Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Apila b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Apila b>. Amosar todas as publicacións
30/05/15
Monstruo Rosa
Olga de Dios publica en Apila este álbum sobre o valor da diferenza: Monstruo Rosa, gañador do Golden Pinwheel Award, na categoría de mellor álbum para nenos internacional na Shanghái Children´s Book Fair 2013. O libro trata a diversidade como o que é e debemos lembrar sempre: algo enriquecedor porque é precisamente na diferenza ond reside a facultade de sermos únicos e o que consegue que a sociedade sexa máis rica e diversa. Asemade, observamos como o optimismo que transmite e logra contaxiar ao lector e á lectora é neceario para o noso día a día, para enfrontarse aos problemas e poder superalos. E sempre con sentido de humor.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila, Recomendamos
14/01/12
La rana y la serpiente
Simpático álbum de Marta Alonso Vázquez editado por Apila: La rana y la serpiente fala da estupidez que supón os conceptos preconcibidos e os prexuízos das razas trasladados a unha ra e unha serpe bebés que se fan amigas e contan coa oposición das súas mamás porque esa amizade é impensable. Baseado nun tradicional conto africano, o cambio resulta é que non hai moralixa nin final feliz. Si unha reflexión sobre a liberdade de elección.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila, Recomendamos
08/01/12
El vestido de Teodolinda
O texto de Raquel Garrido e unhas magníficas ilustracións de Montserrat Jimenos compoñen este álbum publicado por Apila: El vestido de Teodolinda fala da futileza do externo ante a importancia do que levamos dentro. Ademais, atoparedes as "marietas", "que son seres mágicos que a veces viven entre las teclas del ordenador de los escritores (…) y que casi siempre, casi siempre, susurran palabras, imágenes e ideas al oído de escritores, artistas o diseñadores”.
Encantáronme as ilustracións, que incorpora, o universo da moda nunha proposta diferente e moi visual.Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila, Recomendamos
05/01/12
¡Despierto!
Simpático álbum de Mar Pavón con ilustracións de Edu Flores, ¡Despierto! está publicado por Apila. Un moucho a quen seus papás deben recordar continuamente que clase de animal é e que precisamente por iso debe estar esperto pola noite, cando a el o que lle provoca é durmir. Claro que isto non o sabemos ata o final, e veño de darme conta de que xa volo dixen!!!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila, Recomendamos
27/12/11
¡Socorro! ¡Éste no soy yo!
Un monstro que soña que se converteu en humano e conta esta experiencia terrible aos seus pais, aos que lles custa convencelo de que estes non existen e por tanto non debe ter medo. Boísimo! O texto de ¡Socorro! ¡Éste no soy yo! é de Jesús Aznar e as ilustracións de Blanca Bk, publicado por Apila. Encantoume. Cheo de humor e ironía, lémbranos que non todo é o que parece e si depende do cristal co que se mire.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila, Recomendamos
22/12/11
San Jorge y el dragón
Con texto de Daniel Nesquens e ilustracións de David Guirao, Apila ediciones publica este San Jorge y el dragón, un álbum na máis pura saga de dragóns e cabaleiros valentes que salvan a unha fermosa doncela por amor. É un libro de tamaño considerable con ilustracións a toda cor, moi ben editado, pero non é o un álbum que a min me guste especialmente, sobre todo polo texto, xa que as ilustracións gústanme máis. É unha nova versión da lenda de San Xurxo, a doncela e o dragón máis terrorífico do mundo, con máis humor e un chisco de ironía que lle proporciona o autor.

En aquella aldea soleada había árboles grandes, árboles pequeños, casas con dos chimeneas, casas de madera, padres, madres, niños, perros, gatos, ratones, lagartijas, sapos…

En aquella aldea soleada había árboles grandes, árboles pequeños, casas con dos chimeneas, casas de madera, padres, madres, niños, perros, gatos, ratones, lagartijas, sapos…
Y un monstruo.
Se trataba de un dragón. Al parecer, según afirmaban los más viejos, tenía las mismas vidas que un gato. Su hambre era descomunal. Cuando las tripas le pedían comida, salía de su guarida, se incorporaba sobre sus patas traseras, rugía desde lo alto de la montaña, como si solo le quedasen tres días de vida, y descendía en zancadas pares, con la boca abierta, dejando a la vista aquellos dientes serrados y afilados como cuchillos de trinchar carne. Y en un “pin pan fuego” comenzaba a engullir todo lo que abarcaba con la mirada: las casas, los padres, las madres, los niños, los perros, los gatos… Todo.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Apila
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.









