Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
26/01/15
El año del conejo
Atoparalo en Cómic, Guerras, Recomendamos, SinSentido
07/10/14
Miércoles
Atoparalo en Cómic, Recomendamos, SinSentido
20/09/14
El Cuarto de Lautréamont
Neste París vive o noso protagonista, nunha habitación na que anteriormente habitaba outro escritor, o Conde de Lautréamont, autor dos Cantos do Maldoror, que será un precursos do movemento surrealista despois da súa morte. O protagonista irá inmiscíndose nun mundo onírico onde realidade e ficción mestúranse continuamente facendo que o lector/a dubide continuamente de cal mundo está a ler.
Para maior autenticidade da historia, o debuxo é apagado, coma antigo, hipnótico. Estrañamente fascinante.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Recomendamos, SinSentido
07/03/14
La propiedad

Atoparalo en Cómic, Lectura, Recomendamos, SinSentido
12/02/14
Interiorae
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
13/01/14
3 segundos

Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
10/01/14
5. El número perfecto
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, SinSentido
30/08/13
Tamara Drewe
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
16/08/13
El paréntesis
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
21/01/12
Kiki de Montparnasse

Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
28/03/11
Chico & Rita
O curioso resulta que este libro é o resultado do filme, e non ao revés, como vén sendo o habitual. O argumento sabédelo sobradamente, con saltos no tempo e cun mesmo amor que aparece e reaparece: destacan os sedutores debuxos, de liñas claras e moi reais. Se ledes o cómic, quedaredes con ganas de ver a peli, seguro. Algo que tamén resulta curioso, posto que isto tampouco adoita suceder.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
24/01/11
El juego de las golondrinas
an ellas" que agrupa novelas gráficas creadas por mulleres (dos dez títulos, aquí falamos de Metralla e Lobas). Nesta ocasión imos vivir no Beirut dos anos 80 da man de Zeina Abirached, que conta a súa propia experiencia. Por suposto, antes de comezar a lectura pensamos en que vai ser, novamente, unha "copia" da tan famosa Persépolis; porén, aínda que loxicamente hai puntos en común, son moi diferentes.Moi recomendable.

Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Paz, Recomendamos, SinSentido
17/01/11
Asterios Polyp
David Mazzucchelli é o autor de Asterios Polyp, publicado pola editorial SinSentido. Novela gráfica que é unha auténtica marabilla merecedora de diversos premios.Unha historia na que cabe todo, dende os mitos clásicos ata a desilusión, pasando pola arte, a arquitectura, o egocentrismo, a actitude pedante, a soberbia, a arrogancia, a desesperanza... e a baixada aos infernos. A min pareceume boísima. Un cómic (?) que presenta a dualidade do ser humano facendo que sexa un irmán xemelgo morto quen conte a historia para poder chegar a entender ao individuo egocéntrico que temos enfronte na maior parte das ocasións. O xogo das cores, a desestrutura, a face arquitectonicamente debuxada... todo semella parte dun plano estratexicamente cavilado para ofrecer ao lector unha novela gráfica contundente.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
04/03/10
Metralla
Metralla é un cómic de Rutu Modan (guión, debuxo e cor) publicado por Sinsentido. Teño que recoñecer que me daba para atrás o feito de que estea asinado por unha israelí, pero ao lelo cambias de opinión: non se nomea en ningún momento o conflito que manteñen cos palestinos, non xulga, non se identifica, simplemente lembra que si é terrible vivir baixo ese medo permanente ao que a sociedade civil se debe acostumar. E por riba -ou por baixo- deste telón de medo e morte, o amor, imprescindible, arredor dun triángulo cun ángulo invisible pero sempre presente, atormentando e nunca deixando indiferente, enigmático, posesivo; a sociedade israelí reflíctese tamén nos estamentos sociais, deixando claro que a diferenza das clases sociais segue viva, vixente, e será esta tamén unha das claves da historia.Un cómic bastante recomendable en conxunto, a pesar do final feliz sempre previsible.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Paz, Recomendamos, SinSentido
10/08/09
Lobas
Este cómic, Lobas, de Rachel Deville, chamoume a atención, sobre todo, polos debuxos -en branco e negro- tan cheos de expresividade e tan elaborados: plasma a historia dun xeito espectacular cuns debuxos traballadísimos. A historia estrutúrase en catro partes que aluden á mitoloxía -etapas da vida- e conta a historia de dúas irmás xemelgas que viven no seu propio e illado universo, protexéndose das miradas alleas e curiosas, ata a súa traumática e necesaria separación. Unha interesante historia chea de emocións, amores e odios familiares que semella estar a medio camiño entre a autobiografía e a ficción.Paga a pena botarlle un vistazo.
Atoparalo en Cómic, Lectura, Libros, Recomendamos, SinSentido
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





















