Blogue de Gracia e de Anxo, blogue de pingas e de icebergs, do que nos preocupa ou nos chama a atención, de biblioteca e de aula.

Amosando publicacións coa etiqueta Aulas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Aulas. Amosar todas as publicacións

21/01/18

Non á violencia contra as mulleres (DXLIII)

El machismo mata
O machismo mata

13/06/16

Navegando entre libros

As miñas alumnas de 4º da ESO Julia e Ánxela realizaron este vídeo de fomento da lectura:



12/06/16

Non á violencia contra as mulleres (CDLXIX)


 Curta realizada polo alumnado do IES Élaios de Zaragoza nun obradoiro audiovisual do director de cine aragonés Ignacio Estaregui. Procura concienciar da importancia da cero tolerancia ante a violencia.



16/03/16

"A miña avoa nunca traballou, labrou nos montes..."

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da muller, alumnas e exalumnas do IES de Arzúa elaboraron un vídeo dentro do proxecto de igualdade Visibiliza. Donas de sí que desenvolve o Departamento de castelán e matemáticas.
Os produtores explican queu "o vídeo pretende facernos máis conscientes para sermos cidadáns e cidadás mais libres e menos sometido/a/s as relacións de xénero estereotipadas e transmitidas desde a herdanza cultural por medio da historia que invisibilizou as tarefas das mulleres ou dificultou o seu desenvolvimento persoal pleno".

20/12/15

Non á violencia contra as mulleres (CDXLIV)

1 billion



Hoxe traemos o traballo realizado na Biblioteca do IES “Lucus Augusti”:
A campaña “1000 millóns en pé” preséntase como a acción de masas máis grande da historia da humanidade para acadar o remate da violencia contra a muller.
Comezou en 2012, no día de San Valentín, e coma unha chamada de atención diante do feito de que, estatísticamente, 1 de cada 3 mulleres no planeta sufrirían durante a súa vida algún tipo de violencia física ou sexual. Se a poboación mundial é de 7 000 millóns de pesoas, aproximadamente, isto indicaría que o número total de vítimas chegaría a uns 1 000 millóns de mulleres e rapazas. De aí vén o nome da campaña. Cada mes de febreiro, por todo o mundo, moreas de mulleres póñense en pe, cantan e bailan para demostrar que a alegría é máis forte e poderosa que a violencia. Podes ter máis información, premendo sobre a imaxe.
Neste ano, e nestes días, nos que a violencia de xénero continúa a golpear, pareceunos importante, especialmente dende o ámbito educativo, empregar esa campaña para contribuír co noso apoio.
Así, o pasado 25 de novembro, realizouse unha flashmob na que se cantou e bailou “Break the chain“. Unha peza escrita e producida por Tena Clark, con música da propia Tena e Tim Heintz e coreografía de Debbie Allen.  De seguido tedes o resultado.

13/12/15

Non á violencia contra as mulleres (CDXLIII)

No IES Poeta Díaz Castro, a profesora Sandra Tenreiro escribiu este tema contra a violencia de xénero, "Néboa".

"Botarei de novo a andar cara un lugar, onde o vento pase acariñándome. Buscarei esa quentura do fogar, para derreter xeadas interiores".
 

25/11/15

Non á violencia contra as mulleres (CDXLI)

Nas aulas de galego do Cañada Blanch de Londres realizaron esta campaña contra os esterotipos de xénero e contra a violencia:



24/11/15

Convidados de pedra

Boísima curta do IES Poeta Añón de Outes contra a violencia de xénero:


21/10/15

Daisy Chain

Vino no Facebook de Montse Paz. Marabilloso vídeo contra o bullying  e unha páxina que paga a pena. Ten unha pega: a lingua. Pero como sodes moi listiñ@s seguro que non tedes problea de lectura!!!
Varias veces temos falado deste gravísimo problema.




