Esta novela negra levoume de viaxe a Chile e a Suecia. E gustoume. Engancha dende o principio e presenta unha trama ben construída e interesante. Tierra de fuego é de Pascal Engman e está publicada pola editorial Roca. O autor volve a demostrarnos que o paraíso sueco non existe e a inseguridade tamén é moeda de cambio. De fondo, na parte chilena, o nazismo como telón de fondo e máis acá a ditadura chilena. E algo tan aterrador como o mercado de órganos e o secuestro de nenxs da rúa. Unha detective que terá continuidade, e que agardamos, Vanessa Frank. Todo mesturado dá como resultado unha boa novela que vos recomendo se vos gusta este xénero.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
05/01/21
Tierra de fuego
Esta novela negra levoume de viaxe a Chile e a Suecia. E gustoume. Engancha dende o principio e presenta unha trama ben construída e interesante. Tierra de fuego é de Pascal Engman e está publicada pola editorial Roca. O autor volve a demostrarnos que o paraíso sueco non existe e a inseguridade tamén é moeda de cambio. De fondo, na parte chilena, o nazismo como telón de fondo e máis acá a ditadura chilena. E algo tan aterrador como o mercado de órganos e o secuestro de nenxs da rúa. Unha detective que terá continuidade, e que agardamos, Vanessa Frank. Todo mesturado dá como resultado unha boa novela que vos recomendo se vos gusta este xénero.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
10/05/20
El show de las marionetas
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
13/08/18
Bajo el hielo
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
28/07/14
Miedo a las aguas oscuras
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
28/12/13
El sueño oscuro y profundo
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
09/01/12
Cuento de muerte
Xa indiquei o outro día que estaba lendo novelas que me quedaron no fondo dos andeis sen ler. Comecei con Craig Russell, e seguín con el, fascinada co seu detective Jan Fabel. Se me gustou Muerte en Hamburgo, Cuento de muerte aínda me gustou moito máis. Quizais porque xa me sentía "en familia", quizais porque me fascinou que utilizase os contos dos irmáns Grimm para elaborar unha novela negra, ben negra, baseándose neles; agora teño que buscar os orixinais e lelos.Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
06/01/12
Muerte en Hamburgo
empo para ser presentado e para poñer en parte ao día a sección de libros non lidos... que medra diario en lugar de devecer. Misión imposible! Como dicía, os libros protagonizados por Jan Fabel reclamábanme dende hai tempo e non lles daba unha oportunidade... ata que chegou o nadal. Xa coñecía a Craig Russell co seu outro detective Lennox, pero estoutros catro libros, comprados en oferta polo prezo de un só (é o bo de agardar tanto) non os daba rillado. Pero comecei co primeiro e xa estou co segundo...O primeiro libro de Craig Russell é Muerte en Hamburgo, publicado por Roca editorial. Unha novela negra moi negra con moito sangue e moi besta que engancha, como non, dende o principio. Chama a atención, en primeiro lugar, o coñecemento que o autor amosa da realidade alemá, a súa lingua, súa cultura e a súa historia. Tiven que volver á biografía del para recoñecer que e escocés, porque cheguei a dubidar. E é que destacan as moitas palabras en alemán que salferen o texto. Logo está a ambientación coidada e exquisita: o meu fillo ata me buscou un mapa de Hamburgo para percorrer co dedo os lugares que tan ben nos describe o autor. E esta ambientación atinxe tamén á historia, tanto recente como pasada, de Alemaña. E logo está a trama; como xa dixen, chea de sangue, ás veces ata chega a asustar e recorda un pouco a dureza de John Connolly. Un asasino en serie, tan de moda hoxe en día a xulgar polas series televisivas dará moito que andar aos nosos investigadores... e remata de tal xeito que seguirei procurando as outras novelas deste mesmo autor. Aiiiii...
