Impresionante álbum sobre o nazismo en clave metafórica que nos ofrece a editorial Proteus con texto e ilustracións de Pere Puig: Cuando los ogros se quedan solos é unha adaptación do libro Eichmmann en Jerusalén. Un informe sobre la banalidad del mal de Hanna Arendt (1906-1975), filósofa alemá e unha das pensadora máis influíntes do século XX. O álbum fala tamén da banalidade do mal de personaxes como os mandos nazis que esparexeron odio e destrución porque, simplemente, "obedecían ordes". Tanto o relato como as ilustracións contribúen a que sempre debemos pensar onde está a nosa liberdade e a nosa dignidade.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Proteus b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proteus b>. Amosar todas as publicacións
17/11/13
Cuando los ogros se quedan solos
Impresionante álbum sobre o nazismo en clave metafórica que nos ofrece a editorial Proteus con texto e ilustracións de Pere Puig: Cuando los ogros se quedan solos é unha adaptación do libro Eichmmann en Jerusalén. Un informe sobre la banalidad del mal de Hanna Arendt (1906-1975), filósofa alemá e unha das pensadora máis influíntes do século XX. O álbum fala tamén da banalidade do mal de personaxes como os mandos nazis que esparexeron odio e destrución porque, simplemente, "obedecían ordes". Tanto o relato como as ilustracións contribúen a que sempre debemos pensar onde está a nosa liberdade e a nosa dignidade.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Guerras, Proteus, Recomendamos
15/12/11
La abuela necesita besitos
Un novo, delicado, tenro e fermoso álbum sobre o Alzhéimer. Ana Bergua e Carme Sala publican en Proteus La abuela necesita besitos. O libro podería ser un caso real, un de tantos, pero nesta ocasión é a nena-neta quen conta como non entende que lle pasa á súa avoa, quen xa non é quen de xogar e contar contos coma antes, e quen mesmo chega a perderse na súa propia casa. Un álbum fermoso que achega esta enfermidade aos máis peques dende o respecto e a sensibilidade.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Proteus, Recomendamos
08/01/11
Café dulce, café amargo
Con texto de Anna Obiols e ilustracións de Subi, Café dulce, café amargo está publicado por Proteus. Xa colgamos aquí este libro, sen coñecelo, polo Día dos Dereitos Humanos. E agora témolo nas mans e admirámolo na súa plenitude. Un álbum imprescindible para a reflexión sobre o necesario ou importante. Porque quen nos axuda a cavilar é un neno da rúa, e cada páxina, cada frase, cada ilustración, lémbranos o privilexio no que vivimos. Un texto cheo de sensiblidade e dor plasmado en tons marróns que non esqueceremos.
Café dulce, café amargo on PhotoPeach
Atoparalo en Álbum ilustrado, Dereitos Humanos, Igualdade, Infancia, Proteus, Recomendamos
25/05/10
La pequeña tejedora de historias
Cun texto de Agnès Lestrade e ilustracións de Marie Caudry, La pequeña tejedora de historias é un precioso álbum ilustrado que nos agasalla palabras contra a guerra, sexa cal sexa esta, porque se poden tecer suficientes palabras para impedir conflitos armados que, estes si, nada solucionan.
Un relato emotivo que nos leva da man da palabra, dos seus beneficios, porque a palabra serve para amar no seu signficado máis xeral e no máis concreto, porque con ela podemos construír casas e abrigos.
Unha metáfora preciosa cunhas ilustracións incribles estilo naíf para recapacitar sobre algo que, de tan cercano, ás veces chegamos a esquecer.
Un libro para ler e compartir, porque con esta lectura moitos temas se poden tratar e traballar. Ideal para traballar nas aulas dos máis peques.

Atoparalo en Álbum ilustrado, Paz, Proteus, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.