Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Periférica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Periférica. Amosar todas as publicacións

30/06/17

Regreso a Berlín

Verna B. Carleton é a autora de Regreso a Berlín, publicada polas editoriais Periférica e Errata Naturae. Unha novela complexa sobre os sentimentos cruzados que sente un alemán cando regresa a seu país despois da devastación da Segunda Guerra Mundial; un home que sofre e odia todo canto vén de ocorrer, pero que tamén se odia a si mesmo pola fuxida, por agocharse tras unha nacionalidade que non lle pertence, tras un parapeto que se está a desmoronar.
A volta non é doada, e os infernos vividos aflorecen pola boca dos personaxes cos que se cruza nun Berlín que se está a reconstruír tras as bombas, un Berlín dividido poboado por habitantes que tentar mirar cara a diante. Para tentar entender canto hai arredor e canto sofre o personaxe protagonista, a novela conta cunha narradora testemuña, unha moza que viaxa canda o protagonista e a súa esposa para contar de xeito obxectivo o que acontece e o que se sente. E aquí reside a sorpresa da novela: iremos descubrindo a visión dos outros personaxes coa que non contaba o protagonista, e iremos contrapoñendo a visión que tiñamos -a do protagonita- coa nova realidade que se vai abrindo ante os nosos ollos a medida que avanzamos na lectura. Asistiremos a unha loita interna constante nunha sociedade que ten moi recente unha dura guerra e que sabe quen delatou a quen, quen  odiou e quen axudou, quen tivo que fuxir e quen permanceu. As guerras son tremendas porque a crueldade do ser humano é enorme. E este libro ten a capacidade de achegarse á complexidade dos personaxes qeu poboan esta dura realidade.

21/02/16

Mi maravillosa librería

Petra Hartlieb conta en Mi maravillosa librería publicado por Periférica aquilo que eu sempre quixen e non conseguín: ter unha libraría. Unha historia divertida, auténtica, chea de momontos inesquecibles, de recomendacións, de agobios. Coa lectura imos constatando as dificultades e as alegrías que supón abrir unha libraría, como vai medrando o equipo humano e a propia libraría, como o traballo fai esquencer ás veces a propia familia, as actividades que hai que atender, os clientes que hai que deixar satisfeitos... A autora conta as cousas boas pero tamén as malas, como as dificultades de cada día, as esixencia dun mercado coas súas inxustizas e mesmo da competencia que supón un xigante en Internet como Amazon. A libraría que temos neste libro é unha experiencia humana que nos encandila e a min, particulamente, dáme moita envexa. Sentinme moi preto desas veces en que recomendan libros con entusiasmo e fixen un paralelismo co que facemos nós nas aulas.
Eu tamén quero ter unha libraría!

18/07/15

Lo que escucha la lluvia

 A editorial Periférica publica Lo que escucha la lluvia de Francisco Solano. Non estamos ante unha lectura lixeira, senón todo o contrario: sentar a ler este libro precia de momentos intensos, lentos, deixando que o calor que nos abafa este verán escorregue para permitir unha concentración necesaria. As palabras do libro flúen discretamente, paseniñamente, cara a un só fin. E con elas, nese discorrer discreto, o lector asegura unha lectura contundente, sen pausas, sen dilación, sen diálogo. Un monólogo constante dunha voz que interpela ao lector/a, que fala da memoria, que xoga coa nosa proximidade, que se amosa xoguetona porque nos ensina e nos tapa a súa realidade. Porque verdade e mentira son caras da mesma moeda. Así é a ficción, a Literatura. A Palabra.

