Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Bang. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bang. Amosar todas as publicacións

28/03/12

El retorno a la tierra

Por fin tiven a oportunidade de rematar a lectura desta serie iniciada hai xa ben tempo: El retorno a la tierra de Jean-Yves Ferri e Manu Lacernet, publicados por Bang ediciones. Desta volta lin as entregas 2, 3 e 4. E rin a cachón! Como me gusta este Lacernet! Recoméndovolos todos, pero se podedes ler os catro xuntos mellor. Cando menos, prométovos unha hora de risos e divertimento. Porque a vida cotiá, sexa no campo ou non, é ben complicada.







04/03/12

Aventuras de un oficinista japonés



José Domingo é o autor deste cómic publicado con esmero por Ediciones Bang, Aventuras de un oficinista japonés. Un cómic sen palabras que conta unha odisea tola, mesmo surrealista, dun home que corre unha serie de aventuras ao saír do traballo; claro que estas aventuras son completamente disparatadas, accidentes que se enlazan uns con outros e que mantén unha continua atención do lector para non perderse nese novelo de ilustracións apaixoantes.
O tamaño do libro é considerable, con catro viñetas por páxina, dende un mesmo plano, que axuda a ver todo o que ocorre en cada escena. Detallista ata o máximo, quizais necesitemos de varias "lecturas" para chegar ao fondo do contido.



12/09/11

Casi



Xa teño falado ben veces deste autor, Manu Larcenet, e xa sabedes canto me gusta. Sendo este un libro ben diferente, Casi, publicado por Bang Ediciones, non queda atrás. Casi é unha obra autobiográfica e "necesaria" para o autor, tal como el nos explica ao comezo, para botar fóra canta rabia sente e acumulou mentres realizaba o servizo militar.
A obra é totalmente diferente porque abandona aquel estilo humorístico doutras obras para relatarnos con crueza o medo, a desesperación, mediante unha obra escura, negra, mesmo deprimente, que reflicte fielmente o seu estado de ánimo.
Se algún de vós lembra este período da súa vida, supoño que podedes sentir o reflexo do espello que vos propón Larcenet. Se non temos esas lembranzas, deixádevos seducir por esta obra. Para min, do mellor do cómic que levo lido ultimamente.



27/10/08

El retorno a la tierra

Este cómic, do mesmo autor que Los combates cotidianos, Lacernet, reflicte a volta ao campo dunha parella urbanita e o desasosego que este cambio provoca, así como a dificultade para a adaptación ao novo medio, o que constiuirá todo un reto, sobre todo a incapacidade para comprender o xeito de pensar e de ser da súa nova veciñanza. E todo iso cunha sorna eficaz para ver desenganos e cómicas situacións que son todo unha delicia. Contado a través de curtos gags dunha soa páxina que o fai, se cabe, máis atraente. E como creo que debe ser habitual neste autor, cunha sinxeleza de personaxes, case infantís, nos que sobresae a súa expresividade. Todo un descubrimento, para min, claro.





Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.