Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Ideazapato. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ideazapato. Amosar todas as publicacións

27/07/12

Peces sin pecera

Da mesma editorial ideazapato temos este poemario, Peces sin pecera de José Manuel Mateo e Andrés Mario Ramírez Cuevas. Poemas que no fondo son como un artigo xornalístico que nos conta o que lle aconteceu a Renato antes de rematar no cárcere, un poemario diferente que é case unha fábula aínda que non teñan moralexa... ou si.

26/07/12

En este cuento

Pequerrecho álbum de José Manuel Mateo e Andrés Mario Ramírez Cuevas publicado por ideazapato, editorial mexicana distribuída por Kalandraka. Un libro de animais, que, coma os humanos, non están satisfeitos co que teñen nin como son, por iso é difícil ser feliz, porque sempre se anceia máis e nunca nada chega.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.