Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Ed. de Ponent. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ed. de Ponent. Amosar todas as publicacións

02/11/15

En este rincón del mundo

Tocou fin de semana de cómic e manga para elixir libros para a biblioteca. E este encantoume: En este rincón del mundo de Fumiyo Kouno está publicado por Ponent Mon. "Kono sekai no katasumi ni" comezou a súa publicación na revista "Weekly Manga Action" en 2007, e rematou dous anos despois. A historia conta a vida dunha moza que casa en Kure durante a Segunda Guerra mundial, aínda que as primeiras páxinas presentan a súa vida dende nena, como moi boa debuxando e moi despistada. Unha vida ura a desta moza nunha familia de clase baixa que vai espertando sentimentos antes descoñecidos polas persoas que ten ao seu arredor. Por riba de todo, sobrevoa unha guerra. Unha guerra que os golperará brutalmente.
O que máis me gusta é como saben transmitir os sentimenos estes debuxos de manga. A melancolía, a tristura, a dozura, a tenrura, o cariño... de todo hai e todo sabe transmitirse.
430 páxinas que se len nun voo.






30/10/15

El último vuelo de las mariposas

Encantoume este manga de Kan Takahama que publica Ponent Mon: El último vuelo de las mariposas é unha historia de amor dunha cortesana e dun home enfermo, unha historia preciosa e verídica onde coñeceremos un pouco máis desoutro mundo que semella tan afastado. Unha muller que é o que non parece, porque debaixo dunha face case inexpresiva ocúltase unha historia de tristura e cariño infinito; a historia vai desentrañando unha serie de personaxes que golpean en cada páxina sentimentos e dores para amosarnos un tecido lento dun relato que nos acolle sobre todo pola súa coidada ambientación. Un manga en branco e negro que amosa que existe unha variedade enorme de cores se nos fixamos e non quedamos tan só na superficie.
Só con ver a portada dan ganas de adentrarse neste libro que non defrauda.


08/05/15

Los guardianes del Louvre



Ponent Mon publica Los guardianes del Louvre de Jiro Taniguchi respectando a orde dos mangas, en gran formato e tapa dura, case un luxo de libro, un libro ben interesante que o autor nos ofrece despois da sçua visita aos museos de Parçis en 2013. Dende a súa enfermidade realiza unha viaxe onírica ao interior do museo que nos descobre segredos de artistas (conversa Van Gogh, observa pintar a Corot…)  e mesmo nos conta como se tentaron salvar as obras de arte das garras do nazismo.
A destacar, desde logo, o debuxo, a cor, a delicadez, a limpeza do trazo. Mentres lemos, vemos un filme intimista e ben construído.
Unha gozada.



09/04/15

Demeter. Cuaderno de Bitácora


Marabilla das marabillas é este Demeter. Cuaderno de Bitácora de Ana Juan publicado por Edicions de Ponent. É que todo o que faga esta muller está abocado a ser obra mestra, coma esta que nos ocupa arestora, todo un espectáculo visual cheo de forza maligna e negrume. Nesta obra relátase o mito de Drácula na súa viaxe inicial dende o 6 de xullo ao 6 de agosto de 1879 no barco "Demeter", dende Romanía a Inglaterra. Unha viaxe onde as desaparicións dos mariñeiros vanse sucedendo e onde as sombras reinan entre os nervios, a confusión e o temor. O final, como non, emocionante e fatal.






03/02/15

Trent

Un cómic que veño de descubrir aínda agora é esta edición integral que realiza a editorial Ponent Mon de Trent, cómic realizado por Rodolphe e Leo, que reúne documentos inéditos Un cómic que ten como protagonista a un sarxento da Policía Montada canadense, cunha personalidade reservada que amosa nos seus pensamentos, xa que os autores utilizan o recurso do monólogo interior. Un policía íntegro, algo que demostra continuamente. 
O debuxo é moi realista, a ambientación está moi coidada.
Non é o tipo de cómics que a min máis me gusten, pero está ben tratado o tema e resulta interesante, como ver unha película de aventuras deses tempos.


