Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Kókinos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Kókinos. Amosar todas as publicacións

24/07/18

Tres Kuchulús sin historia

Divertido álbum, idóneo para a lectura en voz alta e buscar a complicidade dos nenos e nenas oíntes: ata os números das páxinas fan historia!!! Tres Kuchulús sin historia é un conto fantástico de Mandana Sadat que publica Kókinos. Aquí toparemos varias lecturas, podermos ler todo seguido, como un conto tradicional (a opción menos válida) ou seguir as ilustracións, axudarnos da paxinación, seguir o texto... E todo porque os tres protagonistas, estraños protagonistas, por certo, necesitan unha historia porque perciben que lles falta iso para teren unha vida completa. Saben que teñen ollos mirándoos, os nosos, e iso pertúrbaos. Ante si, varias opcións: O Camiño dos Contos Antigos, a Rúa das Futuras Aventuras, o Carreiro da Poesía, ou o das Cancións Infantís... Cada camiño é diferente e toparán diferentes particularidades.
Pero o mellor de todo, ademais do humor que destila cada páxina e do que será imposible escapulirse, é o desafío que supón a interacción co lectorado. Absolutamente xenial!

20/06/18

Sirenas

Chamoume a atención este álbum cando vin a portada... e non me equivoquei. Sirenas de Jessica Love, publicado por Kókinos, é un álbum para rachar con estereotipos -masculinos e femininos-, para falar de diversidade, contado dende a sensibilidade e converténdose en exemplo de tolerancia. Máis que o texto -mínimo-, son as ilustracións -que rebordan cor- as que nos iluminan coa intención do libro. Un libro que se converte, por tanto, en instrumento esencial para falar coa normalidade debida de transexualidade.

19/06/18

La declaración universal de derechos humanos

Xa sabedes, vexo un pop-up... e para casa! Así me pasou con este libro publicado por Kókinos: La declaración universal de derechos humanos. Un libro sinxelo que nos lembra cales son eses dereitos mentres observamos como se desprega cada páxina.

16/06/18

La vocecita

Na editorial Kókinos poderedes atopar este divertido álbum de Michael Scoffier ilustrado por Kris Di Giacomo que soprende polo seu final e arrinca unha sonora gargallada. Divertido dende o inicio escatolóxico e abraiante polo resultado, é un deses álbums ideias para ler en voz alta e provocar unha interacción do auditorio. Asemade, pódese traballar o feito de tentar sempre reparar os danos que causemos e mesmo esa voz interior que nos asalta cando cometemos unha pequena infracción. Sexa como sexa, paga a pena a súa lectura e relectura.

18/04/16

El jardín de las mariposas

Publica Kókinos esta gozada de pop-up de Philippe Ug, El jardín de las mariposas conta a transformación que sofren estes bechiños dende que nacen ata que medran, convertendo cada páxina nun espléndido xardín orixinal no que procuramos os pequenos detalles.

19/03/16

9 meses





Xa sabedes que teño predilección polos álbums ilustrados pero polos pop-up teño paixón. E foi ver este 9 meses de Jean-Marc Fiess publicado por Kókinos e namorar, claro! Pero que chulada de libro!!! Din na contracapa que son "9 meses para agardarte, para buscarte un nome..." eu creo que son 90 anos para gozar abrindo este libro de cando en vez. Non cómpre estar agardando un fillo para telo nas mans e deixar que o noso maxín voe en cada páxina despregable, xa que ha tal sensibilidade detrás que é imposible non sentila; nas súas páxinas hai un bosque onde se agonchan os medos y ata hai un xogo de espellos. 
Precioooosoooo!



16/11/15

El árbol de los bebés

Publicado en Kókinos, El árbol de los bebés é de Sophie Blackall, que decide dar resposta á típica pregunta que fan os nenos e nenas cando agardan un irmán: de onde veñen os bebés? Algo tan sinxelo remata non séndoo e cadaquén dá unha resposta diferente: dunha semente, do hospital, dun ovo, da cegoña... Cando o protagonista averigua a verdade, percátase de que terá que lle explicar a seu avó a verdade, pois sente que este está moi lonxe de sabelo.


