Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
05/04/22
05/03/22
01/03/22
25/08/21
Sol y sal
Videoclip oficial de la canción de Nunatak "Sol y Sal" en colaboración con Anni B Sweet, Arde Bogotá, Ayoho, Miguel Ríos, Nina de Juan, Rozalén, Second, Shinova y Tarque.
Este é un dos exemplos, un máis, da destrución humana, esa que practicamos cada día sobre a natureza. Ten esta futuro aínda?
Atoparalo en Medio Ambiente, Música
10/05/21
Intempériome
Atoparalo en Letras Galegas, Música
09/03/21
06/03/21
24/02/21
04/02/21
Hombres necios
Poema de Sor Juana Inés De la Cruz, pertencente ao disco-libro "MUJERES DE CARNE Y VERSO" de Juan Valderrama.
30/01/21
21/01/21
ARIAS - ¿Qué Decías?
Canción feminista que visibiliza a científicas, enxeñeiras, matemáticas... e moitas mulleres que fixeron e fan Historia.
#NoMoreMatildas
18/01/21
07/01/21
03/12/20
Extra!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Kalandraka, Música, Recomendamos
23/11/20
Yo nunca pero...
Campaña contra a violencia sexista que se enmarca dentro do proxecto "Iguala" impulsado polo INAI e o INAJ.
Atoparalo en Igualdade, Muller, Música, Violencia de Xénero
27/08/20
Machirulo agóchate
Por fin está aquí! E estamos emocionadas. O mes de febreiro foi un mes de ensaio por parte da nosa "banda" do Laxeiro para que o tema saíse perfecto, e foino. A voz de Fátima e a persistencia do profesorado de música. Ana conseguiu os permisos e traballou arreo.
Pero sobre todo, sobre todo, grazas a Noche polas horas de montaxe deste e dos outros vídeos. O Laxeiro está en débeda contigo...
A nós encántanos. Xa nos contaredes que opinades. Lembramos o 9 de marzo como un día de celebración marabilloso onde falamos de feminismo e reivindicámonos de xeito festivo. Semella que pasasen anos dende aquel día!!!
Adaptación e tradución do tema "Machirulo Escóndete" do grupo Tongo. Moitas grazas por darnos o permiso. Un tema viral no noso centro, o IES Laxeiro.
Somos as meigas ardendo
somos a rabia e a voz
Hoxe queremos cantarvos
que se acabou a opresión
Somos o eco que racha
coa verticalidade
Seguen vibrando os ventos
de ousadía e liberdade
Eu non vou gardar
silencio
Non nacín para
calar
Ocupemos os espazos
que nos quixeron
negar
Eu non son nai por
defecto
nin nacín para fregar
Deconstrúo
alicerces
do sistema
patriarcal
Somos quen nunca se rende
Quen alza unha rebelión
Unha gran onda que bate
este sistema feroz
Desaprendendo o camiño
Construíndo ao camiñar
A liberdade conquístase
coas gañas de loitar.
CHÁMAME COMO ME CHAMES
TI NON ME PODES DETER
FEMINISTA OU FEMINAZI
¡MACHIRULO, AGÓCHATE!
Somos as outras,
as que non importan,
as silenciadas
as rotas,
as boas,
as peores,
as feridas,
as tolas,
as raras,
as outras,
somos a rabia das nosas asasinadas,
somos a ira e a ledicia das nosas fillas,
somos as netas das bruxas que queimastes,
somos un coitelo no voso pescozo.
Somos a sabedoría das maiores,
somos as que decidiron importar,
somos a vinganza e a risa,
e a aperta e o berro colectivo das irmás.
Vimos de nos recoñecer entre nós mesmas,
Identificando o inimigo,
dámonos a man e a palabra,
queremos o que é noso,
e querémolo agora.
Queremos poder ser,
queremos liberdade,
Somos unha, somos todas
CHÁMAME COMO ME CHAMES
TI NON ME PODES DETER
FEMINISTA OU FEMINAZI
¡MACHIRULO, AGÓCHATE!
CHÁMAME COMO ME CHAMES
TI NON ME PODES DETER
FEMINISTA OU FEMINAZI
¡MACHIRULO, AGÓCHATE!
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Música
25/08/20
En clave de igualdade (II)
Hai tres anos comezamos un proxecto complicado. Este curso foi terrible, e foi agora, no verán, cando puidemos darlle forma ao traballo do alumnado realizado en febreiro e marzo.
Este curso obtivemos unhas condicións necesarias para conseguilo: un alumnado de luxo, feminista, comprometido, e músico!!!
A segunda canción que transformamos este curso foi outra que tamén nos parecía ben complicada e que ten unha desas letras que os nosos oídos non queren ouvir nin de lonxe: "Loca" de Duki.
Atoparalo en Actividades, Igualdade, Música
22/08/20
Cantareas do faro
Miguelanxo Romero e Leandro Lamas publican en Edicións Embora Cantareas do faro, un libro para cantar e gozar das ilustracións tan marabillosas de Leandro, que constitúen sempre unha obra de arte admirable. É deses libros-disco tan necesarios porque podemos escoitar a poesía cantada, neste caso musicada pola pianista Bárbara Mourelo. Ou sexa, un libro para ler, para ollar, para escoitar. A maior parte dos nosos sentidos ao servizo dun libro. Que máis se pode pedir?
Atoparalo en Edicións Embora, Ilustración, Letras Galegas, Libros, Música, Poesía
15/06/20
28/05/20
Can´t Stop The Feeling
Atoparalo en Música
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.





