Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.
Amosando publicacións coa etiqueta Juventud b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Juventud b>. Amosar todas as publicacións
11/11/19
Esperando
Delicado, entrañable e simpático este álbum de Kevin Henkes titulado Esperando que publica a editorial Juventud. Esperando porque cinco personaxes ante unha ventá agardan a que algo ocorra diante das súas vidas: a lúa, a choiva, o vento, a neve... ou incluso se pode mirar e mirar sen nada agardar. Porque agardémolo ou non, o futuro chega porque o tempo non para xamais, pero tamén esa espera é fermosa porque se realiza en amizade e esta si que é atemporal. Asemade, a felicidade está nas pequenas coousas, non cómpre que pasen grandes sucesos.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
17/11/15
Susana
Aínda que xa ten uns aniños, cheguei agora a este precioso álbum da editorial Juventud chamado Susana, con texto de Marie-Ange Guillaume e ilustracións de François Roca. Susana é unha nena afouta que sae a coñecer mundo porque ela non teme a nada nin a ninguén, polo que é quen de atravesar ríos e montañas para ver canto hai de fermoso no mundo e para regresar e contarllo a quen sabe que a espera: o seu fiel cadeliño. Mentres, as ilustracións, enormes, anotan tremendas e fermosas paisaxes, grandes composicións... aínda que as figuras semellan un pouco estáticas, ríxidas.
E o que menos me gusta é a edición, porque coido que o texto faise bastante ilexible, cunha icona entre as liñas e un texto enormeeee, tanto que parece querer fuxir da propia páxina na que está situado.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
04/10/15
Letras al carbón
Volve a editorial Juventud a engaiolarnos cun dos seus álbums que falan da vida real, desa que semella tan afastada. Baixo o título Letras al carbón, Irene Vasco e Juan Palomino cóntannos unha e mil vidas reais, aquela de moitas mozas e mulleres que viven afastadas da educación e que aprenden a ler e a escribir porque saben da súa importancia.
Unha nai colombiana conta ao seu fillo como aprendeu a ler dentro dunha comunidade analfabeta; este poder que lle dá a lectura e a escritura fará que ela sexa máis dona do seu destino. Porque o libro conta unha historia que se traduce en moitas, a alfabetización, a entrada a un mundo de palabra escrita, un mundo de información, de crítica, de cultura. Sen esta non hai posibilidade de que o camiño da sociedade vaia na boa dirección. Non pode haber xustiza nin igualdade sen cultura, sen educación. E iso é o que nos transmite este libro sen pretender dar ningún sermón. Conta o que hai, e nós traducimos o que se agocha.
E ao carón do texto, unhas ilustracións que nos amosan con todo detalle a vida rural dese pobo.
Un álbum altamente recomendable. Quizais mesmo imprescindible.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
25/07/15
Advertencia ¡No abras este libro!
Advertencia ¡No abras este libro! Logo non digades que non avisei. A editorial Juventud publica este xogo interactivo narrado por Adam Lehrhaupt e ilustrado por Matthew Forsythe. O libro é, xa digo, un xogo metaliterario. O narrador pretende afastarnos da lectura constantemente, porque é perigoso pasear entre as páxinas. E vaia se o é! Porque hai animais en perigo que teremos que salvar, igual que teremos coidado tamén nós de non sermos devorados por un caimán. Moito olliño!
Orixinal e divertido, asemade solidario, imprescindible libro para contar.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
04/06/15
La niña y el monstruo
Neil Irani é o autor de La niña y el monstruo, ilustrado por Park Yun, publicado pola editorial Juventud. Un álbum sobre o rexeitamento que sentimos cara a nós mesmos, o medo que nos produce que ese mesmo rexeitamento tamén o sintan as outras persoas. É dicir, un libro sobre a autoestima. Unha autoestima que, se cae, impide a normal relación entre as persoas e un illamento social frustrante e deplorable. O álbum, en clave optimista, remata cunha posible solución: que sexan os demais os que se acerquen con naturalidade.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
23/05/15
Lindbergh. La increíble aventura de un ratón volador
Fermosísimo álbum da editorial Juventud de Torben Kuhlmann ao que non puiden resistirme cando o vin: Lindbergh. La increíble aventura de un ratón volador é a historia dun rato piloto que logra atravesar o Océano Atlántico dende Hamburgo ata Nova Iorque, unha chiscadela á historia da aviación, xa que foi o americano harles Lindbergh quen cruzou por primeira vez ese océano en 1927 e ao revés, dende Nova Iorque ata París. Claro que isto -se non sabemos a historia- non o descubriremos ata ao final, pois nós estamos a ler as aventuras dun rato moi valente que medra antes as dificultades e non teme a nada, soñando con reunirse cos seus compañeiros que sabe emigrados na procura dun mundo mellor. Para iso este rato afouto inventará unha estraña máquina que voa, inspirándose nos morcegos, uns animais que deben ser parentes, polas semellanzas.
O álbum constitúe así unha homenaxe a inventores e aventureiros que perseguen os seus soños e constrúen as grandes historias da humanidade. Un álbum que mestura ficción e información e que demostra que serve para todas as idades lectoras.
E sobre todo, un flipe de ilustracións, que narran o ambiente en xeral e as emocións en particular.





Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
07/05/15
Sam y Leo cavan un hoyo
Mac Barnett e Jon Klassen son os autores de Sam y Leo cavan un hoyo que publica a editorial Juventud. Dous rapaces póñense a facer un burato buscando un tesouro... que lectores e lectoras saben aí, pero non podemos avisalos de que levan unha dirección errada, aínda que si o fai o cadelo, que é ignorado. Nós sabémolo grazas ás ilustracións. E mira que teñen oportunidades!!! Isto é o que lle imprime máis humor á historia
Unha historia enxeñosa onde destacan as ilustracións subterráneas.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
24/12/14
Si yo fuese un libro
Como non comprar un álbum con este título! Claro está, tan pronto o vin, veuse canda min. José Jorge Letria e André Letria son os artífices deste Si yo fuese un libro publicado pola Editorial Juventud.
Se amades os libros tanto coma min, sobran as palabras. Se non os amades, para que falarvos deste álbum? Sobran as palabras, por tanto.
Atoparalo en Álbum ilustrado, Fomento da lectura, Juventud, Recomendamos
03/04/14
Mi boa Bob
Simpático álbum pulblicado por Juventud de Randy Siegel e Serge Bloch: Mi boa Bob é un álbum sincxelo pero expresivo e simpático onde a mascota sabe interpretar todo tipo de ordes e é máis lista cá fame. Os debuxos son esquemáticos en branco e negro con algo verde e rosa.
Moi orixinal.
...abrí la caja y chillé:
–¡Hala, qué guay!
En la caja había una jaula con una boa dentro... |
||
La
boa asomó la cabeza, salió arrastrándose
lentamente y se deslizó por la habitación.
Entonces su cuerpo se onduló formando letras claras hasta completar una palabra: |
||
Y tal como lo prometió, Bob hasta ahora no ha mordido a nadie. Ni se ha enfadado. Se ha portado muy bien. Es una serpiente muy educada y encantadora. ¡Hasta mi madre ha podido comprobarlo! |
||
|
||
Como en aquel vuelo con la familia a Florida, en el que varios pasajeros parecían MUY alterados... |
||
Yo
sé que los perros y
los gatos fueron,
son y serán las mascotas más populares,
las que reciben toneladas de amor y atención. Pero yo me siento afortunado de tener a mi boa Bob, que es de lejos la mejor serpiente del mundo entero. |
||
Atoparalo en Álbum ilustrado, Juventud, Recomendamos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.

