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
31/10/11
Salvajes
e leo del, e confirma que teño que buscar tempo (ulo?) para ler os seus outros títulos. Chama a atención, sobre todo, a súa linguaxe tan áxil e directa, que facilita de tal xeito a súa lectura que o libro lese deseguida, a pesar das súas máis de tres centas páxinas; o autor non anda non se regodea nin busca palabras redundantes: vai ao gran en todo momento, e con poucas palabras -non necesitamos máis- informa tanto do que ocorre como do que pensan os personaxes. Volvemos a estar ante unha novela negra diferente, posto que non existe un detective nin policía que investigue asasinatos, pero si temos unha acción trepidante, tan frenética que a adrenalina e os crimes están asegurados... e hainos abondosamnete. Un libro que nos ilustra sobre a crúa realidade dos cárteles da droga, a súa violencia e o pesimismo que pode existir na procura da súa desaparición. Pero tamén nos lembra que cada un de nós pode converterse nun ser salvaxe cando as circunstancias así o requiren.Certo é que a novela teredes que lela de golpe. Non saberedes cando frear, porque a propia acción tira dun en todo momento, non deixa un momento de respiro e converte a todos os norteamericanos -dá igual que sexan demócratas ou republicanos, Obama ou Bush, delincuentes ou policías- en monicreques de acción.
Tremenda. Bestial
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
10/07/11
Las niñas perdidas
E non pola historia en si, dura, durísima, macabra, tristísima. Tanto, que consegue, iso si, deixarte pola chan, preguntándote se os humanos temos de humanos só o nome ou hai algo máis detrás, é dicir, se conseguimos que o salvaxe sexa un adxectivo de animais, ou non. A protagonista, a detective, é pouco crible, tan valente e tan astuta, ao mesmo tempo que se permite, incluso, ser tenra. Non sei, non me acaba de convencer. E, repito, non creo que fose por ser macabra; son lectora habitual de novela negra e isto ocorre moitas veces. Non sei se é polo xeito de estar contado, ou simplemente porque a lin nun momento inoportuno. Se algún de vós, lectores deste blogue, a le, agardo que me contedes a vosa opinión. Quizais mereza outra oportunidade.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Roca ed.
27/02/11
El beso de Glasgow
aínda é mellor. É realmente magnífica: o personaxe principal namora ao lector co seu sarcasmo, ironía e elegancia, pero con ese aire de maldade típico da novela negra tradicional: mullereiro, bebedor e un punto de bondade e tenrura que o humaniza constantemente. A lectura é sensacional: engancha dende a primeira páxina, tanto pola galería de personaxes que coñecemos (os que xa estaban na primeira entrega e os novos) como pola descrición dos lugares.Parece que o autor xa era famoso por outra serie: eu non o coñecía. Pero acaba de facerse un oco entre o mellor dos meus andeis de novela negra: ese humor negro que o caracteriza resulta realmente provocador, a carón de mulleres fermosas, mafiosos, matóns, mortos, desaparicións e unha galería enteira de personaxes que vos fascinarán.
“Hay ciertos conceptos totalmente ajenos a la mente glasgowiana: ensalada, higiene dental, perdón”.
“Los bares de Glasgow parecían todos cortados según un patrón de eterna melancolía. Allí donde había ventanas, los cristales eran esmerilados o estaban empañados, al parecer para ocultar al mundo exterior la ingesta de bebidas alcohólicas (siempre una cosa muy seria en Escocia) y para atenuar la luz del sol hasta convertirla en una claridad insípida y lechosa”.
“Bridgeton era esa clase de lugar donde te sentías demasiado arreglado si llevabas zapatos. Daba la impresión de que el calzado era optativo hasta los doce años”.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
20/02/11
Lennox
que iniciador dunha serie con el como protagonista) está construído de tal xeito que nos lembra á tradición máis norteamericana de novela negra: un home que recorre á violencia e ás armas continuamente, mesmo que traballa para a peor ralea da sociedade de Glasgow. A estas característica de "matón" engádense que é un ex-militar que soportou todos os horrores da Segunda Guerra Mundial, que é un home atractivo e relativamente novo e de orixe canadiana. O humor negro, o cinismo e o sarcasmo son as súas peculiares armas defensivas, lingüísticamente falando.Protagonista esencial xunto co detective será a propia cidade de Glasgow: a brétema, a humidade, a tritura que a envolve após da guerra, a decadencia...
