Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Siruela. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Siruela. Amosar todas as publicacións

24/10/25

El puente donde habitan las mariposas

 Nazareth Castellanos é a autora deste marabilloso ensaio titulado  El puente donde habitan las mariposas, cuxo subtítulo reza Biosofía de la respiración, publicado por Siruela

No verán de 1951, a cidade alemá de Darmstadt acolleu un congreso que reunía a gobernantes, inversores, aquitectos e enxeñeiros. O obxectivo era establecer unha planificación urbanística para reconstruír unha Alemaña devastada pola guerra. Neste congreso daba unha conferencia o filósofo Martin Heidegger, quen falou do significado de "habitar". o que se convertirá co tempo nun ensaio sobre a plasticidade cerebral. Este é un punto de partida, como tamén o é un epistolario imaxinario entre este filósofo e a súa alumna Hannah Arendt, cun tema: a respiración. Así, adentrámonos no pensamento a través da calma para asegurar o auténtico crecemento; seguindo os efectos de cada inspiración e espiración no cerebro, poden chegar a definirse as bases neuronais do encontro cun mesmo, as que acompañan ao pensamento conscente e ao involuntario diálogo interior.
A proposta que fai a autora xira en torno a tres conceptos: construír, habitar, pensar. Construír remítenos ao pasado, ou sexa, ás nosas raíces, que dan forma ao noso cerebro. Habitar non é só ocupar un espazo, senón que se trata de vivilo de xeito consciente, deténdose e escoitando os latexos do mundo mentres reconectamos con nós. Pensar é xerar claridade interior, onde o máis importante é a respiración. Será esta a ponte entre o exterior e o interior; saber respirar é reforzar a nosa saúde mental.
Aí estamos: a respiración é algo así como un territorio entre o que se sitúa o que está fóra de nós e o que está dentro, e ese territorio que debemos dominar é quen explica as nosas redes neuronais dentro dun marco ambiental determinado.
Pois... pensemos en respirar mellor e con maior coñecemento. Algo no que eu nunca me pararía a cavilar, a verdade.



«el silencio debe acompañar cualquier encuentro íntimo. Y este es el más íntimo de todos, porque se encontrará con usted misma».


29/04/18

Cuando sale la reclusa

A verdade, está comezando a me preocupar este crise lectora que me vén de invadir hai xa un tempo. Este libro acabeino hai un par de semanas, e dende entón non collín ningún outo que non fose álbum ilustrado. 


Fred Vargas volve con Cuando sale la reclusa publicado en Siruela. E non defrauda. Non defrauda se o que procuramos é unha novela negra con todos os mecanimos deste xénero, que ela domina. Ela e o seu comisario Adamsberg. Xénero puro mesturado con ironía e ás veces con tenrura, con anécdotas policiais e narración complexa. Un relato que contén saltos temporais porque será a intrahistoria das vítimas a que poida explicar o que está a suceder. E o que ocorre é, aparentemente, nada. Pero o comisario sabe ir máis alá. Por iso pasearemos por algunha páxina de tratado zoolóxico, psicolóxico, lingüístico, histórico e mesmo gastronómico. Todo cómpre para entender. A cultura como base. Asemade, estamos ante un abano de reaccións humanas, porque o ser humano é complexo e así nolo demostra a autora: vinganza, envexa, amor...
Se non lestes nada, non vos recomendo comezar por aquí. Coido que é necesario saber algo destes personaxes que teñen unha longa traxectoria. De non ser así, creo que hai veces que poderiamonos perder. Os secundarios son importantes, tanto que están sempre. Se é que son secundarios; sobre todo non son perfectos, o que resulta marabilloso. O principal é gozar da lectura e dun comisario que nos encanta. Porque semella vivir na brétema. Na interior. Desa que non se sae. Que ás veces deixa ver entre tebras; outras veces é demasiado imbricada.

