Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Circe. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Circe. Amosar todas as publicacións

22/04/10

Como una dama

Se queredes sorrir permanentemente coa lectura dun libro este é o que buscabades: Ingrid Noll en Como una dama consegue iso e moito máis. Seica é unha novela negra. Negra? Ben, hai un par de mortes que pululan por alí, pero non son esenciais, desde logo. Porque, ao fin e ao cabo, o que importa é lembrar como as mulleres nos volvemos invisibles coa idade; esa invisibilidade permite, ao mesmo tempo, voar sen que ninguén se dea conta.
O sentido do humor, a fina ironía, a tenrura e a simpatía que envolven o libro é marabilloso. Non chega ás 300 páxinas, algo que botamos de menos: é imposible non devoralo dunha sentada. Sempre me recriminan que só recomendo libros tristes, pois ben, este resulta ser todo o contrario. Iso si, abstéñanse adolescentes: non entenderían o decorrer dos anos. Hoxe vou ir en contra dos meus propios principios e alabar este libro para recomendar a súa lectura para mulleres de máis de corenta anos: éxito indiscutible. E se erro, por favor, indicádemo. Porque eu paseino estupendamente!
E dar as grazas a quen mo recomedou.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.