Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Sotelo Blanco b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sotelo Blanco b>. Amosar todas as publicacións
22/02/13
O carballo con botas
Un libro para os máis pequenos e pequenas, un conto ben fermoso de Anxo Moure con ilustracións de Cristina Ouro publicado por Sotelo Blanco: O carballo con botas fala da importancia de coidar o medio
ambiente, da fascinación da natureza e do perigo dos incendios, que destrúen todo
canto é de noso. Pero un libro que tamén afonda na crueza da guerra e da
soidade. E sobre todo, no medio da destrución, do lixo, do vello... sempre
xorde a esperanza, a vida, o futuro. E se os bosques teñen árbores, nós teremos
contos. Que sería do ser humano sen os contos? Por iso, este libriño convértese nun imprescindible para que a rapazallada entenda certos valores que nunca, nunca, debemos esquecer.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Infancia, Letras Galegas, Medio Ambiente, Recomendamos, Sotelo Blanco
30/09/11
Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata
Publica Sotelo Blanco este libro moi apropiado para o primeiro curso da ESO: Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata, con texto e ilustracións de Maties Segura e Abraham Carreiro. Vou probar co alumnado a ver se lles gusta, pero dáme que si. Aventuras
moi actuais, tecnoloxicamente falando, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Moi entretido, a lectura resulta agradable, aínda que o final sexa algo frouxo por desenlear demasiado axiña e sen comprometerse, non sei se agardando unha segunda parte.
Moi apropiado tamén e coido que efectivo o feito de non se contentar só co texto, posto que alumnado e lectores teñen a posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa propia páxina web, www.xoeliki.com., onde poderemos acceder a cada un dos personaxes, poderemos coñecer aos autores, saber como e por que, e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto impactan por seren moi especiais, cunha cor que nun principio pode semellar chocante.
moi actuais, tecnoloxicamente falando, dun neno de once anos que bota de menos ao seu pai morto e que é moi afeccionado aos videoxogos, mantendo unha relación de amizade virtual e véndose envolto nun conflito co que de nin de lonxe podería soñar. Moi entretido, a lectura resulta agradable, aínda que o final sexa algo frouxo por desenlear demasiado axiña e sen comprometerse, non sei se agardando unha segunda parte.Moi apropiado tamén e coido que efectivo o feito de non se contentar só co texto, posto que alumnado e lectores teñen a posibilidade de chegar ao libro a través da rede, posto que conta coa súa propia páxina web, www.xoeliki.com., onde poderemos acceder a cada un dos personaxes, poderemos coñecer aos autores, saber como e por que, e mesmo convidarannos a formar parte dun foro e sermos da súa Rede Social Tesouros Piratas. Algo que vai encantar.
As ilustracións que acompañan o texto impactan por seren moi especiais, cunha cor que nun principio pode semellar chocante.
Atoparalo en Ilustración, Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Sotelo Blanco
11/07/11
Antón e os inocentes
Un xa clásico da nosa literatura que non lin no seu momento polo que soluciono o erro: Antón e os inocentes de Méndez Ferrín está publicado por Sotelo Blanco.Unha novela de iniciación a dúas voces, dous mozos que maduran cos acontecementos que deben vivir e polas circunstancias familiares tan diferentes e tan próximas que lles veñen dadas: a soidade, a inxustiza social, o amor... nun Vigo omnipresente de finais dos anos 50 (Vigo, case personaxe). Unha gran obra feita con rupturas temporais que manteñen esperto o lector, ávido por saber máis das historias actuais pero tamén das pasadas, tecendo arredor dos dous personaxes principais un espello da historia recente e a perda da inocencia cara á madurez do presente e o amor que une como fío condutor e argumental. Unha novela sempre actual que non debemos esquecer.
Atoparalo en Lectura, Letras Galegas, Libros, Recomendamos, Sotelo Blanco
02/06/10
Ácaros verdes
Ainara García Doval apórtanos agora a súa reflexión sobre esta lectura, Ácaros verdes de Pilar Buela

Gustoume moito esta novela por varios motivos. O primeiro é que está enmarcado nos últimos días da Segunda Guerra Mundial, nun Berlín en ruínas que agarda ser tomado polos aliados en calquera momento.