13/11/16

Una detective inesperada

A editorial Siruela é quen nos trae esta intrépida moza dos anos 20 en Australia: Una detective inesperada está escrita por Kerry Greenwood e é a primeira entrega dunha serie que ten a unha detective glamurosa e divertida (humor inglés) como protagonista. Novela onde hai mulleres que naqueles anos posuían o don de ser independentes, a pesar da sociedade, que non se deixaban rexer polas normas impostas e que son sumamente intelixentes. É a mellor parte da novela, tanto a protagonista, unha rica herdeira que sabe o que é a pobreza , moderna, quen goza de conducir coches a alta velocidade e mesmo avión, que ten pistola para protexerse, que non necesita ser nai nin esposa, resulta un personaxe atractivo e desenfadado. A personaxe da doutora, feminista e sufraxista, é marabillosa. Pero resulta que os personaxes masculinos tamén teñen un aquel estupendo, xa que os dous taxista antisistema tamén namoran. Ao redor destes protagonistas, unha sociedade "ben" que resulta do máis estrafalario.
Agora ben, a pesar do título, non pretendades ler unha novela negra. Cando menos, non moi negra, xa que o que temos na man é unha novela cun personaxe aristocrático que decide investigar mentres nos entretén.

30/07/16

Crimen en el Barrio del Once

Crimen en el Barrio del Once (El primer caso del comisario Lascano) de Ernesto Mallo, publicado por Siruela, -primeira dunha serie que protagonizará o comisario Lascano- ten pouco de novela negra e moito de novela social. Por que digo que é máis unha novela social ca negra? Porque aínda que o punto de partida poda ser un asasinato e a súa investigación, o que realmente importa e lemos é o contexto social da ditadura no que se desenvolve a acción; unha sociedade rachada por un exército que pode aparecer en calquera momento e levarse vidas humanas con total impunidade. A violencia e a tristura e o medo derivados daquela é unha protagonista principal do libro. Ademais, esta tristura vese reflectida na soidade do comisario, quen non pode superar a perda do seu amor. O libro, aínda que curto, non só nos contará a historia desta soidade, senón que tamén nos contará a historia doutros personaxes que serán relevantes na investigación, por iso non hai unha trama de non sabermos quen é o asasino, senón que o lectorado saberao antes que o propio comisario; non hai por tanto intriga, non é isto o que lle interesa a Ernesto Mallo. Coido que o importante reside no contexto da ditadura, na lembranza da historia e da crueldade dos seus protagonistas. Esa historia que non debemos esquecer para impedir que se repita. O atropelo de dereitos humanos unha e outra vez, contado en presente, para que nos quede ben claro como aconteceron os sucesos.
Impresionante

“La otra noche pensé que estaba en pecado por haberlo robado. Usted no robó nada, Maisabé, usted salvó a este niño. Sí, pero la madre… La madre no fue capaz de protegerlo y se metió en cosas que no debía. Usted no es culpable de lo que le haya pasado. La única culpable es ella misma, debería haberlo pensado mejor antes de meterse en lo que se metió.”


 

03/11/15

Tiempos de hielo

Descarado, non estou pasando polo meu mellor momento lector, xa que nin Fred Vargas conseguiu encherme, é máis, non topo nada que consiga sentirme satisfeita ao cento por cen. E isto está claro que é ben raro. Pero é que Tiempos de hielo, publicado por Siruela, fartoume de Robespierre e a historia francesa desta época. Iso si, recoñézolle a súa mestría e confeso a miña admiración máis sincera polo seu comisario Adamsberg. Pero ollo, se non coñecedes ningún dos seus libros, non comecedes por este. En realidade, os libros de Fred Vargas case se deben ler cronoloxicamente, posto que os personaxes van tendo unha traxectoria que debemos seguir para non perdernos nos seus habituais comentarios ou procederes. O mellor do libro é conseguir dúas historias cruzadas constantemente: un estraño e lúgubre suceso nunha illa de Islandia dez anos atrás, e por outro unha entidade sorprendente chamada "Asociación de Estudio de los Escritos de Maximilien Robespierre". Polo medio, claro está, asasinatos que investigar. Ou son suicidios?
De fondo, a marca da casa: nada é o que semella, o sobrenatural está presente a carón do racional. De aí que teñamos animais salvaxes que conviven en harmonía, decapitados e verdugos... cousas inverosímiles que poboan unha novela negra que tamén o é de aventuras.
Sempre paga a pena ler a Fred Vargas. Aínda nos meus momentos baixos de lectura. Para min, unha das mellores.