31/03/14

En Grand Central Station me senté y lloré



Publicado por Periférica, En Grand Central Station me senté y lloré de Elizabeth Smart non é unha novela, coido, é unha enorme declaración de amor, ou máis ben un longo poema amoroso novelado. A definicón é difícil, desde logo, cando estás ante un libro así. E non, non é prosa poética tampouco. Ollo. Simplemente existe unha estreita relación entre a novela e a poesía. Ou iso é o que eu creo. En realidade é unha autobiografía onde a protagonista conta a súa relación extramatrimonial cun poeta. E a dor que supón ser "a outra". A que ama con paixón nun hotel. A que se agocha. A que ve á parella "oficial" e ten que mirar para outro lado. A que sofre en silencio. A que nada pode dicir porque o máis importante é non perdelo. A que pensa no suicidio. A que queda embarazada. A que bebe canda el, a que pelexa con el. A que sente o rexeitamento familiar nunha sociedade tradicional.
O libro, a novela, é unha viaxe interior e persoal dunha adicción autodestrutiva por un home. Unha muller que escribe sen ocultamentos sobre a paixón, sobre o amor, sobre o sexo, sobre a necesidade física e case patolóxica que sente por ese home casado que nunca, nunca, deixará a súa muller para cambiala por ela.
Un libro escrito desde o desgarro da alma, cunha linguaxe chea de referencias literarias.

22/06/13

La librería encantada

Publicada por Periférica, La librería encantada de Chistopher Morley vén sendo unha segunda parte de La librería ambulante. De lectura tranquila e relaxada, que introuduce unha trama de atentados na segunda parte do libro para facela máis atraente, é unha novela cargada de referencias bibliográficas a obras daquela época, transcorrendo a maior parte da trama na propia libraría. Unha historia sinxela de anécdotas sobre os libros que calquera amante das librarías debería ler. A protagonista do libro anterior queda relegado a un segundo plano, pero segue a ser unha novela absolutamente deliciosa e entrañable... aínda que eu, particularmente, quedo coa primeira.

"Esta librería está encantada por los espectros de tanta gran literatura como hay en cada metro de estantería.
...Tenemos eso que usted busca, aunque usted no sepa aún cúanto lo necesita.
La malnutrición del órgano lector es una enfermedad seria. Permítanos prescribirle un remedio"
 
 
"Un libro te sigue y te sigue hasta que te arrincona y te obliga a leerlo.
... Justo cuando uno cree haberse librado, aparece, cualquier día, un cliente que empieza a hablar ingenuamente del libro y entonces uno sabe que se trata de un agente involuntario del destino"
 

…y déjeme decirle que el negocio de los libros es muy distinto a otros. La gente no sabe que quiere los libros. Usted, por ejemplo. Basta con mirarlo un instante para darse cuenta de que su mente padece una tremenda carencia de libros y, sin embargo, ahí sigue, dichosamente ignorante. La gente no va a ver a un librero hasta que un serio accidente mental o una enfermedad los hace tomar conciencia del peligro. Entonces vienen aquí. (p. 17)

Agradezco humilde y sinceramente la devolución de este libro que, tras sobrevivir a los peligros de la biblioteca de mi amigo, regresa ahora a mí, sano y salvo, en condiciones razonablemente aceptables.
Agradezco humilde y sinceramente que mi amigo no le diera este libro a su hijo como si fuera un juguete ni lo usara como cenicero para sus puros, ni para afilar los dientes de su mastín.
Cuando presté este libro lo di por perdido: me resigné a la amargura de verlo partir para siempre; nunca pensé que volvería a ver sus páginas.
¡Pero ahora que mi libro me ha sido devuelto, me siento pletórico de regocijo y gratitud! Traedme aquí al gordo marroquinero para reencuadernar el volumen y ponerlo en su lugar de honor en mis estanterías: pues mi libro prestado me ha sido devuelto.
Ahora, por lo tanto, tendré que devolver algunos de los libros que yo mismo he tomado prestados.
(p. 69-70)

06/04/13

Una biblioteca de verano

Publicada por Periférica, Una biblioteca de verano de Mary Ann Clark Bremer é unha lectura de abraiante e sinxela beleza, de amor polos libros e a lectura, da procura da felicidade e da mera supervivencia. Un libro curto que é un agasallo para os sentidos, posto que a autora consegue unha prosa doce e olorosa, un eloxio á palabra e á literatura universal. É deses libros -un máis- que todo bo amante da lectura debe ter. Os libros tórnanse imprescindibles para alcanzar algo semellante á felicidade. E para esquecer a dor. E para encontrar o amor. E para comprender mellor canto nos rodea. Todo iso, con concisión e brevidade, pero con gran beleza.

