Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta BDBanda. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BDBanda. Amosar todas as publicacións

20/03/11

A mansión dos Pampín

Un traballo do alumnado do IES Ferrolterra sobre o cómic de Miguelanxo Prado co mesmo título: A mansión dos Pampín. Un libro que serve para reflexionar sobre o Dereito a unha vivenda digna, sobre o pouco amor polo noso, o escaso respecto polo noso patrimonio histórico e cultural, da especulación e da pouca ética dos construtores. A incultura como mai de todos estes males.

XEl10 - IES Ferrolterra (Ferrol): “A mansión dos Pampín” from Proxectoterra on Vimeo.



Vía


08/02/09

As serpes cegas


Encantoume este cómic ambientado entre Nova Iorque e España nos anos trinta e na nosa Guerra Civil e no que se mesturan elementos da serie negra e da política. As páxinas van alternando os sucesos en ambos lugares, mentres contemplamos axustes de contas alá e a perda da guerra aquí por parte dos republicanos.
Os seus autores son Bartolomé Seguí e Felipe Hernández Cava. Ademais, entérome de que esta publicación é a primeira coedición entre Galicia e Francia no campo da banda deseñada, o cal creo que supón todo un avance no pulo deste xénero.
Un libro precioso esteticamente falando, predominando as cores escuras e os personaxes intrigantes.
Máis que recomendábel.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.