Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Galicia. Amosar todas as publicacións

01/09/20

Contrahistorias de Galicia


 Un fermoso e novidoso libro de Antonio Reigosa que conta coas ilustracións sorprendentes de Rita Gutiérrez e publica Edicións Embora. Un deses libros gorentosos que presta ter na mesa de noite para ler unha historia antes de botar un sono, para volver a sorprendernos co que nos conta o autor e para deleitarnos coas súas ilustracións: un libro alfaia, un obxecto deses que presta ter e ollar, ler e reler, deterse ou apurarse. Deses libros que constitúen o agasallo perfecto porque sabes que con el sempre vas atinar. Garantido. 

Reigosa ofrécenos un monllo de relatos, nos que as situacións ou os personaxes quedaron esquecidas -ou ben por completo ou ben algún dato- e que debemos ter no noso imaxinario colectivo. Realiza, pois, un labor documental amplo e preciso para facernos chegar o que anteriormente quedara (na súa grande parte) agochado. Asemade, quen fardamos de coñecer o autor, sabemos do seu sentido do humor e a súa retranca, algo tamén presente no texto e que consegue, non podía ser doutro xeito, arrincarnos un sorriso no que está presente, por decontado,  a súa face pícara e que imaxinamos á perfección á hora da escrita.

De todo hai neste libro, xa que ao ser historias tan curtas nel caben amoríos, andanzas e realidades.. e ata vacas!. Por iso, ademais de pola escrita, é tan ameno e levadeiro. Asemade, non podo deixar de facer fincapé nas ilustracións dunha artista descoñecida para min e á que lle queda moito por dicir. Non hai máis que axexar se se quere a portada: magnífica!

Dá gusto termos libros así na nosa lingua. Parabéns á editorial, ao autor e á ilustradora por conseguir este estupendo agasallo.

27/07/20

Eucalyptus. Ría de Noia

Eucalyptus é un documental que trata o impacto medioambiental e económico do eucalipto en Galicia. A profunda reforestación das últimas décadas mermou a paisaxe galega e está destruíndo a biodiversidade autóctona. 
 

20/05/20

De Lalín a Galiza

Vídeo Homenaxe polo día das Letras Galegas feito por Máisquedanza, a Galiza, durante a corentena da COVID-19, á súa Terra, á súa cultura e artistas .Cun poema de Ricardo Carballo Calero coa música de Benxamín Otero e a voz de Celso Fdez Sanmartín.

19/05/20

Pallozas

Vídeo filmado polo etnógrafo Jesús Álvarez Courel no ano 1986 e que foi recuperado nos últimos días pola Biblioteca Municipal de Ponferrada. O vídeo, que fora feito máis de tres décadas atrás, fixérase por encargo deste Concello e atopábase esquecido entre os fondos da Biblioteca Municipal. 


17/05/20

Día das Letras Galegas

A Semente Trasancos homenageia Carvalho Calero com a divulgaçom do seu primeiro poema em galego

UXÍA con Tanxugueiras e Faia - A FALA

09/05/20

Os d'Abaixo "VALXE"

08/05/20

Illas de Sal

27/04/20

SonDeSeu OFG en confinamento. Mar de Vigo 2020

Versión de Mar de Vigo, tema arranxado por Rodrigo Romaní presente no 1º CD de SonDeSeu de título homónimo. A gravación foi realizada dende 62 móbiles sen edición de audio posterior agás na ecualización e panoramización. Gravado polas músicas e músicos de SDS na semana do 13 ao 19 de abril. Edición final de vídeo e mestua de audio: Rodrigo Romaní

26/04/20

Comezar de cero. Guezos

24/04/20

#10 Save Galicia

16/04/20

Guadi Galego - Xente Confinada

15/04/20

Cedeira (Guadi Galego e Banda Artística de Merza)

24/03/20

Quero ir

Esta canción está adicada a tod@s as persoas que queren ir a moitos sitios, pero por responsabilidade quedan na casa. GRAZAS

23/03/20

Manada somos nós

22/03/20

Tusa feminista

05/03/20

Morra o conto

Escachemos os espellos
rachemos as ataduras
unamos as voces
coma se fósemos UNHA.
Que MORRA O CONTO!


Asaltemos as rúas! #8M


Con Guadi Galego, Sofía Espiñeiera, Patty Castro, Nastasia Zürches, Mounqup. Lola de Ribeira, Anaïs Barbier e High Paw.




Querido espello, outra vez empurrándome ao medo á fame, á asfixia, ao silencio. Querido espello, outra vez condenando o meu peito, o corpo, a pel, os segredos. Xa é o momento, chegou a hora troncemos os armarios para transgredir a historia! Xa é o momento, chegou o día troncemos os espellos, carraxe e valentía! Morra o conto xa! Aprendemos a espirnos rachando as ataduras para podernos vestir con sorrisos e engurras. Aprendemos a espirnos rexeitando as proporcións. Este conto remata. Únete á celebración! Maldito espello, que agochabas as portas do inferno, agora acabamos cos demos. Morra o conto xa! Maldito espello, xa tronzado acabouse o misterio, só quedan os vidros dun tempo. Morra o conto xa! Xa é o momento, chegou a hora troncemos os armarios para transgredir a historia! Xa é o momento chegou o día troncemos os espellos, carraxe e valentía! Morra o conto xa! Aprendemos a espirnos rachando as ataduras para podernos vestir con sorrisos e enrugas. Aprendemos a espirnos rexeitando as proporcións. Este conto remata. Únete á celebración! Esa historia pide terra, morra o conto xa! Contáronnos mentiras, non nos deixan bailar. A Rosa, a Maruxa, son anos cavando. A nosa árbore medra sa! Aprendemos a espirnos rachando as ataduras para podernos vestir con sorrisos e enrugas. Aprendemos a espirnos rexeitando as proporcións. Este conto remata. Únete á celebración!

04/02/20

O Teu Camiñar

Canción promocional do Camiño Inglés a Santiago de Compostela, composta por Carolina Rubirosa, e protagonizada por Julia Baird, irmá de John Lennon. O vídeo é unha homenaxe a todos os peregrinos e a John Lennon, que nos anos 70 proxectou facer o Camiño de Santiago xunto a Salvador Dalí.

29/01/20

A lingua é a nosa pel

Intervención de Emilio del Río no LGx15 de 2019


07/12/19

A discriminación do galego na cidade

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.