15/11/15

La ballena azul

Cando vin este libro pensei inmediatamente nunha persoa que ama as baleas. Así que lino por ela e aquí vai.
Para ti, María Jesús.

Publica Kókinos La ballena azul de Jenni Desmond, un álbum sobre esta especie protexida en perigo de extinción -de aí a importancia de coñecela-, onde nos ofrece datos de interese coma o peso, o seu corazón, os seus ollos, o seu alimento... toda a información que precisemos se nos dá dun xeito claro e asemade tenro, polo que se converte nun axeitado libro de divulgación científica sobre esta especia animal. E todo isto, dirixido a un neno que le e aprende antes de durmir. Grazas tamén ás ilustracións, este documentl resulta máis doado de ser comprensible para un lectorado novo.
Imprescindible nunha biblioteca escolar.


06/11/15

Excentric Cinema

Marabilla das marabillas este Excentric Cinema de Beatrice Coron que vén de publicar Kókinos: un libro que xoga cun monte de posibilidades ao ser creado con papel recortado e conter un monllo de historias para nos inventar ao non ter palabras. Foi Soledad Felloza quen me comentou das posibilidades deste libro, ao que ela pegou por atrás un papel en branco para logo proxectar as imaxes cunha lanterna. Está claro que é cine mudo do bo! Poñámoslle palabras se queremos!
Aínda non o tedes???
 



01/10/15

Todos sois mis favoritos

 Se tedes varios fill@s, non o dubidedes, este é o voso álbum. É realmente tenro!!! Publicado por Kókinos, Todos sois mis favoritos é de Sam McBratney con ilustracións de Anita Jeram. unha familia de osos con tres irmáns moi diferentes que quererán saber cal é o preferido. A resposta, unha gozada; non hai un favorito porque cada un é único e especial. Imposible non quedar cun sorriso nos beizos, poque só hai sabedoría e tenrura. As ilustracións son lenes, coma o texto, unha mestura de outono en ton e cor, un soño delicado, unha perfecta harmonía, texto e ilustración, que forman unha gran parella.
Estamos ante un texto que nos fala de amor, da imposibilidade de razoar sobre un sentimento tan especial que está en toda a natureza. E todo isto, sen ser cursi nin patético.


13/09/15

Edmundo


Kókinos publica Edmundo de Ingrid Chabbert e Guridi, un fermoso e alongado álbum sobre o amor maternal e paternal que ten como protagonista un ser do que non coñecemos a súa aparencia física, porque a el gustaríalle ser invisible, mimetizándose coas cores que o rodena. Pero o amor fará que esqueza ata a súa propia soidade, porque coidará dun ovo ata que o ser que naza del sexa tan forte como para voar e atopar a súa nai. Pero o sentimento de adopción paternal é moi forte, e o paxariño adoptado por el recoñecerao como o seu protector. Tanto texto como ilustración fúndense nunha paleta de cores para amosarnos un personaxe inesquecible e tan expresivo que non necesita nin boca nin nariz, só ollos.



Edmundo, era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo. Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la paternidad. - See more at: http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf
Edmundo, era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo. Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la paternidad. - See more at: http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf
Edmundo, era tímido, no le gustaba ser visto, procuraba esconderse y pasar desapercibido. Un día encuentra un huevo y decide cuidarlo y protegerlo. Pasado el tiempo nació un pajarito y se sintió muy feliz. Un día el pajarito vuela al ver a su mamá y Edmundo se queda triste. Pasará el tiempo y ocurrirá algo que hará que nuestro protagonista recupere su felicidad. Un álbum bien elaborado donde texto e ilustración se complementan para hablar de lo sentimientos que provoca la adopción y la paternidad. - See more at: http://www.canallector.com/22803/Edmundo#sthash.t20o3i8n.dpuf