12/09/15

Una extraña en la playa

A editorial Siruela publica no seu selo Alevosía este libro de Marie Hermanson que alguén calificou, sorprendentemente, de novela negra: Una extraña en la playa chama a atención sobre todo polo ambiente ornírico que nos presenta e a súa prosa poética, un libro que engancha pero que non encanta, o típico libro do que dis "está ben", sen máis. Non acaba de emocionar a pesar da prosa que utiliza e dos dous puntos de vista que ofrece -cun desenlace para un deses puntos de vista sorprendente e ben agradable para o lector-. A lectura, é certo, resulta envolvente e desexamos proseguila -a pesar de que nun principio tiven a tentación de abandonala- porque queremos saber que ocorre sobre todo con ese personaxe misterioso e enfermo que nos fala dende algunhas das súas páxinas. 
Lin por aí que é unha "novela inquietante"; a min non mo pareceu. Hai unha certa carga de suspense porque a trama comeza co achádego dun cadáver, pero este tampouco resulta ser o noso centro de atención; queremos saber que pasou con el (e saberémolo), pero non é o eixo da novela. Non crea unha intriga que estaría presente se realmente fose unha novela negra. Pero este achádego serve como punto de partida para que unha das protagonistas rememore o seu pasado e que nos vaia poñendo ao día do seu presente e do seu pasado. E neste repousa o peso da novela, unha novela de lembranzas, de soños e pesadelos, do paso do tempo que é, as veces, mentireiro. Este paso do tempo inexorable que fai cambiar as persoas e tamén os recordos convértese, asemade, nun protagonista oculto. Canto cambia o xeito de ver as cousas segundo a idade que se teña!


20/04/14

El oscuro invierno

Non sei como cheguei ata este libro. Claro, non sorprende ao ser novela negra. O certo é que o lin nunha soa tarde. El oscuro invierno de David Mark está publicado por Siruela e consegue o que toda boa novela negra: atrapar o lector. E non debo ser eu soa a que opina isto, xa que foi unha das novelas máis vendidas no Reino Unido. A súa receita: unha linguaxe chea de frases curtas e moitos diálogos. E un detective tenro: un novo detective que engadir á xa longa listaxe: Aector McAvoy. Un home corpulento, de trato difícil, obsesionado e totalmente amoroso. E legal. Moi, moi legal. (Iso case semella ben raro nestes mundos que vivimos)
“ Un tipo grande, de pecho fuerte y ancho, con el abrigo cruzado a la moda. Bien parecido, pese a su pelo rebelde y su oronda cara de granjero. Debe medir más de uno noventa, pero en sus movimientos, en sus gestos, hay una delicadeza que sugiere que le asusta su propio tamaño; como si constantemente temiera romper todo lo que es más frágil que él. Por su acento solo es capaz de precisar que es pijo y escocés”.
Como primeira entrega non está mal. A ver que pasa coas seguintes. Por suposto, non é unha novela redonda nin está á altura dos grandes do xénero (nin comparación con Ian Rankin, Jo Nesbo ou algúns outros), pero estase deixando querer. A min, recoñezo, gustoume este detective grandote que ama á súa familia con loucura e que ve os defectos do departamento de  policía, porque nada hai perfecto. Logo, falla en lugares comúns e perspectivas un tanto atrapalladas. Pero haberá que lle dar unha oportunidade!

