Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta La Bella Varsovia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta La Bella Varsovia. Amosar todas as publicacións

09/05/15

El silencio de las bestias


Unai Velasco publica en La Bella Varsovia El silencio de las bestias, un libro de poesía que baila sobre lume, que fala de amizade, de seguridades e inseguridades, da construción da identidade cun látego de palabras ásperas e ferintes, de barroquismos litúrxicos e versos longos e profusos, con diferentes posibilidades dun eco que se reproduce dependendo das variadas posibilidades semánticas e fonéticas. Un libro que é unha liturxia sorprendente.
O lector suicídase nos cavorcos dos poemas, nese avance rápido dun texto asintáctico, dun versos longuísimos, dunhas palabras que se repiten, dunha proposta ecléctica de estética diferente. A ironía é constante nun libro que foxe da lóxica.

Tengo miedo del miedo de las avispas del miedo de los ciervos
no dejes
no que somos buenos que somos nuestro cuerpo
y en pira de bondad detente
y escucha sobre todo escucha y que así sea que
así sea.

10/04/15

Los estómagos



Luna Miguel publica en La Bella Varsovia Los estómagos, poemas contundentes que veñen dende as entrañas ou nelas habitan, provocando unha dor que pide cura e non a topa, como esas preguntas que non obteñen respostas e quedan vacilando no ar, realizando paseos imposibles pola atmosfera.
Para iso existe a palabra, a poesía. Para procurar un ADN indeleble que permanece nesa loita que se mantén co papel do sentimento.
O libro divídese en catro partes, por elas transitamos nun proceso de dor que procura unha nova vida, porque o remate dunha significa o comezo doutra, como sombras que permanecen, que testemuñan anacos fragmentados da supervivencia. Neses anacos roubados á vida está a morte, porque aquela, a vida, é quen se nega a si mesma, quen é roubada, quen é vendida. Podemos atopar algún rueiro que nos guíe por ela mesma, esquivando tormentas que, seguramente, acabarán chegando. Rueiors e camiños non que non faltarán socavóns falsos polos que caiamos unha e outra vez para tentar erguernos de novo.
Libro duro, feroz, exacto.
"Me
 pregunto cuántos estómagos
 hacen falta para vencer al hambre"

15/06/14

Apuestas. Nueve nuevos poetas

Gustoume moito esta proposta poética da editorial Apuestas. La Bella Varsovia: Nueve nuevos poetas reúne nove voces poéticas de mozos e mozas que comezan a súa andaina literaria: Belén Benito, Ellen Capriota, María Ferreira, Álex Gil, María López Pousa, Sandra Martínez, Israel Padilla, Arturo Sánchez e María Sánchez. Gustáronme especialmente os poemas de María Ferreira, polo pouso e o sabor a denuncia que executan falando das diferenzas co mal chamado "Primeiro mundo";

El sexo en tierra de hambre es así.
Como un desarraigo
Como un no tener raíces,
ni referencias,
ni espacios comunes.
Como una seguridad absoluta
de que cuando me araña, araña a todo el mundo 
           occidental.
Como una creencia irreverente de que cuando
           le beso,
estoy besando a su pueblo.

Entre estes nove poetas temos unha escritora galega, María López Pousa, que forma parte do grupo "Jóvenes sin talento2"  e tamén quero destacar os poemas de Ellen Capriota pola súa contemporaneidade tecnolóxica:

no se puede
durar para siempre
con esta continua carga
y descarga

0 mensajes nuevos

y un guardar como
que puede cambiarlo todo

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.