02/07/14

Snowhite

 
Levaba un montón de tempo detrás deste libro e por fin conseguino. Da miña admirada Ana Juan, unha das mellores ilustradoras actuias, e da editorial Ediciones de Ponent, un álbum tráxico, unha dura versión do conto de Brancaneves: unha madrastra perversa, uns ananos explotadores, un príncipe violador e unha protagonista triste. As ilustracións, sobrecolledoras: negras e grises igual que o propio texto, alternándose páxinas de dobre ilustracións con outras de ilustración e texto. Impresionan dende a portada porque son absolutamente desgarradoras. Como o é a historia, desgraciadamente bastante máis crible que o conto edulcorado que coñecemos, porque o comportamento humano é así, ruín e escuro, coma o libro que temos nas mans.







24/04/14

El perro enamorado de las estrellas

Permitídeme a expresión: estou flipando con estes mangas que ando a descubrir. Este último é de Takashi Murakami e está publicado por Ponent Mon (unha edición que reúne os dos títulos nun só volume): El perro enamorado de las estrellas é un libro moi premiado no seu país onde os cadeliños son protagonistas da tenrura, a sensibilidade e a Amizade. Si, con maiúsculas.
Fixádevos na portada. Pois si, por esa portada cheguei eu ao libro, do que non coñecía nada en absoluto. Pero pensaba que ía ler unha historia completamente diferente, a verdade. A Historia, Historia que une os diferentes relatos do libro e que completan un sentido ao final de todo, é que un cadeliño axuda a construír a personalidade do seu dono, facéndoo mellor persoa ou conseguindo que non se sinta só: un home divorciado, só, que marcha co can; un neno abandonado pola nai; un traballador social ; unha anciá deprimida... historias de vidas que nun momento se cruzarán e en todas elas se amosarán a lealdade dos cans, que comparten os seus problemas. Por certo, non só os cans son protagonistas, senón que son os que contan as historias (dúas en cada parte): isto tamén axuda a construír a reflexión sobre o efémero da vida, sobre o absurdo que resulta tanto sufrimento, sobre o valor da Amizade e dun sorriso.
A figura do can namorado das estrelas é a metáfora de desexar o imposible.





Ah! Eu non teño can. Maxino o que pode gustar este libro a quen si o teña!!!

12/03/14

Barrio Lejano



Sigo con manga e repito autor: Jiro Taniguchi é quen escribe esta marabilla publicada por Ponent Mon: Barrio Lejano. Xenial! A vida cotiá sen grandes dramas pero con diferentes enfoques. O protagonista realiza unha viaxe ao pasado entendendo algunhas cousas porque a súa visión é diferente. Como vemos a vida de adolescentes e como a vemos sendo maduros? Sobre todo, queda no noso maxín a posibilidade de volver a vivir algo que nos ocorreu: que cousas cambiaríamos e cales non. A vida dá segundas oportunidades? Abride a porta e entrade: onde está a liña que separa a realidade do recordo? Que é a felicidad e canto debemos comprender do ser humano? Moitos interrogantes que Taniguchi non quere desvelar, pero si propór. Por iso acepta ofrecernos os seus personaxes nus, para que sexamos nós quen xulguemos sobre as nosas propias vidas. El non ofrece maldade irreverenta nin bondade absoluta, ofrece persoas de carne e óso onde a memoria é o pouso sobre o que medramos.
Mentres cavilades, podedes gozar cos detalles que nos ofrece o debuxo de Taniguchi: narración de xestos e olladas, de espazos e de lugares.