12/04/14

La casa redonda

Gustoume moito esta novela publicada por Siruela de Louise Erdrich, La casa redonda: unha novela que fala da difícil convivencia nas cidades das reservas indias en Estados Unidos, e onde nos informa de tradicións indias e, por suposto, de moitos prexuízos racistas. A trama xira arredor da violación da nai do protagonista e as posteriores consecuencias, as dificultades de facer xustiza dende o lado indio, a frustración, o enfrontamento á vida adulta, a vida que se torna insoportable... Unha traxedia que marcará ao protagonista toda a súa vida.
Mentres avanzamos na lectura, iremos sabendo de sagas familiares, de segredos da reserva, do valor para enfrontarse a certas realidades. Polo libro pasean moitos personaxes secundarios que darían para unha novela e que conteñen en si mesmos novas traxedias. Unha novela que nos acapara e incomoda porque comprendemos que a historia da humanidade é unha historia de inxustiza, de remordementos, de amores que procuran corazóns fráxiles entre feitos crus.
Creo que sobre todo, a autora amosa un problema do que non tiñamos constancia: as agresións sexuais cometidas a mulleres indíxenas. No epílogo explica precisamnete que, polo menos,  unha de cada tres mulleres indias é violada ao longo da súa vida, a maior parte das veces por homes brancos que nunca serán castigados. Porque as leis son feitas por homes brancos!
Unha novela sedutora, chea de lirismo, onde se mesturan os acontecementos cotiáns dos personaxes coa tradición na que viven. E todo isto contado por un mozo de trece anos, que logra que o seu punto de vista sexa sensible e máis amable.
Gañadora do National Book Award 2012.

02/11/13

La piedra de la paciencia



Atiq Rahimi é o autor da desoladora La piedra de la paciencia publicada por Siruela (e que vén de se converten en filme). Un libro que traspasa as súas páxinas para contaxiar a dor, a rabia, a impotencia, o odio, o desvarío, o desprezo, a humillación... en ben poucas páxinas. As palabras conseguen esgazar con cada segredo que deixa de selo. Porque esas palabras veñen fiadas coa poética da beleza e da falta de liberdade da muller nunha sociedade que a segue considerando inferior. Unha muller que vence o seu propio medo para falar, nun monólogo in crescendo, de cantas angustias e vexacións sufriu por ser iso, muller: tiña que casar, tiña que obedecer, tiña que parir. Se non fas todo isto, nada vales, nada es. E ela, farta deste inxusto tormento, rebélase. Porque sente e porque soña. Porque é muller. É dicir, ser humano. E paga a pena a loita.
O final... señor!!!


En fin, imagina, estar prometida durante casi un año, y casada durante tres años con un hombre ausente, ¡está claro! Yo vivía con tu nombre. Ni siquiera te había visto, oído, tocado antes. Tenía miedo, miedo de todo, de ti, de la cama, de la sangre. Y al mismo tiempo era un miedo que me gustaba. Seguro que conoces esa clase de miedo que no te aleja de tu deseo, al contrario, te excita, te da alas, aunque temas quemarte. Ése era el tipo de miedo que yo tenía. Día tras día, crecía dentro de mí, llenaba mi vientre, mis tripas… La víspera de tu llegada, se vació. No era un miedo de muerte. No. Era muy vivo, rojo de sangre. Cuando se lo dije a mi tía, me aconsejó no contarte nada… Me sentí morir. Y eso me salvó. Aunque era virgen, tenía auténtico miedo. Me preguntaba qué habría pasado si ese día no hubiese llegado a sangrar…» Barre el aire con la mano, como si quisiera atrapar una mosca. «…Habría sido una auténtica catástrofe. Había oído tantas historias. Me imaginaba de todo.» Con voz ronca: «Hacer pasar la sangre impura por la sangre de la virginidad fue una idea genial, ¿no?». Se acuesta y se acurruca junto al hombre: «Nunca he comprendido por qué para vosotros, los hombres, el orgullo está tan ligado a la sangre». Vuelve a levantar la mano al cielo. Mueve los dedos. Se diría que hace el gesto de invitar a alguien invisible a acercarse. «¿Pero te acuerdas una noche, al principio de vivir juntos, que llegaste tarde? Completamente borracho. Habías fumado. Yo estaba dormida. Sin decir una palabra, me bajaste el pantalón. Yo me desperté. Pero hice como que dormía profundamente. Tú me… penetraste… Gozaste cuanto quisiste… pero cuando te levantaste para lavarte, ¡te diste cuenta de que tenías sangre en la polla! Furioso, volviste y me estuviste golpeando hasta bien entrada la noche, porque no te había avisado de que tenía la regla. ¡Te había ensuciado!», ríe con sarcasmo. «¡Te había convertido en impuro!» La mano, en el aire, agarra los recuerdos, se cierra y baja para acariciarse el vientre, que se infla y desinfla con una cadencia más rápida que la de la respiración del hombre.
Con un gesto brusco, desliza su mano bajo la túnica, entre los muslos. Cierra los ojos. Respira profundamente, dolorosamente. Se introduce los dedos entre las piernas con violencia, como si fuese a clavarse un cuchillo. Conteniendo la respiración, retira la mano con un grito ahogado. Abre los ojos, se mira las uñas: están mojadas. Mojadas de sangre. Rojas de sangre. Pone la mano ante el rostro ausente del hombre. «¡Mira! Sigue siendo mi sangre. Limpia. Entre mi menstruación y la sangre limpia, ¿qué diferencia hay? ¿Qué tiene esa sangre de repugnante?» Baja la mano hasta la nariz del hombre. «¡Tú has nacido de esa sangre! ¡Está más limpia que tu limpísima sangre!»