26/06/15

La historia del pequeño lirón que no podía dormir

Un título longo que describe o argumento deste fermoso álbum que publica Kókinos de Sabine Bohlmann e Kerstin Schoene: La historia del pequeño lirón que no podía dormir é un canto á amizade... e a tentar quedar durmido. Vaia, que o lirón ten o meu mesmo problema! Só que el debe durmir varios meses e cústalle facelo, co conseguinte temor a ser diferente aos demais. Todos os animais procuran auxilialo, pero el permanece imbatible mentres que son eles os que van caendo no sopor... O libro conta con fermosas ilustracións e xoga mesmo coa tipografía, debendo cambiar o álbum de sentido para a súa lectura. Unha lectura que coido será divertida para compartir en algo cos máis pequerrechos.

05/03/15

El otro Pablo

Álbum ilustrado publicado por Kókinos con texto e ilustracións de Mandana Sadat. Álbum infantil que presenta dúas caras dunha moeda, onde as ilustracións combinánse con logotipos e outros debuxos diferentes. Falamos dunha complementariedade xa que temos dous protagonistas antagónicos que se os xuntamos teriamos un todo perfecto. Este antagonismo desenvólvese nun clima simpático e emotivo a un mesmo tempo.



21/02/15

Una montaña de amigos

Kerstin Schoene é o artifice deste Una montaña de amigos que publica Kókinos. Fermoso álbum que na contada serve para interactuar, xa que cómpre darlle voltas ao libro e xogar con el. Unha narración sobre o poder da amizade, da solidariedade e da empatía. Un tenro álbum delicioso que reflexiona asemade sobre o poder de cadaquén para tentar alcanzar o propio soño. Con amigos, todo é posible. E o lector/lectora será un deles. Se ademais, vos gustan os animais, este é o libro axeitado para ler antes de durmir.




12/02/15

Nacido del corazón


Kókinos propón unha desas lecturas que pousan no corazón, xa que non fala doutra cousa máis que da adopción. Cando o estaba a ler pensaba nunha compañeira que, valente coma poucas, decicidiu adoptar non un senón dous nenos ela soa. E cando lle ensinei o álbum, ao ver a portada, exclamou: "estes son os mues nenos". Así é. Eu, que non vivo esa situación, tiven que agardar a ler o álbum para percatarme do tema do álbum; ela, pola contra, mirou a portada e soubo de que ía. 
Estamos a falar de Nacido del corazón de Berta Serrano con ilustracións de Alfonso Serrano. A experiencia propia fai escribir este libro á súa autora, quen conta como o amor, o entusiasmo, a paciencia, son as encargadas de traer un novo membro á familia, de facer que sexan os nenos quen adopten aos pais.
Chaman a atención as ilustracións, de figuras alongadas e de cores brillantes, que amosan a ledicia de amar e nas que vemos como vai medrando ese corazón cando noutras nais o que medra é a barriga.
Porque hai familias diversas e porque debemos aprender a medrar nesa diversidade; porque cómpren libros para desdramatizar a adopción; porque cómpre crer na forza do amor; porque cómpre subliñar a importancia de concibir con este. Por todo iso é un álbum marabilloso.

11/02/15

Mi árbol de los secretos

Unha auténtica fermosura! Velo só dentro do plástico xa resulta emocionante, porque sabes que vas atopar un álbum deses que queres posuír para abrilo de cando en vez. Os artífices son Olivier Ka e Marine Perrin e a editorial que nos trae Mi árbol de los secretos é Kókinos. Antes da historia, está o obxecto, un pop-up con ventás que abren e pechan,  con segredos a descubrir, con texturas diferentes. A historia, tamén fermosa, xira arredor dos segredos que ten un rapaz, alguén que sabe que a súa árbore é quen de gardar os segredos máis profundos porque a árbore nunca o vai traizoar. Ademais, a palabra "segredos" na contracapa está en 20 idiomas.
Non o deixedes escapar!

"En lo más profundo de mi jardín
hay un gran árbol.
Y en ese árbol, están todos mis secretos".


