Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Cuntis. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cuntis. Amosar todas as publicacións

17/06/11

Fotografando as matemáticas

Por segundo ano, o alumnado do CPI Don Aurelio de Cuntis participou no Concurso de Fotografía Matemática. Velaquí vos ensino unha pequena mostra das máis de cen imaxes presentadas: como poderedes supoñer escoller os premiados non foi unha tarefa sinxela:


20/05/11

Semana Matemática 2011

O alumnado de 3º e 4º ESO Do CPI Don Aurelio acudiu o pasado mércores día 11 á VII Semana Matemática organizada pola Asociación Escola Rosalía de Castro e Agapema. Alí participaron nos oito obradoiros que nos tiñan preparados nos que puideron ver as matemáticas desde outros puntos de vista máis manipulativos, intuitivos e participativos. Tangrams, pentominós, hexamantes,... fixeron que as rapazas e rapaces de Cuntis pasasen unha mañán do máis entretida: non había máis que mirarlle as caras...

  
  

01/04/11

Xornadas de Banda deseñada e Ilustración

Vídeo resumo do traballo desenvolvido durante as Xornadas de Banda deseñada e Ilustración no CPI Don Aurelio de Cuntis na última semana de febreiro.

22/03/11

Beat-box: o quinto piar do hip-hop


  
O pasado venres 18 de marzo recibimos no CPI Don Aurelio do beat-boxer cercedense Carlos Gende que lles explicou ao alumnado da ESO a orixe e historia desta forma de percusión vocal baseado en facer música e outros tipos de son coa única axuda da boca, os beizos, a lingua e a voz.
No seguinte vídeo podedes ver unha entrevista que pode servir de resumo de todo o que nos estivo a falar.
m

O que si vos podo asegurar é que a todos nos deixou coa boca aberta coas súas demostracións... e ata algún ousado fixo os seus primeiros intentos!!

E a modo de exemplo aquí tedes a versión do himno galego feito en beat-box co que gañou o 1º premio no 123click.org organizado polo Concello de Vigo.

10/06/10

Museo Ferro Couselo

Vídeo realizado por un grupo de alumnos do CPI Don Aurelio de Cuntis para presentar os fondos do Museo Ferro Couselo sito no propio colexio.
O traballo foi coordinado polos departamentos de CCSS e Matemáticas.


03/11/09

Guía Lectura do Samaín

Desde o Clube de lectura As Campaíñas do CPI Don Aurelio de Cuntis achégovos a guía de lectura que elaboramos co gallo do Samaín. Lecturas para nen@s, moz@s e maiores.

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.