22/09/13

Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea

Cun título tan longo atopamos esta novela de Annabel Pitcher publicada por Siruela: Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea sorprende dende un principio por tratar un tema ben delicado con habilidade, tenrura e sinxeleza. Un libro que fala da perda brutal dun ser querido pero dende a inocencia dun neno de dez anos, quen intenta comprender o resquebraxamento familiar a partir de seren vítimas dun atentado no que perdeu a vida a súa irmá. O fermoso do libro é por tanto a voz protagonista, un neno que resulta totalmente crible e que se verá obrigado a enfrontarse a unha crúa realidade: unha familia que xa non está unida por moito que el o desexe. A novela presenta o punto xusto para non caer na ñoñería e consegue achegarnos unha sensibilidade exquisita, aínda que o final é demasiado bo e estraga un pouco o libro. Aínda así, paga a pena a súa lectura, máis do que nun principio pensei, pois tiven aparcado o libro ben tempo pensando que non me ía gustar nada en absoluto. Coido que pode ser un bo libro para un club de lectura pois dá para pensar e reflexionar. E gústame o optimismo do rapaz, sempre tan necesario.

Rose me ha comprado un libro. Como siempre, su regalo estaba junto a la urna cuando entré en el salón. Me dieron unas ganas tremendas de echarme a reír al verlo ahí, y me imaginé que a la urna le salían brazos y piernas y cabeza y se iba a la tienda a comprar el regalo. Pero como papá me estaba mirando con su mirada seria rompí el papel y traté de que no se me notara la decepción al darme cuenta de que ya lo había leído.

28/08/12

De repente en lo profundo del bosque

Unha das miñas débedas literarias era achegarme a Amos Oz e este verán decanteime por este conto De repente en lo profundo del bosque publicado por Siruela. O relato conta a historia dunha estraña maldición que consiste en que na vila onde transcorre a acción non hai ningún animal. E arredor desta circunstancia, o medo. E o silencio. Isto é, o poder dos prexuízos e a mentira.
Pero existe a esperanza. Porque hai quen se fai preguntas e quen inicia revolucións. Porque hai quen non se conforma, quen loita, que mira cara ao outro lado. Que necesita de respostas.
Un libro metaforicamente sinxelo cargado de poesía e simbolismo. Reflexión sobre a intolerancia. Crítica ao inmobilismo.


La maestra Emmanuela explicó a la clase qué aspecto tiene un oso, cómo respiran los peces y qué sonidos emite la hiena por la noche. También colgó en la clase fotografías de animales. Casi todos los niños se burlaban de ella, porque en su vida habían visto un animal. La mayoría de los niños no se creía del todo que en el mundo existiesen esas criaturas. Al menos, no cerca de donde nosotros vivimos. Y además, decían, la maestra todavía no ha conseguido encontrar en todo el pueblo a nadie que quiera ser su pareja, y por eso, decían, tiene la cabeza llena de lobos, gorriones y todo tipo de fantasías que las personas sin pareja se inventan llevadas por la soledad.