02/01/15

El libro inquieto

Los Krickelkrakels na editorial Kókinos tráennos moito máis ca un libro: El libro inquieto é un xogo divertido e interactivo, unha execlente proposta para compartir, e todo isto nun só libro coa aparencia dun álbum ilustrado máis. Que ocorre? Que a historia pide e require a participación do lector para que teña sentido, por iso é un libro idela para as bibliotecas escolares e para contar na casa, xa que os nenos e nenas deben interactuar co adulto que conta. O texto dá unha serie de ordes para que vaia desenvolvéndose: dar golpes, bicar, darlle voltas ao libro, cantar... Todas as accións, asemade, van dirixindas a inventar parte da historia, é dicir, a desenvolver a imaxinación. O libro, a lectura, é un xogo, que permite que quen non sabe ler goce tantou ou máis que con calquera libro contado e escoitado por eles e elas.
Fondos brancos, estética pop, ilustracións a medio pintar, cores que convidan... todo o libro está dirixido á diversión e a espertar inquedanzas. 
Magnífico.








15/10/14

¿Quieres ser mi amigo?

Outro álbum de Eric Carle publicado por Kókinos é este precioso ¿Quieres ser mi amigo?. O protagonista, un rato que procura unha amizade coa que non sentirse só. O primeiro que vemos son as colas dos animais o que resulta moi estimulante para a lectura xa que xera expectativas e curiosidade, ademais de abrir portas no mundo do maxín... ata pasar a páxina que nos irá descubrindo con quen está a falar o protagonista. Unha historia afectiva que ofrece algo máis que un catálogo de animais.
Coma noutros libros deste autor, emprega a técnica do collage para os personaxes.


05/10/14

Me encanta...

Xa ten uns aniños, pero segue a ser un pequeno álbum precioso publicado por Kókinos, con texto de Minne e ilustracións de Natali Fortier: Me encanta... é unha listaxe de cousas que lle gusta facer ou sentir á unha nena, un catálogo de sensacións cotiás con olor a tenrura. O que nos procura o texto é facer nós unha similar: que sensacións nos encantan? Que lembranzas nos gusta recordar de cando en vez? Que fotografías nos gustar volver a mirar? Que cousas nos gusta facer?
As ilustracións son doces e delicadas, o que contribúe á maxia deste catálogo de momentos felices, un libro brando e gustoso, cheo de sensibilidade.
E a ti, que che encanta facer?

“Me encanta que la abuela me enseñe las fotos de mamá cuando era pequeña y diga: Cómo se parecía  a ti, era casi tan bonita como tú.”
“Sacar la mano por la ventana cuando vamos en el coche, a toda velocidad y sentir la fuerza del viento.”
“Pegar la cara contra el cristal helado y dibujar un corazón con la nariz, en el vaho.”

Me encanta. Minne; il. Natalie Fortier. Madrid: Kókinos, 2004

Me encanta. Minne; il. Natalie Fortier. Madrid: Kókinos, 2004

Me encanta. Minne; il. Natalie Fortier. Madrid: Kókinos, 2004

Me encanta. Minne; il. Natalie Fortier. Madrid: Kókinos, 2004

Me encanta. Minne; il. Natalie Fortier. Madrid: Kókinos, 2004

02/09/14

¿Quieres jugar conmigo?


Novamente é a editorial Kókinos a encargada de publicar este libro de Éric Battut e o seu ratiño: ¿Quieres jugar conmigo?. Unha vez máis, topamos a tenura deste autor nun rato que, tan só, quere xogar, pero non topa con quen. Será que iso sucede porque el é "diferente"? Será que ninguén acepta a súa amizade pola cor da súa pel? Ou será culpa del? O autor expresa ese sentimento de rexeitamento que moitas veces sentimos por non estar coa maioría, por ser diferente, por pensar diferente. Pero esta alternativa é precisamente a que enriquece o mundo, xa que as aparencias só son iso, aparencias.
Tenrura, ledicia e tristura enchen as páxinas verdes e brancas nun álbum conmovedor.


 

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.