Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Sin Pretensiones. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sin Pretensiones. Amosar todas as publicacións

13/04/13

Un perro

O terceiro e último título co que de momento nos agasalla esta nova editorial Sin Pretensiones é Un perro, con texto de Daniel Nesquens e ilustracións de Alberto Gamón. Un libro para perderse nas súas ilustracións, caracterizado novamente por unha historia sinxela que se afasta das outras dúas por ser menos surrealista pero non menos creativo. As ilustracións destacan por constituír outra historia na que buscar detalles curiosos; chamativas tamén por empregar un papel cuadriculado que serve de base para ilustrar dun xeito case cubista en tons verdosos. Unha homenaxe a Francia e moitos dos seus personaxes máis internacionais.


El sombrero volador

O segundo dos títulos publicados pola editorial Sin Pretensiones é este El sombrero volador de Daniel Nesquens ilustrado por Elisa Arguilé. Unha historia delirante que resulta esteticamente unha homenaxe ao pop dos anos 70. Ironicamente cercana aos contos tradicionais, o conflito só poderá ser resolvido por unha ra. Ironía reinventada nunha leve deformación dos persoanxes.


Un agujero

O ano pasado naceu unha nova editorial cun nome ben curioso que de momento semella ben difícil de conseguir por aquí: estou a falar da editorial Sin Pretensiones. O libro que neste momento nos ocupa é Un agujero de Daniel Nesquens con ilustracións de Ana Lóbez. Un álbum surrealista onde texto e ilustración se funden misteriosamente e nos transportan a un universo descoñecido. Chama a atención a cor usada predominantemente, o vermello, que consegue un efecto turbador nunha historia dun buraco que nun principio semella ben perigoso.


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.