24/08/12

El Ejército Furioso

Fred Vargas segue a ser unha das miñas autoras preferidas de novela negra, algo que se volve confirmar coa espléndida lectura de El Ejército Furioso publicado por Siruela. Recoñezo que nun primeiro momento tiven un pouco de medo polo que supoña de sobrenatural a introdución desta lenda do Exército Furioso, pensando en que se iamos resolver crimes deste xeito apañados nos atopabamos. Pero non. Á autora gústalle introducir a superstición e o aparentemente sobrenatural para lembrarnos que os crimes cometémolos os seres humanos, por envexa, cobiza...
Que é o Exército Furioso? Pantasmas que cabalgan de noite polos bosques: unha lenda milenaria na comarca de Ordebec de Normandía.
E por suposto, como bo libro negro, non temos un só caso, senón que o prezado Adamsberg (imposible non collerlle cariño a este comisario) terá que resolver outro caso importante ao mesmo tempo. O bo destes libros non é só que o protagonista é interesante, senón que todo o equipo de investigadores o é.
Así que temos protagonista, equipo, humor, dinamismo, historia... canto sentiredes rematar a súa lectura! Un libro absorbente e enxeñoso, para min do mellor da novela negra actual. 
Non sei se é o mellor libro da autora, pero é boísimo! Se non coñecedes a Fred Vargas, non tardedes. Xa leva uns cantos títulos publicados.



22/02/12

Un hombre sin cabeza

Etgar Keret é o autor deste orixinal recopilatorio de relatos Un hombre sin cabeza publicado por Siruela. Como todo libro destas características, uns contos gustan máis ca outros. Pero en todo o libro destaca unha certa orixinalidade nos temas de sempre, aqueles que afectan directamente ao Home, indo dende o surrealismo máis puro ata a realidade máis cotián. Ao mesmo tempo, o autor critica a súa propia cultura e a sociedade na que nos movemos, ás veces cun corrosivo humor negro e outra veces con comentarios directos, pasando polo absurdo máis discreto. E todo isto nun Israel actual que se fragmenta nos 34 relatos do libro coas súas propias contradicións. Son estas as que subliñan o carácter dos personaxes, principalmente masculinos, normais ou non en situacións que se afastan, dende logo, da normalidade máis absoluta, ou da que nós entendemos como tal.



19/04/11

La estudiante


Descubrín este autor e o seu detective na Semana Negra do centro, pero teño que admitir que non me gustou demasiado. O que a priori supuña unha novidade, un perruqueiro detective, resultou a posteriori un fiasco pouco atractivo e máis ben aburrido. Christian Schünemann é o autor desta saga da que só coñezo esta terceira entrega, La estudiante, aínda que de seguro non lerei máis. Debo recoñecer que a min cortes de pelo e tintes pouco me atraen, e aínda que o detective resulta máis ben simpático pola súa relación co mundo e ese toque de homosexualidade cariñoso que lle proporciona o autor, tanto o argumento como a resolución do asasinato non me interesou demasiado. Co que me gustan as novelas negras, esta é das que menos. O que destacaría é a intrusión do perruqueiro no mundo universitario e a demostración de que neste envexas, copieteos e ganas de medrar son o pan de cada día. Nin máis nin menos que a realidade. Sen asasinatos, claro. Para isto está o xénero novelesco.
En fin, non volo vou recomendar. En novela negra hai miles de libros para ler que, cando menos para min, son infinitamente mellores.