O segundo, polo feito de seguir a historia dende o punto de vista de dúas mulleres como foron Eva Braun e Magda Goebbels, as donas do nazismo, unha por ser a amante de Hitler, a outra por representar o prototipo de muller aria, casado co ministro de propaganda do réxime e nai de seis cativos loiros cuxos nomes comezaban pola letra H en honor ao seu querido Führer.
Gustoume tamén como a autora tenta poñerse na pel destas dúas mulleres, na atmosfera opresiva de bunker no que se refuxiaban, tomando ambas as dúas a decisión de poñerlle fin á súa vida xunto á de Hitler, no caso de Magda mesmo asasinando aos seus pequenos.
O que máis me chamou a atención da historia é o amor cego que Eva lle profesaba ao Hitler, un amor que durou dende o seu ascenso ao poder ata os seus derradeiros días nese búnker subterráneo, onde despois de numerosos anos de amor clandestino, Hitler lle pide que case con el.
O segundo, polo feito de seguir a historia dende o punto de vista de dúas mulleres como foron Eva Braun e Magda Goebbels, as donas do nazismo, unha por ser a amante de Hitler, a outra por representar o prototipo de muller aria, casado co ministro de propaganda do réxime e nai de seis cativos loiros cuxos nomes comezaban pola letra H en honor ao seu querido Führer.
Gustoume tamén como a autora tenta poñerse na pel destas dúas mulleres, na atmosfera opresiva de bunker no que se refuxiaban, tomando ambas as dúas a decisión de poñerlle fin á súa vida xunto á de Hitler, no caso de Magda mesmo asasinando aos seus pequenos.
O que máis me chamou a atención da historia é o amor cego que Eva lle profesaba ao Hitler, un amor que durou dende o seu ascenso ao poder ata os seus derradeiros días nese búnker subterráneo, onde despois de numerosos anos de amor clandestino, Hitler lle pide que case con el.
Atoparalo en Colaboracións, Guerras, Lectura, Letras Galegas, Libros, Muller, Recomendamos, Sotelo Blanco
04/02/10
A Muller do Mediodía
Superando a miña crise lectora, este libro levoume demasiado tempo, non sei se produto da súa propia lectura ou do meu estado, aínda que estou por apostar que foi pola primei
ra causa: a lectura é morosa, lenta, demasiado sobria, chegando a ser cansa. Pero ten a contrapartida de que estamos enganchados desde o prólogo, impactante, un ofrecemento a seguir adiante inapelable.
O feito é que o libro gustoume (non me encantou), sobre todo a primeira e última parte. Unha visión diferente da Segunda Guerra Mundial, unha muller que sofre e que non é quen de sentir. Unha historia que comeza acabada a Segunda Guerra para volver atrás no tempo e explicar unha parte dos sucesos que desembocan nesa loucura colectiva. O seu ben máis prezado é a personalidade das protagonistas, con lesbianismo incluído, que fai máis atraente a novela, posto que o importante aquí é ser muller nesa época. Por iso ofrece unha ollada diferente, incluída unha nai xudía tola.
A Muller do Mediodía é de Julia Franck, traducida ao galego por Luís Fernández Rodríguez e editada por Sotelo Blanco.
Foi Premio dos Libreiros Alemáns no ano 2007.
ra causa: a lectura é morosa, lenta, demasiado sobria, chegando a ser cansa. Pero ten a contrapartida de que estamos enganchados desde o prólogo, impactante, un ofrecemento a seguir adiante inapelable.O feito é que o libro gustoume (non me encantou), sobre todo a primeira e última parte. Unha visión diferente da Segunda Guerra Mundial, unha muller que sofre e que non é quen de sentir. Unha historia que comeza acabada a Segunda Guerra para volver atrás no tempo e explicar unha parte dos sucesos que desembocan nesa loucura colectiva. O seu ben máis prezado é a personalidade das protagonistas, con lesbianismo incluído, que fai máis atraente a novela, posto que o importante aquí é ser muller nesa época. Por iso ofrece unha ollada diferente, incluída unha nai xudía tola.
A Muller do Mediodía é de Julia Franck, traducida ao galego por Luís Fernández Rodríguez e editada por Sotelo Blanco.
Foi Premio dos Libreiros Alemáns no ano 2007.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.




