas a ilustracións e poesía. O libro conta, asemade, con prólogo de Clara Sánchez. Poesía que foxe da fraxilidade, ou que a agocha, que pode ser dura, deixarnos en carne viva mentres cae a pel a tiras. A morte omnipresente a carón da vida, dos soños, da procura do noso propio ser.



En las grandes mujeres reposó el universo.
Las consumió el amor, como el fuego al estaño,
a unas; reinas, otras, sangraron su rebaño.
Beatriz y Lady Macbeth tienen genio diverso.

De algunas, en el mármol, queda el seno perverso.
Brillan las grandes madres de los grandes de antaño.
Y es la carne perfecta, dadivosa del daño.
Y son las exaltadas que entretejen el verso.

De los libros las tomo como de un escenario
fastuoso -¿Las envidias, corazón mercenario?
Son gloriosas y grandes, y eres nada, te arguyo.

-Ay, rastreando en sus alas, como en selvas las lobas,
a mirarlas de cerca me bajé a sus alcobas
y oí un bostezo enorme que se parece al tuyo.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.