06/04/11

El hombre del revés

Non me chegou a nada. As súas 330 páxinas foron un mergullarse para gozar coa lectura do que saín axiña salaiando porque quixera que a novela fose máis longa. Di a publicidade que "resulta imposible deixar o libro unha vez comezado" e é totalmente certo. Imposible pousar o libro.
De que falo? Falo de El hombre del revés de Fred Vargas, editorial Siruela. Estou a falar dun libro reeditado posto que a escrita é moi anterior. Coma todos os libros desta autora, que creo indispensábel no mundo da novela negra, o libro é trepidante, boísimo. Unha historia dun lobo ou dun lobishome ou... todo isto condimentado cunha visión moi estudada da Francia rural, creo eu que ben documentada.
Hai que lela, que non vos vou contar nada. Só recomendala, claro, para quen goce con este tipo de lectura que de cando en vez necesito. Esta ou calquera das outras lecturas que desta autora fixen, que non son moitas e podedes ver aquí, aquí e aquí. Convídovos a coñecer o comisario Adamsberg, porque paga a pena. Garantido.

27/03/11

El niño que mordió a Picasso



Unha historia real contada por Antony Penrose e editada por Siruela: El niño que mordió a Picasso presenta moitas obras de arte de Picasso mesturadas con fotografías en branco e negro que son todo un documento histórico.
Anthony Penrose era fillo da fotógrafa Lee Miller e o pintor Roland Penrose, vivindo rodeado de creadores famosos, entre os que se topaba Picasso, un home a quen lembra con cariño porque lle gustaba xogar cos nenos. Conta como pola súa casa en Sussex (Farley Farm) pasou este personaxe e as lembranzas que del conserva.




"...olía a colonia y a cigarrillos Gauloise. Era muy bueno jugando con los niños, sobre todo a las corridas de toros; aunque era mayor, porque ya tenía 60 ó 70 años, era una persona muy cálida y cercana. Una de las veces que estábamos jugando juntos le mordí y él me devolvió el mordisco y cuando dejé de llorar, Picasso le dijo a mi madre 'Es el primer inglés al que muerdo..."


25/01/11

El día antes de la felicidad

Descubrín a Erri de Luca hai un par de meses cando veu a Santiago dar unha conferencia. Encantoume, e agora que lin un dos seus libros aínda me gusta máis. Da man de Siruela podemos gozar con El día antes de la felicidad, un fermoso canto comprimido en non moitas páxinas que resulta ser unha declaración: a felicidade de ler un libro non necesita de moitas follas. Porque esta novela é unha pequena obra de arte; tanto que serviu para organizar un minúsculo experimento: un case club de lectura a dúas bandas cun dos lectores máis asiduos deste blogue. Abofé que deu resultado: ambos intercambiamos opinións antes de chegarmos aquí.
O libro, xa digo, encantoume. Tiven que lelo de vez, non podía parar. Destaca sobre todo o amor á cultura. Porque esta é a que axuda a medrar ao protagonista, a deixar atrás unha infancia solitaria mentres escoita da man do seu "mestre" o que supuxo a Segunda Guerra Mundial -con frases memorables- e se inicia no sexo e no amor. O libro envolve, ensina, pero non manda, só amosa. E amosa que a humildade, o afecto, a educación, son un bo xeito de encarar o mundo.

E para rematar algunhas das frases de Xabi: O libro é unha xoia, un canto á educación, á escola pública, ao papel liberador da cultura. Ademais, a figura de Don Gaetano é a dun auténtico mestre ¿anarquista?. Outra dimensión que tamén me chegou é o canto que fai á lectura, "ao vicio de ler". Xenial.

Bajando por el callejón en el que vivía, había tiendecitas de libreros que vendían a los estudiantes. Fuera tenían los libros usados de oferta en cajas de madera, sobre la acera. Empecé a ir por allí, a coger un libro y ponerme a leer sentado en el suelo. Uno me echó, fui a otro y ése dejó que me quedara. Un buen hombre, don Raimondo, alguien que entendía las cosas sin explicaciones. Me dio un taburete para que no leyera en el suelo. Después me dijo que me prestaba el libro si se lo devolvía sin estropeárselo. Le contesté que gracias, que se lo devolvería al día siguiente. Me pasé toda la noche acabándolo. Don Raimondo vio que era persona de palabra y me dejaba llevarme a casa un libro al día.