12/06/13

Historias de los niños sobrenaturales

Curioso cómic de Luis Bleinstein e Ramón Trigo publicado por Edicións de Ponent: Historias de los niños sobrenaturales divídese en catro partes con catro protagonistas diferentes, reunidos nunha paraxe onírica padra comentar os seus poderes paranormais e como estes afectan ás súas vidas. O libro caracterízase polo xogo case incoherente de espazos e tempos. O debuxo do noso galego abonda no xénero máis negro utilizado nesta ocasión para falar de historias aterradoras, a pesar de que estas estean transmitidas dende as miradas inocentes de nenos e nenas protagonistas.
Unha lectura moi suxestiva



15/07/12

Me llamo Barro


Un cómic que nos achega a figura do poeta Miguel Hernández a través da súa amizade con Vicente Aleixandre. O texto é de Pedro Navarro e os debuxos de Miguel Ángel Díez, Me llamo Barro está publicado por Edicións de Ponent. Son 80 páxinas cheas de poesía coas que percorremos os momentos máis cruciais da vida de Miguel e da amizade que os uniu a ambos. Porque non estamos a ler unha simple biografía do poeta, senón que imos coñecer como entre estes poetas existía unha amizade importante e inmorredeira que se reflicte neste voo poético que o libro nos ofrece.






Me llamo barro aunque Miguel me llame.
Barro es mi profesión y mi destino
que mancha con su lengua cuanto lame.

Soy un triste instrumento del camino.
Soy una lengua dulcemente infame
a los pies que idolatro desplegada.

Como un nocturno buey de agua y barbecho
que quiere ser criatura idolatrada,
embisto a tus zapatos y a sus alrededores,
y hecho de alfombras y de besos hecho
tu talón que me injuria beso y siembro de flores.

Coloco relicarios de mi especie
a tu talón mordiente, a tu pisada,
y siempre a tu pisada me adelanto
para que tu impasible pie desprecie
todo el amor que hacia tu pie levanto.

Más mojado que el rostro de mi llanto,
cuando el vidrio lanar del hielo bala,
cuando el invierno tu ventana cierra
bajo a tus pies un gavilán de ala,
de ala manchada y corazón de tierra.
Bajo a tus pies un ramo derretido
de humilde miel pataleada y sola,
un despreciado corazón caído
en forma de alga y en figura de ola.

Barro en vano me invisto de amapola,
barro en vano vertiendo voy mis brazos,
barro en vano te muerdo los talones,
dándote a malheridos aletazos
sapos como convulsos corazones.

Apenas si me pisas, si me pones
la imagen de tu huella sobre encima,
se despedaza y rompe la armadura
de arrope bipartido que me ciñe la boca
en carne viva y pura,
pidiéndote a pedazos que la oprima
siempre tu pie de liebre libre y loca.

Su taciturna nata se arracima,
los sollozos agitan su arboleda
de lana cerebral bajo tu paso.
Y pasas, y se queda
incendiando su cera de invierno ante el ocaso,
mártir, alhaja y pasto de la rueda.

Harto de someterse a los puñales
circulantes del carro y la pezuña,
teme del barro un parto de animales
de corrosiva piel y vengativa uña.

Teme que el barro crezca en un momento,
teme que crezca y suba y cubra tierna,
tierna y celosamente
tu tobillo de junco, mi tormento,
teme que inunde el nardo de tu pierna
y crezca más y ascienda hasta tu frente.

Teme que se levante huracanado
del blando territorio del invierno
y estalle y truene y caiga diluviado
sobre tu sangre duramente tierno.

Teme un asalto de ofendida espuma
y teme un amoroso cataclismo.

Antes que la sequía lo consuma
el barro ha de volverte de lo mismo.




03/01/12

La protectora



Curioso e interesante cómic, de difícil lectura, que nos ofrece Keko en La protectora publicado por Edicions de Ponent, inspirado en Otra vuelta de tuerca de Henry James. Creo que é a primeira vez que un cómic se atreve a reflectir a ambigüidade e a atmosfera deste libro de James, e faino con total éxito: é un cómic impresionante que en poucas páxinas crea un universo alucinante, atroz e inquedo.
O cómic comeza onde remata a novela de James: o pasado non quere permanecer sendo pasado e sairá á luz. E todo nunha obra en branco e negro que é unha combinación de terror e fascinación onde destaca o poder visual das imaxes que consegue o autor.



