Delicioso e tenro álbum publicado por Kalandraka, Dous osiños de Cailla Koffler, Ylla, foi publicado inicialmente en 1954 como "fotoliteratura". Resulta que a autora foi un referente na súa época, considerada coma unha das mellores fotógrafas de animais no século XX. Unha historia de dous irmáns osos que saen a descubrir o mundo esquecendo a recomendación da súa nai. O marabilloso deste libro é que está feito a partir de fotografías que fan un percorrido polo bosque e encontrándose con outros animais cos que interaccionan na procura da súa nai.
Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
20/03/22
Dous osiños
Delicioso e tenro álbum publicado por Kalandraka, Dous osiños de Cailla Koffler, Ylla, foi publicado inicialmente en 1954 como "fotoliteratura". Resulta que a autora foi un referente na súa época, considerada coma unha das mellores fotógrafas de animais no século XX. Unha historia de dous irmáns osos que saen a descubrir o mundo esquecendo a recomendación da súa nai. O marabilloso deste libro é que está feito a partir de fotografías que fan un percorrido polo bosque e encontrándose con outros animais cos que interaccionan na procura da súa nai.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fotografía, Kalandraka, Recomendamos
01/06/21
Estrita necesidade
Falamos en masculino, porque o libro é un reflexión sobre a parternidade, unha homenaxe que ambos, Carlos e Benxa, en versos e fotografías, realizan aos pais da posguerra.
esas maus non se herdan
nin a destreza coa garlopa
nunca adquirimos finura
ferranchar non se nos daba
A visión diferente que temos cando somos fillos de cando somos pais.
Cando somos fillos vemos aos nosos pais como entes aos que non desexamos semellarnos, porque son seres cheos de defectos que non queremos compartir. Eles, pola contra, desexan que herdemos, cando menos, as súas virtudes.
Cando somos pais dámonos conta de que anhelamos que os nosos fillos se parezan a nós. Cambia a nosa mentalidade porque xa non somos obxectivos: proxectámonos nos nosos fillos, pretendemos que sexan unha versión mellorada de nós.
A parternidade, como ser pai, é tamén unha das reflexións do poemario.
facerse home
era elaborar os domingos
unha natureza morta con cheiro a cartucho
O libro reflexiona asemade sobre como a posguerra conformou
unha forma de ser, as penurias pasadas obsérvanse nalgúns poemas. Tempos de racionamento e austeridade.
en como aproveitas o carozo da mazá
en como arrodeas co coitelo parte podre
nese xesto coa peza da froita
gárdase a fame toda dos corenta
a ansia de que nunca sobre nada
de aproveitar ata a codia máis dura
unha forma de ser xa inquebrantable
Estas marcan
un silencio. O silencio desde o que os pais educan dende a resistencia a un mundo que pousou esperanzas e afectos que non se mencionan.
o amor
era regresar á casa
cunha caixa de mantecadas de Astorga
e o cambio que se produce asemade sobre esta forma de educar.
negar a necesidade das bágoas
confundilas con líquido de freos
e o silencio carrexalo no remolque
como travesas prás minas de Asturias
Deixar pasar o tempo, e canda el, o novo diálogo dos afectos
verte avó
ver tocarlle
á banda
outra peza
poñerlle música
a serodios afectos
Cambiamos arestora ese silencio polas
palabras que nos acompañan.
Atoparalo en Alvarellos editora, Fotografía, Lectura, Poesía, Recomendamos
11/04/17
Airiños aires Rosalía
Atoparalo en Fotografía, Letras Galegas, Libros
05/03/17
Non á violencia contra as mulleres (DVI)
Atoparalo en Fotografía, Igualdade, Muller, Violencia de Xénero
23/11/16
18/11/16
Finalistas dos Comedy Wildlife Photography Awards 2016
Atoparalo en Fotografía, Medio Ambiente
05/09/16
Baixo o barco
Encantoume esta fotografía que veño de ver en Fogonazos:
Alí tedes a explicación, non deixedes de premer na ligazón.
Atoparalo en Ciencia, Fotografía
30/04/16
Maratón de retratos a prol dos refuxiados en Lalín
The Photography Shop publica no seu Facebook este vídeo no que participei:
Foi tan boa a reposta na MARATÓN DE RETRATOS A PROL DOS REFUXIADOS
que tardamos máis da conta en retocar os vosos retratos. Xa están todos
listos e enseguida empezaredes a
recibilos nos vosos mails. Deixámosvos este video a modo de
agradecemento a tod@s @s que pasastes a facer o voso retrato (non están
os retratos con nen@s). GRAZAS!
#thephotographyshop #refugeeswelcome #photographyactivism #ningúnserhumanoéilegal
https://vimeo.com/nomajorsfilms/refuxiadosbenvidos
Atoparalo en Dereitos Humanos, Fotografía
22/02/16
Pequeneces
Vía
Atoparalo en Ciencia, Fotografía
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
















