Ahora sentía mi corazón también ...como si fuera...de papel rígido, cuarteado por la muerte de mis padres y de mi tío

24/03/13

Los libros son tímidos

A editorial Periférica está a nos ofrecer uns títulos ben interesantes arredor do amor pola lectura e polos libros, coma é este caso que nos ocupa: Los libros son tímidos de Giulia Alberico non é unha novela, é unha homenaxe á lectura. No libro, a autora conta os seus momentos da infancia e da adolescencia marcados polos libros e as lecturas que nese momentos a acompañaban. Ademais, hai unha rotunda declaración de amor polo libro en papel, polo seu olor, o seu tacto e o propio obxecto. E hai, asemade, un despregue informativo sobre a historia da literatura italiada da primeira metade do século XX. Coido que hai que destacar que o libro non só fala de libros, senón de como estes moldearon o crecemento da autora, de como lle influíron na súa vida cotiá e no seu proceso de madureza e de como enchían os seus ocos espazo-temporais.
Moi de agradecer os apéndices finais coa lista de todos os libros mencionados ao longo da obra -por se queremos acceder a algún- e ás editoriais das que se nos falaba.


"Los libros son tímidos, pensaba, quieren estar sólo con quien los ha elegido, no les gustan las manos extrañas".

"Antes de que los signos se volviesen para mí descifrables, eran sonidos, y eran los mayores quienes poseían la capacidad de traducir los signos en palabras y con las palabras construir un cuento... De modo que leía escuchando. Y oliendo. Las palabras de las historias estaban indisolublemente ligadas a los olores.
El tío Rodolfo leía historias de las que emanaba un olor a clavo de clavel mezclado con una infusión que tenía un nombre precioso: kardadé. Las historias que leía Rosinella olían a manzanas porque la estancia de la buhardilla donde me las contaba estaba llena de pequeñas manzanas verdes. Las historias que me contaba mi madre olían a frío: estábamos en el país de la nieve y siempre era invierno, o casi".

Mientras tanto (…) empecé a tener mi propia biblioteca; algunos libros los forraba para no desgastarlos. Nunca los he prestado, me gusta poseerlos. Los libros son tímidos, pensaba, quieren estar sólo con quien los ha elegido, no les gustan lasmanos extrañas. Escribía al instante mi nombre, el mes y el año en la primera página, con una caligrafía un poco estudiada, redonda, femenina. Me habituá a escribir la clase que frecuentaba: cuarto año de enseñanza media A, primero de bachillerato B. (Pag. 39)

Siempre he olfateado los libros, al igual que los cuadernos, con un gesto instintivo, primario, animal. Creo además que el olfato es el más potente de los sentidos. En todo caso, el que posee mayor poder evocador. Sirve para comprender, más que el gusto, si un guiso en cocción ha llegado a su punto (…) En cuanto al olor de los libros, los olores son extraordinariamente variados. Las páginas brillantes, con las reproducciones de cuadros o fotografías, huelen a ácido, como los bocadillos envueltos en celofán que se venden en las estaciones; las páginas muy delgadas de papel biblia de los Meridiani huelen a lencería seca y planchada. Las páginas de los libros viejos huelen a polvos de tocador comprimidos, a polvos de talco; huelen a frasco de cristal vacío que durante un tiempo contuvo un perfume de magnolia o de nardo. (Pags. 91-92)