28/09/11

Hicksville

Gustoume moito esta novela gráfica de Dylan Horrocks, Hicksville, publicada por Ediciones del Ponent. Chama a atención que se anuncie xa como "novela gráfica" na súa edición do 2003. Creo que vén de ser reeditada por Astiberri.

O que ten de especial este cómic é que é un cómic sobre cómics, un xeito de amalos tan espontáneo e grandioso que unha frase non pasa desapercibida cando lemos:

- Esto… me he dado cuenta de que usted tiene bastantes cómics, señora Hicks.
-¡Santo Cielo! Como todo el mundo, ¿no?


Hicksville é un lugar que non exite, pura utorpía: un lugar que vive por e para o cómic, un lugar en que todos e cada un dos seus habitantes son lectores ávidos de cómic, tanto que son verdadeiros expertos e posúen unha biblioteca impensable chea, mesmo, de incunables. Arredor do cómic xirará a historia principal e as secundarias, destilando sobre todo a defensa como arte literario e pictórico deste estilo, unha vila que medra arredor deste ben o demostra.
E todo este amor conséguese en branco e negro, sen grises, con trazos sinxelos, sen máis florituras que a mestura de historias e os saltos espazo-temporais continuos

05/07/11

La mala gente


Edita Ponent Mon La mala gente. Una historia de militantes de Étienne Davodeau. O autor conta a vida dos seus pais dende o punto de vista da historia da súa militancia sindicalista, unha historia de honestidade e dignidade, tanto persoal como colectiva. Chama a atención, ademais da historia, o trazado do debuxo, todo en branco e negro, con moito texto e moito diálogo, con debuxos moi expresivos e expresións moi ben caracterizadas e definidas. Tamén é un acerto, ou algo novidoso, que o propio autor estea presente, pedindo información aos pais e dialogando con eles, asesorándose sobre o que si e o que non debe estar presente no cómic.
A edición coida de todos os detalles, dándonos informacións precisas sobre siglas e lugares para que nos situemos e entendamos correctamente a narración.
Un bo cómic.

12/03/11

El señor cocodrilo está muerto de hambre


Debe ser casualidade: libros cheos de humor. Co que escasean! Pero El señor cocodrilo está muerto de hambre de Joann Sfar (publicado por Ponent Mon) é algo especial. Non me preguntedes se é un cómic, posto que non sei responder: abaixo indico que si porque quizais estea máis preto do cómic que do álbum ilustrado, pero en todo caso é un libro digno de ser comentado. Aquí non manda nin a ilutración nin a palabra: ambas son necesarias e complementarias. Chama moito a atención a historia -xa sabedes que procuro non falar dela-, pero, ollo!: se llo ides ler a algún neno ou nena só vos direi que o crocodilo, como famélico que está, zampa cantidade de xente. Pero é unha historia pintoresca, divertida, case irreverente que, seguro, vaivos deixar alucinados. Un deses libros cos que exclamas: "por fin o malo sae beneficiado". Se é que ser malo é ter fame e encher o estómago, claro.




22/03/10

El arte de volar




Con guión de Antonio Altarriba e ilustracións de Kim, El arte de volar é unha novela gráfica coa que voarás, de seguro, por todo o seu universo. Impresiona desde a primeira viñeta ata a última. Un percorrido minucioso pola vida dun personaxe real, polo sufrimento agónico da guerra civil, do posterior exilio en Francia, dos soños truncados, da felicidade inexistente, da realidade fatídica que se empeña en cortar as ás. Un álbum magnífico que fala en realidade, da propia existencia. Dun home que medra e que non realiza os seus anceios. Dun home coma calquera outro home do último século español. Unha obra froito da introspección persoal, profunda, aplastante, que ofrece unha lembranza da historia recente de España: guerra, perda, ideoloxías, credos, tranquilidade, testemuña do acontecido.
E sen esperanza. A vellice é o que é, e aquí amosáse núa, sen contemplacións nin pinturas.
Un libro desgarrador e insustituíble. Do mellor.



Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.