Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Libre Albedrío b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libre Albedrío b>. Amosar todas as publicacións
12/11/17
Dos caminos
Con moi poucas palabras, Dos caminos de Guridi, álbum publicado por Libre Albedrío, amosa os percances e as pedras que no camiño topamos, que debemos solventar e salvar para seguir o noso percorrer, ese estraño camiño que a vida nos debuxa para tantas veces facernos caer e obrigarnos a levantarnos; si, a vida é moitas veces unha caixa de sorpresas, aínda que ás veces semella coherente; e tantas, tantas veces, agóchanos decisións difíciles, dúbidas, medos... Pero tamén ás veces agocha a necesidade de non estar sós, de termos outras persoas coas que falar, coas que compartir. Así, Guridi neste libro amosa de xeito curioso o poder da amizade (ou do amor, non queda moi claro) entre dúas persoas, dous camiños que conflúen, dous páramos nus, dous escenarios sobrios que serven para que potenciar a mensaxe da unión entre estas dúas persoas anónimas protagonistas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Recomendamos
26/08/17
Blanco perfecto
Dani Torrent é o autor de Blanco perfecto, álbum publicado por Libre Albedrío, un novo álbum sobre os ciumes co nacemento dun novo membro da familia. E con el comprobaremos ese conflito que sempre hai que enfrontar, aínda que neste caso o autor achéganolo grazas á imaxinación e a orixinalidade, xa que a fantasía da viaxe interior supón o proceso de madurez da historia. Son as emocións as que mandan, as que dan cor entre o perfecto branco, as que falan da soidade e do amor incondicional.
Este amor sobrevoa o libro e aporta sentido a canto acontece.
Este amor sobrevoa o libro e aporta sentido a canto acontece.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Recomendamos
27/12/15
Mi hermano pequeño invisible
Ana Pez publica en Libre Albedrío este curioso libro titulado Mi hermano pequeño invisible. Por que é tan orixinal? Porque contén dúas historias, unha para ler "normal" e outra para ver con gafas especiais que fan que a cor laranxa pase a ser invisible e con este feito todas as ilustracións cambian de sentido. É dicir, o poder da imaxinación vén reforzado neste libro cunhas simples gafas e un xogo visual absolutamente delicioso que pode dar moito quefacer para contalo con nenos e nenas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Recomendamos
21/05/15
Comino
Álbum ilustrado de gran formato que publica a editorial Libre Albedrío: Comino é de NiñoCactus e Jacobo Muñiz, unha historia cargada de poesía sobre a inmensidade do mundo e sobre a pequenez do ser humano, pero tamén sobre a grandeza que o ser humano pode acadar no seu interior se recoñece a súa propia humildade.
Cada cousa e cada persoa ten o seu propio valor, sen comparacións. E ese valor pode mesmo ser infinito se o valoramos na súa xusta medida. Como a paz que saben transmitirnos estas fermosas ilustracións que nos acollen entre as súas páxinas. Porque o frío só é unha sensación. E o noso calor todo o pode.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Recomendamos
01/04/15
Atilio
A editorial Libre Albedrío publicou no 2014 este Atilio de Fran Pintadera e David Guirao, un álbum para amantes de libros posto que fala dun rato de biblioteca que vive numerosas aventuras grazas ás lecturas tan proveitosas que realiza. Claro que este Atilio é un Quixote que ve perigos onde realmente non os hai, nunha clara homenaxe a este libro universal.
A lectura como xogo labiríntico é a que nos presenta este álbum que sorprende cos seus xiros. A fantasía como protagonista, pero cos pés na terra, porque a lectura é para gozala mentres vivimos na nosa propia realidade. O rato é un neno que vive aventuras imaxinables, soños con dragóns e feroces inimigos; todo por amor. Por iso este álbum convértese nunha referencia constante a que nunca debemos perder o dereito a soñar.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fomento da lectura, Libre Albedrío, Recomendamos
08/01/15
Hugo y el dragón de la noche
Gema Sirvent e Vicente Cruz son os autores de Hugo y el dragón de la noche que publica a editorial Libre Albedrío. Un libro optimista que convida a ter doces soños e que é moi axeitado para contar antes de ir durmir, porque vai precisamente diso, dos soños da nenez. Ilustracións e texto fúndese nese ambiente de doce felicidade que soñamos decote.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Recomendamos
07/01/15
A los saltos
Na editorial Libre Albedrío podemos atopar este álbum de Florencia del Campo e Natalia Colombo, A los saltos. Un canguro impetuoso e aburrido de facer sempre o mesmo decide dar uns chimpos ben grandes para saír da súa situación e mesmo ser quen de saltar o océano. Un álbum sobre os sentimentos, a amizade, os soños, o "ser capaz de" para seguir adiante. Porque os soños tamén poden converterse en realidade. As ilustracións converten o libro nun álbum moi doce.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Recomendamos
30/12/14
La mujer más alta del mundo
Álbum gañador do Premio Lazarillo 2103, La mujer más alta del mundo é de Pablo Albo e Iratxe López de Munáin, e está publicado pola editorial Libre Albedrío. Unha historia de superación persoal e de amplitude de miras, xa que o libro incide na procura da identidade individual partindo das diferenzas. As ilustracións xogas coa metáfora visual e a verticalidade, xa que o álbum está editado de xeito apaixado, posto que o álbum xoga co concepto de "arriba e abaixo" en cada páxina. A cor branca resulta de vital importancia e é asemade un recurso narrativo, acompañada de laranxas e azuis ao longo de todo o texto.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Premios, Recomendamos
01/12/14
¿Y si no entro en este libro?
Unha nova editorial no mundo do álbum ilustrado: Libre Albedrío. E un pequeno álbum ben fermoso de Florencia del Campo e Guadalupe Belgrano para inaugurala: ¿Y si no entro en este libro?. Un xogo de imaxinación onde a importancia do libro como obxecto cobra vida. Cada un dos personaxes vaise preguntando que características cómpren para formar parte dun libro... o bo é que todo ten solución. E esta pasa pola solidariedade dun xogo que comeza xa na propia portada (que trae sorpresa) O obxecto, o libro, é un medio para a historia, dignificándoo, xa que texto, ilustración e edición están ao seu servizo e todos temos algo que aportar para a súa construción.
O libro conta con banda sonora específica: unha canción composta por David Vergee que se atopa na contraportada nun código a descargar por un móbil.
A gozar con todos os sentidos!
Atoparalo en Álbum ilustrado, Libre Albedrío, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.