14/03/13

La librería ambulante

Calquera amante dos libros e da lectura gozará con esta lectura que nos propón a editorial Periférica: La librería ambulante de Christopher Morley. Novela deliciosa, tenra, con humor e moi entrañable que nos ofrece mesmo algunha escena quixotesca na procura do amor á lectura, á natureza e ao ser humano. Que o final sexa máis ou menos previsible non importa a ninguén: estamos ante unha lectura gorentosa e apacible que xira arredor dunha idea: cada libro é unha semente que xermola na necesidade de máis libros. Cando o estás lendo, só apetece coller un lapis e subliñar moitas frases que che gustaría lembrar, todas elas relacionada co bo fomento da lectura.
Que é un bo libro? Un bo libro debe ser simple. E coma Eva, debe provir dalgún lugar entre a segunda e terceira costela: debe haber un corazón latendo no seu interior. Unha historia que é só cerebro non vale moito.

Que nos llamen hombres no nos convierte en hombres―pregona Mifflin―. Ninguna criatura sobre la faz de la tierra tiene derecho a creerse un ser humano a menos que esté en posesión de un buen libro.


18/01/13

El niño perdido

Thomas Wolfe é o autor desta breve pero magnífica novela publicada por Periférica: El niño perdido fabula sobre a capacidade do ser humanso para esquecer e para recuparar o esquecido, pero tamén fala da morte, do misterio que significa perder un irmán de doce anos, da dor que isto produce e dos mecanismos de defensa que xeramos para aturar esta dor. Todo isto cargado de lirismo e emoción, de tenrura e de murmurios que podemos escoitar como un río que flúe paseniño, aló ao fondo.
Catro narradores para contar a breve vida dese neno que se perdeu para sempre, catro narradores incompletos como incompleta é a nosa memoria. Unha pequena xoia literaria elaborada a partir da ausencia e da lembranza, mestura de emocións contidas e de sensacións exactas posto que a descrición poética semella unha fotografía. Iso si, non procuredes unha gran novela, deixádevos seducir, simplemente, pola palabra.

Me detuve un instante, mirando hacia atrás, como si la calle fuera el Tiempo. 

Tuvo que detenerse a mirar por un instante, no podía pasar de largo. Era como estar paseando por Arabia. Frente a la tienda se hallaba el carro del reparto, el viejo caballo gris, mustio, doblado sobre la inestable carga. De vez en cuando el viejo caballo levantaba una de sus escuálidas patas traseras y daba una fuerte coz contra el suelo. Grover conocía bien a aquel viejo caballo, siempre lo miraba con una dulce nostalgia. Le recordaba al verano y al aguacero repentino. Había pasado por la plaza en un día así. Hacía calor. Las nubes se habían acumulado de pronto. Realmente estaban preparando una amenaza sulfurosa y eléctrica. Y ahora todo el aire rumiaba la amenaza de la tormenta. La luz se puso violeta, la aglomeración de nubes llegó hasta el culmen del relámpago. Y entonces el rayo apareció, se desató la tormenta.

07/03/10

Un guión para Artkino

Non coñecía este autor arxentino, Fogwill, de quen me aseguraron este, Un guión para Artkino, era un dos seus mellores libros. Unha novela hilarante, irónica, profunda, diferente, que nos presenta unha Arxentina socialista chea de personaxes macabramente corrompidos pola avaricia, a envexa, os ciumes, a ambición... Unha burla utópica que nos remite a que o ser humano é quen de estragar calquera ideoloxía pola súa propia condición de ser como é. Por iso, toda fermosura ideolóxica non será levada a bo termo xa que a realidade que debemos vivir nos conduce por outras vías moi diferentes. O propio protagonista é un oportunista que se defende a si mesmo culpando de todas as desgrazas aos demais, a todos cantos lles rodean, porque el crese máis íntegro ca ninguén. Pero non o é. É tan desprezable ou máis.
Unha lectura que nos pode lembrar o inesquecible 1984, este libro é unha proposta máis que interesante que axuda a reflexionar baixo a gargallada (un dos problemas que se debe atacar neste réxime é a forza dos "latinistas").


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.