Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Cuento de Luz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cuento de Luz. Amosar todas as publicacións

11/07/18

El viaje de Kalak

Precioso álbum que chama a atención polas ilustracións nun principio e logo polo texto, xa que é unha reflexión sobre a emigración, unha metáfora perfecta xa que a cegoña protagonista vive nun lugar onde todo está seco e non hai comida, polo que toda a familia debe emprender unha longa viaxe na procura de mellores lugares onde vivir; Kalak terá que se enfrontar a moitas adversidades, pero sobre todo ao rexeitamento daqueloutras cegoñas que xa vivían no lugar a onde a súa familia emigrou, así como a ausencia de comprensión e de oportunidades. Pero o libro tamén amosa un lado optimista xa que nese país de acollida tamén encontrarán familias de cegoñas hospitalarias que axudarán a que a vida sexa máis doada.
El viaje de Kalak é de María Quintana Silva e Marie-Noëlle Hébert e está publicado por Cuento de Luz.




20/03/17

El mapa de los buenos momentos

Fran Nuño xunto coas fermosas ilustracións de Zuzanna Celej procura en El mapa de los buenos momentos publicado por Cuento de Luz un relato sobre os destrozos que causa unha guerra na vida das persoas. Estas teñen que fuxir dos seus fogares, deixar atrás todo canto construíron no día a día. O que ninguén lles poderá quitar, ningunha bomba, ningún fusil, serán os seus recordos, que permanecerán indelebles na memoria ata a volta. Por iso a nena protagonista desta triste historia, porque todo relato que proveña da destrución é triste, levará consigo ese mapa feito a partir daqueles lugares que a acompañarán no seu periplo de exiliada, lugares aos que volverá para proseguir a súa vida.

08/09/13

La niña que caminaba entre aromas


Tenro álbum de Ariel Andrés con ilustracións de Sonja Wimmer que publica Cuento de Luz: La niña que caminaba entre aromas conquístanos dende a portada e o título ata rematar a lectura, unha historia de superación dunha nena cega que se ve obrigada a desenvolver intensamente todos os sentidos que ten. Porque vivir á escuras non é doado, e será o olfacto quen lle axude a sortear os obstáculos. Pero ser diferente non significa ser rexeitado e así nolo demostra este fermoso libro.




"Cuando Ana nació, todo estaba a oscuras...."

19/08/13

Los despistes del abuelo Pedro

Marta Zafrilla coas ilustracións de Miguel Ángel Díez constrúen en Los despistes del abuelo Pedro publicado por Cuento de Luz un álbum sobre o Alzheimer cheo de tenrura onde o protagonista é un neno que debe tentar comprender que lle ocorre ao seu avó, axudándoo canto pode.
As ilustracións acompañan perfectamente o texto, favorecendo o humor e a delicadeza do tema.


 Mi abuelo Pedro está un poco despistado: mete el pollo en la lavadora, 
confunde toallas con servilletas, guantes con calcetines, 
¡y hasta se olvida muchas veces de mi nombre! 
Para evitar que el mal vaya a mayores ha venido a vivir a nuestra casa.
 Me alegra que esté con nosotros, aunque ya me he metido en más de un lío por intentar ayudarle. 
Pero haría lo que fuera para que mi abuelo no olvidase las cosas. 
Lo que fuera......

28/06/13

Dorothy. Una amiga diferente


Con texto de Roberto Aliaga e ilustracións de Mar Blanco, publica Cuento de Luz este álbum chamado Dorothy. Una amiga diferente. Un álbum sobre o poder da amizade por riba de calquera outro atranco, sobre a importancia desta por riba das aparencias, sobre a defensa daquilo que se quere por moi diferente que semelle. Un libro sobre os prexuízos sociais e o respecto e o amor polas diferenzas.

"Mi amiga Dorothy es muy, muy grande;
siempre deja caer miguitas cuando come
 y muchas veces se le posan pájaros en la cabeza
sin que ella se dé cuenta..."





17/10/12

Cuento de Noche

Publica Cuento de Luz este fermoso álbum con texto de Roberto Aliaga e ilustracións de Sonja Wimmer. Destaca a importancia da lectura, da literatura e do sentido que estas poden adquirir na vida dos máis pequenos, con sorpresa final. Porque os contos poden ser doces ou de medo, misteriosos ou máxicos, de todo hai, só temos que deixar abrir as páxinas para logo soñar.
Esta ilustradora estase convertendo nunha debilidade. Encántame!

