Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Plaza & Janés. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Plaza & Janés. Amosar todas as publicacións

04/02/14

Las aventuras de la Princesa y el Seño Fu


portada princesa y señor fu
Cando vin este libro tan curioso na libraría de Lalín merqueino sen máis. Chamoume a atención, e aínda que non sabía nada del e nin puiden miralo moito, sabía que tiña que vir comigo. E, a verdade, foi unha grata sorpresa. Con texto de  Patrick Rothfusse e ilustracións de Nate Taylor, Las aventuras de la Princesa y el Seño Fu. La cosa de debajo de la cama está publicado pola editorial Plaza & Janés. Non estamos ante un álbum ilustrado infantil, senón que é deses cos que pensas "que ben, un álbum ilustrado de maiores". Iso si, un conto de fadas, sinistro, e con algo de violencia. Claro que o mellor é que teña tres finais e estes van in crescendo...


Érase una vez una Princesa que vivía en un castillo de mazapán…» No os dejéis engañar por el dulce título, la deliciosa portada ni la frase con la que empieza esta historia. Como explica el propio autor:
«Esto no es un cuento para niños.
»Parece un cuento para niños. Tiene ilustraciones. Tiene un título almibarado. Los protagonistas son una niña y su osito de peluche. Pero todo eso solo es una fachada. En realidad, esto es un cuento para adultos con un sentido del humor un tanto siniestro que sepan apreciar los cuentos de hadas de los de antes.
»El cuento tiene tres finales diferentes. Según donde pares de leer, te quedas con una historia completamente diferente. Hay un final dulce y otro horrible. El último es el final de verdad, el que te clava los dientes.

14/04/09

La sonrisa etrusca


A nosa benquerida alumna Andrea Díaz, quen normalmente (si, normalmente) se deixa aconsellar, vén de ler este libro que quedou na miña memoria como unha lectura marabillosa que sempre recomendarei: La sonrisa etrusca de José Luis Sampedro.
Pois ben: parece que nela produciu algún efecto porque agora achéganos o seu parecer para compartilo con tod@s vós e tratar de vos contaxiar o mesmo entusiasmo que agora ambas compartimos.
Ela di así:

Xenial. Precioso. Emocionante final que se ía elaborando na miña mente mentres lía como o neno berraba "¡no-nno!". Creo que o final é xenial e que é o mellor punto final para unha historia tan bonita e tan ben contada.

03/11/08

O verán de Susana

Se o outro día era Thalía quen nos agasallaba coas súas reflexión sobre os libros lidos no verán, agora chega Susana, unha das miñas mellores lectoras, que me asegurou que este verán leu moi pouco. Aínda así, son dous os libros que nos achega.


El juego del ángel
Carlos Ruiz Zafón
Planeta

Un lector nunca esquece a primeira vez que deposita unha moedas a cambio dunha historia. Nunca esquece a primeira vez que sente o doce veleno da vanidade no sangue, e cre, mergullándose entre miles de páxinas o mundo do seu arredor desaparecerá, e o soño da literatura deixarao penetrar nun novo mundo, onde todo é sinxelo, sen problemas.
Un lector está condenado a vivir este meomento porque para entón xa está perdido, a súa alma achou a liberdade de soñar.
Este libro implica todo isto e moito máis, por iso seríame imposible resumir nunhas poucas liñas o que supuxo para min a súa lectura.
Intriga, amor, trama, aventuras, acción, amizade, odio, rancores inesquecibles... e sobre todo, misterio.
O autor enlaza perfectamente todoas estas caracterísiticas facendo que o lector percorra paseniño Barcelona e volte de xeito irreversible ao Cemiterio de Libros Esquecidos.




Un mundo sin fin
Ken Follet
Plaza & Janés

Non me chegan as palabras para resumir este libro, non son quen de facelo. Porque é un libro especial, un libro diferente, un libro que dá moito sen recibir nada. Un libro que nos transporta até o século XIV. Un libro fundamental para min.
Non podo dicir tampouco se me gustou máis ou menos có anterior, Los Pilares de la Tierra. Nin é mellor nin peor, simplemente é diferente, aínda que se notan os trazos da narración do autor.
E sempre desde a perspectiva que nos asegura "nunca segundas partes foron boas".


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.