Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Paidós. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Paidós. Amosar todas as publicacións

12/10/25

La Química de lo bello



 Deborah García Bello é a autora deste libro, La Química de lo bello, publicado por Paidos cuxo subtítulo é "Un relato científico sobre el arte y las bellezas cotidianas". Unha autora que é boa divulgadora, algo difícil no mundo científico. Nel, examina o trasfondo científico da arte contemporánea. Textura, cor, resistencia, economía, técnica, beleza... todos son aspectos desde os cales se pode observar a arte. De aí que este libro amose o impacto das descubertas científicas na arquitectura e nas artes, así como tamén axudaron a mellorar as condicións de traballo das persoas que fan arte e, asemade, das súas obras. É dicir, o libro expón a beleza que é posible grazas á química, e a beleza que temos arredor, a que ás veces non miramos por ser tan cotiá. Así que podemos ler sobre química e sobre arte, ou máis ben sobre Historia da Arte, xa que conta como xorden as cores e como se utilizaban, incluíndo os procesos químicos de materiais utilizados polas artista, sempre de xeito entendible.

Así pois, tentamod entender a arte a través dos materiais: o fermoso e o verdadeiro visto de xeito máis claro a través do coñecemento científico.


«El azul ultramar era carísimo. Fue el pigmento más caro de todos los tiempos, más caro incluso que el oro. Por eso Miguel Ángel no pudo concluir una de sus pinturas, el ‘Santo entierro’.

Durero llegó a vender obras de arte a cambio de unas onzas de pigmento. Y Vermeer se endeudó por su obsesión por aquel color. Cualquier obra de arte pintada con azul ultramar adquiría de inmediato la categoría de objeto de lujo.

El azul divino. Tanto es así que este color fue generalmente restringido a las vestiduras de las imágenes de la Virgen». (p. 18)

10/09/20

La disculpa

 

 Eve Ensler arrásanos -literalmente- con La disculpa, publicada por Paidós. E digo que nos arrasa porque o libro, a "carta", o relato, é unha desculpa que as mulleres vítimas de agresións sexuais agardan, pero non chegan. Neste caso, a autora ponse na pel do seu pais, o seu violador, para obter ese perdón dela que nunca pediu.

Conta a propia autora como leva case toda a súa vida agardando unha confesión do pai, unha petición de perdón. A traizón dese ser querido provocoulle un sufrimento permanente. E esa desculpa nunca chegou. Así que tivo que escribila ela mesma, poñendo as palabras en poca do pai. A intención: erixir un camiño novo polo que poder andar sen mirar atrás continuamente. Escribir un texto así debe ser terrible, e esixe ante todo unha capacidade de perdón ilimitada, pero tamén pide valentía extrema. Porque ten que imaxniar o qeu significaría escoitar dun abusador algo tan sinxelo e tan necesario como "síntoo". E a necesidade de escoitar esta única palabra fai que escriba un libro onde o pai pide perdón polos seus actos: abusou da súa filla dende os cinco anos.

Así que lemos esa desculpa -inventada- mentres nos horrorizamos, mentres o corazón desgárrase ante tanta dor, ante tanta inxustiza. Unha nena que vai medrando, vítima, e que seguirá sendo vítima dun maltrato emocional e psicolóxico constante. E preguntámonos: pódese saír indemne de algo así???



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.