Buttercup Bree era unha nena pequena particularmente amable,
o que máis lle gustaba neste mundo
era coller, desfollar, xirar e darlle voltas ás flores que recollía no seu camiño e coas que facía guirnaldas.
Levounas ao patio, onde esperaba compartilas cos rapeces.
Mais o patio levaba anos baleiro sen lugar para os seus "hurras e vivas".
Onde estes nenos saltaban e se columpiaban, un tobogán facía acenos e os bambáns só colgana.
Buttercup mirou acar aquí  e acolá, quizais as guirnaldas de margaridas trouxeron algo de vida.
Puxo unhas cantas no tobogán, e só con iso xa parecía sorrir.
Mais ollos ciumentos andaban preto, abusóns con plan ruín.
As abusonas rodárona nun círculo e odio e xuntáronse cun escuro plan.
Colleron as guirnaldas, desfíxeronas, e botaron a Buttercup ao chan; tiráronlle unha foto, riron con rexouba e colgárona da árbore máis achegada.
As abusonas seguiron o seu camiño deixando consternada á pobre Buttercup.
Mais uns ollos amables pousaron nela. Un rapaz pequeno, Benjamín. Rompeu as súas cadeas ata certo punto, defendouna e liberouna.
"Non chores, ti es forte. Non é culpa súa, é que non saben máis, ninguén lles ensinou. Nós somos diferentes, especiais, ti e mais eu, o mundo parece estar contra nosa"
Un rapaz pequeno con grandes ideas viñera para axudala a aplastar os seus medos.
Benjamín sostivo un dente de león e compartiuno co ceo.
Non está soa, así que non teñas medo. Un problema á metade é un problema compartido.
Buttercup recolleu as súas margaridas e á fronte veu a súa fotografía. Estaban esparexidas ata onde lles chegaba a vista, colgadas en cada unha das árbores.
Buttercup e Benjamín adentráronse no bosque e recolleron todas as fotos posibles.
Ao día seguinte Buttercup tivo unha gran idea, compartir amor co patio que estaba sumido no terror.
Ensináronlle ás abusonas o poder de compartir e axudaríalles a ver o mundo coma novo.
No patio, Cuttercup coseu e encordou, as súas guirnaldas de margaridas arranxarían a diversión.
Arranxou o carrusel, os bambáns e as barras de ximnasia. As súas flores crearon un lugar de ensoño.
Aínda así, as abusonas rodéarona no seu círculo de desgracia. Non lles gustabam as súas parvadas.
Mais cando extendían os seus brazos cara a ela, Buttercup cravou a mirada nelas: "non sigades aos que rompen as regras, só formads unha cadea de idiotas. Compartir non debe doer, debe axudar".
Agardaron un momento e miraron en derredor e así viron como Buttercup arranxara o patio.
Hai sitio para todos, así que medrade, xogade e deixade as queixas. Teño máis margaridas para entrelazar, ensinareivos e así creredes.
Apreta unha, empurra outra, xúntaas e dúas converteranse nunha soa.
As abusonas sentiron o aguillón da vergoña e preguntaron se se podían unir ao xogo.
Guirnaldas de margaridas para todos as viran, compartindo o amor de Buttercup Bree.
E a quen Buttercup máis esperaba, o amigo que parara a dor. Apareceu Benjamín. Tocou a súa cara.
"Mira como cambiaches este lugar"

12/02/15

Fotbollen (Fútbol)

Cada día, marcha un soño.
Outro vídeo contra o bullying:


vía

22/01/15

Hårda Ord (Palabras duras)

Un novo vídeo sueco cotnra o bullying; as palabras son máis importantes do que cres:


Vía

17/09/14

O libro

Curtametraxe realizada no IES Ramón Mª Aller Ulloa, polo alumnado de 1º de bac na materia de cultura audiovisual durante o 2º trimestre do curso 2013/14.

29/06/14

Con Xabier Docampo e Xosé Cobas

Perder perdeuse a entrevista en vídeo, pero cando menos quedou a gravación radiofónica, que xa é algo. E agora que rematou o curso lembramos a visita que nos fixeron Xabier Docampo e Xosé Cobas alá polo 30 de xaneiro -xa choveu- para celebrarmos coa súa xenerosidade o Día da Ilustración. Unha vez máis, grazas a ambos.

Grazas, Cibrán

27/06/14

Tócome - Rosalía Fernández Rial

Alberto Fariña e Diego leron a Rosalía Fernández Rial. Escolleron o seu poema "Tócome" para facer este vídeo:

25/06/14

Poemas de Raúl Gómez Pato

Leticia e Rocío leron os poemarios de Raúl Gómez Pato e ofrecen esta interpretación:

24/06/14

Lapidarias

Carlos e Isidro leron Lapidarias de David Rodríguez. Esta é a súa peculiar interpretación:

Lado-Aldao

Denise Varela e Sonia Troitiño namoraron de Lucía Aldao e María Lado:

23/06/14

O exército do bosque

Cristina Cabaleiro leu este curso os poemas de Manuel Rivas e escolleu este:


Ti e mais eu

David Varela escolleu a Celso Emilio Ferreiro para ofrecernos un poema:


21/06/14

Olga Novo

Antía e Carmen leron e escolleron a Olga Novo:


Neste blog utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor, rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.