Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Sleepyslaps. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sleepyslaps. Amosar todas as publicacións

17/09/12

Los portadores de sueños

Non hai ningún álbum de Sleepyslaps que non nos guste, e este non ía ser unha excepción! Los portadores de sueños é un famoso poema de Gioconda Belli con ilustracións de Svjetlan Junakovic. Poesía que fala de esperanzas e de soños, de xardíns e de cores, pero sobre todo fala de persoas que miran cara adiante para seguir camiñando.

16/11/11

Pablo


A outra novidade da editorial Sleepyslaps é Pablo, de Susana Pérez Barrera. A busca da liberdade tratada con absoluta delicadeza, con imaxes serenas, cheas de cor e fantasía. A imaxinación predomina tanto no texto como nas imaxes, dando renda solta á creatividade e liberando unha gran mensaxe de esperanza. Un conto tenro e intimista que nos fala dos primeiros sentimentos, das primeiras ilusións e (por que non) tamén das primeiras desilusións.
Precioso.

15/11/11

Bruja Bruja


Sleepyslaps sempre nos sorprende con álbums especiais, delicados. Hoxe falamos de Bruja Bruja con texto de Pablo Albo e ilustracións de Miguel Ángel Díez. Unha bruxa moi especial que debe aprender a equivocarse, con constantes referencias ao lector e bromas sobre o propio libro que se converte á súa vez en protagonista da historia, como xa se pode ver na portada do mesmo.
Todo o libro é fermoso, as ilustracións fantasticamente detallas e descritivas.

07/04/11

Escucho, miro


A outra novidade da editorial Sleepyslaps é estoutra fermosura, Escucho, miro, con texto de Cossetta Zanotti e ilustracións de Cristiana Cerretti. Se do anterior libro diciamos que era fermoso, deste temos que destacar a tenrura e a delicadeza, sobre todo das ilustracións, totalmente especiais cun só toque de cor en vermello que lle dá unha característica moi especial. Como o propio e escaso texto, unha invitación a nos parar a escoitar aquilo que normalmente pasa desapercibido pero que é esencial.

Hay casas


A editorial Sleepyslaps volve darnos alegrías coas súas publicacións. Arestora a novidade é Hay casas de Gemma Capdevilla con ilustracións de Mª José Olavarría. Contundentemente fermoso.
E non digo máis, sobran as palabras.

¿Qué ves cuando miras una casa?
¿Sólo una casa?
Quién sabe si aguzando los sentidos
descubrirías que hay casas…



07/11/10

Margarita

Faltábame este segundo álbum da editorial Sleepyslaps, pero xa solventei o problema. Tal como nos ten acostumados esta editorial, con tan só tres títulos, é fermosísimo. musicalmente visual, virtualmente enternecedor. O libro recolle o famosísimo poema de Rubén Darío -Margarita- con ilustracións de María José Olavarría:

Margarita, está linda la mar,
y el viento
lleva esencia sutil de azahar;
yo siento
en el alma una alondra al cantar;
tu acento.
Margarita, te voy a contar
un cuento.


11/10/10

Como Agua


O terceiro título desta nova editorial case impronunciable, Sleepyslaps, volve a non deixarnos indiferentes: está claro que vai conseguir que atesouremos todos os seus libros nas nosas casas, por mor de conseguir tanta obra de arte. Se xa nos deixara atónitos con La gran fábrica de las palabras, agora a escritora Carmen Sara Floriano Pardal xunto coa ilustradora Susana Pérez Barrera achéganos neste Como Agua unha triste historia sobre as bágoas que pertencen á nosa alma e que ás veces escorregan cara a fóra para formar parte do mar.
Sensibilidade, delicadeza, fermosura, sentimentos... todo combinado nun álbum tan,tan fermoso que desexarás posuír.

"A veces lloro. Como hoy.

Igual que un volcán en erupción,
el llanto comienza en lo profundo de mi barriga…

¿Y si los mares y los océanos
fueran las lágrimas de todas las personas
reunidas en un mismo lugar?
"

09/06/10

La gran fábrica de las palabras


Que preciosidade de libro! Que non o coñecedes? Correde a buscalo! Un libro de palabras con fermosísssiiiiimas ilustracións que teredes que abrazar sen remedio.
Escrito por Agnès de Lestrade e ilustrado por Valeria Docampo, La gran fábrica de las palabras conta a historia dun país onde a xente non fala, porque as palabras son moi caras. Serán os máis pobres os que teñen as dificultades (que novidade!) e un neno ten que declarar o seu amor contando con tan só tres palabras, que nada teñen que ver. Pouco importa, as palabras son menos importantes que os sentimentos. Sentimentos que chegan ata nós grazas ás ilustracións. Porque, que ilustracións! Son fantásticas. Un tándem magnífico que cómpre observar.
A editorial non a coñecía: Sleepyslaps.

Existe un país donde la gente casi no habla. En ese extraño país, hay que comprar y tragar las palabras para poder pronunciarlas...

Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.