“...antes de dormir, ella se sienta en mi cama con un montón de cuentos entre las manos”. 
  

28/09/12

El cielo de Afganistán

El cielo de Afganistán é un deses álbums que abres con ilusión, polo tema, polas ilustracións... pero o texto non me acabou de convencer, non me gusta como está resolto, é demasiado... demasiado evidente, pouco metafórico. Publicado por Cuento de Luz, El cielo de Afganistán está escrito por Ana A. de Eulate e ilustrado por Sonja Wimmer. Un libro que debemos ter en conta para o Día da Paz: unha nena que soña con facer voas cometas e con ter unhas ás invisibles para cruzar o ceo do seu país e repartir no seu voo a paz e a solidariedade que tanto bota en falta.

"Miro al cielo, cierro los ojos y mi imaginación empieza a volar… El cielo puede estar lleno de cometas –pienso– pero también de sueños. Y el mío se eleva alto, muy alto hacia las estrellas.
Soy una niña afgana que no cesa de soñar, y mi sueño se dirige a todas las regiones, se introduce en las casas, en los hogares, en las familias, en los corazones"

25/05/12

Historia de una cucaracha


Máis ca un álbum ilustrado, este é un conto ilustrado de Carmen Gil e Sonja Wimmer publicado por Cuento de Luz: Historia de una cucaracha. Recoñezo que cheguei a este libro porque me gusta moito a ilustradora, e aínda que o libro non me encante, o conto é divertido: fala da importancia de ser fiel a un mesmo sen necesidade de buscar glorias nin riquezas, ademais de fomentar a solidariedade anónima, a máis importante. Ser diferente é, cantidade de veces, ser especial.



08/01/12

Cuerpo de nube


Ana A. de Eulate xunto coas ilustracións de Mónica Carretero son as responsables deste Cuerpo de nube editado por Cuento de Luz. Un libro sobre o dereito a ser diferente que ademais axuda a enfrontarse ao feito de perder un ser amado. A vida vainos ensinado a medrar e a aproveitar as circunstancias de cadaquén para seguir adiante.

25/12/11

Circo de pulgas

De Mónica Carretero é este Circo de pulgas publicado por Cuento de Luz que nos fala dun grupo de pulgas que non contentas coa súa vida deciden dar un gran paso e armar elas o seu propio circo. Porque debemos perseguir os nosos propios soños e crer neles.


20/12/11

Bichos bola



Divertido álbum de Mónica Carretero publicado por Cuento de Luz sobre unha familia moi especial: Bichos bola non son nin moi guapos nin moi simpáticos, pero, pola contra, poden facer cousas incribles e chegar a ser famosos por convertérense en boliñas.







12/12/11

Mi nombre es Hoy


Fermoso álbum para unha lenda coreana, de Zo Ho-sang con ilustracións de Kim Dong-sung, Mi nombre es Hoy está publicado por Cuento de Luz. Ilustrado con delicadeza a acuarela, a lenda conta con todos os ingredientes fantásticos necesarios para percorrer un longo camiño cara a verdade, onde se nos ensina que crer nos nosos ideais é o importante e que non podemos amilanarnos por moi difíciles que sexan as circunstancias.

10/12/11

¿Puede pasarle a cualquiera?


Con texto de Mar Pavón e ilustracións de Sonja Wimmer, Cuento de Luz ofrece este divertido álbum chamado ¿Puede pasarle a cualquiera?. Unha reflexión sobre a xustiza dos adultos e se esta se aplica sempre de xeito axeitado. As ilustracións encántanme.
A orixe da historia podedes lela aquí.


09/12/11

Los latidos de Yago


Conchita Miranda xunto coas ilustracións de Mónica Carretero compoñen en Los latidos de Yago publicado por Cuento de Luz un fermosísimo libro ilustrado -máis ca un álbum ilustrado- sobre un neno con parálise cerebral que transmite o que sente polos latidos do seu corazón.

30/11/11

La coleccionista de palabras


Veño de descubrir este fermoso álbum de Sonja Wimmer publicado por Cuento de Luz: La coleccionista de palabras é deses libros cos que compramos o profesorado de linguas polo seu contido, aínda que a ilustración tamén ten moito que dicir. Unha nena que decide agasallar palabras fermosas porque estas son necesarias nun mundo gris, cheo de guerras e violencia, é argumento máis que suficiente como para deter os nosos ollos neste álbum. Non vos parece?




Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.