É o primeiro que leo de Craig Russell e recoñezo que quedo con ganas de ler máis deste autor. Creo que con esta novela tributa aos pais da novela negra norteamericana con bo resultado.
O xeito de comezar a novela é moi bo:
"estoy apoyado contra una pared en un almacén portuario vacío con un agujero en mi costado tratando de recordar diagramas de anatomía, mientras una mujer muerta despojada de su hermosa cara yace en el suelo junto a una gran bolsa de dinero. Esto ya bastaría para decir que estoy en un buen lío, pero también hay un hombre grande como un oso que mira a la chica, la bolsa y luego a mí. Y tiene una escopeta: la misma que le arrancó la cara a ella."
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
13/03/10
Rubia peligrosa
chega á novela negra (novamente grazas a meu irmán). Todo un descubrimento: mágoa non ter comezado pola primeira.O protagonista é un detective negro que pasea por unha cidade racista (Los Ángeles) de finais dos anos 60. Destaca na narrativa esta caracterísitca: ser negro nunha sociedade negra -e nunha sociedade branca-, coa conciencia da problemática continua que isto supón, loitando contra unha desigualdade que fai que se apoie no seu propio círculo de amizades, tod@s el@s negr@s. Creo que é un dos rasgos máis sobresalientes desta novela: a relación coa cor da pel, o xeito en que esta inflúe na relación cos outros persoanxes, secundarios ou non, da novela.
Isto non significa que sexa unha novela pola igualdade; significa que o detective protagonista é un home peculiar, diferente ao resto dos detectives que estamos acostumad@s a ler, precisamente pola súa consideración de home de cor. Arredor disto, reflíctese unha sociedade perigosa, ruín, onde o máis importante é a lealdade e a amizade, a sensualidade provocada por un xeito de narrar áxil que consegue que vibremos en cada unha das súas páxinas. Reborda vitalidade, anceios pola lectura. Humanidade.
O final, espectacular.
Podedes ler aquí o primeiro capítulo. Para ir abrindo boca. Xa sabedes, se vos gusta a novela negra, buscade este autor.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
15/06/09
Una mañana de mayo
Non é, desde logo, do mellor da literatura negra nórdica, tan de moda, e na que semella especializarme ultimamente. Pero nada mellor que este tipo de lectura para fuxir.
Sigo a recomendar libros lidos anteriormente, aínda que hai que sinalar que este engancha, como novela negra que se precie, e que saber ir mantendo a presión ata o final, un pouco máis inesperado polo enrevesado da trama e unha tradución non demasiado boa. Unha lectura máis se estades enganchados a este tipo de novelas. Coma min.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
04/04/08
Crepúsculo en Oslo
A miña capacidade de evasión grazas á literatura pasa nestes intres pola novela negra, segundo podedes comprobar polos libros que vos comento. Será que non son bos tempos para a lírica? Mentres, descubro autoras -sobre todo- chamadas damas do crime actuais das que non tiña referencias. É o caso do último libro lido: Crepúsculo en Oslo, de Anne Holt, autora escandinava que foi no seu país ministra de Xustiza, nin máis nin menos. Saberá moito de crimes e de inxustizas?Será a esposa quen logre resolver e recoñecer a pauta dos asasinatos, despois de pasar unha dolorosa incursión polo seu pasado. O asasino coñece perfectamente os procedementos da policía moderna e non hai nin unha soa pista nas escenas dos crimes. Porén, que leva a matar?: o aburrimento existencial.
O mellor: un final arrepiante.
Atoparalo en Lectura, Libros, Novela negra, Recomendamos, Roca ed.
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.