28/05/10

El beso de la sirena negra

Cando vin que Jesús Ferrero escribira unha novela negra, lanceime a buscala, lembrando aqueles meus anos mozos en que devorei este autor. Para ser totalmente sincera, tíñalle perdida a pista por completo, ata pensaba que non estaba a publicar nada ultimamente! Pedindo perdón pola miña ignorancia, atrévome a recomendarvos esta novela que resulta completamente diferente. El beso de la sirena negra é novela negra que afonda no lado máis escuro das persoas, do sexo, do pracer ou da dor. Unha detective que non busca un asasino nin un rateiro: “No le pido que indague en el alma de mi hija, sólo le pido que averigüe dónde se encuentra y qué clase de vida está haciendo”. De fondo, literatura e música. Vaiamos ao outro lado do espello, como Alicia, e descubramos que se agocha alí. Prous e Lewis Carrol son copratogonistas secundarios, presentes continuamente nunha obra que reincide na outra volta da vida, como a deles.
Non, non é unha obra mestra, pero creo que está ben. Seica é a primeira incursión que o autor fai na novela negra (será por moda?) e non o fai mal. O libro engancha, retente (que máis pedir?), é sensual -moito, nalgunhas páxinas-, ata calafriante; con crítica social incluída. Así que resulta máis que recomendable.

“El despertar, el verdadero despertar, es misterioso e inocente, y si bien se va produciendo de forma gradual, se advierte de repente. No es un hecho que se pueda demostrar, pues se lleva a cabo en las regiones más oscuras del alma, pero tampoco es una ficción de la mente. Se trata simplemente de un estado general que propicia una nueva mirada sobre la vida y sobre la muerte”.


28/12/09

Narradores de la noche

A miña benquerida Luz mándame as súas lecturas para facelas miñas. Eu, obediente, leo segundo a súa orde, sabedora de que non vai equivocarse. E como non, este é un libro de seu.

Narradores de la noche de Rafik Schami é un libro para todas as idades, porque é un conto, ou varios contos, na máis pura recreación de Las mil y una noches. Con ambiente oriental, reflectindo a súa cultura oral, unha novela coral na que as voces dos coprotagonistas danse paso en capítulos diferentes para contar cadansúa historia e derivar a atención do verdadeiro protagonista, fascinándonos con insinuacións e aparicións de fantasía e realidade a partes iguais.
Pero, ollo!, non é un libro de acción trepidante que te atrapa desde a primeira páxina para saber o final, non, é un libro de lectura plácida, cómoda, soñadora, degustando as palabras e gorentando cada historia, viaxando con elas a Damasco e ao deserto, á cor das súas paisaxes e ao barullo do seus mercados.

Verdaderamente, es una historia extraña: el cochero Salim perdió el habla. Si no hubiese sucedido ante mis propios ojos, la historia me habría parecido exagerada. Comenzó en agosto de 1959 en el barrio antiguo de Damasco. Si yo quisiese inventar una historia semejante, Damasco sería la ciudad para hacerlo. En ningún otro lugar podría ocurrir.

12/07/09

Mientras duerme el tiburón

Aínda que non é a miña última lectura, esquecera falarvos dela.

Mientras duerme el tiburón, de Milena Agus, é unha obra que conmove mentres se disfruta coa súa lectura, sinxela e curta. Unha familia estraña que desexas coñecer máis mentres prosegues pasando páxinas, desexando saber que vai acontecer posteriormente. Porque se algo ten o libro é que nos presenta unha familia do máis rara e inconfundíbel, cunha protagonista narradora que sofre por todos os demais, incluída ela mesma, e que nos fará identificar con moitos dos sufrimentos que padecen os e as personaxes. A búsqueda do amor, a soidade, a paixón, o sexo, a existencia de deus... todos estes temas serán tratados a cotío nas súas liñas de diferente xeito e con desiguais resultados.
Non é unha gran novela nin vos deixará unha pegada indeleble, pero lese a gusto.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.